Unha das máis tradicionais festas de carnavais que
 se atopaban dentro do concello de Arteixo era a da "lectura do 
testamento do entroido en Souto" pero, tras case 15 anos de duración, 
parece rematar a súa andadura nos carnavais do ano 1994.
     Xosé Luis Mañana, o primeiro presidente que tivo a A.C. Queiroa e un dos iniciadores desta  tradición, coméntame que ..."nadie tomou o relevo" e tamén lembra os comenzos, uns primeiros anos da posguerra nos que non podías ir ás festas disfrazado e a chegada da democracia, que trouxo
 a recuperación da cultura e tamén a liberdade para retomar as 
tradicións dos carnavais. Foi entón, a comenzos dos anos 80, cando un 
grupo de xente como Xosé Luis, Manolo de Rodriguez, Manolo de Amado, 
Nito, Fina de Amador, e máis persoas do pobo pensaron facer unha 
comparsa. E, no seu lugar de reunión, no baixo da casa de Xosé Luis, 
fixéronse as primeiras coplas e os primeiros ensaios.
 
 Pouco despois xurdiu a Asociación Cultural Queiroa na que se atopaban 
varios dos compoñentes da comparsa, se ben, a asociación fixo algunhas 
actividades como tal, como foi a organización dunha "caravana de 
mulleres" seguindo o exemplo daquela famosa película do Oeste ou, tamén, o chamado "tren da alegría". Mentres, a comparsa foise profesionalizando
 e consolidándose, non só nun sentido cultural senón tamén comercial coa
 venda das coplas. E pouco a pouco foise desvinculando dalgún xeito da 
asociación..."a comparsa chegouse a intentar profesionalizala tipo xente de Mera, tipo xente da Coruña...",
 dime Xosé Luis. Pero pouco a pouco a comparsa foi morrendo. Os 
principais promotores da mesma, Nito e Ignacio, foron continuando coa 
tradición pero xa traballando máis nos testamentos do entroido, que 
tamén comenzaron nos anos 80. Xosé Luis recorda que..."os enterros aquí arrastraban moita xente porque tiñan moita garra". Nito e Ignacio adicábanse á caza e captura das cousas que pasaban durante o ano indo polos arredores, tomando notas das cousas que se dicían nos plenos; todo para preparar a súa sátira: o testamento. Pero este traballo era moi sacrificado e pedía moita constancia.
     A Asociación
 Cultural Queiroa organizou, xunto coa participación de Nito e Ignacio 
(que colaboraron no testamento e tiveron unha intervención), o que foi 
ata o de agora o último testamento do entroido. Foi nos carnavais de 
1994. 
(Entrevista feita nos anos 90 a Xosé Luis Mañana por Santiago Sande)  

Ningún comentario:
Publicar un comentario