Local da "Panadería Suso" na Av. de Fisterra de Arteixo |
Sabido
é que dende hai varias décadas a “Panadería Suso” ofrece
aos seus clientes unha ampla variedade de sabores e placeres ao
paladar, unhas exquisiteces gastronómicas que abofé son
sinónimo de tradición e calidade
e que,
cada día, podemos mercar en calquera dos oito
despachos de pan que a firma
ten pola nosa
bisbarra: catro
na Coruña,
dous en Arteixo, un
Vilarrodis e
o orixinal de
Paiosaco, que
foi o lugar onde o seu propietario Jesús García Varela, mais coñecido polo apelativo de Suso, iría medrando ao mesmo tempo que aprendía o oficio de panadeiro. Mais, a parte da súa actividade empresarial, Suso García tamén tivo unha brillante traxectoria no mundo do balón, unha carreira deportiva que deixaría unha enorme pegada entre os aficionados ao fútbol da contorna.
Despacho da "Panadería Suso" en Vilarrodís |
Un
destes equipos interesados en facerse cos servicios do rapaz de
Paiosaco fora o R.C. Deportivo da
Coruña, que tiña como
adestrador do seu equipo xuvenil a Manuel Ríos Quintanilla, o
lendario Manolete. Pouco
lle faltou a Suso para
asinar co clube
herculino
mais, finalmente, acabaríase truncando a operación por mor do
repentino interés do Real Madrid, feito
que daría
pé a que o Deportivo fichara
no seu lugar ao arteixán Juan Manuel Mañana Martínez “Fabeiro”.
O
Real Madrid era
o Real Madrid e unha oportunidade
así non se podía deixar escapar polo
que, no verán de 1977, Suso prantábase
na capital do Estado co desexo
de comer o mundo e de facerse
un oco nas categorías inferiores do clube branco. Alí faría
amistade co porteiro vasco José Manuel Ochotorena, un
dos compañeiros da pensión na que vivía con outros rapaces da
canteira que procedían de fora de Madrid e
que, posteriormente,
coincidiría en pleno coa xeración dos Míchel, Butragueño,
Sanchís, Pardeza e Martín Vázquez, grupo
de xuvenís
que non tardaría moito
en ser coñecido como “La Quinta del
Buitre”. Mais
a experiencia de Suso na
entidade madridista
non acabaría resultando
todo o positiva que él agardaba e, ao cabo de tres meses, volta a
súa terra para enrolarse no cadro
xuvenil do Racing de Ferrol
que participaba na Liga
estatal. Alí
o paisaqués deixaría
o seu selo persoal anotando
un total de 22 goles, bo
facer que lle daría o premio de adestrar habitualmente
co primeiro equipo onde,
baixo as ordes de
Rodriguez Vaz, coincide
nas sesións preparatorias
cos seus veciños de Caión, os irmáns Collazo, e
con futbolistas da talla dos
Corral, co tempo adestrador do R.C. Deportivo; o
arxentino Juan Carlos, que un día lle
comentara que...”en
Argentina tenemos un pibe que dará que hablar”
referíndose ao que para moitos é o mellor xogador de todos os
tempos: Diego Armando Maradona;
Richard, pai do ex futbolista
do Glasgow Rangers
Nacho Novo; e tamén co
masaxista Antonio “O Xitano”,
plantel que ao
final daquela tempada
77/78 acadaría o ascenso á Segunda División.
Suso no Racing de Ferrol |
Rematada
a cesión,
o
rapaz de Paiosaco
voltaría
á disciplina do Racing de Ferrol onde,
ao longo da campaña 79/80, alternaría as súas actuacións co
Arsenal e co primeiro equipo racinguista en
2ª B,
división
na que
o once departamental loitaría
ata a última xornada por non
descender á 3ª.
Os
verdes principiaran a tempada baixo a dirección técnica de Gustavo
Biosca e remataríana con Gerardo Molina, adestrador
que o
6 de abril
de 1980 facía
debutar na
categoría
a Suso
contra
o Sestao, nun partido correspondente
á xornada 30ª
que remataría 0-0 e no que o Racing formara con tres
laracheses de inicio:
Jolo;
Miguelín, Vidal, Silvano, M. Collazo, Otero, Segundo, J. Collazo,
Suso (Carballo), Roberto e Miguel. La
Hoja del Lunes
publicaba ao día seguinte que...”Molina,
que en esta ocasión, por imperativos legales, no pudo dirigir el
encuentro desde el banquillo, introdujo esta tarde a los jugadores
Suso y Carballo, procedentes del Arsenal; tal vez como último
recurso. Pero tampoco dichos jóvenes lograron romper la atonía de
un partido que más parecía de patio de colegio que propio de
Segunda División “B”
. O
futuro
panadeiro
repitiría
titularidade na xornada seguinte,
na derrota no
campo de Las Gaunas
por 3-0 contra
o Logroñés onde,
segundo
as informacións dos medios da época,
Suso
fora dos futbolistas máis destacados do Racing: ”Destacaron
por el Logroñés sobre todo Lotina,
junto a Tasio y Torres, y por el Ferrol, el
portero Jolo, con Otero, Merino y Suso”. Sete
días máis tarde, no partido que enfrontaba no desaparecido estadio
“Manuel Rivera” ao Racing co Huesca, o
noso
protagonista
voltaba
a saír de
inicio
por
terceira semana consecutiva, un
partido que o once departamental acabaría
gañando
por 1-0 e que sería o
último que Suso
García
xogaría en 2ª B, pois non tardaría en viaxar
a Cataluña para facer o campamento do servicio militar en Girona e o
resto da mili en Seu d´Urgell, na provincia de Lleida.
La Voz de Galicia, 23.3.1992 |
Despois
dunha paréntese de cinco anos cheos de experiencias inesquecibles
como a proba co Real Madrid, a aventura en Hellín ou o debut en 2ª
B co Racing de Ferrol, Suso
voltaría
a vestir a camiseta da Unión Deportiva Paiosaco na tempada 1982/83,
camiseta que defendería ata a 1988/89 que, facendo de
xogador-adestrador, sería a campaña
na que colgou as botas como futbolista para dar paso a súa faceta
como técnico da entidade paisaquesa durante varias tempadas da
década dos noventa, que foi cando se retirou definitivamente do
mundo do fútbol para adicarse única
e exclusivamente á súa familia e á súa empresa familiar:
“Panaderías
Suso”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario