luns, 28 de xuño de 2021

SUEVOS: UN DOS PROXECTORES QUE ALUMEABAN O GOLFO ÁRTABRO

  Lagosteira, é un dos puntos do litoral de Arteixo dende o cal a mirada atravesa a inmensidade oceánica cunha maxia especial. Se cadra ten algo que ver nisto o recendo dos tempos de antano que aínda se respira alí, dos tempos do castro de Punta de Muros, que era unha factoría fortificada dedicada á metalurxia do bronce beireando o século IX-VII antes de Cristo; dos tempos de cando fora porto baleeiro durante o século XVII; da torre vixía, da que prometo falarvos polo miúdo noutra ocasión; ou de cando había abundancia na zona de lagostas, de aí o nome desta península situada na parroquia de Suevos na que, o 2 de abril de 2005, se colocaba a primeira pedra do Porto de Punta Langosteira.

  Gosto moito de ir pasear por alí, especialmente pola pista de terra que circunda boa parte da península, paseos que inicio nas enigmáticas instalacións militares que hai despois das últimas casas do Portiño. 

 

Imaxe actual das instalacións militares de Suevos

   Sempre me chamou poderosamente a atención este edificio que xa leva bastante tempo abandonado. Nunca tiven moi claro cal fora a súa utilidade militar no pasado mais, grazas ao libro Guía de baterías de costa. Provincia de A Coruña [Norte], da autoría do comandante artilleiro José Manuel López Hermida e do xefe de servizo de Arquitectura da Deputación da Coruña, José Manuel Yáñez Rodríguez, souben da historia e do porqué destas instalacións en Lagosteira.

   López e Yáñez arrancan a súa obra no século XIII, cando o litoral galego sufría frecuentes ataques de corsarios que asaltaban por sorpresa portos e buques, e chegan ata finais do século pasado, cando en Estaca de Bares había unha base norteamericana.

    Neste percorrido histórico os autores rescatan o plano da iluminación do golfo Ártabro, no que se utilizaran proxectores de ata dous metros de diámetro situados nunhas instalacións que contaban cun posto de mando e outro de combate, ademais de sala de máquinas e, nalgúns casos, accesos a través de túneis.

    Segundo José Manuel López, con quen tiven a oportunidade de conversar recentemente, este proxecto de iluminación do golfo Ártabro, denominado “Plan de artillado del frente marítimo de la Base Naval Ferrol-Coruña”, nace en 1926 en plena ditadura de Primo de Rivera. A idea non era outra que poder localizar polas noites os posibles obxectivos inimigos (barcos), e apuntar os cañóns de defensa, polo que se facía necesario contar con algún tipo de iluminación do espazo a defender. 

 

Plano de iluminación do fronte marítimo da Base Naval Ferrol-A Coruña que aparece no libro Guía de Baterías de Costa. Provincia de A Coruña (Norte)

   Realizar o devandito plan ía levar varios anos xa que as obras de execución vénse interrompidas en 1936 coa Guerra Civil mais, unha vez rematada a contenda, retómanse os traballos, que os militares franquistas dividen en dúas fases: primeiro os que estaban na parte de Ferrol ou flanco dereito (Frouxeira, Prior Norte ou Santa Comba, Prior Sur, San Xurxo e Prioriño) e a continuación os da parte de Coruña ou flanco esquerdo (Seixo Branco, Torre de Hércules e Suevos).

   A xuntanza mantida o 23 de outubro de 1940 en Hendaia entre Franco e Hitler foi con certeza o detonante que levou ao alto mando da época a dar, en agosto de 1941, a primeira orde referente ao novo servizo de iluminación con proxectores. Ante o temor dun ataque aliado, a defensa do litoral español pasou a ser de vital importancia para os nazis, motivo polo cal logo se iniciaron as obras de acceso por estrada e a construcción dos cinco asentamentos do flanco dereito da zona de Ferrol, así como o posto de mando de iluminación para todo o fronte en Monte Ventoso.

  Meses máis tarde, o 2 de febreiro de 1942, fixábanse os asentamentos do flanco esquerdo que incluía Suevos, a Torre de Hércules e Seixo Branco.

   Suevos era a instalación máis ao sur dentro do fronte marítimo de iluminación da Base Naval de Ferrol-Coruña encargada de dar servizo ao flanco esquerdo desta e das baterías B-9 Monticaño e B-8 Monte de San Pedro. Contaba cun proxector de 90 centímetros de diámetro e cun túnel que se aprecia claramente nas fotos do voo americano de 1956. Eran unhas instalacións con tres postos de combate, o do sector dereito como misión principal e os outros dous como secundarias.

 

Imaxe do voo americano na que se observan as instalacións de Suevos (http://mapas.xunta.gal)

   No proxecto inicial, para a contorna da Torre «se diseña un proyector de 120 centímetros, con tres puestos de combate (...). Por su situación inmediata al faro podría ser localizado y puesto fuera de combate por el enemigo rápidamente, por no tener sus instalaciones de pista de combate protegidas contra el fuego de la artillería y la aviación». Por tal motivo cámbiase o proxecto, e as pistas de comunicación «se trazan rodeando las vaguadas para evitar túneles», relata o comandante López Hermida, que aporta á publicación numerosas fotografías do seu arquivo privado das instalacións de todo o golfo Ártabro, pois prestou servizos en moitas delas.

  O proxector do Seixo Branco, situado na punta do mesmo nome, municipio de Oleiros, era de metro e medio de diámetro e tiña unha dotación similar ao de Suevos. 

 

Posto de combate do proxector de Suevos

   Rematada a Segunda Guerra Mundial, o novo escenerario estratéxico do planeta e a aparición de novas tecnoloxías capaces de facer un control exhaustivo do territorio, conducirían ao abandono paulatino das instalacións que se construíran anos antes dentro do chamado “Plan de artillado del frente marítimo de la Base Naval Ferrol-Coruña”. Deste xeito, en maio do ano 1955, asínase un proxecto de tapiado de portas e ventás das instalacións de proxectores de O Seixo Branco, Torre de Hércules e de Suevos, instalacións que no caso de Suevos serían “conquistadas” andando no tempo polos grafiteiros.

 

FONTES:

García, Rodri (2019): Focos que alumbraban el golfo Ártabro. La Voz de Galicia, 24 de novembro.

López Hermida, José Manuel & Yáñez Rodríguez, José Manuel (2019): Guía de baterías de costa. Provincia de A Coruña [Norte]. Deputación da Coruña.

mércores, 16 de xuño de 2021

CONTO SOBRE O AREAL DE SANTA BAIA

    A Santa Baia é unha caliña que hai entre a Area da Salsa e Repibelo, na parroquia de Santiago de Arteixo, na que tamen podemos ver unha furna que, ao longo dos anos, os elementos mariños se encargaron de ir esburacando.

   Este pequeno areal debe o seu nome a que un señor de Figueiroa -un tal Bernardo- que casara no lugar de Santa Baia, parroquia de Soandres, A Laracha, acompañaba á súa dona no verán a darse os baños nesta caliña que, dende hai máis dun século, é coñecida como a Santa Baia.

   Conto oceánico ben fermoso, abofé!

 

Areal de Santa Baia








Areal de Santa Baia









Furna de Santa Baia









Furna de Santa Baia

domingo, 6 de xuño de 2021

SUEVOS NA DESCRICIÓN HISTÓRICO-XEOGRÁFICA PUBLICADA EN EL IDEAL GALLEGO EN 1930

Artigo publicado en El Ideal Gallego o día 1 de Marzo de 1930:

 

ARZOBISPADO DE SANTIAGO

Descripción histórico-geográfica de sus feligresías 
ARCIPRESTAZGO DE FARO 
Provincia de La Coruña 
SAN MARTÍN DE SUEVOS
(Arteijo)


Pombal da fraga do Pazo que pertencera á familia del Río. Ao fondo, casas de Suevos







 

El Término.

Filial eclesiástica suprimida e incorporada a Pastoriza; administrativamente figura como tal anejo; hállase a 7 kilómetros de la Coruña, capital del juzgado y provincia y a 6 kilómetros de la del Ayuntamiento.

Tan solo tiene dos entidades, las aldeas de Pazo y Suevos, ésta la mayor de todo su municipio, con 422 almas.

Esta feligresía es la única de su municipio que tiene agrupada la población, pues la aldea de Pazo dista solamente 50 metros de la de Suevos; no hay grupos menores ni edificios aislados.

Sus habitantes son 482 de hecho y 530 de derecho, avecindados en 97 edificios, 26 de un cuerpo y 71 de dos, estando uno sin habitar por el uso que tiene; los albergues son 19.

Hace veces de iglesia una modesta capilla sita al norte del poblado.

Tiene escuela nacional, estanco y tabernas.

Puesto de carabineros para vigilar el litoral.

 

Situación.

Es el extremo E. de su Ayuntamiento, en la costa, así como Sorrizo lo es del O.

Tiene por límites, al N., el mar, al O. el arenal de Sabón (Oseiro), al S. a Pastoriza y al E. Coruña-Oza.

 

Suelo y costa.

El terreno es montuoso y de mediana calidad y su clima sano; produce lo que su término municipal; la pesca de vara de estas aguas es muy sabrosa, distinguiéndose las llamadas “barbadas” y “bicudas”, pues aún cuando comienzan a utilizar lanchas para esta industria, todavía no llegó a ser importante.

La aldea de Suevos está próxima al puerto y arenal de su nombre, que se hallan al E. de la punta Langosteira, que es la extremidad N. del promontorio alto y peñascoso que llaman de Suevos y sale bastante de la costa y separa Arteijo de Oza-Coruña.

Al E. hállase la playa de Suevos y al O. la de Langosteira.

Los restos de la casa del vigía están en la altura.

El puertecito de Suevos tan solo sirve de refugio a embarcaciones menores y da nombre a la playa, al promontorio, a una restinga y a una punta.

Punta Lagosteira antes da construcción do porto

 








 

Historia.

Formó el coto de su nombre y su sinecura fue de los Andeiro antes de pasar al dominio de Gómez Pérez das Mariñas.

En la parte E. del puertecito hay restos de una antigua fortificación procedente, al parecer, del castillo de Pérez das Mariñas pasando a la familia de los del Río, a uno de cuyos miembros, Don Juan, se debe la reedificación de la iglesia de Pastoriza.

La aldea de Pazo tomó este nombre ya por haber existido alguno, ya, más bien, por ser el lugar donde residía el juez del coto y administraba justicia.