Hai
uns días tiven a sorte de acompañar a Marisa e a Jesús Roibal,
irmáns do lugar de Mins nados en 1935 e 1940, e a varios membros
máis da súa familia (Suso, Pablo, Silvia, Waldo, Yessica e Sofía),
nunha excursión realizada polos montes da Rocheira, na parroquia de
Loureda, a onde segundo manifestaron non subían dende había máis
de corenta anos.
Comezamos
o percorrido polas Pedras Anchas, zona situada a uns 100-125 metros
sobre o nivel do mar que
presenta uns grandes afloramentos rochosos dignos de ver,
algúns con sinais de ser empregados no pasado como canteira.
No
camiño cara o cume deste lugar, Marisa e Jesús lembraron algúns
contos da súa infancia e os nomes de algunhas pedras… “por
alí estaba a Pedra da Misa; esta é a Pedra do Loureiro e
aquela a Pedra da Reina. Esa é a Pedra do Rastro;
chamabamoslle así porque nos arrastrabamos por ela… daquela
non había tobogáns”.
Unha
vez que alcanzamos o bico das Pedras Anchas, Marisa non daba crédito
do que os seus ollos contemplaban. Facendo mención dun par de fotos
que nos cedeu amablemente, tomadas no mesmo lugar no ano 1975 e nas
que apenas se ve vexetación, comentou con certa pena que o lugar xa
non se parecía en nada ao da súa infancia e xuventude. Jesús,
atónito coma súa irmá en todo momento polo cambio producido na
contorna nas últimas catro décadas por mor dos eucaliptos,
recordaba que… “antes aquí era todo piñeiros e podíase ver
o mar”.
Cerca
da “Pedra do Rastro” os dous irmáns ensináronnos ao resto de
excursionistas o chamado “Pé do demo”, unha formación natural
na rocha que ten certa similitude no aspecto e nas crenzas populares
coa chamada “Pegada dos xentís” existente no castro de Montes
Claros, na Laracha. Marisa e Jesús tamén afirmaron que nas Pedras
Anchas había o “Pé de Deus” mais, despois de botar unha ollada
pola zona durante uns minutos, ningún dos dous foi quen de dar con
el.
A
memoria destos dous veciños de Mins aínda conserva varias lendas
que escoitaban cando eran nenos, lendas que compartiron con nós nun
descanso que fixemos nunha sombra de Pedras Anchas para coller
alento. Unha delas fala dunha viga de ouro… “na que rozaban os
carros de bois pero non houbo ningún enxeñeiro que fora capaz de
quitala porque lle tiñan medo ao rozar nela”, lembraba
Marisa. Outra das lendas que mencionaron os irmáns Roibal é a da
“fonte encantada”, que estaba na parte baixa do Monte da Cancela,
próximo a Santa Locaia. “Alí meus pais tiñan uns terreos que
lle chamaban A tenza de Fóra na que plantaban pinos e centeo. Verán
e inverno había sempre auga… ata que viñeron as plantacións de
eucaliptos e acabaron co manancial onde manaba a auga, que disque era
por donde saía a galiña dos pitos de ouro”, recordaba Jesús.
Quen
escribe sabía da existencia da lenda da galiña dos pitos de ouro de
Lañas, a mesma que de cando en vez se deixaba ver polo Monte de
Angra… ou iso din, claro. Mais nunca tal oíra desta “nova”
galiña da parroquia de Loureda. De xeito anecdótico Pablo, sobriño
de Marisa e Jesús, comentou que… “cando era moi
neno viñen aquí ao monte e vin unha quica. Os vellos
tiñan razón cos seus contos, pensaba eu! E oes…
durante toda a miña infancia aquela quica
para min foi a galiña dos pitos de ouro”.
Para regresar ao punto de partida da excursión, decidimos baixar polo
camiño que vén dende Allán e que empalma cunha pista que conduce a
Larín, o que antano era o chamado Camiño da Feira. No percorrido
pregunteilles aos Roibal se sabían ou recordaban algo do castro que
hai na Rocheira. Jesús, sorprendido que alí houbera tal cousa, non
deixou indiferente a ninguén coa súa resposta: “Claro, agora
entendo. Eses terreos nos que dis que hai un castro sempre se lle
chamaron Os Castrelos… mira ti porque era! Cara o outro
lado o monte chámase A Presa.”
Roberto
Castro, libreiro
e pintor que tivo
a ben agasallarme
cunha fabulación da zona de Santa Locaia e da Rocheira, foi a
primeira persoa que me falou deste asentamento castrexo. Recoméndovos
encarecidamente
que pasedes
algún
día polo seu negocio, a Libraría Sisargas (rúa San Roque 7, A
Coruña) porque,
nada mais entrar, de
seguro que faredes
unha
alucinante viaxe no tempo coas mil e unha historias que garda na súa
memoria!
Pouco
tempo despois de que Roberto Castro me puxera
en coñecemento do
asentamento da Rocheira, tiven a sorte de coñecer a
Puri
Soto e a
Ana Corredoira, arqueólogas
arteixás ás que actualmente me une unha grande amistade. Cando
realizaba
un traballo
para a universidade,
Ana
deuse
conta
de que na
Rocheira había un castro sen
catalogar. Viuno
con Puri Soto a
través do
sombreado do Lidar, un
programa no
que se poden consultar diferentes formatos do territorio grazas
ao cal distinguiron
claramente
un parapeto e
a
croa do
recinto
anexo, recinto
que
visitei por primeira vez no verán do 2018 na compaña de Puri Soto
mais,
por mor da vexetación
existente, pouco
poidemos apreciar. O castro está, a simple vista, bastante
deteriorado cunha multitude de árbores como o eucalipto que non lle
fan nada ben a este tipo de xacementos. Pola
parte SO transcorre o circuito de mountain
bike que
baixa dende Santa Locaia e, polo resto do recinto, intuése
a
caída natural do terreo como
a
súa defensa.
Marisa
Roibal non quixo perder a oportunidade de coñecer este tesouriño da
súa parroquia e, cos seus 85 anos e malia a dificultade dos accesos,
foi a primeira persoa
que se apuntou
para adentrarse no castro da Rocheira, o cal, tralas
oportunas informacións de seu irmán Jesús, estimamos que
debería denominarse na súa catalogación como Castrelos.
A
excursión chegou ao seu fin na Fonte do Val, onde un é
consciente do forte desnivel natural
que protexe o castro, desnivel
que
cae cara A Rocheira e cara o regato que leva as súas augas ao
lavadoiro e á devandita fonte
que
aínda mantén a simboloxía franquista.
Non
moi lonxe deste lugar, o arqueólogo Luís Monteagudo localizou nos
anos 40 do século pasado unha pedra de cuarcita, con aspecto de ser
tallada e retocada pola man humana, coa técnica que na literatura
especializada se
denomina
clactoniense,
termo acuñado ao ser estudada por vez primeira no xacemento
británico de Clacton-on-Sea.
Monteagudo
daría a coñecer o seu descubremento na revista Cuadernos
de Estudios Gallegos
do
ano
1947, onde
nos conta que... “Hace
tres o cuatro años, con motivo de una buena caminata dominguera que
realizamos por Ujes, Loureda, Monte de Santa Leocadia, Boedo y Bregua
tuve la fortuna de hallar la piedra objeto del presente estudio (…)
Fué
hallada la lasca en el lugar de Rocheira (Loureda), en superficie, en
el camino de carro (corredoira) que atraviesa el riachuelo de Arteixo
y en su margen izquierda, entre la carretera de Arteixo y Celas de
Peiro y dicho arroyo. El sitio está enclavado en la base del
profundo valle de Loureda, al pie del monte de Santa Leocadia; el
camino de referencia está casi todo el año encharcado y abunda en
guijarros y gravas de cuarzo y cuarcitas que descienden de las
montañas próximas y son transportadas por el río en las violentas
y frecuentes avenidas invernales”.
No
seu amplo informe, ao que titula “Probable hacha clactoniense de
Arteijo (Coruña)”, o popular arqueólogo describía o Val de
Loureda dicindo que… “La
zona de Loureda, por algunos sitios, es un típico valle en U, que
nos atreveríamos a considerar de origen glaciar si no estuviera tan
sólo a 30 m. sobre el nivel del mar aproximadamente y muy próximo a
éste. Dada la altura de las montañas que bordean el valle,
probablemente es éste de formación miocénica, por ser el Mioceno
el período que produjo en Galicia las “montañas jóvenes”. Los
plegamientos que ocasionaron el valle no tuvieron, sin embargo, la
potencia necesaria para darle suficiente profundidad para que el mar
estuviese actualmente introducido por él, aunque un detenido estudio
de los estratos geológicos de aquella zona quizá nos probara la
existencia de playas altas propias de las épocas interglaciares
cuaternarias en que el mar alcanzaba un nivel de 90 m. más altos que
en las épocas glaciares. La típica pátina de playa que posee
nuestra pieza acaso sea debida a este fenómeno, a pesar de estar el
sitio del hallazgo internado a 5,5 km. de la playa de Sabón, la más
cercana”.
Pedra de cuarcita localizada por Luís Monteagudo no lugar da Rocheira (Probable hacha clactoniense de Arteijo (Coruña), Cuadernos de Estudios Gallegos, Fascículo VII, páx. 334. Luís Monteagudo, 1947) |
Tras
unha exhaustiva descrición da machada en cuestión, Luís Monteagudo
remata o seu informe do seguinte xeito:
“(…)
creemos poder inferir que nuestra lasca pertenece a una época de
clima fresco, contemporáneo de alguna glaciación en las altas
cordilleras españolas y del centro y N. de Europa, y, dado la
magnitud y espesor de la misma, así como su profunda pátina y
fuerte retoque en arista muy saliente, nos es posible afinar, siempre
dentro de lo hipotético, incluyéndola dentro de los comienzos del
Clactoniense I de Breuil, contemporáneo del Abbevilliense y
encuadrado en el interglaciar milazziense (Günz-Mindel), en cuyos
comienzos, sin embargo, todavía se reflejaría el clima frío y seco
propio de la segunda mitad de toda glaciación.
Por
falta absoluta de hallazgos de esta industria en Galicia no podemos
por ahora establecer relaciones próximas. El Clactoniense aparece en
la playa siciliense del Marruecos francés, en los valles del Sena,
Támesis, Alto Garona, la Riviéra, valle del Ródano (Curzon) y
Prusia.
El
tan traido y llevado Asturiense de Camposancos (La Guardia, Tuy),
modernamente llamado Camposanquiense o Ancoriense, que según algunos
prehistoriadores es atribuíble a períodos contemporáneos y
posteriores al Asturiense típico e incluso a la cultura de los
castros, se ha demostrado que representa una cultura que se remonta
al Acheulense antiguo en sus orígenes (cantos rodados truncados o en
forma de raspador o raedera) y a través del Acheulense medio y
moderno tiene su apogeo en el período llamado Camposanquiense (el
Languedociense de Francia, anterior a la glaciación Würmiense) y
alcanza su carácter definitivo en el “optimum” postglaciar
(Asturiense típico de la provincia de Oviedo).
Pero
desgraciadamente la técnica de la la lasca que estudiamos nada tiene
que ver con la de los cantos rodados del Miño y costa septentrional
portuguesa, y, por otra
parte, es muy probable que nuestra pieza corresponda a un estadio
cultural y geológico algo anterior al de los cantos trabajados del
Acheulense antiguo. Por ello finalizamos este ligero estudio con un
llamamiento a los geólogos y prehistoriadores gallegos a fin de que
con sus estudios podamos comenzar a vislumbrar el misterio de las más
remotas culturas gallegas, de los únicos tiempos, créase o no, en
que el hombre pudo ser feliz por tener a mano todos los medios con
que satisfacer sus necesidades y aspiraciones.
Desde
luego no debe continuar por más tiempo, siendo, se puede decir, un
vacío el Paleolítico de Galicia, precisamente la región de las
ancianas y encorvadas montañas, la primera que, allá por la
Secundaria emergió solemne de la profundidad del Océano, para, en
el transcurso de millones de años, convertirse, por mano de Dios, en
su obra maestra de estética geológica”.
Sen
o menor ánimo de poñer en dúbida a correcta clasificación da peza
e a súa atribución ao paleolítico inferior, non deixa de ser certo
que un gran non fai graneiro e que poucas son as conclusións
que deste achado descontextualizado podemos extraer.
Obviamente, as
condicións ambientais de aquela época non eran as
mesmas que na actualidade. Durante o paleolítico houbo varios
períodos fríos, seguidos doutros (fases interglaciares)
caracterizados por un clima temperado. No transcurso dos períodos
fríos os glaciares ocupaban unha parte importante do territorio. A
totalidade das serras orientais e meridionais (Os Ancares, O Courel,
O Eixe, Queixa, Xurés), así como as centrais (Xistral, Faro de
Chantada, Faro de Avión), posuían neves perpetuas nas súas partes
máis elevadas (por riba dos 700 m) e que, como consecuencia das
diferentes fases climáticas que sufriu o paleolítico, producíronse
grandes cambios na vexetación, no relevo e na liña costeira, que
darían pé a que os grupos humanos se tiveran que adaptar a eses
diferentes medios naturais, moi distintos ao presente.
O
home paleolítico caracterízase polo seu nomadismo, debido a que
necesitaba dunha certa mobilidade para abastecerse de alimento e
materia prima, motivo polo cal os seus campamentos eran provisionais
ou estacionais. Por iso, a machada que atopou Luís Monteagudo na
Rocheira en 1947, probablemente pertencera a algunha pequena banda
recolectora e cazadora que practicaba a depredación dos recursos
naturais pola zona que hoxe ocupa o municipio arteixán.
FONTES:
-Bello,
José María. La Coruña antes de Roma. Vía
Láctea Editorial, 1994.
-Carballo, Arceo, Xulio. Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Trea, 2005.
-Carballo, Arceo, Xulio. Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Trea, 2005.
-Monteagudo,
Luís. Probable hacha clactoniense de Arteijo (Coruña). Cuadernos
de Estudios Gallegos (Fascículo VII), 1947.
-Naveiro
López, Juan L. El golfo ártabro. Asociación
de Amigos do Museo Arqueolóxico, 1994.
Boísimo traballo!
ResponderEliminarMoitas grazas Alberto!
Eliminar