O
día
4 de marzo de 1979 os futbolistas profesionais
da
Liga
protagonizaban a primera folga
xeral da súa historia, unha folga de
"botas
caídas”
que deixaría
unha
fin de semana sen
campionato e que cambiaría por
primeira
vez as condicións
laborais
do
fútbol español. A
AFE, Asociación de Futbolistas Profesionais, convocaría con
posterioridade catro folgas máis en demanda dos seus dereitos: 1981,
1982, 1984 e 2011.
A
promovida en 1984 tivera lugar durante as xornadas do día 9 de
setembro, que os clubes disputaran con xogadores non profesionais, e
do día 16 do mesmo mes, na que non houbera fútbol despois de que
Maxistratura de Traballo prohibira a aliñación de estos. O 18 de
setembro, o sindicato de futbolistas poñía fin á folga logo de que
os equipos aceptaran as súas peticións, entre elas o cobro de
débedas e a participación dos xogadores nas negociacións sobre
dereitos de televisión.
Así
pois, aquel 9 de setembro de 1984 os clubes de Primeira e Segunda
División tiveron que disputar os seus compromisos ligueiros
correspondentes á segunda xornada do campionato aliñando a
xogadores xuvenís e amateurs. No caso do R.C Deportivo, que xogaba o
seu partido en Riazor contra un Tenerife reforzado con dous
profesionais, a solución para sacar as castañas do lume por mor da
folga fóra saltar ao céspede cos rapaces do Fabril que naquela hora
adestraba Luis Rodriguez Vaz, uns fabrilistas que ao mesmo tempo que
debutaban oficialmente en Segunda División serían quen de empatar
2-2 contra o cadro tinerfeño co seguinte once titular: Joaquín;
Chechu, Henry, Suso, Juanito; Ramón, Fisquelas, Pozas (Chema 57´),
Andrés; Castreje (Fachal 87´) e Pupi. Pois ben, un daqueles
futbolistas do filial deportivista é o protagonista desta historia.
Estamos a falar do arteixán Juan Manuel Varela, Juanito.
Juanito (www.dbfutbol.com) |
Sendo
aínda xuvenil, Juanito
daría o salto ao Español de Santa Lucía, equipo
co que acadaría
os campionatos da Liga de Afeccionados
da Capital
durante catro anos consecutivos compartindo vestiario con xogadores
da talla dos Chicho, Portela, Álvaro Bolecho, Carou, Mosquera,
Álvaro, Patiño e un longo etcétera de futbolistas
de gran trascendencia cos que o
rapaz de Arteixo iría
medrando e adquirindo
experiencia ao seu carón.
Grazas
aos extraordinarios
resultados e ao seu bo facer no Español, onde se
convertiría nunha peza codiciada para
varios equipos de superior categoría,
o arteixán recibe
a chamada da selección galega sub-18 adestrada polo ex xogador do
Deportivo e do Valencia Manuel Ríos Quintanilla, Manolete,
feito que supoñía o colofón da súa carreira deportiva xuvenil.
Coa selección galega,
Juanito proclamaríase
campión de España sub-18 no ano 1983 despois de vencer na final á
selección valenciana por 3-2.
A
partir de aquí, ao noso
futbolista empezaríanlle a chegar ofertas de clubes de Primeira e
Segunda División mais, despois dun tempo desfollando a margarida por
cal deles decidirse, Juan
Manuel acabaría aceptando
a do Celta de Vigo, fichaxe do que se facía eco La Voz de Galicia na
súa edición do 1 de setembro de 1983 informando que...”Juanito,
defensa del Español de Santa Lucía, fichó por el Celta, que lo
pondrá a jugar en el Gran Peña. Juanito tiene 19 años y venía
destacando en el Español, club que no firmó el convenio con el
Deportivo”. Mais
a estadía no filial celeste,
adestrado naquela hora por
Félix Carnero, non sería
moi positiva, feito que daría
paso a súa fichaxe na
tempada seguinte, a 84/85, no
Deportivo para xogar en
Terceira División co Fabril.
Juanito debuta co filial deportivista nesa categoría o 2 de setembro de 1984 en Riazor contra o Lugo, partido que remataría cun resultado de 2-2, curiosamente o mesmo que se repetiría no mesmo escenario unha semana despois contra o Tenerife, cando os rapaces do Fabril debutaban en Segunda División co Deportivo grazas á famosa folga promovida pola AFE, o sindicato dos futbolistas profesionais. Naquel debut na categoría de prata do fútbol español, o xornal El Ideal Gallego publicaba na súa sección “Cómo actuaron” a seguinte crítica sobre Juanito: ”Impecable toda la tarde, adelantándose siempre a las acciones del delantero centro visitante (Milardovic), pese a que éste marcara los dos goles de su equipo. Quizá el segundo pudo estar más encima de él, pero en conjunto realizó un esplendido partido”. Na mesma liña, nun artigo de opinión de Dagoberto Moll titulado “El fútbol se llamó Castreje”, publicado no mesmo xornal dous días despois do partido contra o Tenerife, Moll escribía que...”En mi opinión hubo otro jugador que brilló con luz propia, el número “4” fabrilista, Juanito. Se enfrentó al jugador más experimentado. Soberbio marcaje al yugoslavo; recio, magnífico anticipo, salto de cabeza perfecto, no achicándose ante el oficio y la experiencia de Milardovic, anulándolo casi totalmente. Los dos goles del yugoslavo fueron a balón parado”.

Tralo
remate da folga as augas volverían ao seu cauce naquela tempada
84/85, na que Juanito
alternaría durante o resto da campaña as súas actuacións no
Fabril en Terceira coa
presenza habitual nos adestramentos do primeiro equipo dirixido por
Arsenio Iglesias.
O futbolista
de Arteixo continuaría xogando
co filial deportivista en
Terceira División durante o exercicio
1985/86, que foi a etapa na que o técnico vasco Chuchi Aranguren
estivera ao frente do banquillo herculino, un
Aranguren que
contaría con Juanito para
disputarar varios partidos amigables da pretempada e tamén, ao longo
da competición ligueira, levaríao
concentrado varias
veces co primeiro equipo.
Coa
chegada de Eusebio Ríos ao banco
do R.C. Deportivo na tempada 86/87, Juanito
convertiríase nun dos descartes do novo técnico deportivista sendo, nesa altura, cando recibe unha boa oferta da zona do Levante para fichar no
Algemesí C.F., equipo de Terceira División con aspiracións de
ascenso no que o arteixán
xogaría catro tempadas, ata
a 1989/90, que foi cando o noso protagonista, despois de sufrir
varias lesións graves
de xeonllo,
decidiu colgar as botas con
tan só 26 anos e principiar
unha nova actividade profesional en Valencia.
Na actualidade, despois de case tres décadas retirado dos terreos de xogo, Juanito aínda sinte morriña daqueles tempos nos que defendía as cores branquiazuis, tempos dos que fala de cando en vez con outros futbolistas con pasado deportivista como Voro ou Djukic, integrantes do SuperDepor dos 90 que, ao igual que o arteixán, tamén residen actualmente na comunidade valenciana.

|