Armentón
foi, aló
polos primeiros anos
do século
XX, un dos centros neurálxicos da cultura galega grazas ás
frecuentes visitas ao
Pazo de Anzobre de
persoeiros da talla do dramaturgo Manuel Linares Rivas, os escritores
Wenceslao Fernández e
Emilia Pardo Bazán ou,
os pintores Germán
Taibo e Manuel
Abelenda, prezados amigos e
amigas de
Manuel Puga, Picadillo, o
señor do devandito Pazo.
Cousas
do destino, cen anos despois
de aquelas visitas,
as circunstancias da vida levarían a que Bieito
Romero, un dos máximos
expoñentes do eido cultural galego actual,
e a súa parella Marisa
Diéguez elixiran
esta
parroquia arteixá como o
seu lugar de residencia,
lugar no que medrarían, a
poucos metros do Pazo de Anzobre,
os seus tres fillos Alba, Bieito e Mariña escoitando
as historias do Armentón de antano e
de hogano coa música de fondo composta polo seu proxenitor.
Nado
na Coruña o 3 de outubro de 1964, o
noso protagonista principiaría a
afección
pola música de moi novo, interesándose
polas músicas tradicionais e de raíz de
Galicia
e dos países celtas. Con
trece anos, nuns
momentos
nos que soñaba con viaxar polo mundo e
nos que
a súa vida transcorre
entre a cidade herculina e a aldea de Niñodaguia, no concello de
Xunqueira de Espadanedo (Ourense), o
pequeno
Bieito
iniciase coa gaita galega a
pesar da dificultade que, naquela hora, supoñía
avanzar musicalmente para este tipo de música.
Pouco despois crearía, xunto con outros músicos coruñeses, bandas nas que desenvolvería a súa aprendizaxe, como Adro, Neboeiro ou Roi Xordo, grupos cos que fixo varias actuacións. Cunha formación musical máis madura, o músico de Armentón crearía en 1986 Luar na Lubre, grupo co que acadou o maior dos seus éxitos e co que cumpriría o soño de viaxar polo mundo xa que, aquel cativo que pasaba os veráns na aldea ourensá de Niñodaguia, lograría traspasar fronteiras coa súa formación coa que, ademais, andando no tempo conseguiría premios, vendas e recoñecemento como ningún grupo galego fixera antes.
Luar na Lubre (https://www.facebook.com/Luar.Na.Lubre.Oficial/) |
Amante
das súas
raíces e bo coñecedor dos costumes da vida rural galega,
Bieito participa
paralelamente a Luar na Lubre en distintas formacións folclóricas
e
etnográficas de recoñecido prestixio, como o grupo de música e
bailes tradicionais Xacarandaina
ou o Ballet Galego Rei de Viana,
nos que desenvolveu un importante labor no eido musical.
Bieito Romero foi profesor de gaita durante moitos anos, chegando a formar a Banda de Gaitas Os remuxeiros, na que participaban prestixiosos gaiteiros alumnos da súa escola, como Susana Seivane, Brais e Iago Maceiras, Luisa Sarmiento ou Xan Xove.
Compositor de máis de 200 temas, foi versionado por diferentes grupos e mesmo un dos seus temas, "O son do ar", foi adaptado polo músico británico Mike Oldfield, sendo o tema que abre o seu CD Voyager, converténdose probablemente na canción de orixe galega máis versionada no mundo.
O gaiteiro arteixán tamén colaborou con diferentes grupos e de moi distintos estilos como Mägo de Oz, Ophiusa, Lucía Pérez, Cómplices, Pablo Bicho, Os Diplomáticos de Monte Alto, Ghandi, Briganthya ou Brandania.
Foi produtor de todos os traballos discográficos de Luar Na Lubre e traballou con artistas de diferentes estilos que teñen colaborado nos seus discos como Hevia, Ismael Serrano, Pablo Milanés, Lila Downs, Adriana Varela, Donal Lunny, Mairtin O´Connor, Nollaig Casey, Diana Navarro, Pat Kilbride, Miro Casabella, etc.
No ano 2010 e por encargo da produtora de cine Filmanova, compuxo e gravou a banda sonora da película Doentes, baseada na novela de Roberto Vidal Bolaño e dirixida por Gustavo Balza. Na biografía do noso protagonista hai que salientar, ademais, outras facetas fora do mundo da música, entre elas o seu espectacular traballo etnográfico "Xeometrías de Galicia", un libro baseado nas formas xeométricas da arte popular galega, dende a época celta ata a actualidade que foi publicado no ano 2009 pola editorial "Ir Indo".
Bieito tamén tivo a súa vertente hostaleira, primeiro na Coruña co mítico bar A Cova Folk que, tras case catorce anos de existencia, pecharía en marzo de 2006, e posteriormente en Arteixo, coa taberna A Baiuca que abriu as súas portas no 2013 e que rexentaría, xunto a súa parella Marisa, ata o 2015. Tanto A Cova Folk como A Baiuca foron tabernas de grata convivencia e filosófico discurrir que cumpriron perfectamente a súa labor de oficiosas embaixadoras de galeguidade na Coruña e en Arteixo, deixando na memoria moitas noites de concertos, festas, boas charlas e mellor compañía!
Na actualidade o traballo de Bieito Romero céntrase en Luar na Lubre á vez que dirixe en Radio Voz o programa "Un mundo de músicas", adicado ás músicas étnicas de todo o planeta.
Bieito Romero foi profesor de gaita durante moitos anos, chegando a formar a Banda de Gaitas Os remuxeiros, na que participaban prestixiosos gaiteiros alumnos da súa escola, como Susana Seivane, Brais e Iago Maceiras, Luisa Sarmiento ou Xan Xove.
Compositor de máis de 200 temas, foi versionado por diferentes grupos e mesmo un dos seus temas, "O son do ar", foi adaptado polo músico británico Mike Oldfield, sendo o tema que abre o seu CD Voyager, converténdose probablemente na canción de orixe galega máis versionada no mundo.
O gaiteiro arteixán tamén colaborou con diferentes grupos e de moi distintos estilos como Mägo de Oz, Ophiusa, Lucía Pérez, Cómplices, Pablo Bicho, Os Diplomáticos de Monte Alto, Ghandi, Briganthya ou Brandania.
Foi produtor de todos os traballos discográficos de Luar Na Lubre e traballou con artistas de diferentes estilos que teñen colaborado nos seus discos como Hevia, Ismael Serrano, Pablo Milanés, Lila Downs, Adriana Varela, Donal Lunny, Mairtin O´Connor, Nollaig Casey, Diana Navarro, Pat Kilbride, Miro Casabella, etc.
Bieito Romero (El Progreso) |
Bieito tamén tivo a súa vertente hostaleira, primeiro na Coruña co mítico bar A Cova Folk que, tras case catorce anos de existencia, pecharía en marzo de 2006, e posteriormente en Arteixo, coa taberna A Baiuca que abriu as súas portas no 2013 e que rexentaría, xunto a súa parella Marisa, ata o 2015. Tanto A Cova Folk como A Baiuca foron tabernas de grata convivencia e filosófico discurrir que cumpriron perfectamente a súa labor de oficiosas embaixadoras de galeguidade na Coruña e en Arteixo, deixando na memoria moitas noites de concertos, festas, boas charlas e mellor compañía!
Na actualidade o traballo de Bieito Romero céntrase en Luar na Lubre á vez que dirixe en Radio Voz o programa "Un mundo de músicas", adicado ás músicas étnicas de todo o planeta.
Estupenda reportaxe e un merecidísimo recoñecemento a unha persoa que sempre a situado a Galicia no mapa, e como non, a Arteixo tamén.
ResponderEliminarGraciñas polo teu comentario Alberto. Totalmente dacordo!
EliminarMoi bo reportaxe, como sempre Xavier
ResponderEliminarGraciñas Unknown!
Eliminar