Aínda
que no seu momento Arsenio Iglesias chegara a disputar dous partidos
da antiga Copa de Europa co Sevilla, o primeiro deles
xogado o 26 de setembro de 1957 en Lisboa contra o Benfica, o 9 de
decembro de 2014 é unha data que quedará gravada con letras de ouro
nos anais da historia deportiva de Arteixo pois, ese día, Loris
Benito Souto convertíase no primeiro futbolista do municipio
arteixán que disputou o modelo actual da Champions League.
Nado
o 7 de xaneiro de 1992 en Aarau, a capital do cantón suizo de
Argovia, Loris é fillo do asturiano Enrique Javier Benito e de Mari
Luz Souto, unha veciña da parroquia de Pastoriza que, ao igual que
xa fixeran décadas antes seus pais Jesús e Claudina, emigrou a
Suíza a mediados dos anos 80. Malia a que xa leva boa parte da súa
vida residindo no país centroeuropeo, Mari Luz non hai día que non
lle acorde o seu lugar de nacemento e as amizades da súa infancia.
Sempre que o seu traballo llo permite, viaxa á súa querida patria
chica co seu fillo Loris, quen espiritualmente estará unido de por
vida a terra de súa nai xa que se bautizou no Santuario de Pastoriza
en xuño de 1992.
O
noso protagonista empezou a súa carreira deportiva
no club da súa
cidade natal, o F.C. Aarau, equipo no que
tivo de segundo adestrador, cando formaba parte do conxunto
sub-13, a Gerardo Seoane, un carballés que
xogara no Fabril na época dourada do Deportivo. Casualidade fermosa,
abofé!
Loris
vai pasando por todas as categorías do F.C. Aarau ata que, con 17
anos, durante a tempada 2009/10, debuta co
primeiro equipo na
Super League de Suíza
nun momento no que seu tío Iván era o porteiro do club. Outra
casualidade fermosa. O
futbolista de Pastoriza xogaría nesa campaña seis partidos máis co
histórico Aarau,
un
equipo que fora
campión da
liga
helvética
na
tempada 1992/93, que participara durante cinco anos consecutivos,
entre 1993 e 1997, nas competicións
europeas e
que, ao remate desta campaña 09/10,
descendía
á Segunda División.
Co
Aarou na
categoría de prata do fútbol helvético,
Loris Benito
continúa a súa progresión e
xoga 39 partidos en 18 meses antes de fichar no F.C. Zurich no
inverno de 2012. Lateral esquerdo rápido, de gran calidade técnica
e de enorme talento,
as súas boas actuacións no seu novo equipo levaríano a ser
internacional coa selección Sub-19 e Sub-21 de Suíza en nove
ocasións anotando un gol. O
seu bo papel
no Zurich non
pasou inadvertido para un dos históricos do fútbol europeo, o
Benfica portugués,
club
co que asina
en xullo de 2014.
En
Portugal, unha
lesión frea
a súa evolución e
impídelle ter o protagonismo do que gozara no F.C.
Zurich.
Só
é títular en catro partidos co
conxunto lisboeta
mais,
con
todo,
obtén os seus primeiros trofeos gañando a Supercopa e o título de
liga da tempada 2014/15, campaña
na que xoga o seu primeiro partido na Champions League. O
debut no máximo
torneo continental, o
primeiro que disputou un arteixán na Champions,
produciuse
o 9
de decembro de 2014 no
estadio Da Luz de Lisboa,
no enfrontamento
da
sexta xornada da fase de grupos xogado
entre o Benfica e o Bayern Leverkusen, choque
que rematou 0-0 e
que correspondía
ao grupo C que os
dous contendentes
compartían co Mónaco e Zenit de
San Petersburgo. Non
deixa de ser curioso que Loris debutara na Champions League no mesmo
estadio que o fixera Arsenio Iglesias na antiga Copa de Europa medio século antes!
Despois
da experiencia no Benfica, no verán do 2015 Loris Benito
regresa
a Suíza
e
ficha no Young Boys de Berna, un dos clubs máis
grandes do
país. O
noso protagonista, unha
vez máis con
moi mala sorte coas lesións, xoga dez partidos do campionato
ligueiro na tempada 15/16 e sete na seguinte na que o seu equipo é
subcampión en ambas. A
campaña 18/19 sería un verdadeiro conto de fadas para
o Young Boys xa que despois
de 32 anos sen conseguilo, o club,
dirixido naquela
altura
polo técnico austríaco Adi Hütter, gañaba o campionato ligueiro
con grande protagonismo do lateral esquerdo de Pastoriza.
O
equipo de Berna volve a gañar a SuperLiga na tempada seguinte, a
18/19, desta volta dirixido polo carballés Gerardo Seoane. Loris
Benito,
titular induscutible con Seoane,
o que fora o seu segundo adestrador no sub-13 do F.C.
Aarau, realiza
unha campaña extraordinaria xogando 31 partidos do campionato e os
seis que o Young Boys disputou na fase de grupos
-grupo H-
da Champions League contra a Juventus, o Manchester United e o
Valencia, uns partidos que foron moi seguidos en Arteixo,
especialmente en Pastoriza na casa de súa avoa Claudina.
Ademais,
nesa campaña de ensoño, Loris debutaría coa selección de Suíza o
14 de novembro de 2018 nun partido amigable contra Qatar
que os helvéticos gañaron por
1-0. Catro días máis tarde o noso
protagonista
debutaba en partido oficial, na Liga das Nacións, participando no
histórico 5-2 de Suíza á Bélxica dos Curtois, Hazard, De
Bruyne e compañía.
Loris tamén defendería as cores do seu país de nacemento no
Suíza-Dinamarca que se disputou o 26 de marzo de 2019, partido da
fase de clasificación para a Eurocopa que rematou 3-3.
Tras
catro tempadas inesquecibles,
o futbolista suizo-arteixán da
o salto a liga francesa e asina contrato por tres anos co Girondins
de Bordeaux. Na
primeira delas, a 2019/20,
é
peza básica nos esquemas do
adestrador portugués Paulo Sousa, disputando
23 partidos de liga ata
a suspensión do campionato por mor COVID-19. Nesa
tempada
2019/20, Loris tamén
xogou
dous partidos da fase de clasificación para a Eurocopa con
Suíza, unha Eurocopa na que finalmente o cadro helvético sería quen de clasificarse. Os suizos xogarían os seus tres partidos da primeira fase en Baku, Azerbaiyán, ante Gales (1-1), Italia (0-3) e Turquía (3-1). Precisamente no partido contra o once turco foi onde se produciu o debut de Loris Benito, que saiu ao campo no minuto 85 sustituindo a Steven Zuber.
Ningún comentario:
Publicar un comentario