Xusto
no lugar onde antano estaba o cuartel vello da Garda Civil de Arteixo,
que ven sendo a zona do actual Paseo do Balneario que fai esquina coa
Rúa das Frores, tedes o Bar Fénix, local que recomendo a todo o mundo,
especialmente @s futboleir@s. Se entrades a tomar un café vaivos atender
Nelson Cedeira, un home que, ao pouco de que lle faledes de fútbol,
abofé que vos ha de sorprender polo feixe de historias balompédicas que
garda na súa memoria e que, ademais, tivo un brillante pasado no mundo
do chamado deporte rei que agora vos conto.
Nado o 16 de outubro de 1964 en Montevideo, no barrio de Paso Molino, Nelson é un dos dous fillos do matrimonio formado por Francisco Cedeira Mallo, arteixán da Catuxa que antes de emigrar a Uruguai traballara nas minas de volframio do noso concello, e de Amelia Beatriz Zas Ratto, unha muller á que Francisco coñecería no país sudamericano e que era filla de nai italiana e pai arteixán de Candame: Jesús Zas.
Jesús Zas, avó materno de Nelsón, fixera a maleta da emigración nos anos 20 do século pasado e, ao pouco de establecerse na capital charrúa, montaría unha panadería. Jesús sería, ademais, un dos fundadores do Salus Football Club, entidade creada en 1928 que viste como o F.C. Barcelona porque outro dos seus fundadores fora un inmigrante catalán que donara a primeira equipación deste modesto club de Montevideo.
Francisco Cedeira Mallo, xenro de Jesús Zas e pai de Nelson, tamén estaría vinculado co Salus F.C. xa que sería o tesoureiro da entidade entre 1965 e 1975, un Francisco que naquela altura mantiña boa amistade con José Añón Canedo, emigrante da Laracha que por aquel entón era un dos máis importantes empresarios de toda América Latina por ser o fundador da CUTCSA (Cooperativa Uruguaya de Transportes Colectivos Sociedad Anónima) e que ademais fora o presidente do Nacional de Montevideo entre 1955 e 1961.
Naqueles anos 70 Nelson, o noso protagonista,
ingresaría nas categorías inferiores do Salus, co que debutaría aos 17
anos no primeiro equipo, un Salus que ascendería catro categorías de
xeito consecutivo ata acadar á 2ª División. O adestrador desta proeza
fora Guillermo Escalada, antigo xogador do Nacional que conquistara con
este equipo o Teresa Herrera en 1958 tras vencer na final ao Flamengo
por 2-1, con goles do propio Escalada e de Héctor Núñez, un futbolista
que era fillo de emigrantes de Meicende e que ficharía no Valencia días
despois de conquistar o popular trofeo veraniego herculino.
As boas actuacións de Nelson Cedeira no eixe da zaga do Salus non pasarían desapercibidas para un dos históricos do fútbol charrúa, o Wanderers, club que se faría cos servicios do futbolista uruguaio-arteixán en 1982. Nelson coincidiría neste equipo con xogadores da talla de Jorge Barrios, que posteriormente firmaría co Olimpiakos; Ariel Krasowski, que ficharía no Boca Juniors; Daniel Carreño, que pasaría ao Lens francés; Luís Acosta, que firmaría co América de México e despois co River Plate; ou, entre outros co lendario Enzo Francescoli, que abandonaría o Wanderers para fichar no River Plate e posteriormente, tralo seu paso polos campionatos de Francia e Italia, convertiríase nunha das grandes estrelas do fútbol mundial.
En 1983 Nelson sería un dos integrantes da selección de Uruguai que participou no II Mundialito da Emigración celebrado na provincia de Pontevedra, Mundialito que acabarían gañando os da camiseta celeste, con Nelson formando parte do once titular, tras impoñerse na final xogada no estadio de Balaídos á selección de Arxentina por 2-0.
Trala súa etapa con Wanderers, o central de
sangue arteixá ficharía aos 22 anos no Centro Atlético Fénix, outro dos
clásicos do fútbol uruguaio que actualmente milita na Primeira División.
O seu bo papel neste equipo levaríao a dar o salto a Europa en 1987,
ano no que xogaría 6 meses no Orihuela. Na tempada seguinte, na 87/88,
varios equipos da 2ª División española intentarían facerse cos seus
servicios, entre eles o Jérez C.D., que naquela hora adestraba o coruñés
José Antonio Naya, mais finalmente o futbolista uruguaio-arteixán
ficharía no R.C. Celta. A experiencia no equipo olívico, dirixido
naquela altura polo técnico vasco Jose Mª Maguregui, non sería moi
positiva para Nelson, que só xogaría algúns partidos amigables na
pretempada co cadro celeste, feito que o levaría a voltar ao Uruguai e
fichar de novo co Fénix, equipo no que permanecería ata o 2002, que foi o
ano no que "colgou as botas".
Despois da súa retirada do mundo do fútbol, Nelson
decidiría emigrar coa súa familia á terra que vira nacer a seu pai e a
seu avó materno e, ao pouco de establecerse nela, empezaría a traballar
na fábrica de pastas frescas "La Napolitana", un Nelson que non tardaría
en principiar a súa relación coa hostelería arteixá, pois no 2003
faríase cargo de O Yunque, bar que rexentaría ata o 2007, que foi o ano
no que abriu o local que leva o nome do seu último equipo de fútbol, o
Fénix, un bar que curiosamente está a poucos metros doutro que tamén ten
moito que ver co fútbol uruguaio: o Code. O seu propietario, Alberto
Rabuñal, é neto de Francisco Rabuñal Míguez que, a parte de ser o
presidente do Atlético Arteixo durante 14 anos, era curmán de Oscar Omar
"Cotorra" Míguez, campión do mundo con Uruguai no Mundial de Brasil de
1950 do que, por certo, pódevos dar boa conta Nelson Cedeira cando
vaiadas a tomar un café ao Fénix, que para moit@s xa é a "embaixada" do
fútbol sudamericano en Arteixo.
Nado o 16 de outubro de 1964 en Montevideo, no barrio de Paso Molino, Nelson é un dos dous fillos do matrimonio formado por Francisco Cedeira Mallo, arteixán da Catuxa que antes de emigrar a Uruguai traballara nas minas de volframio do noso concello, e de Amelia Beatriz Zas Ratto, unha muller á que Francisco coñecería no país sudamericano e que era filla de nai italiana e pai arteixán de Candame: Jesús Zas.
Jesús Zas, avó materno de Nelsón, fixera a maleta da emigración nos anos 20 do século pasado e, ao pouco de establecerse na capital charrúa, montaría unha panadería. Jesús sería, ademais, un dos fundadores do Salus Football Club, entidade creada en 1928 que viste como o F.C. Barcelona porque outro dos seus fundadores fora un inmigrante catalán que donara a primeira equipación deste modesto club de Montevideo.
Francisco Cedeira Mallo, xenro de Jesús Zas e pai de Nelson, tamén estaría vinculado co Salus F.C. xa que sería o tesoureiro da entidade entre 1965 e 1975, un Francisco que naquela altura mantiña boa amistade con José Añón Canedo, emigrante da Laracha que por aquel entón era un dos máis importantes empresarios de toda América Latina por ser o fundador da CUTCSA (Cooperativa Uruguaya de Transportes Colectivos Sociedad Anónima) e que ademais fora o presidente do Nacional de Montevideo entre 1955 e 1961.
Nelson Cedeira xunto a Enzo Francescoli |
As boas actuacións de Nelson Cedeira no eixe da zaga do Salus non pasarían desapercibidas para un dos históricos do fútbol charrúa, o Wanderers, club que se faría cos servicios do futbolista uruguaio-arteixán en 1982. Nelson coincidiría neste equipo con xogadores da talla de Jorge Barrios, que posteriormente firmaría co Olimpiakos; Ariel Krasowski, que ficharía no Boca Juniors; Daniel Carreño, que pasaría ao Lens francés; Luís Acosta, que firmaría co América de México e despois co River Plate; ou, entre outros co lendario Enzo Francescoli, que abandonaría o Wanderers para fichar no River Plate e posteriormente, tralo seu paso polos campionatos de Francia e Italia, convertiríase nunha das grandes estrelas do fútbol mundial.
En 1983 Nelson sería un dos integrantes da selección de Uruguai que participou no II Mundialito da Emigración celebrado na provincia de Pontevedra, Mundialito que acabarían gañando os da camiseta celeste, con Nelson formando parte do once titular, tras impoñerse na final xogada no estadio de Balaídos á selección de Arxentina por 2-0.
Nelson na final do II Mundialito da Emigración |
Nelson Cedeira no bar que rexenta, o Fénix |