La Correspondencia Gallega, 18 de xaneiro de 1904:
mércores, 28 de setembro de 2016
sábado, 24 de setembro de 2016
O ASASINATO DOS FASCISTAS EN OSEIRO DE "PEPE PAPELES"
Tal día coma hoxe, o 24 de setembro de 1936 un dos principais líderes do anarcosindicalismo galego durante a II República Española,
José Villaverde Velo, coñecido polo alcume de "Pepe Papeles", era
asasinado polos fascistas na parroquia de Oseiro, probablemente na praia
de Sabón, que foi o lugar no que ao día seguinte aparecía, coa cabeza
desmembrada, o seu corpo.
Pepe,
que nacera o 12 de xullo de 1894 en Santiago de Compostela, empezaría a
traballar aos 15 anos como tallista nun taller de imaxes relixiosas e
non tardaría en ser un dos organizadores da Federación Local de
Sociedades Obreiras da capital galega en representación da Sociedade de
Carpinteiros e Ebanistas, organizacións das que sería nomeado presidente
en 1915. Dous anos máis tarde, en agosto de 1917, dirixe con
José Pasini a folga insurrecional daquel ano en Santiago, feitos polos
que ambos serían encarcerados no castelo de San Antón da Coruña.
Cumplida a condena, en 1918 instalaríase en Vigo, onde faría amistade
con Ricardo Mella. Membro da Confederación Nacional de Trabajo (CNT), o noso protagonista asistiría ao II Congreso da CNT (Congreso de la Comedia), celebrado entre o 10 e o 18 de decembro de 1919 en Madrid.
Como o Sindicato de Carpinteiros de Vigo estaba federado na Unión General de Trabajadores (UGT), en xuño de 1920 Pepe participa no congreso deste sindicato socialista, onde defendería a unión entre a CNT e a UGT. En novembro dese ano é nomeado secretario da Federación de UGT da cidade olívica e participa na fundación do Ateneo Sindicalista.
En xuño de 1921 asiste en Xixón ao I Congreso Nacional do Transporte da CNT. En 1922 foi un dos fundadores e redactores do xornal ¡Despertad! e tamén é membro do grupo anarquista do mesmo nome con Severino Estévez e Eduardo Collado. Naquela altura, na que destacaba na CNT como orador en multitude de conferencias e de mítins, Pepe Papeles traballaba en Vigo como carpinteiro de ribeira, un Pepe que voltaría á cárcere durante os primeiros meses da dictadura de Primo de Rivera (1923-1930).
En 1925 envía axuda económica dende Vigo aos presos a través de La Revista Blanca. Ese mesmo ano estaría presente, en representación de Bouzas e Vigo, na xuntanza constituínte da Federación Marítima do Litoral Galego (Federación Regional Marítima) celebrada en Compostela, xuntanza na que se acorda pagarlle un soldo para que dirixira o xornal El Despertar Marítimo. Uns meses máis tarde encárgase da edición das obras de Ricardo Mella e, en 1928, encabeza ¡Despertad! de Vigo cando o xornal catalán Solidaridad Obrera foi suspendido, unha época na que faría de voceiro do grupo Solidaridad, que encabezaba Angel Pestaña e Juan Peiró, nos seus enfrontamentos coa Federación Anarquista Ibérica (FAI).
Pepe asistiría tamén ao Pleno Nacional de Regionales de Mataró, onde se decide apoiar o complot de 1929 de José Sánchez Guerra contra a dictadura de Primo de Rivera e, en 1930, escribe o epílogo do libro de Juan Peiró Ideas sobre sindicalismo y anarquismo. Nese mesmo ano organiza varios mitins en Ferrol, Vigo, Marín...dirixe a reaparecida Solidaridad Obrera herculina e, en setembro, representa ao Sindicato de Sumilleres de Vigo no Pleno Rexional da Coruña.
Nos primeiros días da II República, entre eo 11 e o 17 de xuño de 1931, Pepe Papeles representa a varios sindicatos (Betanzos, Marín, Vigo, Vilagarcía e A Coruña) no III Congreso Nacional de Sindicatos da CNT e nos Plenos Rexionais de decembro de 1931, ano no que empezaría a residir na Coruña, e de abril e de agosto de 1932, como delegado para Galiza e Asturias. Nesa altura foi elexido secretario da Confederación Rexional Galaica (CRG) da CNT, cargo que abandonaría en decembro de 1932 por presións da FAI, que o acusou de ocupar a miúdo cargos remunerados mais, con todo, durante a súa xestión a CRG pasaría de 13.000 a 33.000 afiliados.
Neste ano 1932, co patrón de pesca Manuel Montes, participa no Congreso de Armadores de Barcos Pesqueiros celebrado en Madrid e, ao mesmo tempo que dirixía o seu órgano de expresión Mar y Tierra, tamén sería un dos creadores da Federación Nacional da Industria Pesqueira (FNIP). En abril de 1934, meses antes de que publicara o folleto Pro seis horas, texto dun mitin con Mauro Bajatierra e Orobón Fernández, é nomeado xerente-administrador do Sindicato do Transporte, nunha época na que se amosaba favorable á Alianza Obreira e, finalmente, en 1935 sería elexido de novo secretario da CRG da CNT, cargo que non aceptaría.
A represión desatada a raíz do golpe fascista de xullo de 1936 levaría a Pepe a ser detido polos falanxistas cando se incorporaba ao seu traballo na nova estación ferroviaria da Coruña-Santiago, uns falanxistas que en setembro dese ano 36 propuxéronlle encabezar os sindicatos verticais fascistas (Central Obrera Nacional-Sindicalista) cos que os seus verdugos querían substituír o sindicalismo de clase. A negativa de Pepe ao cargo implicaría a súa sentencia de morte e sería asasinado o 24 de setembro de 1936 nun lugar da parroquia de Oseiro. O seu corpo aparecería ao día seguinte no areal de Sabón coa cabeza desfeita.
O
seu importante fondo documental, bibliográfico e hemerográfico,
agochado nunha maleta e conservado pola súa familia durante a dictadura
franquista, sería cedido o 29 de xuño de 2011 á Real Academia Galega
(RAG) e o proxecto de investigación das universidades galegas "As
vítimas, os nomes, as voces e os lugares" encargaríase de dixitalizalo.
José Villaverde Velo, Pepe Papeles, de quen atopamos textos en La Calle, CNT, El Combate Sindicalista, Crisol, Mañana, Mar y Tierra, Sindicalismo, Solidaridad Obrera, La Tierra, etc, ten na Coruña, na zona de Monte Alto, unha rúa dedicada.
José Villaverde, Pepe Papeles |

Areais de Alba e Sabón |
José Villaverde Velo, Pepe Papeles, de quen atopamos textos en La Calle, CNT, El Combate Sindicalista, Crisol, Mañana, Mar y Tierra, Sindicalismo, Solidaridad Obrera, La Tierra, etc, ten na Coruña, na zona de Monte Alto, unha rúa dedicada.
mércores, 21 de setembro de 2016
sábado, 17 de setembro de 2016
AS CASAS DO CONCELLO DA BAIUCA E FIGUEIROA
A
instauración da definitiva división provincial, a través do Real
Decreto de 30 de novembro de 1833, daría paso á creación das
Deputacións Provinciais e ao nacemento dos Concellos tal como os
coñecemos hoxe e, segundo nos conta Xosé Fariña Jamardo na súa
obra “Os Concellos Galegos”, o de Arteixo xa figura coas mesmas
trece parroquias que agora ten no proxecto que a Deputación publica
no BOP n.º 115 do 23 de abril de 1836, un municipio arteixán que
tería a súa primeira Casa Consistorial nunha pequena vivenda da
Baiuca e como primeiro alcalde a Juan Antonio Souto, veciño de
Figueiroa nado en 1780 que estaría ao frente da primeira Corporación
Municipal entre setembro de 1836 e maio de 1837.
En 1840,
durante o mandato do alcalde Ramón Bermúdez de Castro, que era
natural da vila de Regla (Cuba) e tiña domicilio en Sorrizo, a Casa
do Concello trasládase á aldea de Figueiroa por mor das reducidas
dimensións da da Baiuca, lugar que antigamente era coñecido como
Pasacondia. Polo que nos conta Manuel Blanco en “Alcaldes de
Arteixo”, a
nova Casa Consistorial, que ven sendo a Casa dos de Borrazás, o pazo que hoxe ocupa o
miña prezada familia Maceiras López, tiña todo o necesario...”para
sala capitular, oficinas para el Ayuntamiento, despacho para el
Alcalde y, aún, sitio para cárceles (esta casa perteneció a los
herederos de José Navas); en realidad se trataba de buscar una
comodidad para el propio Alcalde (era de frágil salud) ya que le
quedaba más próxima a su domicilio”.
Ao
ano seguinte, en 1841, con José González ao fronte da alcaldía, a
Casa
do Concello
trasládase de Figueiroa, onde Antonia Maceiras (muller do Secretario
Municipal,
Manuel Rodriguez de Pazos) tiña unha taberna, á
vivenda da Baiuca no que
estivera anteriormente, pagando
un prezo de aluguer de 200 reais ao ano.
Pascual
Madoz
non nos ofrece ningunha información sobre o consistorio municipal de
Arteixo no seu Diccionario xeográfico editado en 1850, mais, pola
contra, na xeografía de
Carreras aparece que está na Baiuca, unha Casa que non podemos
confirmar se é a n.º 19 deste lugar que o concello adquiriu no 4º
mandato de Manuel Añón Leal, alcalde entre 1857 e 1866, previa
autorización do Gobernador Civil , pagando por ela ao seu
propietario, Juan Tiometeo Taboada, a cantidade de 3.498 escudos.
O edificio que foi a Casa do Concello ata 1973 |
Aproximadamente
polo ano 1880, despois de pasar por tres ou catro casas alugadas,
sempre na Baiuca salvo o breve espazo que se asentou en Figueiroa, o
concello adquiriría en propiedade un inmoble que sería reformado
en 1953. A inauguración da obra do novo concello, que era o
edificio que había fronte ao estanco da Travesía de Arteixo, fora
retratada polo fotógrafo Alberto Martí Villardefrancos e asistiran
persoeiros de relevancia da sociedade coruñesa daquel entón como o
gobernador civil Pardo de Santillana e o locutor e director de Radio
Nacional de España, Enrique Mariñas. Julio Mancebo, un dos nenos
arteixáns daqueles anos 50 que hoxe disfruta da súa xubilación,
descríbenos no seu blog “A miña Baiuca” as súas lembranzas
sobre aquel edificio do seguinte xeito: “Ó outro
lado da corredoira estaba o “ayuntamiento”, pois así lle
chamabamos naquel tempo. Era un dos contados edificios de dous pisos.
O baixo só se abría o día que medían ós quintos. Subindo unha
escaleira moi empinada chegabas ó primeiro, onde estaba o xulgado no
que traballaba Ramiro, o home de Nieves Salvadores, e un escribinte
que se chamaba Juan Manuel. Cando éste marchou, sustituiuno Moncho
Elespe “Pachá” quen, anos despois, casaría con unha moza da
Catuxa. No segundo piso estaban as oficinas do concello. Alí
atopabas a Julio do Perillón, a Fino da Sra. Julia e o seu irmán
Totos. Non teño case memoria de ver alí a D. Santiago Astray, que
era o secretario. A verdade é que de neno poucas veces subín,
porque non tiña a que ir. Recordo que tanto Julio coma Fino
escribían con pluma porque aínda non chegaran os bolígrafos. Tamén
recordo a Totos escribindo á máquina con poucos dedos pero a moita
velocidade. Na parte traseira do ayuntamiento estaba o calabozo”.
Estamos
xa nos 70. Arteixo, a raiz da construcción do Polígono de Sabón,
medra considerablemente e,
como as instalacións
municipais non van da man do progreso, decídese
construír unha nova Casa do Concello, proxecto que aparece publicado
no BOP do 28 de xuño de 1971: “Aprobado inicialmente el
proyecto de Casa Consistorial y zona ajardinada, por término de un
mes se abre información pública con respecto al mismo y documentos
anejos de examen y reclamaciones procedentales. Por el proyecto
aludido, resultan afectadas de expropiación las siguientes fincas:
Número 1.-Propietario: Don Victoriano Marnotes Barbeito. Nombre de
la finca: “Horta da Casa”. Superficie: 714 m². Linderos: Norte,
casa y huerta de Estrella Pardo Rey; Sur, finca rústica de doña
María de los Dolores Iglesias Mosquera; Este, carretera de La
Coruña-Finisterre; y Oeste, finca de doña Rosario Marnotes
Barbeito. Emplazamiento: Bayuca. Número 2.- Propietario: Doña María
de los Dolores Iglesias Mosquera. Nombre de la finca: “Huerta”.
Superficie: 708´10 m². Linderos: Norte, finca de don Victoriano
Marnotes Barbeito; Sur, finca de don Juan Antonio Naya Lafuente;
Este, carretera general La Coruña-Finisterre; y Oeste, finca de la
misma propietaria. Emplazamiento: Bayuca”.
A actual Casa do Concello nos anos 70 |
Un
incendio en 1973 do outro concello,
que o deixaría practicamente inservible, levaría
a que varios funcionarios municipais tiveran que traballar no
novo durante algúns meses
nunha situación máis que
precaria...”Estivemos meses traballando no novo edificio
que estaba en obras. Recordo que non tiñamos fiestras e que para
subir á segunda planta non había escaleiras. Era unha rampla de
ladrillos. No inverno había que ir a traballar coma se foramos á
neve”, lembraba
non hai moito Avelino Moreiras, un daqueles funcionarios.
O actual consistorio inauguraríase durante o efémero mandato de
Domingo Máximo Mosquera Calvete “Pitos”, alcalde entre agosto de 1974 e xaneiro de 1975, unha Casa do Concello que sería
reformada varias veces e na que o que escribe tivo a honra de servir
á veciñanza de Arteixo, como concelleiro do B.N.G., desde outubro de 2012 ata maio de 2015.
FONTES:
-Xosé Fariña Jamardo. "Os Concellos Galegos". Fundación Barrié. 1993
-Manuel Blanco Rey. "Alcaldes de Arteixo". Concello de Arteixo. 1998
-Susana Acosta. "El viejo Concello pasará a mejor vida tras 137 años de servicio". El Comarcal, Maio 2014.
mércores, 14 de setembro de 2016
sábado, 10 de setembro de 2016
RAMÓN VILLAVERDE, O URUGUAIO-ARTEIXÁN DO F.C.BARCELONA
Ramón Villaverde |
Ramón Villaverde
empezaría a xogar na tempada 1949-50 no Liverpool de Montevideo, onde
demostraría de contado unha innata capacidade goleadora que o acabarían
levando ao fútbol colombiano, daquela o mellor pagado do continente americano. Alí, no país cafeteiro, defendería primeiro as cores do Cúcuta Deportivo (50-51) e posteriormente do "Ballet Azul" de Millonarios de Bogotá (1952-54) equipo no que chegaría a formar unha dupla máxica con Alfredo Di Stéfano.
As boas actuacións dos dous futbolistas en terras colombianas non
pasarían desapercibidas para os grandes do fútbol español e, deste
xeito, Di Stéfano acabaría fichando no Real Madrid e Villaverde no F.C.
Barcelona, clube ao que chega en xullo de 1954 da man do directivo Pedro
Salvat e de Josep Samitier.
O seu debut coa camiseta blaugrana prodúcese en Les Corts frente ao
Sevilla na xornada inaugural da Liga (12.9.1954), partido que o Barça
gaña 4-2 e no que Ramón marca o primeiro gol batendo de cabeza ao meta sevillista Bustos. Mais se había unha data emotiva para o futbolista uruguaio-arteixán,
esa era a do 20 de marzo de 1955, día no que o R.C. Deportivo da Coruña
e o F.C. Barcelona se enfrontaban en Riazor, en partido correspondente á
xornada 27. Villaverde ía pisar por primeira vez a terra da que tanto lle falaran na súa infancia, a terra que vira nacer a seus pais... polo que, familiares e veciños dos seus proxenitores, tiñan o corazón dividido entre o Barça no que xogaba o fillo daqueles rapaces da Pedreira e de Rañobre que tiveran que facer a maleta da emigración e o Deportiviño no que xogaba outro arteixán: Arsenio Iglesias. O partido remataría 2-2 e Ramón anotaría un dos goles do seu equipo.
Dúas semanas despois daquel enfrontamento, chegaban á cidade
herculina Matilde Vázquez e Mario Villaverde, nai e irmán do noso
protagonista. Matilde, que naquela hora tiña 62 anos e xa estaba viúva
do seu home, a quen coñecera en Uruguai, emigrara do seu Rañobre natal aos 16 anos e facía 46 que non pisaba a súa terra. Despois de tanto tempo sen ver á familia (os pais xa morreran), botaría unha longa tempada en Rañobre na casa dun de seus irmáns e, pola súa banda, os
seus fillos Mario e Ramón, que chegara en xullo á Coruña para asistir
ao casamento do seu compañeiro Dagoberto Moll, coñecerían nese verán de
1955 a toda a familia materna e paterna
da Pedreira, de Suevos e de Figueiroa, lugar no que aínda hai xente que
se lembra da axitación que causara a visita do futbolista do F.C.
Barcelona.
La Voz de Galicia, 14 de abril de 1955 |
A posición de Villaverde
no campo tanto podía ser a de interior como a de extremo, mais neste
caso tiña tendencia a bascular cara o centro do campo, onde podía
explotar mellor a súa extraordinaria visión da xogada. Digno
representante da escola sudamericana, o seu binomio co galego Luís Suárez abofé que sería recoñecido pola súa maxia e facilidade de por en pé, co espectacular xogo combinativo de ambos, ao graderío blaugrana. Adiantado
ao seu tempo polo feito de non permanecer fixo na banda, senón que tiña
tendencia a romper polo centro buscando outras alternativas de ataque, Ramón
tiña un remate portentoso e un gran dominio do balón, ata o punto que
sabía recortar ao contrario sen chegar a tocar o esférico. Nun tempo de poucos encontros internacionais e de certas facilidades para que os futbolistas chamados oriundos vestiran a camiseta de España, o seu bo facer no Barça tamén o levaría a xogar un partido coa selección española, partido disputado en Barcelona o 31 de maio de 1956 que España perdería por 2-5 ante Alemaña.
O futbolista de raíces arteixás tería o seu cenit no Barça baixo a
dirección de Helenio Herrera, nunha eliminatoria de 1/4 da Copa de
Europa de 1960 fronte aos temibles "Wolves", o alcume co se coñecía ao
Wolverhampton inglés. Na noite do 10 de febreiro de 1960, na ida no Camp
Nou, o Barcelona vence aos británicos por un contundente 4-0 con goles
de Villaverde (2), Kubala e Evaristo. Na volta, o 2 de marzo do mesmo
ano, a exhibición é total e o público inglés ovaciona ao equipo
blaugrana ao remate do partido: 2-5 con gol de Villaverde e catro de
Kocsis. Aquel Barça sería eliminado nas semifinais polo Real Madrid, que
sería o Campeón daquela edición da Copa de Europa de 1960.
Villaverde non xogaría a célebre final dos paos cadrados de Berna, o 31
de maio de 1961, final da Copa de Europa que o Barcelona perdería por
3-2 ante o Benfica de Lisboa. Instalado xa nun suave declive, o
futbolista fillo de arteixáns, permanecería no clube catalán ata o 27 de
outubro 1963, que foi o día no que decía adeus á afición barcelonista
nun partido amigable ante o Racing de París no que esgotou a súa
retirada ata o minuto 12 do segundo tempo, como resistíndose a deixar
unha camiseta pola que sentía verdadeira devoción e que tantas alegrías
lle dera. Cando deixou o campo fixoo acompañado por unha ovación
ensordecedora..."La emoción que he sentido esta tarde al recibir los
aplausos y los cumplidos que me han sido dedicados sólo se puede
explicar con el corazón. No hay palabras". Durante a súa etapa no vestiario blaugrana a afición e os seus compañeiros apreciárano
moito polo seu carácter sinxelo e chan, que acabaría demostrando na
tempada 1963-64 ao aceptar xogar cedido o último ano de contrato no
Racing de Santander con estas palabras: "Aún no soy viejo para el fútbol, pero ya lo estoy para jugar en el Barça".
O día 27 de outubro de 1963 Villaverde despedíase do Barça |
No F.C. Barcelona
xogaría un total de 322 partidos oficiais, marcando 136 goles e obtendo
dúas Ligas (58-59 e 59-60), tres Copas del Generalísimo (57, 59 e 63)
e dúas Copas de Feiras (58 e 60), rexistros que a día de hoxe aínda o
sitúan entre os mellores futbolistas da historia do clube catalán.
Ramón Alberto Villaverde Vázquez falecería en Barcelona aos 56 anos de
idade o 15 de setembro de 1986 por mor dunha afección cardíaca.
sábado, 3 de setembro de 2016
A PANADERÍA FERNÁNDEZ DE LAÑAS
Falar de pan na miña casa ten o seu aquel. Medrar a carón dunha avoa de nome Carme Pan Pan e casar cunha muller de Carral, que de cando en vez déixame caer, así coma quen non quere a cousa, que o pan da súa vila natal é o mellor do mundo... pois claro, xa vos podedes imaxinar o percal cando defendo a miña patria chica e digo que en Arteixo tamén se fai pan de calidade, como xa nos lembraba Uxío Carré Aldao en 1928 na súa Xeografía do Reino de Galiza: "Teñen fama as bolas e pans de gran tamaño de fariña de millo chamadas Arteixanas".
Mais vaiamos ao conto. Como ben sabedes, no noso concello temos unha chea de panaderías distribuídas por case que todas as parroquias do municipio, polo que podemos comprar pan en Meicende, A Maceira, Vilarrodís, A Groufa, Arteixo, Loureda, Uxes, Lañas, Chamín... e hoxe quérovos falar dunha delas: a Panadería José Fernández de Lañas que, xunto á de Noso, era a que viña polo Rañal cando eu era neno.
Imaxe dos anos 80 de José e Carme enfornando |
José Fernández era natural da Brea, en Carballo, lugar no que xa, desde mozo, se gañaba a vida coma panadeiro. Nos anos duros da posguerra, un dos sitios de reparto habitual do seu pan eran as minas de volframio de Couso e Agualada, no concello de Coristanco. Alí José coñecería á súa futura dona, Carme Iglesias Veira, neta do "Zapateiro" de Armentón que naquela hora, ao igual que moitas mulleres de Arteixo, traballaba nas minas do prezado metal que tanto necesitaban os nazis para fortalecer a capacidade destructiva do seu armamento.
José e Carme non tardarían en casar. Faríano en 1943, tan só seis meses despois de se coñecer e, ao pouco, xa empezarían a cocer nunha casa da parroquia de Armentón situada a uns poucos metros de onde hoxe está o negocio, no lugar da Ermida de Lañas. A panadería era coñecida como a "do Zapateiro" por ser Carme neta deste home, unha Carme que pouco a pouco iría aprendendo o oficio ao mesmo tempo que ían nacendo os tres fillos do matrimonio: en 1944 viña ao mundo José Antonio, no 46 Manuel e no 48 Agustín.
Naqueles anos 40-50, mentres José se encargaba de facer o pan que despois repartían pola contorna en cabalos, Carme facía o propio cos biscoitos e as roscas e, ata aprendería a facer outros doces. O tempo vai decorrendo e, a medida que o país vai pasando do branco e negro á cor, os tres rapaces van medrando botando unha man, desde cativos, no negocio familiar.
O matrimonio nos anos 50 cos seus tres fillos (de esquerda a dereita Agustín, José Antonio e Manuel) |
Ese mesmo ano, José e Carme empezarían a cocer no forno grande da Ermida, o actual lugar no que está a panadería, e convecerían ao seu fillo máis novo Agustín, que pasara boa parte do servizo militar na casa grazas aos biscoitos que Carme lle levaba á muller do comandante, para que se quedara con eles no negocio.
Imaxe de Agustín e de Raúl, un empregado de Loureda |
Naquela hora, con camiños que non son os de hoxe, o Land Rover ten quedado atrancado no medio do barro dos carreiros de Rañobre e Suevos, lugares nos que en máis dunha ocasión tivo que ser retirado coa axuda dalgún que outro tractor. Outras veces tiñan que deixar o coche na entrada da aldea de turno e ir co pan polas portas en sacos, casos nos que Carme botaba de menos os cabalos cos que facía o reparto ao pouco de casar:
-Ai Agustín, se tivéramos os cabalos outro galo cantaría!
O Land Rover substituiríase en 1988 pola furgoneta Mercedes coa que hoxe podedes ver polo concello a Agustín facendo o reparto, furgón no que por certo aínda figura o nome de José Fernández, que falecería en 1994.
Na actualidade, na Panadería Fernández traballan Angel, que é o panadeiro que teñen contratado, Agustín, a súa muller Otilia e Cristina, a máis nova das tres fillas do matrimonio. Agustín xa só fai o reparto e coce o día libre de Angel; Otilia reparte por Lañas e encárgase do despacho e do doce, doce que no caso da rosca só ela e súa sogra Carme, que hoxe ten 91 anos, saben facer.
Preparando
a rosca. De esquerda a dereita, Otilia, Elena da Brea (curmá de
Agustín), a señora Carme e Carme de Añón, veciña da familia |
Pola súa banda Cristina, terceira xeración da Panadería Fernández, que xa axudaba no negocio de cativa, empezou este ano a traballar coma unha empregada máis e algún cambio xa conseguiu: "A panadería nunca tivo cartel ata fai cousa dun mes que puxemos unha praca". Cristina tamén conta que o forno onde cocen nunca se enfría e está sempre por enriba dos 240º dende hai case 50 anos e, lembrando os tempos dos inicios do negocio familiar di que... "agora xa non imos por tantos sitios coma antes, mais en Figueiroa aínda se acordan de cando meus avós repartían o pan no cabalo".
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)