Imaxe dos anos 70 dunha matanza |
Échevos tradición antiga ista que vos vou contar, e que aínda se
celebra o domingo de Entroido nas parroquias de Morás e Chamín.
Neste día, a xente leva á igrexa cacheiras, bicos, e patas de diante
da última matanza, e tamén algunha cunca de barro con graxa derretida.
Á
saída da misa escomeza a poxa propiamente dita; a carne ofrécese aos
parroquianos para que poxen por ela, como nunha subasta. O que máis
ofrece, leva a peza de carne para a casa, e os cartos quedan a beneficio
das ánimas do purgatorio.
En moitos casos, o que trae unha peza é logo o que máis poxa por ela.
Isto é por un ofrecemento, e os veciños han de ceder por cortesía a que
sexa o propio dono o que leve a peza de volta para a súa casa, despois
de poxar para as ánimas.
Xa non son os tempos nos que os adros de Chamín e Morás estaban
ateigados de pezas de carne, e viñan a poxa xentes das parroquias
lindantes. Pero esta tradición resístese a desaparecer. Logo, que sexa
así por moitos anos.
(Publicado por Víctor Iglesias García no B.I.M. de febreiro de 1994)
Ningún comentario:
Publicar un comentario