ARQUEOLOXÍA

 
OS ACHADOS ARQUEOLÓXICOS DO XACEMENTO COSTEIRO DO REIRO (CHAMÍN)


O Reiro. O xacemento está na parte inferior da imaxe(www.turismo.gal)

  Unha das pegadas máis afastadas no tempo da historia local de Arteixo condúcenos ao período Epipaleolítico-Mesolítico (10.000-5.000 a.C.), época na que varios historiadores sitúan o campamento costeiro do Reiro. Este xacemento, que se localizou sobre un depósito asentado sobre unha duna fósil da zona máis protexida do areal, sería descuberto a finais dos anos sesenta do século pasado, ao pouco de instalarse alí a maquinaria que extrairía, durante certo tempo, a area deste pequeno recuncho do litoral da parroquia de Chamín. 

 
   Tal barbaridade ecolóxica, que se realizaba de xeito habitual naquel entón en moitas das praias da bisbarra, daría pé a que o mar arrasara con boa parte da zona que contaba, antes das extraccións, coa defensa natural das dunas formadas a través dos séculos pola acción do vento. Este cambio da liña do areal do que estamos a falar, favorecería a penetración das mareas ata lugares onde antes da chegada da maquinaria rara vez o facían, modificando tanto a extensión do xacemento como a secuencia dos estratos máis próximos.

Material lítico do Reiro (Ramil Soneira)
   Deste xeito, ao mesmo tempo que as máquinas continuaban extraendo area, unha ampla dispersión de materiais prehistóricos, sobre todo industria lítica en cuarzo e cristal de rocha, ademais de restos orgánicos de xabarís, cervos ou vértebras de peixes, irían aparecendo pouco a pouco no Reiro.

  Ao ter constancia do achado, os arqueólogos Vázquez Varela e Ramil Soneira desprazaríanse ata esa parte da costa arteixá para prospectar o xacemento, onde certificarían a presenza dun grupo humano que, ao xulgar polos restos alí descubertos, todo fai indicar que baseaban a súa alimentación en micromamíferos, aves e pesca de beiramar.

    A partir do momento do seu descubrimento e durante varios anos, procedeuse á recuperación do material que quedaba á vista pola actividade das mareas e da empresa areeira, un material que se recollería sen plan de excavación arqueolóxico de ningún tipo, como así nolo conta o arqueólogo Ramil Soneira no amplo informe Paradero de Reiro que publicou nos Cuadernos de Estudios Gallegos no ano 1973:


Materíal lítico descuberto no Reiro (Ramil Soneira)
El material recogido no corresponde a níngún plan de excavación. Después de comunicarlo al señor Luengo, Comisario Provincial de Excavaciones, que visitó el paradero, desde el 69 he ido rescatando durante el verano lo que las mareas y las “industrias de arena” dejaban al descubierto en el estrato humífero; estrato de consistencia dura, ligada, que obliga a desmenuzar a mano o disolverlo lentamente en agua, ya que los trozos extraídos están totalmente atravesados de restos óseos. Esta tierra negra cuando se abandona al sol adquiere la consistencia del adobe. Antes de la nivelación para aparcamiento, acompañado del Prof. Vázquez Varela hicimos unas catas en E-s (fig. 4), donde la total espesura del estrato humífero lo es de ocupación; con una potencia media de 45 centímetros, la secuencia en las catas bajas es similar a la hallada bajo la duna D de la figura 4”.

Esquemas do xacemento (Ramil Soneira)
  O material lítico recuperado no xacemento está elaborado sobre cantos e lascas de diorita para as pezas grandes e en cuarzo e cristal de rocha para as pezas pequenas. Ramil Soneira, que fundou e dirixiu o Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilaba, dinos na publicación anteriormente mencionada que... “El tipo de roca usada para estos útiles condiciona favorablemente la obtención de grandes lascas por percusión bipolar o a yunque durmiente; igualmente condiciona el rebajado de ambas caras, casi sin talón, aún en el caso de someter uno de los polos de un canto aplanado de diorita a la somera talla alterna para la obtención de un choper”. Dentro de este material lítico están claros dous grupos, os macrólitos e os micrólitos, entre os que se poden diferenciar os micrólitos xeométricos, raspadeiras, perforadores e burís, material que parece corresponder a unha fase mesolítica polos resultados da datación radiocarbónica, que deron unha data de 6.590 ± 70 B.P., aínda que segundo a arqueóloga arteixá Puri Soto, hai que entender que é unha datación da madeira da turbeira e, como non hai contexto estratigráfico, non todos os materiais se poden relacionar coa devandita datación radiocarbónica.

Restos óseos do xacemento do Reiro (Museo Arqueolóxico da Coruña)
   No xacemento tamén se descubrirían restos óseos, vexetais e de cerámica. En torno aos primeiros, documentouse fauna característica das etapas posglaciais constituída plenamente por especies típicas dun medio forestal desenvolvido que acada o seu auxe no Holoceno, que é a época que se extende desde hai uns 10.000 anos ata a actualidade. A fauna analizada consta de vinte restos de mamíferos, entre os que se identifican especies como o cervo, o corzo e o xabarín. Do material vexetal, Ramil Soneira di que aparecen… muy abundantes carbones, algún trozo de madera parcialmente quemada y un cotiledón de una semilla”, e por último, con relación a cerámica, o arqueólogo de Vilalba conta que descubriron… “dos pequeños trozos cuya superficie total llega sólo a cinco centímetros cuadrados; trátase de un barro rojo mal amasado y peor cocido, de un centímetro de grueso; con muy abundante temple cuarzoso formado por arenas gruesas y desiguales”.

    Estos restos arqueolóxicos que afortunadamente se salvaron da agresión industrial son na actualidade, tras os resultados que aportaron os novos medios tecnolóxicos en torno á adscrición do Reiro, motivo de certas contradicións no mundo da historia e da arqueoloxía, unha controversia que ven dada pola falta de contexto e polo descoñecemento da secuencia estratigráfica. Exemplo disto é o que nos comentou recentemente Puri Soto: A cerámica e determinadas especies vexetais domesticadas son elementos plenamente Neolíticos. Non están cómodos en contexto epipaleolítico nin mesolítico e, por tanto, todo fai pensar que temos un xacemento de longa duración”.

  Sen ánimo de meterse en camisas de once varas, de seguro que esta controversia se solucionaría cunha escavación arqueolóxica, coa cal é máis que probable que apareceran novos materiais e que tamén deixaría claro se no xacemento hai un ou máis niveis estratigráficos, ou se o xacemento ten unha secuencia temporal ampla.

Buril descuberto no Reiro (Museo de Prehistoria de Vilalba)
    Mentres agardamos a que haxa novos datos, podemos simplemente resumir que o campamento do Reiro, hoxe oculto por capas de area e sedimentos, para aquel grupo de humanos que probablemente, por mor da presenza de cerámica habitou do Mesolítico-Neolítico (10.000-5.000 a.C.), foi un paradeiro costeiro no que se respetaba a lei das areas, coa súa ben escollida protección a poñente, o punto cardinal polo que se pon o Sol, a súa augada cómoda e segura e unha posición, con relación á liña de mareas, máis axeitada que a existente actualmente, que quedou desprotexida a raíz das agresións industriais dos anos sesenta e setenta. Paradeiro de xentes que traballaban o material local simulando sinxelos choppers, pedra de gume plano e recto, y las casi clactonientes lascas con los rebuscados micrólitos” que menciona Ramil Soneira no texto publicado en 1973 nos Cuadernos de Estudios Gallegos. En definitiva, paradeiro no que podemos deducir que os moluscos non formaban parte da alimentación destos seres predadores, mais sí que o facían as aves, mamíferos, peixes e vexetais, un grupo que coñecía a cerámica e do cal non sabemos se cultivaba a terra.


FONTES:

- Caamaño Gesto, José Manuel. A gran historia de Galicia. Prehistoria de Galicia (Tomo I, Volume I) O Paleolítico e o Epipaleolítico. O Neolítico e o Megalitismo. La Voz de Galicia, 2007.
- Ramil Soneira, José. Paradero de Reiro. Cuaedernos de Estudios Gallegos (XXVIII, fasc. 84), 1973.




A CHEIRONA DE SUEVOS, MAFRIESA E OS TESOUROS ARQUEOLÓXICOS DA FURNA DA AGUDELA E AUGA DOCE


     Se hai unha parte da costa arteixá pouco coñecida, esa é a que abrangue desde a zona da punta da Moa e o Regueiro, o lugar que deslinda Arteixo da Coruña, ata As Gralleiras, que é donde ten as súas instalacións a empresa Ártabra-Saria, popularmente coñecida como a “Cheirona de Suevos”. Pois ben, se facedes percorrido pola estrada que hai nesa zona do litoral arteixán, xusto despois de pasar ao carón do pequeno areal de Bens e por diante da entrada da planta de tratamento de lixo de Nostián, vemos como algún camiño de pescadores ou mariscadores baixa mesmo ata o mar, ata un mundo fecundo de tesouros dos que vos vou falar a continuación.

     A dicir verdade, ese é un sitio que tardei en pisar. Chegar alí non é doado mais, cando lin unha das crónicas do naufraxio do vapor alemán Trier, embarrancado en Suevos en xullo de 1902, a curiosidade empurroume a visitar por primeira vez ese lugar:

la caminata para ir a pie no es floja. Al monte de Suevos le llaman los marinos O Cabo. Así parece. Otro monte, el de Bens. Saltamos a un muro y llegamos a un campo. Es la Furna dos Paus, ¡Diablo! En lo profundo del peñasco inmenso, rompe el mar y, horadando la roca, repercute con estruendo de cañonazos en las subterráneas galerías. Las que hace el hombre son unas mezquinas. Allí nos enseñan unas minas abandonadas. Una fracasada mina de hierro. Giramos aún a la redonda de “la Redonda”. Unos pasos más. ¡Allí está el Trier!. Se descorre el telón, pero el barco se ve lejos. Parece hallarse al alcance de la mano, pero, ¿cuánto engañan las vueltas y revueltas del litoral, las ensenadas imprevistas, las subidas por escarpados riscos a cientos de metros sobre el nivel del mar! Aquel paraje se llama Cabo Langosteira en las cartas o en los planos o en donde sea. Los marineros le denominan Os Picos de Nostián. A la izquierda está la playa de Suevos, puertecito pesquero. Allí van a comprar langosta los buques franceses. Esfumados por la distancia se ven los montes de Pastoriza. Rompe la mar en infinidad de peñas a flor de agua, próximas al barco. Son Os Baixos Cubertos, nos cuentan. Cada uno tiene su nombre, pero son muchísimos. Entre otros figuran O Vello, A Posta, O Largueirón. Cruzamos dando un rodeo imposible la playa de Bens. Enorme y cansadísima vuelta. Faldeamos los altos montes de Las Payas, Nafreita y alcanzamos el de Nostián. Vuelve a divisarse el Trier esta vez más cerca, casi al alcance de la mano. ¿Dónde estamos? Una vieja labradora nos lo dice. O Regueiro do monte de Nostián...En efecto, un reguero baja a precipitarse desde lo alto del acantilado. A la derecha da Furna da Gudela y a la izquierda do Regueiro, está el barco. La Furna es una especie de sima, estrecha, en la que el mar penetra. La altura es considerable. Por todo camino hay un estrecho sendero”. 

    
Lousa que había a 80 metros do Adro Vello nos anos 50
Curiosamente, medio século despois do embarrancamento do vapor alemán Trier na costa de Suevos, o arqueólogo coruñés Luís Monteagudo realizaba unha excursión pola zona anteriormente descrita e informaba por primeira vez duns tesouros arqueolóxicos alí existentes naquela altura. Monteagudo, que en 1935, con 15 anos, xa ía coa asociación Amantes del Campo a escavar e a documentar os traballos de campo, en setembro de 1950 contaba que...”al Este del arenal de Agadoce existe la furna de Agudela con inscripción probablemente de fines del siglo IX por coincidir sus letras y parcialmente su texto con las del “famulus Del Ans” conservada en la parroquia de Pastoriza”. Neses apuntamentos, o arqueólogo herculino tamén dicía que... de este tiempo debió ser la iglesia primitiva de Suevos (cercana a Agadoce) de la cual sólo se conservan los topónimos Igrexa Vella y Adro Vello; las colmataciones invernales irían enterrando esta capilla que debió ser sustituída por la actual (situada en el mismo vallecito pero más arriba) ya en la época del románico, a juzgar por el despiece del ábside rectangular, único resto románico en la actual capilla. A unos ochenta metros del sitio de Adro Vello encontramos en un muro una losa con dos profundas cazoletas circuídas por sendos surcos conseguidos por frotación. 


    
Vista das instalacións de Saria desde o areal de Auga Doce
Naqueles anos 50, pouco despois de que Luis Monteagudo realizara a excursión da que estamos a falar, a maquinaria chegaba a esa parte do litoral arteixán para achanzar os terreos nos que non tardaría en levantar as súas instalacións a fábrica de abonos compostos, fariñas e aceites de peixe “Limitada de Productos Químicos SJ”, a tristemente célebre Cheirona de Suevos que, dada a posterior evolución da actividade da empresa, levaría aos seus propietarios a transformala en 1982 co nome de Ártabra e anos máis tarde en Saria, que é a súa denominación actual.


    
Vista das instalacións de Mafriesa desde o areal de Auga Doce
En agosto de 1971, dúas décadas despois de que a Cheirona de Suevos empezara a levantar as súas instalacións no areal de Auga Doce, Franco inauguraba os Mataderos Industriales Frigoríficos (Mafriesa), empresa que co beneplácito das autoridades da época contribuiría, ao igual que a “Cheirona”, ao total abandono medioambiental da zona na que Luis Monteagudo descubrira a inscripción da Furna da Agudela e o petroglifo do Adro Vello, tesouros do noso patrimonio dos que a día de hoxe descoñecemos o seu estado actual. Se alguén o sabe, por favor, comuníquenos a nova.


     A arqueóloga arteixá Begoña Albertos Figueroa contoume recentemente que, haberá cousa de sete ou oito anos, conversou cun señor moi maior de Suevos, un home xa falecido que viña sendo o señor Adolfo, o padriño da nai da miña amiga Gely Sanjurjo, a simpática froiteira do Gadis de Arteixo. O conto é que o señor Adolfo faláralle a Begoña da existencia dunha pedra con gravados a pé de costa, un petroglifo que finalmente a arqueóloga arteixá non chegaría a ver polo que descoñecemos se se trata do mesmo do que nos informaba Luís Monteagudo nos anos 50 ou se é outro distinto. A incógnita agarda respostas, do mesmo xeito que o estado actual da antiga inscripción da Furna da Agudela.

     Con todo, a pesar da desfeita medioambiental producida a consecuencia da posta en funcionamente da Cheirona de Suevos e de Mafriesa, o que si se conserva na zona é algunha que outra xoia histórica como da que fala o escritor e bo amigo Fernando Patricio Cortizo no seu último libro, Naufragios y crónica marítima de Galicia hasta 1899: un par de canóns de ferro de aproximadamente un metro de lonxitude que están situados a altura da entrada da planta de tratamento de lixo de Nostián. Preto desos canóns, o percebeiro e tamén amigo Xulio Montero localizou hai varios anos unha áncora de ferro e moitas balas de canón, restos dos que me contou que ...”ao parecer eran dun barco de escravos. A áncora quedou chantada nas rochas como se a quixeran sacar do mar tirando dela con animais”. 

    
Á dereita Saria e Mafriesa e á esquerda a Furna da Agudela
A
parte de ser percebeiro, Xulio tamén rexenta un bar na rúa coruñesa de San Xosé, A Chencha, un establecemento acolledor e familiar no que, mentres degustades un bo viño acompañado dun menú caseiro con produtos de primeira calidade, podedes escoitar algunha historia marabillosa en boca do seu propietario, historias coma a do día que apareceu na súa vida o seu can “Orzán”. Alí, na Chencha, Xulio contoume que foi mariscar moitas veces á Furna da Agudela mais que non sabe nada da inscripción da que facía referencia nos anos 50 o arqueólogo coruñés Luís Monteagudo... cando vai outra vez hei de mirar ben en cada recuncho. Agardamos respostas Xulio!



OS RESTOS ARQUEOLÓXICOS DESCUBERTOS EN LAÑAS E BARRAÑÁN NO ANO 1950

      Hai uns días faleivos da excursión que realizara en setembro de 1950 o arqueólogo coruñés Luís Monteagudo polo litoral de Suevos, unha excursión na que catalogara unha incripción do século IX na Furna da Agudela e unha lousa "con dos profundas cazoletas circuídas por sendos surcos conseguidos por frotación" que había nun muro a uns oitenta metros do Adro Vello, o lugar que hoxe ocupa a "Cheirona" e o campo de fútbol de Suevos. Pois ben, nese paseo polo noso municipio, o popular arqueólogo herculino tamén catalogaría outros tesouros de enorme riqueza arqueolóxica e artística cos que, naquela hora, contaba o Concello de Arteixo, xoias patrimoniais das que falamos a continuación.
     
      Nunha reportaxe publicado naqueles días na prensa coruñesa, Monteagudo conta que tras deixar atrás esa parte do litoral arteixán..."de Suevos, por Rañobre y Oseiro, pasamos a Arteixo y seguimos por la carretera hasta el kilómetro 13 en cuyas inmediaciones se explotan aluviones y filones de estaño y wolfram (más propiamente casiterita). A unos 300 metros al Norte de la carretera se encuentra la caseta de la mina La Rosa de la que hacia el NNW parte la gran trinchera de extracción en cuarzo hembra, pegmatita y granito fino feldespático. En el monte dos Allos (Arteixo) a unos 30 metros al N. de la caseta de la misma se encuentra el petroglifo 2, y a 40 metros al NW. de dicha caseta el 3 y otros de menor importancia borrosos. Ambos grupos están separados por la trinchera, y sus relativamente pequeñas superficies rocosas están bastante cuarteadas, quebradas y orientadas hacia el Sur. El surco dibujado tiene 0,02 a 0,03 metros de ancho por 0,005 a 0,01 metros de profundidad y obtenido por fricción, probablemente previo picado con berilo o cuarzita: las cazoletas tienen 0,01 a 0,04 de profundidad. Son importantísimos los petroglifos del monte dos Allos por su indudable relación con la explotación del estaño (como los de Pontevedra) y sobre todo por ser los más norteños de los hasta ahora estudiados en Galicia del "grupo gallego" (combinaciones circulares, principalmente círculos concéntricos), por tanto los más próximos a sus paralelos de Irlanda, Inglaterra y Suecia. Hasta ahora los más septentrionales eran los que hemos estudiado con R. Sobrino en Ames, y los que éste descubrió recientemente en el monte Pedroso, al N. de Santiago. Se acostumbra a fecharlos en el Bronce II y III (1500-900 a. C.). El área deste grupo abarca ancha zona costera desde el Vouga, que desemboca por Aveiro (S. de Oporto) hasta Arteixo. A unos 150 metros al Norte de la caseta más arriba de los petroglifos hay una mámoa de 20 metros de diámetro por 2 de altura y otra de 15 por 1, y es probable que ocultas por el alto tojo haya más. Las mámoas pertenecen al Neo-eneolítico y Bronce I (3000-1500 a. C.).

     Tralo estudio e catalogación das mámoas e petroglifos localizados nas proximidades da mina La Rosa, Luís Monteagudo, naquela hora profesor da Universidade de Santiago de  Compostela, dende onde en 1947 promovera a primeira campaña de escavacións no Castro de Elviña, continuaría coa súa excursión por Arteixo subindo ata cumio do monte Barbeito, lugar no que se encontran hoxe os repetidores de televisión e dende o que hai unha extraordinaria panorámica que o arqueólogo coruñés describía así naquel domingo, 10 de setembro de 1950:

     "Desde la cumbre del monte dos Allos, a unos doscientos metros de altitud, se divisa un extensísimo y paradisíaco panorama: al N. la amplia y azul redondez del "mare Cantabricum" de griegos y romanos que mira a la Armórica (Bretaña), Albion o Brittania e Hibernia (Irlanda); al E., S. y W. se dibujan muchos montes y unas cincuenta parroquias y lugares y de E. a W. los siguientes sitios de interés arquelógico que muestran la gran importancia que tiene esta comarca, transcición entre las Mariñas dos Freires y Bergantiños: 

Luís Monteagudo (Anuario Brigantino 19)
castro de Muros (SW, Insua de Suevos), Suevos, castro de Pastoriza, Oseiro con iglesia románica de la segunda mitad del siglo XII, amilladoiro de A Furoca, dos amilladoiros de O Moucho (Oseiro), castro de Figueiroa, castro de Arteixo, dos mámoas en el monte mismo dos Allos, castro de Freán, mámoa de Monte das Arcas, dos mámoas encima de Orro, iglesia de Loureda con retablo de Ferreiro (siglo XVIII), tres casas rectangulares medievales (?) del monte das Insuas (SW. de Erbedíns, Loureda), castro de Santa Leocadia, marco d´Anta (menhir): 500 metros SW. de Santa Leocadia, castro de Pereira (Erboedo, Cerceda), castro de Larín (Arteixo), iglesia románica de Lañas, castro de Lañas con escorias de fundición de estaño, Rorís (donde apareció un escondrijo de diez hachas de bronce de talón con dos asas de tipo nervado y poligonal, una de las cuales con mazarota de fundición, lo que prueba fué fundida en las proximidades), castro de Monteagudo, Pazo de Anzobre, playa de Valcovo con aluvión de titano y estaño, playa de Savón, Xermaña."

    
Luís Monteagudo (Anuario Brigantino 19)
Por esa enumeración, probablemente apresurada e incompleta, Luís Monteagudo, que co tempo acabaría sendo
director do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña, onde formaría a moitos arqueólogos que continuaron a súa labor, poñía en valor a enorme riqueza arqueolóxica e artísta coa que contaba o Concello de Arteixo por aqueles días e, ao mesmo tempo, tamén demandaba que o noso municipio ..."debiera gozar de mayor atención turística para bien espiritual y económico suyo y de La Coruña. No se olvide que desde la remota antigüedad pueblos enteros vivieron del turismo (santuarios egipcios, bretones, ibéricos, griegos, La Meca, Constantinopla, Compostela, Suiza actual). Heródoto fue un auténtico turista y Grecia helenística tuvo en la "periégesis" de Pausanias su Baedeker, recientemente traducido al castellano. Pero el turismo exige buena comunicación, y esta no puede existir mientras existan dos regulares: cada día encontramos menos explicable la construcción de la carretera por donde pasa hoy el trolebús. Con la mitad de lo que costó pudo suavizarse mucho las cuestas de la antigua, por lo demás de excelente trazado y construcción -a pesar de que en estos años debe de cumplir el siglo- y con la otra mitad pudo ensancharse y afirmarse ésta. En la casi totalidad del trayecto la carretera nueva está condenada al despoblado eterno y a perjudicar la buena conservación de la vieja. Aún se está a tiempo de rectificar. Nada decimos a los que piensan: "Dentro de cien años todos calvos", o "après moi le déluge". Pero a los de sensibilidad, perpectiva histórica y valor no embotados les señalamos que existe una responsabilidad ante la historia". 

    
Luís Monteagudo (Anuario Brigantino 19)
É evidente que hoxe, 67 anos despois daquela excursión ata o cumio do monte Barbeito, a retina de Luís Monteagudo abofé que vería outra panorámica ben diferente. Se o arqueólogo coruñés, que na actualidade ten 98 anos, sube ao mesmo lugar, observaría como o Porto de Punta Langosteira se apoderou de boa parte do litoral arteixán e tamén contemplaría con tristura a pouca sensibilidade que houbo con aqueles castros, amilladoiros e mámoas que él enumeraba na reportaxe publicada en 1950, tesouros do noso patrimonio
de incalculable interés arqueolóxico que, nalgúns casos, levarían por diante as chamadas "actuacións en pos do progreso".

 
O MARCO DA ANTA

Imaxe do Marco da Anta
  “Pedra fita: nome que se atopa en varias localidades e que semella aludir aos menhires da arqueoloxía celto-atlántica, aínda que hai quen o nega. Crese que as pedras fitas eran obxectos de culto; dise que moitas foron destruídas para que os campesiños non levaran a elas as ofrendas; en escrituras da Idade Media cítanse algunhas que servían de fitos ou marcos, e non faltan escritores que crean que moitas pedras fitas foron substituídas a partir do século XVI polos cruceiros galegos”… velaí está a teoría en torno ás pedrafitas que o escritor Eladio Rodríguez (1864-1949) publicou no seu “Breviario enciclopédico. Letras, historias e tradicións populares de Galicia”, libro no que o autor ourensán, que foi un dos corenta membros numerarios fundadores da Real Academia Galega a cal presidiu entre 1926 e 1934, deixounos un eco sobre o cal debemos reflexionar:

Quen sabe quén é, sabe quén pode ser; e quen sabe de ónde vén sabe a ónde pode chegar”.

    Con esa lección da obra eladiana que facemos propia, hoxe, nesta modesta bitácora, falamos do Megalitismo, un fenómeno que aparece no Neolítico en Europa Occidental e que se caracteriza polos enterramentos en grandes cámaras ou mausoleos, realizadas con pedras fincadas cubertas dunha gran lousa e baixo un gran túmulo de terra con coiraza de seixos ao redor.

    O gran cambio na economía que supuxo o desenvolvemento da agricultura e a domesticación traería consigo importantes transformacións sociais: aumento demográfico, xurdimento dos primeiros asentamentos estables ou aldeas, e xerarquización social con aparición de élites guerreiras. Outras achegas serán a mellora da talla en pedra (machados pulidos, cinceis, aixolas, láminas de silex ou seixo, puntas de frecha), o descubrimento da cerámica, os tecidos e a primeira metalurxia en cobre (Calcolítico 2.500-1.800 AC).

Cartaz do Concello da Laracha
   Dentro do apartado da pedra, os menhires (a palabra de orixe bretón menhir significa “pedra longa” e equivale a pedrafita, pedra fincada) ou pedrafitas forman parte das manifestacións artísticas do Megalitismo e, xunto coas necrópoles de mámoas, os círculos líticos e os aliñamentos, representan a primeira arquitectura monumental, actuando como marcas territoriais na paisaxe e ocupando unha posición moi visible, en lugares altos ou nas proximidades das vías de comunicación. Atendendo á súa forma, tamaño e lugar de emprazamento, atribúenselles distintas interpretacións:

-Pedrafitas nun contexto funerario, que anuncian unha necrópole.
-Pedrafitas de observación astronómica, de enorme relevancia se consideramos a importancia do calendario nas sociedades agrarias.
-Pedrafitas fálico-fecundadoras, con fins relixiosos e rituais relacionadas coa prosperidade e co culto ás pedras.
-Pedrafitas antropomorfas (estelas-menhir), de época mais tardía, representan a mulleres (deusas nai) e guerreiros.

    Na nosa bisbarra contamos co chamado Marco da Anta, menhir que se atopa nos montes de Santa Locaia (373 m), á beira dun antigo camiño na cunca alta do río Anllóns, zona de mananciais e altimetría considerable onde se avistan extensos eidos.

   Ata hai ben pouco, esta pedrafita estaba situada na parroquia arteixá de Loureda, mais, a raíz dos novos deslindes realizados polos Concellos de A Laracha e de Arteixo, a día de hoxe forma parte da parroquia larachesa de Erboedo, moi preto do límite administrativo entre os dous municipios.

   Trátase dun menhir realizado en granito de grao groso, cos lados asimétricos, de 205 cm de altura, 75 cm de ancho na base prismática e 38 cm na punta. No extremo distal presenta un suco de 4 cm de grosor nunha vea de seixo que se aproveitou para realizar unha escotadura pola cara oeste. Conserva catro calzos á vista.

Debuxo do Marco da Anta da autoría de Luís Monteagudo
   Na Geografía General del Reino de Galicia, Provincia de A Coruña aparece recollida esta pedra por primeira vez por Carré Aldao no ano 1929, unha pedra que a veciñanza da zona denomina Marco Grande, Marco do Ramallal, Pedra do Ghicho, Pedra do Carallo e, tamén, Marco da Anta, como recolle na súas investigacións o arqueólogo Luís Monteagudo, que visitou a devandita pedrafita en 1950 e 1981:

   “Marco da Anta, cota 330, a 600 m SW de la aldea de Santa Locaia (Leocadia) SSW Arteixo. Está en la divisoria de los ayuntamientos de Arteixo y Laracha, divisoria que sigue hacia el SE hasta la Pedra da Cebola, en la que confluyen dichos ayuntamientos y el de Culleredo. El Marco da Anta (pron. d’Anta) mide 2,05 m de alto, y es una laja vertical de granito cóncavo-convexa con tendencia al prisma triangular; su aspecto fálico es debido a que cerca de la punta presenta un surco producido por una veta de cuarzo de 4 cm de ancho, continuando en la cara W por un surco de picadas poco perceptibles. Carré (BRAG 1945, 473) lo sitúa muy vagamente “entre las Mariñas y Bergantiños”!!. Lo hemos visitado hacia 1950, y por segunda vez, y dibujado, el 25/12/1981”.

   A entalladura da que estamos a falar, lembra as que teñen algúns dos ídolos das antas de corredor e se interpreta como un resgo antropomorfo; tamén se ten entendido como unha representación fálica da pedra: na cultura popular a “Pedra do Ghicho” ten un marcado folclore sexual. 
 
   Mais, que mellor que visitala in situ… xa me contaredes!


FONTES:
-Monteagudo, Luís. Menhires y Marcos de Portugal y Galicia. Anuario Brigantino 2003, n.º 26 (páx. 35-36)
-Rodríguez, Eladio. Breviario enciclopédico. Letras, historias e tradicións populares de Galicia. Edición de Camilo Fernández Valdehorras. Editorial La Voz de Galicia. A Coruña, 2001.




A PEDRA ANDURIÑA DO FOXO

Sen a intención de meternos na cociña de Xabi Varela, traballador do Departamento de Medio Ambiente e “Ornitólogo Maior do Concello”, título que lle outorgamos moitos dos seus amigos arteixáns, empezamos esta crónica falando da anduriña que, segundo a Real Academia Galega é un paxaro (hirundo rústica) da familia dos hirundínidos, coa parte superior de cor negra azulada, a inferior branca e a testa e a gorxa vermellas, ás rematadas en punta e cola gallada. 

Imaxe da Pedra Anduriña
A boa fama destas aves estivo sempre mesturada con misterios e lendas que os sabios da Antigüidade, como Aristóteles Plinio o vello, non dubidaron en recoller nos seus escritos sobre Historia natural, sostendo que este paxaro invernaba, por sistema, entre a lama das pozas e ribeiras dos ríos, o cal xa se sabe que non é certo mais, con todo, pode ter algún fundamento basado en casos singulares, como algún que outro paspallás ao que o frío adiantado do inverno sorprendera, descuidado, antes de iniciar o seu regreso migratorio, aparecendo despois escondido entre o barro da leira ao abrir os regos co arado.

Curiosamente, no estómago destas aves que cada primavera voltan ás nosas aldeas procedentes de África central, atópase a chamada pedra de anduriña, tamén coñecida pedra alidoña, que son unhas areíñas silíceas ás que, no pasado, se lle atribuían supersticiosamente virtudes milagreiras para curar feridas co simple contacto.

Imaxe da Pedra Anduriña
Non sabemos se a Pedra da Anduriña que luce esplendorosa no lugar do Foxo, na parroquia de Loureda, debe o seu nome a esas areíñas silíceas milagreiras mais, o que si podemos confirmar, e que as pedras tiveron culto de seu nos campos galegos dende remotas idades e, ás que se lles concederon características máxicas ou capacidades fóra do común reafirmaron a súa presenza ao longo de toda a historia da civilización.

Situada entre a Fonte Santa e o Monte Subico, lugar no que se atopan algunha das formacións naturais máis impresionantes que se poden contemplar no municipio de Arteixo, hai quen fala da Anduriña como pedra de abalar, caso do escritor Vítor Vaqueiro que, no seu libro Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, despois de citar a coñecidísima de Muxía e de nomear a varias xa desaparecidas, dinos que (…) “Pedras abaladoiras de sona son a Pedra Andoriña, no Foxo, no Concello de Arteixo, en cuxa viciñanza se pode atopar un manancial de augas con propiedades medicinais, coñecida polo nome de Fonte Santa”.

Algunhas destas pedras de abalar teñen, na parte superior, unha canle, o cal fixo supor, polo que nos conta no seu traballo Vítor Vaqueiro, que se utilizaron como aras ou altares. Así e todo, acredítase que a función que cumpriron máis a miúdo foi a de adiviñación, feito probable polo que Estrabon afirmou, hai 2.000 anos, que os galegos eran experientes nas artes adiviñadoras. Tamén, segundo o noso ilustre veciño Manuel Murguía, houbo un tempo no que as abaladoiras serviron para probar a fidelidade das mulleres e a virxindade das doncelas. 

Imaxe da Pedra Anduriña
Interrogadas varias personas maiores da zona sobre a teoría de que a Anduriña é unha pedra de abalar, respostaron que nunca sentiran tal información mais, do que si nos falaron, é da lenda que hai en torno a esta enorme mole de granito, que conta que a Anduriña e outras pedras de Subico... “saíron do volcán”.

É probable que esta lenda faga referencia ás rochas de granito formadas antigamente no magma interior da Terra que, ao longo de milenios, foron aflorando á superficie da corteza, para que a erosión rematara de facer o traballo de modelado. No caso da Anduriña, ao igual que outras moitas que parece que proceden dos cumios dos outeiros, a forza dos elementos meteorolóxicos puido axudar a que terminara por rodar durante o Cuaternario ata o seu posicionamento actual, hipótese que obviamente non deixa de ser unha simple suposición.

Pili de Trigo, unha das veciñas do Foxo entrevistadas, lembrounos que na súa infancia, alá polos anos 50-60, o feito de subir ata o curuto da Anduriña era toda unha fazaña para os cativos e cativas da aldea, en especial para as nenas, pois para elas significaba gañar unha batalla na guerra da igualdade! Pili tamén nos comentou que o que máis lles chamaba a atención da pedra eran os gravados que tiña, gravados actualmente inapreciables e que, segundo o seu testemuño e o de Carmiña de Flora, tamén veciña do Foxo, parecían representar… “un tenedor ou garfo, unha culler e un prato”.

Colosal, impoñente, lendaria... a Anduriña segue alzando altiva a súa mole de granito facendo de vixía do Val de Loureda, parroquia na que a pedra é, para os seus habitantes, un dos seus maiores tesouros. Por tal motivo, Romina García, emulando o tema “Anduriña” que empezaron a cantar nos anos 60 Juan Pardo e Junior, quixo facerlle a súa particular homenaxe á máxica pedra da súa aldea compoñendo a seguinte canción:

Moitas cousas hai no Foxo
que non hai no mundo enteiro.
Temos ríos, temos fontes
e temos un monte enteiro,
e temos un monte enteiro,
e temos un monte enteiro.
Moitas cousas hai no Foxo
que non hai no mundo enteiro.

Desde a Pedra da Anduriña
poderás observar
cousas ben fermosas, cousas ben fermosas
que non teñen par,
que non teñen par,
que non teñen par.
E o bico da pedra ten cara de home,
e parece verdad.
E o bico da pedra ten cara de home,
e parece verdad.

Como diría o prezado Xurxo Souto… e de remate, que continúe!!!


FONTES:

-Barros, Ramón. Antigüedades de Galicia. Imprenta de Domingo Puga. A Coruña, 1875.
-Rodríguez, Eladio. Breviario enciclopédico. Letras, historias e tradicións populares de Galicia. Edición de Camilo Fernández Valdehorras. Editorial La Voz de Galicia. A Coruña, 2001.
-Vaqueiro, Vítor. Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres. Editorial Galaxia. Vigo, 2011.



O PETRÓGLIFO DE BAER


As persoas que me coñecedes dende hai certo tempo, sabedes da miña paixón pola historia, de xeito moi especial polo mundo da arqueoloxía e sí, seino, se cadra ás veces son pesado demais con quen teño a suficiente confianza para selo!

Esa paixón pola arqueoloxía creo que vén dende a infancia, dende o día en que meu avó materno Milio, Milio do Touciñeiro, me falou do castro de Figueiroa, situado a poucos metros do noso domicilio familiar, e de cando a miña avoa Carme me contaba historias e lendas, entre elas a da galiña dos pitos de ouro que moraba no castro do Castelo de Lañas.

Mais tamén teño que confesar (agardo bromas sobre a confesión) que esa paixón pola arqueoloxía recibiu o empurrón definitivo coa posterior pegada que me deixaron, xa na adolescencia, as longametraxes de Indiana Jones que, como ben sabedes, foron dirixidas por Steven Spielberg e protagonizadas por Harrison Ford, un actor que en cada un dos films da saga interpreta ao arqueólogo e profesor universitario Henry Walton Jones Jr., que emprende viaxes coa finalidade de buscar obxetos de importante valor histórico para a humanidade e de protexelos dos perversos intereses do malvado de turno.

Petróglifo de Baer
De seguro que en algunha das miñas vidas (tal vez xa o fun) hei de ser arqueólogo mais de momento, nesta que me toca vivir, confórmome coa enorme fortuna que teño de verme rodeado de amigos e amigas que me abren as fiestras dos seus coñecementos na materia   que    un servidor non ten, amigos e amigas como o libreiro, pintor e historiador Roberto Castro, esencia de erudición que alumea dende a súa Libraría Sisargas a sabiduría popular e a cultura da cidade de A Coruña; o tamén historiador e concelleiro arteixán Xurxo Couto, que xunto cos seus compañeiros e compañeiras da Asociación Cultural Monte da Estrela realizaron un traballo impagable poñendo en valor o patrimonio de Arteixo durante o tempo que durou a desaparecida asociación; o incansable e admirado Xabier Moure, un dos principais gardiáns dos tesouros históricos que oculta a xeografía galega, moitos deles publicados no seu blogue onosopatrimonio.blogspot.com; o escritor e investigador Francisco Vidal, que ao igual que Xabier Moure conta cun blogue de obrigada visita: oschanzos.blogspot.com; a arqueóloga Patricia Mañana, a quen lle estarei eternamente agradecido polo súa axuda na coordinación do libro Contos mariños de Carballo; a Xosé Manuel Varela, docente de lingua e literatura galega, escritor, músico tradicional, impulsor de innumerables proxectos culturais e defensor, coma poucos, do noso patrimonio; ou as catro arqueólogas arteixás Mónica Montero, Begoña Albertos, Ana Corredoira e Puri Soto, a quen lle quero agradecer públicamente a súa axuda e colaboración en cada un dos proxectos que circulan polo maxín de quen escribe.

Pois ben, con boa parte destas persoas, con boa parte destes amigos e amigas teño pateado moito monte, como diría o prezado Xurxo Souto… “contexto ben propicio para que xermole firme a semente da amizade”, na procura de tesouros arqueolóxicos que sabemos con certeza que aínda están por descubrir, ou por redescubrir, dentro dos lindes do municipio de Arteixo.

Petróglifo de Baer
Moitos destes tesouros foron localizados no seu momento polo popular arqueólogo Luís Monteagudo (1919-2018), grande protagonista nesta bitácora que, en setembro de 1950, publicaba no xornal La Voz de Galicia un artigo titulado Importantes descubrimientos arqueológicos en Arteixo, no cal facía mención dun grupo de petróglifos do denominado Grupo Atlántico xunto coa localización e documentación doutros gravados de orixe histórica no concello arteixán. No devandito artigo dise:

Son importantísimos los petroglifos del monte dos Allos -hoxe Fontes Vellas- por su indudable relación con la explotación del estaño (como los de Pontevedra) y sobre todo por ser los más norteños de los hasta ahora estudiados en Galicia del grupo gallego (combinaciones circulares, principalmente círculos concéntricos), por tanto los más próximos a Irlanda, Inglaterra y Suecia. Hasta ahora los más septentrionales eran los que hemos estudiado con R. Sobrino, en Ames, y los que éste descubrió recientemente en el monte Pedroso, al N de Santiago”.

Como non podía ser doutro xeito, cando vimos por primeira vez na hemeroteca o artigo de Monteagudo, decidimos pór ao voso dispor tal información e, con ese fin, o 24 de agosto de 2017 publicamos neste espazo a crónica “A Cheirona de Suevos, Mafriesa e os tesouros arqueolóxicos da Furna da Agudela e Auga Doce”. Unha semana máis tarde, o 1 de setembro, fixemos o propio co artigoOs restos arqueolóxicos descubertos en Lañas e Barrañán no ano 1950”, crónica que acompañamos cos dous debuxos realizados por Luís Monteagudo dos petróglifos arteixáns.

Obviamente, naquel intre faltaba a guinda: ver in situ os tesouros que permaneceran agochados durante case setenta anos. Sendo conscientes de que despois de tanto tempo os petróglifos podían estar desaparecidos, ben por mor das plantacións de eucaliptos ou ben por mor dos movementos de terras realizados nas últimas décadas para abrir novos camiños forestais, con todo, tratamos de localizalos varias veces. Primeiramente visitamos a zona con Xabier Moure e Francisco Vidal e, meses máis tarde, fixemos o propio con Puri Soto e Ana Corredoira, iso si, en ambos casos con resultados infrutuosos.

Mais afortunadamente, o Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos sería quen de dar con eles, un grupo que publicou no Anuario Brigantino 2017, número 40, o resultado das súas investigacións baixo o título Importantes descubrimientos arqueológicos en Arteixo”. In Memoriam: Gravados rupestres no concello de Arteixo (A Coruña), artigo de recomendada lectura que podedes ver na rede e co que o devandito grupo rendeulle un sentido homenaxe ao arqueólogo Luís Monteagudo, recuperando e redescubrindo o grupo de petróglifos prehistóricos e históricos por el publicados en La Voz de Galicia en 1950, ao tempo que presentan outros gravados rupestres dos que Terra de Trasancos tivo coñecemento no concello de Arteixo.

Precisamente, dous membros deste grupo arqueolóxico, Alberto López, que ademais é secretario da Fundación Luís Monteagudo, e o xornalista e fotógrafo José Manuel Salgado, tiveron a ben desprazarse hai unhas semanas ata o noso municipio para dar a coñecer e situar estos importantes achados arqueolóxicos, achados que, despois de ser amablemente convidado polo Departamento de Turismo do Concello de Arteixo, tivemos por fin a fortuna de observar.

Esa viaxe ao pasado a través dos emocionantes gravados rupestres arteixáns feitos en pedra hai miles de anos e que segundo Monteagudo...”son importantísimos por su indudable relación con la explotación del estaño y sobre todo por ser los más norteños de los hasta ahora estudiados en Galicia del grupo gallego, por tanto los más próximos a sus paralelos de Irlanda, Inglaterra y Suecia”, viñan a confirmar que sí, que efectivamente, a paisaxe de Arteixo tamén ten o seu halo de misterio con esa presenza viva e silenciosa que teñen os petróglifos

Petróglifo de Baer
Mais un momentiño. O conto non remata aí. Poucos días despois do “subidón” emocional de poder ver por primeira vez os gravados de círculos concéntricos descubertos en 1950 por Luís Monteagudo, nunha desas mañás de patear moito, moito monte, nunha mañá na que che acaban doendo as caravillas de cada unha das articulacións do corpo, tiven a inmensa fortuna de facer unha nova viaxe emocional e histórica ao localizar, na zona coñecida coma O Pinar Grande, cerca do lugar de Baer, un novo petróglifo de círculos concéntricos!

Trátase dun gravado duns 45 cms de diámetro de seis círculos concéntricos e un sétimo incompleto, con cazoleta central e dous sucos de saída que se atopa nunha superficie rochosa bastante cuarteada. A pesar da erosión e da fragmentación, dá a impresión que na pedra hai un segundo petróglifo mais, ata que se realice unha observación nocturna que de seguro permitirá realizar unha análise do achado con maior profundidade, preferimos non aventurarnos en hipóteses e agardar polas oportunas informacións técnicas.

Mentres tanto, e coa satisfacción persoal de localizar o gravado, seguiremos pateando os montes de Arteixo e, ao pasar por Baer, cantaremos a cantiga popular que recolle María Rozamontes en Arteixo de onte a hoxe:

Eu ben sei onde se dá a rosa
Eu ben sei onde se dá o caravel,
No lughariño de Baer
Na horta de don Manuel



O CASTRO DE NOSTIÁN, O MONTE DOS CAZOLOS, RUBIÓN E BORROA 

Vista da aldea de Nostián
Enclavados nunha zona históricamente castigada polo crecemento da industria da contorna coas instalacións da Refinería de Meicende, de Butano ou, entre outras, da planta de tratamento de Residuos Sólidos Urbanos, os núcleos de Borroa e de Nostián, no límite dos concellos de Arteixo e A Coruña, agochan verdadeiros tesouros do noso patrimonio, uns tesouros dos que falamos a continuación. 

Empurrado polas investigacións que levamos realizando dende hai xa varios anos para reforzar o prestixio e a importancia do propio, e tamén na procura de indicios da navegación atlántica prehistórica na nosa liña de costa, hai un par de semanas visitamos unha das xoias da arqueoloxía da bisbarra: o castro de Nostián, un asentamento que está situado a uns 80 metros sobre o nivel do mar no lugar onde se celebra anualmente a festa desta aldea herculina, ao carón dos montes dos Petóns e do Cocho da Vella, que lle dan protección pola parte norte, e nas cercanías dos depósitos de gas butano anexos á Refinería de Meicende pola parte Sur.

Imaxe tomada dende o castro de Nostián. Ao fondo, a refinaría
O xacemento, que forma unha perfecta triangulación cos seus veciños castros de Elviña e de Pastoriza, ten aproximadamente uns 7000 metros cadrados de recinto interior e un círculo exterior duns 8000 metros cadrados, cunhas medidas duns 148 metros de Leste-Oeste e duns 105 metros Norte-Sur. Está formado por unha serie de terrazas que se escalonan cara o val de Nostián, noutra hora despensa principal da cidade da Coruña.

No extremo Oeste hai un gran parapeto defensivo que aproveita a altura do terreo e os afloramentos rochosos, un parapeto que cae sobre un camiño que, segundo a opinión do historiador Xosé Troiano,de seguro que debe estar ocupado por un foxo do castro”. Ao Norte sitúase outro parapeto de menores dimensións, quedando o resto das defensas definidas por varios terrapléns, algúns con fortes desniveis. Na croa, situada na parte alta do xacemento, nos terreos coñecidos como “O Pinar”, fíxose unha prospección no ano 1975 levada a cabo polo profesor José Manuel Vázquez Varela, dando como resultados o achado dunha vivenda circular de pedra, de 7,70 metros de diámetro externo e cuns muros dun grosor de 0,80 metros. O estudo dos materiais aparecidos na casa, permiten atribuíla a un momento avanzado da cultura castrexa, preto do cambio de Era.

Castro de Nostián. Ao fondo, a planta de tratamento de Residuos Sólidos Urbanos da Coruña
No castro de Nostián, onde na actualidade aínda podemos ver dúas estructuras circulares, destacando a situada ao Norte que presenta un muro de mampostería de boa factura, atopáronse abundantes fragmentos de cerámica, algúns dos cales forman hoxe parte dos fondos do Museo Arqueolóxico da Coruña, percutores, machacadores, pedras de afiar así como tres pesas de telar e unha ficha cilíndrica perforada do mesmo material, unha machada de ferro e un anaco de fíbula de bronce, dúas rodas inferiores de muíño manual circular, varios artefactos de pedra como cristais de cuarzo, cristal de rocha, falsa amatista, sílex sen traballar e fusaiolas, que son unhas pequenas pezas circulares cun buraco na parte central (o eixo de rotación) que se colocaban no extremo inferior do fuso e permitía enfiar as febras dun elemento téxtil a través da torsión.

Petróglifos do Monte dos Cazolos
Tras visitar o castro, charlamos con varios veciños do lugar, veciñanza que nos falou
dos Petóns, do Cocho da Vella, do Monte dos Castelos, das lendas do Pé do Demo e do Pé de Deus, e do monte dos Cazolos, lugar sobre o que nos informaron de que había uns petróglifos que non deberiamos deixar de ver. E ata alí nos diriximos. Logo de falar coa xente da aldea e de escoitar tantos nomes e datos abofé que ben significativos, percorremos a pé a pista que, dende o local social da Asociación de Veciños de Nostián, transcorre ata a estrada que une Suevos e Bens, camiño que bordea a vía de acceso ao Porto de Punta Langosteira.

Pois ben, no alto deste camiño está o devandito monte dos Cazolos, lugar no que logo das oportunas indicacións de un dos veciños de Nostián tivemos a fortuna de ver un dos tesouros dos que falaba ao principio, un gran afloramento de granito branco con varias rochas que presentan unha composición complexa de cazoletas naturais e coviñas e rebaixes artificiais que forman aliñamentos mixtos (coviñas e cazolos) e tamén circulares (cazolos naturais rodeados de coviñas).

Petróglifos do Monte dos Cazolos
Días despois de ver por primeira vez esta marabilla situada na liña divisoria de Arteixo e a Coruña, visitei de novo o lugar, mais desta volta acompañado de Puri Soto e Ana Corredoira, arqueólogas aos que o afloramento lles resultou de gran interese por como se xoga nel cos elementos da pedra. Ana e Puri, grandes coñecedoras da bisbarra e verdadeiras eruditas da historia da zona, puxéronme en coñecemento do xacemento catalogado de Rubión, situado en Arteixo, entre A Cerca e o Monte dos Castelos onde, a raíz das obras do acceso a Punta Langosteira se atoparon dezanove fragmentos de cerámica neolítica correspondentes a cinco vasillas, xunto cunha peza de sílex con restos de talla.

Imaxe do petróglifo de Borroa
Outro dos puntos de interese da zona, é o lugar de Borroa, pertencente á parroquia arteixá de Pastoriza. Non deixa de ser curioso que, se buscamos a palabra “borroa” no diccionario que Leandro Carré Alvarellos editou en 1928 o seu autor infórmanos do seguinte: Montón de terrones que se queman en las rozas. V. “Borralleira”. II Túmulo dolménico. V. “Mámoa”., un significado que se cadra ten algo que ver coa importancia prehistórica do lugar no que, por certo, se atopou un petróglifo circular que durante anos permanecera degradado na parte de un muro de división entre dúas parcelas situadas neste núcleo de Borroa. A situación deste pequeno tesouro veríase agravada posteriormente por mor das obras da vía do porto de Punta Langosteira, feito que conduciría á asociación cultural arteixá Monte da Estrela a movilizarse para que se tomasen medidas de xeito inmediato de protección, o que daría paso a que o petróglifo de Borroa se trasladara ao Museo Arqueolóxico da Coruña no ano 2010.

O Monte dos Castelos de Nostián vistos dende o litoral de Arteixo
Tampouco podemos pasar por alto a natureza marítima da zona, especialmente o Monte dos Castelos, verdadeiro referente do mar ártabro e da navegación nesta parte do Atlántico.

Con estas catro pinceladas das que falamos hoxe nesta modesta bitácora amósase, dun xeito abraiante, como o brutal crecemento urbano e industrial foi engulindo, prácticamente na súa totalidade, os restos patrimoniais que perduraron ata hai ben pouco dende os tempos prehistóricos dos nosos devanceiros, resistindo tan só unha minúscula pero fermosa pegada que está rodeada do máis rotundo dos feísmos, como ben di o meu amigo Alberto García Roldán no seu blogue "Galicia pueblo a pueblo"(https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2014/10/castro-de-nostian-coruna.html). Con todo, e a pesar dos pesares, non deixedes de visitar a zona e, ao patear os seus recunchos cantade, por favor, a seguinte copla do cancioneiro popular galego que xa soaba na bisbarra a finais do século XIX:

Ai Marica, quen te entende,
Marica de Nostián;
cantos che rondan a porta
¡tal se veñen tal se van!   



OS TESOUROS DO LUGAR DA ROCHEIRA

    Hai uns días tiven a sorte de acompañar a Marisa e a Jesús Roibal, irmáns do lugar de Mins nados en 1935 e 1940, e a varios membros máis da súa familia (Suso, Pablo, Silvia, Waldo, Yessica e Sofía), nunha excursión realizada polos montes da Rocheira, na parroquia de Loureda, a onde segundo manifestaron non subían dende había máis de corenta anos. 

Pedras Anchas en 1975 (Arquivo de Marisa Roibal)
    Comezamos o percorrido polas Pedras Anchas, zona situada a uns 100-125 metros sobre o nivel do mar que presenta uns grandes afloramentos rochosos dignos de ver, algúns con sinais de ser empregados no pasado como canteira.

    No camiño cara o cume deste lugar, Marisa e Jesús lembraron algúns contos da súa infancia e os nomes de algunhas pedras… por alí estaba a Pedra da Misa; esta é a Pedra do Loureiro e aquela a Pedra da Reina. Esa é a Pedra do Rastro; chamabamoslle así porque nos arrastrabamos por ela… daquela non había tobogáns”.

    Unha vez que alcanzamos o bico das Pedras Anchas, Marisa non daba crédito do que os seus ollos contemplaban. Facendo mención dun par de fotos que nos cedeu amablemente, tomadas no mesmo lugar no ano 1975 e nas que apenas se ve vexetación, comentou con certa pena que o lugar xa non se parecía en nada ao da súa infancia e xuventude. Jesús, atónito coma súa irmá en todo momento polo cambio producido na contorna nas últimas catro décadas por mor dos eucaliptos, recordaba que… “antes aquí era todo piñeiros e podíase ver o mar”.

   Cerca da “Pedra do Rastro” os dous irmáns ensináronnos ao resto de excursionistas o chamado “Pé do demo”, unha formación natural na rocha que ten certa similitude no aspecto e nas crenzas populares coa chamada “Pegada dos xentís” existente no castro de Montes Claros, na Laracha. Marisa e Jesús tamén afirmaron que nas Pedras Anchas había o “Pé de Deus” mais, despois de botar unha ollada pola zona durante uns minutos, ningún dos dous foi quen de dar con el.

Pé do Demo
No Pé do Demo
    A memoria destos dous veciños de Mins aínda conserva varias lendas que escoitaban cando eran nenos, lendas que compartiron con nós nun descanso que fixemos nunha sombra de Pedras Anchas para coller alento. Unha delas fala dunha viga de ouro… “na que rozaban os carros de bois pero non houbo ningún enxeñeiro que fora capaz de quitala porque lle tiñan medo ao rozar nela”, lembraba Marisa. Outra das lendas que mencionaron os irmáns Roibal é a da “fonte encantada”, que estaba na parte baixa do Monte da Cancela, próximo a Santa Locaia. “Alí meus pais tiñan uns terreos que lle chamaban A tenza de Fóra na que plantaban pinos e centeo. Verán e inverno había sempre auga… ata que viñeron as plantacións de eucaliptos e acabaron co manancial onde manaba a auga, que disque era por donde saía a galiña dos pitos de ouro”, recordaba Jesús. 

Vistas dende Pedras Anchas
    Quen escribe sabía da existencia da lenda da galiña dos pitos de ouro de Lañas, a mesma que de cando en vez se deixaba ver polo Monte de Angra… ou iso din, claro. Mais nunca tal oíra desta “nova” galiña da parroquia de Loureda. De xeito anecdótico Pablo, sobriño de Marisa e Jesús, comentou que… “cando era moi neno viñen aquí ao monte e vin unha quica. Os vellos tiñan razón cos seus contos, pensaba eu! E oesdurante toda a miña infancia aquela quica para min foi a galiña dos pitos de ouro”.

   Para regresar ao punto de partida da excursión, decidimos baixar polo camiño que vén dende Allán e que empalma cunha pista que conduce a Larín, o que antano era o chamado Camiño da Feira. No percorrido pregunteilles aos Roibal se sabían ou recordaban algo do castro que hai na Rocheira. Jesús, sorprendido que alí houbera tal cousa, non deixou indiferente a ninguén coa súa resposta: “Claro, agora entendo. Eses terreos nos que dis que hai un castro sempre se lle chamaron Os Castrelos… mira ti porque era! Cara o outro lado o monte chámase A Presa.”

   Roberto Castro, libreiro e pintor que tivo a ben agasallarme cunha fabulación da zona de Santa Locaia e da Rocheira, foi a primeira persoa que me falou deste asentamento castrexo. Recoméndovos encarecidamente que pasedes algún día polo seu negocio, a Libraría Sisargas (rúa San Roque 7, A Coruña) porque, nada mais entrar, de seguro que faredes unha alucinante viaxe no tempo coas mil e unha historias que garda na súa memoria!

O castro da Rocheira visto no Lidar
    Pouco tempo despois de que Roberto Castro me puxera en coñecemento do asentamento da Rocheira, tiven a sorte de coñecer a Puri Soto e a Ana Corredoira, arqueólogas arteixás ás que actualmente me une unha grande amistade. Cando realizaba un traballo para a universidade, Ana deuse conta de que na Rocheira había un castro sen catalogar. Viuno con Puri Soto a través do sombreado do Lidar, un programa no que se poden consultar diferentes formatos do territorio grazas ao cal distinguiron claramente un parapeto e a croa do recinto anexo, recinto que visitei por primeira vez no verán do 2018 na compaña de Puri Soto mais, por mor da vexetación existente, pouco poidemos apreciar. O castro está, a simple vista, bastante deteriorado cunha multitude de árbores como o eucalipto que non lle fan nada ben a este tipo de xacementos. Pola parte SO transcorre o circuito de mountain bike que baixa dende Santa Locaia e, polo resto do recinto, intuése a caída natural do terreo como a súa defensa.

    Marisa Roibal non quixo perder a oportunidade de coñecer este tesouriño da súa parroquia e, cos seus 85 anos e malia a dificultade dos accesos, foi a primeira persoa que se apuntou para adentrarse no castro da Rocheira, o cal, tralas oportunas informacións de seu irmán Jesús, estimamos que debería denominarse na súa catalogación como Castrelos.

Muro existente no castro da Rocheira
Tramo do circuito de mountain bike que transcorre a carón do castro
   A excursión chegou ao seu fin na Fonte do Val, onde un é consciente do forte desnivel natural que protexe o castro, desnivel que cae cara A Rocheira e cara o regato que leva as súas augas ao lavadoiro e á devandita fonte que aínda mantén a simboloxía franquista.

Fonte do Val
    Non moi lonxe deste lugar, o arqueólogo Luís Monteagudo localizou nos anos 40 do século pasado unha pedra de cuarcita, con aspecto de ser tallada e retocada pola man humana, coa técnica que na literatura especializada se denomina clactoniense, termo acuñado ao ser estudada por vez primeira no xacemento británico de Clacton-on-Sea.

  Monteagudo daría a coñecer o seu descubremento na revista Cuadernos de Estudios Gallegos do ano 1947, onde nos conta que... “Hace tres o cuatro años, con motivo de una buena caminata dominguera que realizamos por Ujes, Loureda, Monte de Santa Leocadia, Boedo y Bregua tuve la fortuna de hallar la piedra objeto del presente estudio (…) Fué hallada la lasca en el lugar de Rocheira (Loureda), en superficie, en el camino de carro (corredoira) que atraviesa el riachuelo de Arteixo y en su margen izquierda, entre la carretera de Arteixo y Celas de Peiro y dicho arroyo. El sitio está enclavado en la base del profundo valle de Loureda, al pie del monte de Santa Leocadia; el camino de referencia está casi todo el año encharcado y abunda en guijarros y gravas de cuarzo y cuarcitas que descienden de las montañas próximas y son transportadas por el río en las violentas y frecuentes avenidas invernales”.

   No seu amplo informe, ao que titula “Probable hacha clactoniense de Arteijo (Coruña)”, o popular arqueólogo describía o Val de Loureda dicindo que… “La zona de Loureda, por algunos sitios, es un típico valle en U, que nos atreveríamos a considerar de origen glaciar si no estuviera tan sólo a 30 m. sobre el nivel del mar aproximadamente y muy próximo a éste. Dada la altura de las montañas que bordean el valle, probablemente es éste de formación miocénica, por ser el Mioceno el período que produjo en Galicia las “montañas jóvenes”. Los plegamientos que ocasionaron el valle no tuvieron, sin embargo, la potencia necesaria para darle suficiente profundidad para que el mar estuviese actualmente introducido por él, aunque un detenido estudio de los estratos geológicos de aquella zona quizá nos probara la existencia de playas altas propias de las épocas interglaciares cuaternarias en que el mar alcanzaba un nivel de 90 m. más altos que en las épocas glaciares. La típica pátina de playa que posee nuestra pieza acaso sea debida a este fenómeno, a pesar de estar el sitio del hallazgo internado a 5,5 km. de la playa de Sabón, la más cercana”.

Pedra de cuarcita localizada por Luís Monteagudo no lugar da Rocheira (Probable hacha clactoniense de Arteijo (Coruña), Cuadernos de Estudios Gallegos, Fascículo VII, páx. 334. Luís Monteagudo, 1947)
   Tras unha exhaustiva descrición da machada en cuestión, Luís Monteagudo remata o seu informe do seguinte xeito:

(…) creemos poder inferir que nuestra lasca pertenece a una época de clima fresco, contemporáneo de alguna glaciación en las altas cordilleras españolas y del centro y N. de Europa, y, dado la magnitud y espesor de la misma, así como su profunda pátina y fuerte retoque en arista muy saliente, nos es posible afinar, siempre dentro de lo hipotético, incluyéndola dentro de los comienzos del Clactoniense I de Breuil, contemporáneo del Abbevilliense y encuadrado en el interglaciar milazziense (Günz-Mindel), en cuyos comienzos, sin embargo, todavía se reflejaría el clima frío y seco propio de la segunda mitad de toda glaciación.

Por falta absoluta de hallazgos de esta industria en Galicia no podemos por ahora establecer relaciones próximas. El Clactoniense aparece en la playa siciliense del Marruecos francés, en los valles del Sena, Támesis, Alto Garona, la Riviéra, valle del Ródano (Curzon) y Prusia.

El tan traido y llevado Asturiense de Camposancos (La Guardia, Tuy), modernamente llamado Camposanquiense o Ancoriense, que según algunos prehistoriadores es atribuíble a períodos contemporáneos y posteriores al Asturiense típico e incluso a la cultura de los castros, se ha demostrado que representa una cultura que se remonta al Acheulense antiguo en sus orígenes (cantos rodados truncados o en forma de raspador o raedera) y a través del Acheulense medio y moderno tiene su apogeo en el período llamado Camposanquiense (el Languedociense de Francia, anterior a la glaciación Würmiense) y alcanza su carácter definitivo en el “optimum” postglaciar (Asturiense típico de la provincia de Oviedo).

Pero desgraciadamente la técnica de la la lasca que estudiamos nada tiene que ver con la de los cantos rodados del Miño y costa septentrional portuguesa, y, por otra parte, es muy probable que nuestra pieza corresponda a un estadio cultural y geológico algo anterior al de los cantos trabajados del Acheulense antiguo. Por ello finalizamos este ligero estudio con un llamamiento a los geólogos y prehistoriadores gallegos a fin de que con sus estudios podamos comenzar a vislumbrar el misterio de las más remotas culturas gallegas, de los únicos tiempos, créase o no, en que el hombre pudo ser feliz por tener a mano todos los medios con que satisfacer sus necesidades y aspiraciones.

Desde luego no debe continuar por más tiempo, siendo, se puede decir, un vacío el Paleolítico de Galicia, precisamente la región de las ancianas y encorvadas montañas, la primera que, allá por la Secundaria emergió solemne de la profundidad del Océano, para, en el transcurso de millones de años, convertirse, por mano de Dios, en su obra maestra de estética geológica”.

    Sen o menor ánimo de poñer en dúbida a correcta clasificación da peza e a súa atribución ao paleolítico inferior, non deixa de ser certo que un gran non fai graneiro e que poucas son as conclusións que deste achado descontextualizado podemos extraer.

   Obviamente, as condicións ambientais de aquela época non eran as mesmas que na actualidade. Durante o paleolítico houbo varios períodos fríos, seguidos doutros (fases interglaciares) caracterizados por un clima temperado. No transcurso dos períodos fríos os glaciares ocupaban unha parte importante do territorio. A totalidade das serras orientais e meridionais (Os Ancares, O Courel, O Eixe, Queixa, Xurés), así como as centrais (Xistral, Faro de Chantada, Faro de Avión), posuían neves perpetuas nas súas partes máis elevadas (por riba dos 700 m) e que, como consecuencia das diferentes fases climáticas que sufriu o paleolítico, producíronse grandes cambios na vexetación, no relevo e na liña costeira, que darían pé a que os grupos humanos se tiveran que adaptar a eses diferentes medios naturais, moi distintos ao presente.

    O home paleolítico caracterízase polo seu nomadismo, debido a que necesitaba dunha certa mobilidade para abastecerse de alimento e materia prima, motivo polo cal os seus campamentos eran provisionais ou estacionais. Por iso, a machada que atopou Luís Monteagudo na Rocheira en 1947, probablemente pertencera a algunha pequena banda recolectora e cazadora que practicaba a depredación dos recursos naturais pola zona que hoxe ocupa o municipio arteixán.


FONTES:

-Bello, José María. La Coruña antes de Roma. Vía Láctea Editorial, 1994.
-Carballo, Arceo, Xulio. Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Trea, 2005.
-Monteagudo, Luís. Probable hacha clactoniense de Arteijo (Coruña). Cuadernos de Estudios Gallegos (Fascículo VII), 1947.
-Naveiro López, Juan L. El golfo ártabro. Asociación de Amigos do Museo Arqueolóxico, 1994.


Ningún comentario:

Publicar un comentario