Nas
Crónicas de Arteixo desta semana visitamos a igrexa de Larín, un
templo que
agocha un tesouriño nunha
das súas fachadas e que,
sen ter o renome doutras igrexas do municipio, especialmente as que
constitúen unha boa representación do estilo románico da bisbarra,
ofrece unha variedade na súa construción que o converten nun
conxunto digno de mención e diferente a outros da zona.
|
Inscrición existente nunha das fachadas da igrexa de santo Estevo de Larín (Xabier Maceiras)
|
De
planta de salón, a súa capela maior sobresae en altura cubríndose
o seu tellado a catro augas, mentres que a nave principal está
cuberta a dúas. As capelas laterais e a sancristía están cubertas
a tres augas con tella curva do país.
|
Igrexa de santo Estevo de Larín (Xabier Maceiras)
|
A nave da igrexa ten unha porta lateral alintelada polo lateral
sur. A fachada, de boas pezas de perpiaño, destaca
polo seu trazado sinxelo.
Seguindo
un esquema pentagonal e no seu eixo vertical central, organízase de
abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso alintelada. Sobre
o ingreso vai unha xanela rectangular que lle da luz o interior.
Rompendo o vértice do pentágono, unha espadana de dous corpos, o
primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre
piares moldurados servendo para aloxar
as campás. O segundo un
frontón triangular flanqueado por uns pináculos con bólas. Remata
no vértice deste frontón triangular cun acroterio cuadrangular que
soporta unha cruz de forxa.
|
Igrexa de santo Estevo de Larín (Xabier Maceiras)
|
Ao
igual que a igrexa de Morás, o templo do que estamos a falar está
consagrado
a Santo Estevo, primeiro
mártir da cristiandade ao que o cristianismo púxolle a festividade
o día vinte e seis de decembro. Por pura coincidencia coas pedradas
da noite de Nadal ás
árbores, “tamén el foi apedrado como indicativo de que tras esas
pedradas florecerá a nova relixión. O que non nos atrevemos a dicir
é que foi antes, se o martirio de santo Estevo ou o costume de
apedrar as árbores para que dean froito.”
Patrón
de Roma, dos cabalos, dos cocheiros, canteiros, albaneis,
carpinteiros, tecedores, xastres, e protector contra a obsesión, as
pedras e cálculos, a pleuresía, as dores de cabeza, e para pedir
unha boa morte, a festividade do santo Estevo celebrouse sempre
inmediatamente despois
do
Nadal para
que, sendo o
protomártir, estivese
o máis
próxima
á do nacemento
do
Fillo
de Deus.
Antigamente tamén
se celebraba unha
segunda festa de santo
Estevo o
3 de agosto, para conmemorar o
descubrimento das súas
reliquias, mais
por un motu
proprio
de Juan XXIII, o
25 de xullo
de 1960, esta segunda festa foi
suprimida do
calendario
romano.
Non
sabemos con certeza a data de
construción da actual
igrexa de Santo Estevo de Larín, aínda que existen informacións de
que a principios do século
XVII xa estaba en pé.
|
Igrexa de santo Estevo de Larín (Xabier Maceiras)
|
No
nome do
Arcebispo
don Maximiliano de Austria, o
Cardeal Jerónimo del Hoyo realizou
unha
visita pastoral ao
arcebispado
de Santiago durante máis
de tres lustros (1603-1620), que testemuñou
nun extensísimo manuscrito conservado no
Arquivo
Diocesano de Santiago de Compostela e
no que deixou a seguinte
referencia sobre a
parroquia de Larín:
SAN
ESTEBAN DE LARIN
Tiene
esta felegresía veinte y nueve feligreses. Los frutos se acen tres
partes: la una y un desmero llieva el retor y las dos don Diego de
las Mariñas, cuya es la presentación. Vale la parte del retor dies
y seis cargas de todo pan. La fábrica tiene un ferrado de trigo de
renta de unas leiras. Hay una ermita que llaman de San Roque.
Na
parte leste da igrexa de Santo Estevo hai unha inscrición que se
cadra ten que ver coa fundación do templo, mais é algo que non
podemos aseverar. Soubemos
deste tesouriño
grazas a inestimable
colaboración de Manolo
García Castro, grande
investigador do patrimonio cultural e inmaterial da bisbarra que
podedes seguir en Facebook como Bregua Culleredo.
|
Igrexa de santo Estevo de Larín (Xabier Maceiras)
|
Como
hai unha parte da inscrición
que é ilexible, solicítamoslle
axuda a varios eruditos
para descifrar o seu significado.
Juan Félix Neira, prezado e admirado historiador que acaba
de publicar Misterios e encantos de Bergantiños; o ouro
soñado e outras quimeras, libro
moi moi recomendable, comentounos
que “as miñas impresións
iniciais son, en primeiro lugar, que é un epígrafe fundacional non
funeraria, polo tanto estaría datando algunha construción, quen
sabe se a igrexa, porque santo Estevo, promártir, é advocación moi
antiga. Por outra banda, eu leo na inscrición MONACUS ME FECIT: “Un
monxe fíxome”, é dicir, fundación do lugar. Isto de empregar o
verbo facer cun pronome persoal de primeira persoa é moi típico. As
últimas liñas son, obviamente, datas na súa maior parte, pero
despístame bastante a abundancia de X. Tampouco descarto que apareza
a palabra ERA; a R pode ser esa especie de P, que sería unha R en
espello. A cruz inicial é obvia e moi habitual para abrir o campo
epigráfico. E non descartemos que esa cruz + P + S (se é que son
estas letras) sexan as abreviaturas de XPISTOS en grego, é dicir, un
crismón. A lápida é ben bonita, parece mentira que aínda queden
estas cousas sen publicar”.
|
Inscrición da igrexa de Larín (Manolo García)
|
Tamén
contactamos
con Pablo Sanmartín,
membro do Colectivo A Rula e infatigable
investigador do noso
patrimonio quen, ao pouco de
enviarlle por WhatsApp
a fotografía da inscrición de Larín, reenvioulle a imaxe ao
seu colaborador Juan Andrés
Fernández. Uns días máis tarde, e
advertíndome de que tiñan dúbidas no final pola forma tan inusual
de consignar a datación do mes (xullo, outubro...)
o que escribe recibía o seguinte correo electrónico de
Pablo:
Achego
a nosa proposta de transcrición da inscrición de Larín:
+
PETRUS MONAC
US
ME FECIT
ERA
1ª CCXXXX
XXXXX
ET QUODUM IXIII (¿IULII; IDIBUS IULII?)
Lectura:
(cruz)
PETRUS MONACUS ME FECIT ERA MILLESIMA DUCENTESIMA NONAGESIMA ET
QUODUM (¿?)
(cruz)
FÍXOME O MONXE PEDRO NA ERA MIL DOUSCENTOS NOVENTA (1252) NO MES
DE...
|
Inscrición da igrexa de Larín (Manolo García)
|
Así
pois
¿será este o epígrafe
fundacional que
data a construción
da
igrexa de Santo Estevo de Larín? Sendo así, estaríamos
a falar da mesma época na que se edificou
a de Morás, con advocación tamén a Santo Estevo e construida no
século XII. ¿Ou
a
lápida en cuestión foi
reutilizada, procedendo
doutro
lugar, cando
se levantou a
igrexa
actual?
¿O
templo de Larín edificouse sobre outro antigo? A
parte da de santo Estevo e da de San Roque ¿houbo
outra igrexa ou
capela
noutro
lugar da parroquia? Ao
fío desta posibilidade, a
escritora Dora Vázquez, mestra da escola de nenas de Larín durante
quince anos (1952-1967), conta na súa novela Bergantiñá
que…
“a
deste Coto hai moitísimos tempos que desaparesceu, non sei se levada
polo vento, ou polo desleixo dos labregos en non reparala. Dela deben
ser estes pedrouzos e pedrugallos que se ven por eiquí ciscados”.
Hai
unhas semanas, o
que escribe tivo a fortuna de
localizar
unha fermosa cruz con escada (e
outra simboloxía pendente de descifrar)
nunha vivenda de Larín, unha peza que, postos
a soñar,
mesmo puido formar parte
desta suposta antiga capela da
parroquia.
|
Cruz que localizamos nunha casa de Larín (Puri Soto)
|
A
ver se, máis pronto que tarde, atopamos respostas a todas
estas
preguntas… seguimos
indagando!
FONTES:
TROIANO,
XOSÉ
(2013): Igrexa
de Santo Estevo de Larín, patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/index.php/52632/2013/12/igrexa-de-san-estevo-de-larin/
)
VÁZQUEZ,
DORA (1971):
Bergantiñá
(Novela Galega),
La
Región,
Ourense,
p. 113.
VIZCAYA,
ROSA BENIGNA
& VIDAL,
FRANCISCO
A.
(2009): Dos fastos
ós festexos, Dos antigos mitos á relixiosidade galega,
Editorial Toxosoutos, Noia.
_________