Santiago
Rey Sande, Chacho para os seus amigos, nace en Oseiro o 18 de
decembro de 1935. Era o sétimo fillo de Jesús Rey Riveiro e de
Dolores Sande Loureiro, un matrimonio que perdera tres dos seus
meniños ao nacer e que, despois de que viñera ao mundo Chacho,
aínda serían pais de Mucha, a súa filla máis nova.
Chacho nos anos 50 |
Cando
o noso protagonista
era un cativiño
de pouco máis de
catro anos, queda orfo de nai e, naquela
altura, tamén perdería a
seu avó paterno Manuel Rey Suárez, home
de grandes inquedanzas intelectuais que o levarían a relacionarse
cos persoeiros máis célebres da época, pois sábese con certeza
que coñeceu e tratou a Manuel Murguía, Castelao, Basilio Álvarez,
Casares Quiroga ou, entre outros, a Wenceslao Fernández Flórez.
Jesús,
o pai de Chacho, non
tardeu en casar en segundas nupcias con María Campana, unha muller
que se encargou de criar
como unha verdadeira nai
a todos os fillos do seu home Jesús,
que mantiña a súa numerosa
prole traballando de sol a sol na panadería que abrira nos primeiros
anos do século XX seu pai
Manuel Rey Suárez,
persoeiro do que tedes cumprida información nesta bitácora (http://cronicasdearteixo.blogspot.com/2020/03/o-benfeitor-de-oseiro-manuel-rey-suarez.html)
Naqueles
duros anos da posguerra os
nenos
de Oseiro tiñan que ir a pé
todos os días
á escola de Pastoriza. Uns,
a maioría, ían á unitaria pública de don José Campos e
outros,
como no caso de Chacho e de seu irmán Lolo, ían á privada de don
Juan porque Jesús,
seu pai, non quería que os seus fillos aprenderan a ler e a escribir
nas escolas de Franco.
Por
aqueles tempos, ao igual que
en todos os puntos da nosa xeografía, dúas pedras facendo de
portería, e algo que se parecera a unha pelota, daban
pé a que os rapaces de
Oseiro xogaran
ao fútbol despois de botar
unha man nos traballos
da
casa. Tal era o entusiasmo na parroquia polo chamado deporte rei que,
en 1948, un grupo de mozos do lugar: Lolo, o irmán de Chacho, que
sería o primeiro presidente; José Souto; Enrique Rey; Antonio
Seijas e o propio Chacho Rey,
deciden crear o Club Oseiro.
Naqueles
primeiros partidos deste
novo equipo, xogados moitos
deles nas Cañeiras, preto do areal de Sabón, ou no
campo dos Larachos, que
estaba situado nas
proximidades do camiño que desde a Rúa da Fonte chega ao actual
CEIP de Galán, Chacho
empezaría a demostrar a súa
valía converténdose nun dos mellores porteiros da bisbarra.
Naquela altura, a parte do Oseiro, Rey tamén defendeu a portería
doutros equipos de Arteixo tales como o Deportivo Igrexario de Loureda
ou o Penouqueira en partidos e torneos que se organizaban polas festas.
Sendo un
mozo de 15 ou 16 anos foi probar polos xuvenís do R.C.Deportivo da
Coruña. Rodrigo García
Vizoso, o lendario gardameta
do Deportivo e do Real Madrid de antes da guerra, e Eduardo
González Valiño, Chacho,
outra das lendas deportivistas, organizaban partidos de cando en vez
na Coruña para descubrir novos mirlos brancos que poideran nutrir as
categorías inferiores do cadro deportivista. O Ricardo
Zamora de Oseiro pasaría as
probas
con creces e, de contado, entrou
a formar parte do equipo xuvenil do Deportivo.
Rematada
a súa etapa nas categorías inferiores deportivistas, xoga uns
partidos da Copa da Coruña de 1956 co Ciudad Jardín, equipo ao que
chegara da man de Manolo de Rita e que estaba moi vinculado ao
municipio de Arteixo pois, uns anos antes, tamén xogaran alí os
arteixáns Sé e Arsenio Iglesias.
Chacho
Rey xoga
a tempada 1956/57 no grupo I
da Terceira División, o
equivalente á Segunda División B actual, cedido polo Deportivo no
Brigantium. Compaxinar os
adestramentos semanais
en Betanzos
co traballo na panadería na que se gañaba a vida con seu pai non
era doado. Mais
non quedaba outra, o
porteiro de Oseiro
quería labrarse un futuro na elite do fútbol e había que
sacrificarse. Malia o seu destacado papel defendendo a porta do once
betanceiro, o Brigantium descendería á Serie A Rexional, quedando
só por enriba do Ribadeo e do Marín.
Chegan
os tempos de facer o extinguido servizo militar. A Chacho tócalle de
destino Ceuta, cidade na que se enrola nas filas do Hércules, naquel
tempo equipo do
grupo XII da Terceira
División. Neste cadro, que
non tardaría en fusionarse co C.
Imperio Riffien, o noso
protagonista xoga a tempada
1957/58.
Rematada
a mili e de volta na súa terra, ao mesmo tempo que traballa con seu
pai na panadería familiar, na campaña 1958/59
defende a meta do Ordes que, naquel momento, era un club asociado ao
Deportivo. O once ordense, cos
deportivistas Salorio e Casteleiro cedidos nas súas filas,
realizaría unha das mellores campañas da súa historia quedando
quinto do grupo I da Terceira División grazas,
en gran medida, ao magnífico
traballo de Chacho entre os
tres paus durante toda a
tempada. Moitos anos
despois, xa na súa xubilación, recordaba con cariño o seu paso por
este equipo:
-
Tratáronme
de marabilla. Foi o único equipo no que cobrei.
Pagábanme 600
pesetas ao mes e merendaba gratis en Casa Juanito!
O
bo papel do porteiro
arteixán no Ordes daría
paso á súa fichaxe no Fabril, outro dos equipos asociados ao
Deportivo naquel momento.
Chacho disputaría as
campañas 59/60 e 60/61 co
cadro fabrilista na Terceira
División compartindo
vestiario co tamén arteixán
José María Mancebo e, entre outros, con
Tino, o lendario ex
futbolista do Deportivo que,
xunto a Rafael
Franco, Dagoberto Moll,
Corcuera e
Oswaldo, integrara a
dianteira bautizada como
“Orquesta Canaro” nun
momento no que o cadro coruñes quedara subcampión de Primeira
División na tempada 1949/50. Tino colgaría
as botas ao remate da
tempada 1960/61 e, posteriormente,
abriu unha tenda de ultramarinos no barrio dos Mallos da Coruña.
Curiosamente,
aquela campaña 60/61 tamén sería a última de Chacho Rey como
futbolista do Fabril. Vendo
aque se estaba cumprindo a premonición de
Otero, o verdadeiro Parrochas,
que un día lle dixera nun adestramento…
“machiño, se mediras
10 cms máis asegúroche que triunfarías no fútbol”,
Chacho
matinaba naquela altura a posibilidade de retirarse
dos terreos de xogo
para dedicarse única
e exclusivamente á panadería.
Mais
un día, como se dunha longametraxe do Oeste americano se tratara,
entraron pola porta do negocio familiar os
irmáns Dalton, que eran dúas das persoas que levaban o Orzán nos
anos 60:
-A
ver oh, ficha con nós. Necesitamos un porteiro!
E
ala vai Chacho, que ante a insistencia dos Dalton e a petición de
Alfonso Rico, adestrador por aqueles días deste club do fútbol
modesto da Coruña, debuta co Orzán na tempada 1961/62. Como o
fútbol non daba de comer, ao casar con Victoria Pérez foron para a
carretera nova, en Vilarrodís, onde en 1965 abriron a “Panadería
La Nueva”, lugar no que traballou ata a súa xubilación mantendo
vivos os seus recordos do seu paso polo mundo do fútbol e, tamén,
mantendo viva a tradición da rosca de Oseiro.
Chacho
Rey aínda lembra con emoción os tempos
nos que, sendo moi cativo lle
axudaba a seu avó Manuel a facer o ramo
de
madeira:
“Colocábase unha rosca diante e outra detrás e, por iso, parecían que eran dobres. As roscas adornábanse con froitas e, dous días despois do San Brais, cortábanse en tantos anacos como casas había na parroquia e metíanse nun saco. Logo, Ramón de Xelo, que era o sacristán naqueles tempos, era o encargado de repartilos polas casas”.
Chacho en Riazor co seu neto Alex
O
protagonista das Crónicas de Arteixo de hoxe,
afirma que as primeiras roscas fíxoas seu
avó Manuel Rey Suárez na panadería de Oseiro e, posteriormente,
continuaría coa tradición seu pai, Jesús Rey Riveiro. Co tempo, a
encargada da elaboración das roscas, sería súa irmá Dolores Rey
Sande xunto coa súa filla María Luísa, unha Dolores que,
curiosamente, é unha das protagonistas do libro “Contos da Coruña”
da autoría do polifacético Xurxo Souto, onde Dolores, falecida xa
hai uns anos, nos conta o seguinte:
“Agora á xente non lle acorda, pero nos tempos de antes cada veciño tiña que poñer un monllo, para a rosca. Un monllo é unha atadura de trigo segado. Despois mallábase na eira do pazo, a carón da igrexa, nunha gran lousa”.
Ao
pechar a panadería Rey, a panadería de Oseiro no que tantos anos
levaban elaborando as roscas a señora Dolores e a súa filla María
Luísa, Chacho Rey sería a persoa encargada de seguir mantendo a
tradición ao elaborar ata a súa xubilación as roscas na súa
panadería “La Nueva” de Vilarrodís, panadería hoxe denominada
“O Forno da Vella”.