Moitas
e moitos de nós utilizamos acotío a estrada CM-0398 para
desprazamos a Feáns, ao Polígono de Pocomaco, a A Coruña… e,
cando facemos ese percorrido nos nosos coches, atravesamos o lugar de Santa
Icía sen pensar o que se agocha no interior desta aldea da parroquia
de Morás. De seguro que na retina da maioría dos usuarios desta estrada queda o
momento de cando coincide de pasar o tren ao mesmo tempo que
conducimos ou, das tres ou catro lombas redutoras de velocidade que
tanto lle amolan a máis de un por mor do mundo de presas no que
vivimos!
Mirade: cando
teñades un oquiño parade alí por favor, porque Santa Icía non son só
esas tres ou catros lombas da estrada nin o tren que pasa cada pouco
tempo pola zona. Non, Santa Icía é moito máis! Santa Icía é un
mundo fecundo de historias... o Couto; a capela; a fonte; a Casa Grande
e a cerradura (400 ferrados de terreo); o castro; a leira que lle
chaman o Campo Santo; a mámoa; a antiga liña de tren que pasaba por
debaixo do pobo; o Marco do Couto e os seus gravados; a antiga cárcere do Couto; o
camiño da peregrinaxe ao Santuario de Pastoriza; a lenda das tres
fillas do rei; a Santa Icía, patroa dos músicos; as esculturas do
artista local Luís Pombo, Kantri; e por suposto o San Paio, romaría
que se celebra cada ano e dende tempo difícil de precisar, o
primeiro domingo do mes de xullo.
Seino,
haberá a quen lle soe o nome de San Paio pola cadea de cervexarías
do mesmo nome que, por certo, si que ten que ver con este lugar
porque os seus propietarios son orixinarios de Santa Icía. Mais
vaiamos ao conto. Onte, primeiro domingo de xullo, celebrouse outro
ano máis o San Paio, cristián galego natural de Tui martirizado
durante o emirato de Abderramán III e canonizado pola igrexa
católica como exemplo da virtude da castidade xuvenil.
Segundo
conta a lenda, Abderramán
III requiriulle
contactos sexuais (prometíalle riquezas e honores si renunciaba á
fe cristiá e accedía ás proposicións do emir), aos que se negou, o
que provocaría a súa tortura e morte. Polas súas reiteradas negativas
sufriu martirio, que -descrito lugubremente no santoral- foi por
desmembramento mediante tenaces de ferro, sendo despois despedazado e
os seus restos botados ao Guadalquivir o 26 de xuño do ano 925.
Os
restos
foron
recollidos
piadosamente polos
cristiáns
de Córdoba e
enterrados no
cemiterio
de San
Ginés e a súa cabeza no de San Cipriano,
sendo considerado mártir pola fe e
a pureza. No
ano
967, baixo
o
reinado de Ramiro
III,
os restos mortais
de San
Paio
foron
depositados no
mosteiro
adicado
ao
santo en León,
fundado polo
seu antecesor
o
rei
Sancho. Entre
984 e
999 o
seu corpo
trasladouse
a Oviedo,
sendo finalmente depositado no Monasterio
de
las
monjas
benedictinas de San Pelayo de aquela cidade.
Un óso
de un dos
seus
brazos venérase
desde antigo
no
mosteiro
de monxas
benedictinas de San Paio
de Antealtares de Santiago
de Compostela.
A
San Paio se lle invoca contra toda clase de males, desde parálises,
traumatismos de diverso xénero, accidentes de todo tipo, reumatismos...
ata
tumores malignos. O cariño que a bisbarra arteixá profesa a este
santo dende tempos inmemoriais pono de manifesto esta canción
popular:
“No
palacio do rei mouro
de
criado alí servía
e
de todos era amigo
polo
ben que o facía.
Aínda que
en Córdoba finou
este
santiño é galego
en
el ten a xuventude
un
grande e bonito espello.
No
lugar de Santa Icía
na
parroquia de Morás
tódolos
anos miles
visitan
este rapás.
Ti tamén a visitalo
ves hoxe a súa capela,
que el te atenda, meu amigo
e que te bendiga nela.
Moitos son os que aquí chegan
por esta e por outra cousa
¿Ti porqué ves amigo?
dillo, que el te escoita.
Foi un mártir da pureza,
deso que tanto se olvida
é unha pedra preciosa,
que rarea nesta vida.
No ceo avogados son
este e todos os santiños,
eles nos poden buscar
aquilo que lle pedimos.
O cristián que non ten fe
é un cristián con morriña,
esquéncenlle os seus defuntos
e non vale unha sardiña.
Ti tamén a visitalo
ves hoxe a súa capela,
que el te atenda, meu amigo
e que te bendiga nela.
Moitos son os que aquí chegan
por esta e por outra cousa
¿Ti porqué ves amigo?
dillo, que el te escoita.
Foi un mártir da pureza,
deso que tanto se olvida
é unha pedra preciosa,
que rarea nesta vida.
No ceo avogados son
este e todos os santiños,
eles nos poden buscar
aquilo que lle pedimos.
O cristián que non ten fe
é un cristián con morriña,
esquéncenlle os seus defuntos
e non vale unha sardiña.
Fillos
do pobo galego
que
subides a costiña
esta
fe que heredáchedes
na
perdades tan axiña”
Non
hai datos que indiquen desde cando se celebra a romaxe de San Paio na
capela de Santa Icía. Só sabemos que ven de moi antigo e que
antano acudía moita xente á romaría andando na véspera do día,
saíndo á noite. Polo que nos contou a señora América, veciña de
Santa Icía nada no lugar nos anos trinta do século pasado…
“moitos tamén viñan en tren ata Uxes e logo facían o
camiño a pé. Recordo que a
xente pasaba aquí o día e xantaba nos montes da
aldea”. Os que
vivían máis perto podían quedar na romaría pola tarde e
non eran poucos os que levaban
pandeiretas e facían festa, ou ben celebraban un baile a cargo dun
acordeonista.
Un
pouco máis abaixo da capela de Santa Icía atópase a Fonte de San
Paio, lugar no que converxen
dúas vetas de auga, á que se lle atribúen propiedades sanadoras.
Ao seu carón hai un lavadoiro de construción moderna que nos últimos tempos, dende que a xente deixou de lavar alí a roupa, converteuse nun "santuario" de anfibios. A
señora América tamén nos contou algunha lembranza desta fonte:
Durante a romaría ou despois da misa e da
procesión do santo pola aldea, a xente acudía á fonte de
San Paio a beber, a lavar a cara, as pernas ou calquera
parte do corpo porque seica curaba todo tipo de doenzas”.
Na
actualidade o San Paio de Santa Icía xa non é o que era porque os
costumes e as crenzas da sociedade mudaron. Agora a xente acude en
coche e xa non xanta nos campos e nos montes do lugar mais, con todo,
a romaxe continúa celebrándose cada primeiro domingo de xullo…
iso si, no San Paio de onte houbo variacións con respecto a outros
anos xa que o santo non saiu en procesión pola aldea por mor do
Covid-19.
FONTES:
-Blanco Rey, Manuel (2008): Arteixo durante la Segunda República y la Guerra Civil. Tomo II. Autoedición, Arteixo.
-Filgueiras Rey, Ana/ Rodríguez Fernández, Tomás (2000): Programa Elviña. Estudio Antropolóxico na Área do Xacemento Castrexo de Elviña.
Plan Director del Castro de Elviña. Laboratorio de Arqueoloxía e formas
Culturais, ITT, Universidade Santiago de Compostela (USC)
Me encanta!!!
ResponderEliminarMe trae preciosos recuerdos de la gente sentada en el campo de la estación, consumiendo bebidas de la cantina, y comiendo lo que traían de sus aldeas,.
Luego el vino, las panderetas, los gritos, los jóvenes con los viejos, y los niños,... Las muiñeiras... Alegría total!!!
Moitas grazas!
EliminarGracias, por aflorar el recuerdo dormido.. 👍👏👏😍😍
ResponderEliminarMoitas grazas!
Eliminar