Ata o momento, a maior parte dos datos históricos recompilados por investigadores acerca do pasado de Arteixo, constitúen detalles illados destinados a ser utilizados como compoñentes dun posterior enfoque máis global da historia. Non existe, ata o de agora, estudo algún que utilice como foco propio e único o que puido ser un interesantísimo centro de operacións de civilizacións como a celta, romana, visigoda ou medieval.
Xa na época moderna, a relevancia de Arteixo debeu quedar reducida a mínimos xa que non quedou constancia de feitos ou manifestacións que logren suscitar o interés dos seus contemporáneos. Mais as pegadas dun profundo florecemento durante épocas dispares alongadas no tempo sinalan ao municipio arteixán, ademais de espazo predilecto para as comunicacións, como lugar idóneo para asentamentos ou ben para explotación de recursos minerais e agrarios, o que ven a confirmar a primacía do aspecto económico á hora de producirse o asentamento humano das distintas civilizacións. Intuése pois que, á par da explosión demográfica, aparece un compoñente cultural do que temos coñecemento a través do legado histórico, conformado por un elevado número de construcións que aínda subsisten hoxe en día.
O exemplo temporalmente máis afastado condúcenos ao período mesolítico no noso país (10.000-5.000 a.C.), co desubrimento dun campamento costeiro no lugar do Reiro, na parroquia de Chamín, un xacemento ao aire libre que presenta unha ampla dispersión de materiais, sobre todo industria lítica en cuarzo e cristal de rocha, ademais de haber tamén restos orgánicos de xabarís, cervos, vértebras de peixes...
Xa na época moderna, a relevancia de Arteixo debeu quedar reducida a mínimos xa que non quedou constancia de feitos ou manifestacións que logren suscitar o interés dos seus contemporáneos. Mais as pegadas dun profundo florecemento durante épocas dispares alongadas no tempo sinalan ao municipio arteixán, ademais de espazo predilecto para as comunicacións, como lugar idóneo para asentamentos ou ben para explotación de recursos minerais e agrarios, o que ven a confirmar a primacía do aspecto económico á hora de producirse o asentamento humano das distintas civilizacións. Intuése pois que, á par da explosión demográfica, aparece un compoñente cultural do que temos coñecemento a través do legado histórico, conformado por un elevado número de construcións que aínda subsisten hoxe en día.
O exemplo temporalmente máis afastado condúcenos ao período mesolítico no noso país (10.000-5.000 a.C.), co desubrimento dun campamento costeiro no lugar do Reiro, na parroquia de Chamín, un xacemento ao aire libre que presenta unha ampla dispersión de materiais, sobre todo industria lítica en cuarzo e cristal de rocha, ademais de haber tamén restos orgánicos de xabarís, cervos, vértebras de peixes...
A época denominada protohistórica refire a primeira etapa de forte implantación dunha civilización en Arteixo. En efecto, a cultura castrexa demostrou, co exemplo do concello arteixán, a enorme importancia que tivo no noroeste peninsular. A abundancia de castros radicados ao longo de toda a xeografía municipal (segundo o catálogo de monumentos e conxuntos histórico-artísticos
susceptibles de proteción, publicado polo BOP, no municipio
existen un total de 25) pon de manifesto o interés económico e estratéxico deste termo.
A maioría dos asentamentos datan da Idade de Ferro, aínda que hai algúns que poden ser de épocas máis recentes polos materiais atopados nos xacementos. A manifestación de tan elevado número deste tipo de construcións, así como a localización de varios dos asentamentos, parecen querer demostrar unha certa coordinación estratéxica ao estar situados tres castros, o de Armentón, Castelo e Galo, en lugares desde os cales se domina o val de Barrañán, aínda que o primeiro pódese considerar coma un recinto máis ben mineiro que defensivo por encontrarse no interior do frondoso val e non en lugar elevado.
O resto de castros repártense polas outras parroquias do municipio, entre as que Morás e Arteixo poden presumir dun maior número de asentamentos, con tres. Practicamente a totalidade deles están semi ou case totalmente destruídos, caso do de Santa Icía, que foi atravesado polo túnel do tren; o de Figueiroa, arrasado pola construción de vivendas, o mesmo que o de Mirón; o de Rañobre, desfeito polo uso agrícola, por varias edificacións e por unha estrada que o cruza; ou o da Penouqueira, destruído por mor do depósito de auga que se construíu no lugar. Especial mención merece o de Cociñadoiro en Suevos, que data da Idade de Ferro e estaba en boas condicións. As escavacións realizadas neste asentamento en 2006 por mor das obras do porto de Punta Langosteira deixaban ás claras a singularidade deste castro que, segundo os arqueólogos Antonio Cano Pan e Fernán Gómez Filgueiras, débese a que era un poboado adicado á metalurxia do bronce antigo. Pastoriza, Galán, Laxobre, Puntido, Freán, Petón, Croas, Freón, Santa Locaia, Canzobre, Castelo, Galo ou Vigo son outros dos puntos de Arteixo onde se poden atopa estos pequenos tesouros. De todos eles falamos a continuación:
PARROQUIA DE ARTEIXO:
O CASTRO DE FIGUEIROA E A VIA XX PER LOCA MARÍTIMA
A maioría dos asentamentos datan da Idade de Ferro, aínda que hai algúns que poden ser de épocas máis recentes polos materiais atopados nos xacementos. A manifestación de tan elevado número deste tipo de construcións, así como a localización de varios dos asentamentos, parecen querer demostrar unha certa coordinación estratéxica ao estar situados tres castros, o de Armentón, Castelo e Galo, en lugares desde os cales se domina o val de Barrañán, aínda que o primeiro pódese considerar coma un recinto máis ben mineiro que defensivo por encontrarse no interior do frondoso val e non en lugar elevado.
O resto de castros repártense polas outras parroquias do municipio, entre as que Morás e Arteixo poden presumir dun maior número de asentamentos, con tres. Practicamente a totalidade deles están semi ou case totalmente destruídos, caso do de Santa Icía, que foi atravesado polo túnel do tren; o de Figueiroa, arrasado pola construción de vivendas, o mesmo que o de Mirón; o de Rañobre, desfeito polo uso agrícola, por varias edificacións e por unha estrada que o cruza; ou o da Penouqueira, destruído por mor do depósito de auga que se construíu no lugar. Especial mención merece o de Cociñadoiro en Suevos, que data da Idade de Ferro e estaba en boas condicións. As escavacións realizadas neste asentamento en 2006 por mor das obras do porto de Punta Langosteira deixaban ás claras a singularidade deste castro que, segundo os arqueólogos Antonio Cano Pan e Fernán Gómez Filgueiras, débese a que era un poboado adicado á metalurxia do bronce antigo. Pastoriza, Galán, Laxobre, Puntido, Freán, Petón, Croas, Freón, Santa Locaia, Canzobre, Castelo, Galo ou Vigo son outros dos puntos de Arteixo onde se poden atopa estos pequenos tesouros. De todos eles falamos a continuación:
PARROQUIA DE ARMENTÓN:
CASTRO DAS CROAS
Fabulación do asentamento das Croas de Armentón realizada polo pintor Roberto Castro |
Situado
nas inmediacións dos pequenos núcleos pobocionais do Castro e da
Xesteira e rodeado polo Río Sisalde e o Rego de Beixouxe, que xunto
co Rego das Varcias percorren as abondosas terras da Agra de Rorís,
o castro das Croas ocupa a parte máis alta dun montículo dende o
cal podemos divisar, se miramos cara o norte, o val de Barrañán e a
inmensidade oceánica desta parte do Atlántico, os castros do
Castelo de Lañas e o do Castelo de Sorrizo, ao leste e ao oeste
respectivamente, e cara o sur, o Pazo de Anzobre, que durante moitos
anos foi propiedade da familia Puga.
Vistas cara a zona norte do asentamento |
Este
asentamento, tamén coñecido como castro de Armentón e,
erroneamente, como castro de Anzobre, ofrece grandes dificultades
para o seu estudio por mor das modificacións sufridas a partir dos
anos corenta do século pasado, que foi cando empezou a ser utilizado
como terras de cultivo. Mais, con todo, aínda se aprecia a parte do
recinto superior, definido por unha muralla de forma circular que
conta cun estreito foso que o illa dun terraplén na parte norte.
Sería
precisamente nesa época, aproximadamente sobre o ano 1945, cando o
arqueólogo Luís Monteagudo rexistra seis machadas das nomeadas de
“tope”, descubertas por un labregos do lugar cando empezaran a
achanzar, naqueles días, os terreos do castro que serían destinados
posteriormente ao uso agrario.
O
historiador José Ramón Barreiro Fernández apunta no seu libro
Historia de la ciudad de La Coruña, que hai bastantes indicios
de que as machadas poideron ser fundidas alí mesmo, o que ven a
corroborar a teoría do xornalista nado en Pastoriza Guillermo Parga
que, na reportaxe Arteixo: La mayoría de los castros del
municipio se encuentran destruidos, publicada en La Voz de
Galicia o 4 de decembro de 1981, cóntanos que o de Armentón
probablemente se trate dun asentamento mineiro:
“Su característica más relevante es su ubicación, no en el monte, sino en el medio del fértil valle de Barrañán; la existencia de residuos de escorias de hierro nos hace pensar, forzosamente, en un asentamiento más bien minero que defensivo, aunque este último aspecto se constata también inmediatamente”.
Debuxo das machadas realizado por Monteagudo
A
arqueóloga arteixá Ana Corredoira comentounos recentemente que,
a extensión temporal das
machadas
rexistradas
por Enrique Monteagudo,
sitúase habitualmente no bronce
final, perdurando se cadra ata o ferro inicial. Segundo Corredoira,
hai
quen sostén que as machadas son votivas, é dicir, que foron
depositadas a modo de ofrendas, e que as aleacións probablemente
foran ternarias (Sn + Cu + Pb), cunha cantidade moi alta de chumbo
(plomo),
o que as faría pesadas, desequilibradas e fráxiles. A
nosa veciña arqueóloga
tamén nos apuntou que
outros
especialistas afirman que as pezas son funcionais como machadas o
que,
coñecendo as limitacións das mesmas, probablemente foran utilizadas
para cortar madeira viva.
Dun
xeito ou doutro, o único que sabemos con certeza é que Luís
Monteagudo (1919-2018),
que
fora no
seu momento
director do Museo Arqueóloxico da Coruña e membro
do Deutsches Archäologisches Institut de Berlín, escribiría
na Prähistorische
Bronzefunde alemá,
da cal era habitual colaborador, o libro
Die
Beile auf der Iberischen Halbinsel,
unha
publicación na que o popular arqueólogo coruñés fala das machadas
descubertas ao longo da historia en toda a Península Ibérica, entre
elas as seis de Armentón, das que nos comenta que
apareceran no castro das
Croas
ao pouco de empezar a ser traballada a superficie para cultivo.
Neste
libro alemán, publicado a finais dos anos setenta, Monteagudo
dinos
que
xa da por perdidas as seis machadas, un tesouro arqueolóxico
que tería a oportunidade de ver tres
décadas antes
formando parte dunha colección privada. Afortunadamente
o prestixioso arqueólogo, falecido en febreiro deste
ano
2018 pouco antes de cumprir o seu cen aniversario, aproveitaría o
momento da
visita á devandita colección
para facer o debuxo das seis
pezas, debuxo
que aparecería editado orixinalmente
nunha publicación realizada
polo
Museo de Pontevedra do ano 1958 e
que, ata o día de hoxe, é a única imaxe que temos delas xa que se
descoñece a localización actual das seis machadas.
Outro
dos puntos de interés do castro das Croas de Armentón son os
espectaculares afloramentos rochosos que hai no xacemento, o que nos
fai pensar na posibilidade da orixe do topónimo O Roque, outras das
aldeas próximas ao xacemento. Segundo as teorías de diversos
historiadores sobre as orixes exactas respecto á etimoloxía do nome
Roque, hai quen insinúa que se deriva da voz xermánica “hruk”,
que significa “corvo”, mais tamén hai quen afirma que pode
proceder do escandinavo “hrokr”, “home alto” en galego. A
pesar disto, a teoría máis relevante en torno a este topónimo, é
a que sitúa a etimoloxía do nome no latín vulgar tardío “rocca”,
que significa “pedra ou rocha”, o que nos leva a reflexionar
sobre o nome desta aldea próxima ao castro do que estamos a falar.
Tampouco
podemos pasar por alto outro dos lugares que se atopa nas
proximidades do recinto, o núcleo de A Grela, onde se atopou, na leira de Fabalvedre, unha extensión de terreo cunha densa dispersión
cerámica, sobre todo tella e algún fragmento de vasilla que os
expertos e as expertas cualifican de posible adscrición romana.
FONTES:
-Barreiro
Fernández, José Ramón. Historia
de la ciudad de La Coruña. La
Voz de Galicia, 1986.
-Monteagudo,
Luís. Die
Beile auf der Iberischen Halbinsel.
Prähistorische Bronzefunde. Munich,
1977.
-Parga,
Guillermo. Arteixo: La mayoría de los castros del
municipio se encuentran destruidos.
La Voz de Galicia, 4 de
decembro de 1981.
-Rozamontes,
María. Arteixo de onte a hoxe (Volume III). Departamento
de Turismo e Normalización Lingüística do Concello de Arteixo,
2007.
PARROQUIA DE ARTEIXO:
O CASTRO DE FIGUEIROA E A VIA XX PER LOCA MARÍTIMA
Fabulación do castro de Figueiroa da autoría de Roberto Castro |
Poucos lugares hai no concello de Arteixo que conten co pasado esplendoroso que ten a aldea de Figueiroa, terra de historia, de lendas e de recunchos nos que aínda se conservan innumerables pegadas que falan da importancia que no seu momento tiveron o castro; o Pazo dos Borrazas, antiga Casa do Concello e parada de postas; ou a Ponte dos Brozos e o Camiño Real Coruña-Fisterra, que segundo a profesora Elisa Ferreira Priegue neste treito ven a coincidir cun camiño medieval, o Camiño de Bergantiños, que viría dende Lendo (A Laracha) e pasaría por Figueiroa, un camiño que xa aparece documentado no século XIII nun percorrido realizado polo rei Alfonso IX por terras de Bergantiños, reconstruído polo historiador Parga Pondal.
A
arqueóloga arteixá Puri Soto afirma
que a
persistencia desta vía ao longo do tempo permitiu establecer a
hipótese plausible dunha orixe romana para a Ponte dos Brozos, pola
existencia dunha calzada romana, a Via
XX per loca marítima
do Itinerario do Emperador Antonino, que
era unha
variante para dar saída á comarca bergantiñá, rica en ouro e
estaño. A
día de hoxe, algúns maiores do lugar aíndan falan
da devandita vía
lembrando
o camiño empedrado
que pasaba
polo castro, que
era o camiño real que viña da
Pedreira. Sobre
o castro e esta calzada romana, Eugenio Carré Aldao deixou algunhas
pinceladas na súa Geografía
del Reino de Galicia
dicindo que:
“De
antiguos monumentos
tan sólo cabe señalar, entre los de origen prehistórico, el castro
y su dólmen o sepulcro, al mismo vecino, y los castros de Arteixo,
Lañas y el de Figueiroa (Arteixo), contiguo a la costa.
De
los tiempos romanos quedan aún restos de la vía que por la costa,
procedente de Baldayo (Carballo), venía por Chamín, seguía a
Arteixo y luego continuaba a la Coruña, teniendo los puentes de
Barrañán y Figueiroa. El historiador Cornide dió algunas
inscripciones latinas halladas en estos lugares”.
María
Rozamontes conta no libro "Arteixo de onte a hoxe" que,
baseándose nesta información, tentouse, en primeiro término,
localizar os estudios realizados por Cornide con respecto á vía
romana obxecto de estudio. O primeiro que se atopou foi o seu “Mapa
corográfico de la Antigua Galicia” -Itinerario de Antonino con
otras vías de cuio antiguo uso hai visibles señales e prudentes
conjeturas-, realizado en 1790. Unha copia do mesmo atópase na
Biblioteca do Real Consulado da Coruña, e no que, efectivamente,
sinala unha vía fóra do Itinerario de Antonino, que cruza o
Concello de Arteixo a cal vén do Portus Artabrorum, situándoo en
Muros, pasando por Claudionerum, ubicado na parroquia de Zas, en
terras de Bergantiños e onde se une con outra vía que desde Iria
Flavia vai tamén ata A Coruña.
O
historiador Manuel Murguía reflexionou abundantemente sobre o
devandito Mapa Corográfico. Na súa Historia de Galicia, na
páxina 606 do tomo II, o noso ilustre veciño de Oseiro di:
“El
exacto conocimiento de las vías romanas en Galicia, es tanto más
dificil, cuanto, antes y después de Cornide, nadie ha emprendido su
estudio, para lo cual se necesita no sólo recorrer el país, sino
conocer a fondo la historia de las cuatro provincias gallegas. (…)
Esto nos hizo conocer una verdad importante, cual es la de que, ni el
itinerario de Antonino,
puede darnos a conocer la red de caminos principales que cruzaban
Galicia, ni las noticias que al presente se dispone, permiten
rectificar con alguna fortuna el trazado que nos dio Cornide en su
“Mapa Corográfico” obra que en efecto, cuanto más se estudia y
maneja más se convence uno de lo acertado y concienzudo de aquel
trabajo sin precio, a pesar de los ligeros lunares que en él pueden
señalarse.
Por
el itinerario, sólo tenemos noticia de las cuatro principales vías,
que si es cierto que atravesaban el país y lo encerraban de una
manera estratégica y completa, dejaba, sin embargo, a un lado
sobradas e importantes ciudades. De la “Vía Marítima” sobre
todo, puede decirse, que caso que siguiese la dirección, que con
toda razón se supone, no era marítima más que en el nombre; tan
apartada iba de la costa (…) Puesto que desde Brandomil se interna
tierra adentro para ir a Lugo, dejando a un lado y a sobradas
distancias ciudades que, como Noela, Finisterre, Aras Sestianas,
etc., tan notables eran por sus riquezas, por su importancia o por
sus monumentos.
Sin
embargo, los preciosos puentes que todavía se encuentran ya en
Brandomil, ya en Olveira, ya en Ponte Ceso, prueban tanto por su
posición como por su magnificencia y grandeza (…) que desde
Brigantim hasta la desembocadura del Anllóns iban rutas tal vez de
segundo orden (...)”.
A
pesar da preocupación de Murguía, o interese pola determinación
desta vía de trazado incerto entre marítimo e terrestre que
cruzaría o concello de Arteixo foi practicamente nulo. Aínda así,
con todas as dificultades habidas e por haber xa que carecemos de
miliarios, excavacións arqueolóxicas ou epigrafía do entorno, o
convecemento de que unha calzada romana atravesaba o municipio
arteixán é absoluto grazas, en gran medida, a un inventario das
inscricións romanas na provincia da Coruña realizado por Alvaro
D´ors e Angel del Castillo.
Seguindo
sempre coas informacións que nos conta María Rozamontes en "Arteixo
de onte a hoxe", no devandito inventario, publicado polo instituto
Padre Sarmiento, aparece a referencia de unha inscrición, xa perdida
cando realizaron o traballo, que había no “lugar de paso en
Santiago de Arteixo, no soportal do corralón da casa de Baños, que
foi derrubado no 1914”, e citan a Humber no seu tomo II, coa
referencia CIL II 2563. Localizada a obra na biblioteca da Facultade
de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, lemos:
“Lugar
de Paso, feligrexía
de Santiago de Arteixo, dúas leguas ao suroeste da Coruña, unha ao
leste do porto de Caión, entre Caldas e Hospital, reperta a 1780, a
1790, servata no soportal do corralón das casas de Baños.
Sobreira
ms. Matrit. 21, 114.
NUMEN
SACRUM
VN…
EX…
IVVEN
LIBENT
EVENDI”.
En
opinión do galego Isidoro Millán, un dos máximos especialistas en
filoloxía latina, malia que a infructuosa búsqueda mermou a
capacidade de análise, non hai lugar a dúbidas de que se trata
dunha inscrición romana (aínda que non se pode precisar a época
pola imposibilidade de estudiar os caracteres tipográficos).
Posiblemente, como o EVENDI parece suxerir, trataríase dun
agradecemento dun viaxeiro ás augas termais do lugar de Caldas;
probablemente NUMEN estea incompleto, faltando a referencia ás
augas termais.
Tendo
en conta que Hubner sacou a información desta inscrición dos
estudios de Cornide, compréndese perfectamente que a elaboración da
parte estudiada do Mapa Corográfico tivo unhas bases científicas
moi sólidas aínda que, iso si, faltaba o exame detido do noso
término municipal.
Grazas
ao traballo de Salvador Parga Pondal, "Viaxe de Alfonso IX por
terras de Bergantiños" (Boletín de la Real Academia Gallega,
tomo XXVII, ano 1956), no que se reconstrúe o percorrido da viaxe
que no verán de 1228 realizou Alfonso IX polas terras de
Bergantiños, sabemos, segundo a información que proporciona Julio
González, que o monarca, despois de chegar a Santiago procedente de
Pontevedra, encamíñase a Treos, logo a Ponteceso, pasando polas
torres de Cereixo, Xaviña, Soesto, Serantes, Torre Penela, Ponte
Libián e polo Mosteiro de Cánduas, para dirixirse máis tarde ás
torres de Goyanes, Lendo (A Laracha) e A Coruña. Xa que logo, ao
sospeitar que este camiño medieval que pasaba por Lendo podía
proporcionar algunha luz sobre a vía romana, que segundo se
desprende do mapa de Fontán seguiría sendo a principal vía de
comunicación que atrevesaba o concello arteixán, houbo que ir á
devandita parroquia.
E
efectivamente, segundo nos conta María Rozamontes en "Arteixo de
onte a hoxe", alí informouse de que o camiño máis antigo que ía
desde a Coruña a Bergantiños pasaba por Lendo, onde a súa igrexa
parroquial, a igrexa do popular elefante, amosa certos indicios de ter existido unha antiga planta
visigótica. Desde esta parroquia da Laracha, o camiño intérnase no
concello de Arteixo polo monte da Estrela, estando enlousado por
algúns tramos, con dirección ao Igrexario de Monteagudo. Ao saír
desta parroquia o camiño vai cara o Igrexario de Santaia (Chamín),
e neste traxecto encontrámonos, outra vez, con grandes trozos
enlousados. O camiño segue polo val de Barrañán, lugares de Vioño
e Sisalde, para subir ao castro de Castelo, na parroquia de Lañas,
continuando polos lugares de Sisto e Baer, para pasar por Figueiroa
antes de cruzar a ponte dos Brozos e a ponte de Oseiro, na
actualidade baixo as augas do encoro do Rexedoiro, e dirixirse
posteriormente á cidade da Coruña previo paso por Oseiro e
Pastoriza.
A
vinculación desta antiga vía co castro de Figueiroa é máis que
evidente e, como dicíamos con anterioridade, aínda queda xente na
aldea que lembra o camiño empedrado que pasaba polo asentamento
castrexo, o cal podemos ver nas imaxes do coñecido como voo
americano,
tomadas nos anos 50 do século pasado
por
seis avións Beechcraft RC-45 con base en Xetafe (Madrid).
Situado
atendendo
ao seu relevo a media ladeira dos montes de A Cabreira,
entre A Pedreira e Figueiroa, na parroquia de Santiago de Arteixo, o
castro de Figueiroa está case totalmente destruido por mor dos
movementos de terras para labradío e das numerosas casas que se
construiron no seu recinto nos últimos tempos. Na actualidade,
presenta
un
aspecto
moi
deteriorado, conservándose
só
a
metade
occidental, na que aínda se aprecia a defensa que vai dende a parte
oeste ata o norte, un parapeto con muralla de pedra cara o exterior
que acada uns 3-4 metros de altura.
De
forma oval e situado a uns 85 metros sobre o nivel do mar, o
asentamento
contaba
cunhas medidas aproximadas duns 150 metros de NL-SO por uns 140
metros de NO-SL e, estaba defendido por unha muralla de terra e
pedras e polo desnivel do terreo que
miraba
cara
á
enseada que forman os areais de Alba e Sabón, nunha posición de
control tanto terrestre
como
marítimo que,
de seguro, dada a importancia comercial
do castro da Punta de Muros, descuberta a raíz das obras do Porto de
Punta Langosteira,
lle permitía aos seus poboadores ser testemuñas da navegación que
había nesta
parte do Oceáno Atlántico naqueles
tempos remotos.
Hoxe,
a mesma xente da
aldea que lembra o camiño empedrado que pasaba polo asentamento
castrexo, tamén
afirma que cando traballaban os terreos do lugar teñen aparecido
restos de cerámica nas súas leiras. Unha destas fontes orais
apunta que...”cando
se facía a matanza do porco, enterrábanse as tripas no castro e, ao
facer os
buratos,
teñen aparecido pedras de muíños e outros
materiais que
despois se lle levaban ao médico de Arteixo porque tiña moita
afección por estas cousas”.
Mais
recentemente, a
finais dos
anos 90 do século pasado,
cando
aínda era
estudante de historia, a arteixá e futura arqueóloga Monica
Borrazás localizou
a cerámica que aparece na fotografía e levouna tanto ao Museo
Arqueolóxico como a Facultade de Historia, onde a vería Pepa Rey
Castiñeira e a tamén arteixá Puri Soto, que daquela estaba de
becaria coa anterior. O
mérito de Mónica Borrazás é
que posteriormente foi ela mesma quen restaurou eses materiais con
Fernando Carrera na Escola de Restauración de Pontevedra, materiais que podedes ver na actualidade no Museo Arqueolóxico do castelo de San Antón da Coruña.
FONTES:
-CARRÉ ALDAO, EUGENIO. Geografía del Reino de Galicia. Provincia de La Coruña. Tomo I. Barcelona, 1928.
-FERREIRA
PRIEGUE, ELISA. Los caminos medievales de Galicia. Anexo 9 do Boletín
Auriense. 1988, Ourense.
-PARDO,
GUILLERMO. La mayoría de los castros del municipio se encuentran
destruidos. La Voz de Galicia, 4 de decembro de 1981.
-ROZAMONTES,
MARÍA. Arteixo de Onte a Hoxe. Concello de Arteixo, 1999.
-TROIANO,
XOSÉ. patrimoniogalego.net
CASTRO DE LAXOBRE
Situado no lugar estratéxico do cume do Monte do Castro, a uns 100 metros sobre o nivel do mar, o castro de Laxobre, tamén coñecido como o castro de Arteixo, atópase nun dos numerosos lugares do municipio arteixán que levan o sufixo -OBRE como Anzobre, Rañobre, Canzobre ou o propio Laxobre.
Cavidade granítica en Laxobre |
De forma circular tendente e ovalado, o castro de Laxobre, que en realidade son dous castros (aínda que o antecastro é común, segundo algúns expertos trátase dun caso non moi típico de castros asociados) ten unha superficie aproximada duns 7.000 metros cadrados cunhas medidas de Noroeste a Surleste duns 83 metros de diámetro por uns 90 metros aproximadamente de Norleste a Suroeste.
Na visita que o amigo Xosé Troiano fixo a Laxobre o día 23 de decembro de 2012, atopou fortuitamente no castro unha meta dun muíño castrexo moi ben conservada, que foi depositada no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón (A Coruña) para que se poida desfrutar dela quen a queira ver.
Na visita que o amigo Xosé Troiano fixo a Laxobre o día 23 de decembro de 2012, atopou fortuitamente no castro unha meta dun muíño castrexo moi ben conservada, que foi depositada no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón (A Coruña) para que se poida desfrutar dela quen a queira ver.
Meta do muíño atopado por Xosé Troiano en Laxobre (patrimoniogalego.net) |
FONTES:
-MONTEAGUDO, LUIS. La religiosidad callaica: estela funeraria
romana de Mazarelas (Oza dos Rios, A Coruña), cultos astrales,
priscilianismo y outeiros. Anuario Brigantino 1996, número 19.
-TROIANO, XOSÉ. patrimoniogalego.net
-TROIANO, XOSÉ. patrimoniogalego.net
CASTRO DA PENOUQUEIRA
Cavidade no castro da Penouqueira |
Situado
a unha altura duns 100 metros sobre o nivel do mar, o castro da
Penouqueira atópase no cumio do monte do mesmo nome que está
enfronte da Casa do Concello, detrás das casas da Baiuca, o lugar
onde se fundara nos anos trinta do século pasado a Sociedade
Recreativa Deportiva Penouqueira que, como ben sabedes, foi o equipo
no que daría as primeiras patadas a unha pelota un tal Arsenio
Iglesias.
O
nome de Penouqueira, que é un derivado de penouco (rocha grande que
sobresae entre as demais, indica ben ás claras a situación
xeográfica escollida polos primitivos poboadores deste asentamento
castrexo, do que sabemos que era de grandes dimensións e que hoxe
está practicamente desaparecido.
As
múltiples alteracións realizadas na contorna durante as décadas
dos setenta e dos oitenta, entre elas a construción de varias
estradas e sendeiros para unha futura urbanización e a edificación
da actualmente abandonada Estación Depuradora de Augas de Arteixo,
levarían por diante boa parte deste gran tesouro do patrimonio
arteixán sobre o que aínda se percibe a existencia dunha croa
irregular cunha terraza inferior ben definida e cuns terrapléns
dunha altura considerable e que abarcan, aproximadamente, 3,5 Ha.
Polo demais non se perciben estructuras defensivas, parapetos ou
foxos e, a pesares de estar moi alterada a zona por mor das
construcións alí realizadas, ten o seu punto interesante para
visitar.
Vistas do estado actual da Estación Depuradora de Augas de Arteixo |
FONTES:
-ROZAMONTES, MARÍA. Arteixo de Onte a Hoxe (Volume III). Concello de Arteixo, 1999.
-TROIANO, XOSÉ. patrimoniogalego.net
PARROQUIA DE CHAMÍN:
PARROQUIA DE LAÑAS:
CASTRO DO PETÓN
PARROQUIA DE LAÑAS:
CASTRO DE CASTELO
As
lendas forman parte importante da riqueza cultural dos pobos, que
teñen nelas un dos tesouros máis valiosos do seu pasado. No
caso de Arteixo, a da galiña dos pitos de ouro probablemente sexa a
máis coñecida do noso acervo literario popular transmitido
oralmente durante séculos. En moitas aldeas onde hai un castro, sá
ou croa, pódese oír, con pequenas variantes, esta lenda que é das
máis correntes do país, mais
nós ímola referir como
aparece recollida no libro Lendas Galegas de Tradición
Oral, da autoría de X.M. González Reboredo, editado por Galaxia
en 1995:
“Na croa (enténdase castro) de Lañas, hai unha morea de penedos entre os que mora dende hai moitísimos anos, tantos que ninguén recorda de que tempos vén, unha galiña que sae ás veces na madrugada coa súa rolada de pitos. Estes pitos son de ouro; pero endexamais ninguén puido pillar un, nin por máis esculcas que se teñen feito se logrou ver onde aniñaban.
A muller que me falou disto e me contou como ela vira o encanto díxome que, cando era nena -uns doce anos tería daquela-, andaban ela e mais a irmá máis nova no monte da Agra co gando. Era pola mañá, entre once e doce. Sentara a carón dun piñeiro e, de súpeto, viu aparecer pola banda do monte da croa (o castro de Lañas) un cabalo grande coma un hórreo. O cabalo era castaño claro, case dourado, moi lindo; e montado nel, un home, altísimo e rexo tamén. Ao ver aquilo, gañou medo, ergueuse e fuxiu. A outra nena tamén fuxiu atrás dela.
“Na croa (enténdase castro) de Lañas, hai unha morea de penedos entre os que mora dende hai moitísimos anos, tantos que ninguén recorda de que tempos vén, unha galiña que sae ás veces na madrugada coa súa rolada de pitos. Estes pitos son de ouro; pero endexamais ninguén puido pillar un, nin por máis esculcas que se teñen feito se logrou ver onde aniñaban.
Como
pode imaxinarse, esta galiña dos pitos de ouro é un encanto. Poida
que sexa a mesma doncela que antes de alborexar o sol nas mañás
bretemosas da primavera sae a peitear os seus cabelos loiros cun
peite de ouro.
Mais
tampouco ninguén puido saber nunca onde se ela agachaba cando alguén
tenta de se achegar a ela.
Pero
outro encanto máis, se non é diferente forma do mesmo encanto, hai
na croa de Lañas. O mouro, o xigante, que é o que garda os tesouros
(que poida que sexa tamén o que ten encantada a doncela ou fada e
mais a galiña dos pitos de ouro, se é que as dúas non son a mesma
cousa).
A muller que me falou disto e me contou como ela vira o encanto díxome que, cando era nena -uns doce anos tería daquela-, andaban ela e mais a irmá máis nova no monte da Agra co gando. Era pola mañá, entre once e doce. Sentara a carón dun piñeiro e, de súpeto, viu aparecer pola banda do monte da croa (o castro de Lañas) un cabalo grande coma un hórreo. O cabalo era castaño claro, case dourado, moi lindo; e montado nel, un home, altísimo e rexo tamén. Ao ver aquilo, gañou medo, ergueuse e fuxiu. A outra nena tamén fuxiu atrás dela.
-Ai,
filla, que ese era o encanto. ¿Que fixeches?- demandoulle a
nai.
-Gañei medo ao ver aquel cabalo e mais aquel home tan grandes, e fuxín.
-Gañei medo ao ver aquel cabalo e mais aquel home tan grandes, e fuxín.
-Pois
perdiches unha grande riqueza e xa endexamais volverás ter outra
ocasión coma ela; mais, por se che cadrar, vouche dicir o que debías
ter feito: se tirase o pano da cabeza e collido por un dos bicos o
estendese no aire por diante do home, ou por riba do cabalo, e
dixese: "Dáme da túa riqueza e eu dareiche da miña pobreza",
aquel cabalo viraba de ouro e todo era para ti...
Mais
eu non sabía aquilo, e o encanto foise cara ao castro de Elviña. E
non o vin máis na miña vida.”
A lenda da galiña dos pitos de ouro tamén aparece na obra do escritor arteixán Antón Castro (Lañas, 1959), un autor que de cativo pasou moitas horas xogando cos seus amigos a indios e a vaqueiros "con pistolas de pau de loureiro" na croa do castro de Lañas, lugar sobre o que deixa numerosas pinceladas nas viaxes á súa infancia coas que nos deleita nas súas publicacións.
Deixando a un lado as lendas e a literatura, hai que decir que o castro de Castelo, tamén denominado do Galo, ao igual que o existente en Castelo na parroquia de Sorrizo (é de notar a coincidencia no nome), conta cunha estratéxica e óptima posición para controlar perfectamente o val de Barrañán desde o seu cume.
A lenda da galiña dos pitos de ouro tamén aparece na obra do escritor arteixán Antón Castro (Lañas, 1959), un autor que de cativo pasou moitas horas xogando cos seus amigos a indios e a vaqueiros "con pistolas de pau de loureiro" na croa do castro de Lañas, lugar sobre o que deixa numerosas pinceladas nas viaxes á súa infancia coas que nos deleita nas súas publicacións.
Deixando a un lado as lendas e a literatura, hai que decir que o castro de Castelo, tamén denominado do Galo, ao igual que o existente en Castelo na parroquia de Sorrizo (é de notar a coincidencia no nome), conta cunha estratéxica e óptima posición para controlar perfectamente o val de Barrañán desde o seu cume.
O castro de Castelo visto desde Anzobre |
No centro do castro destaca un enorme conglomerado granítico, que foi utilizado para a obtención dos materiais precisos para a construcción das dúas barreiras defensivas coas que conta. É de destacar que no antecastro aínda se conserva unha sepultura dolménica ou «mámoa», doadamente visible a grandes distancias.
FONTES:
-GONZÁLEZ
REBOREDO, X.M. Lendas Galegas de Tradición Oral.Galaxia,
1995.
-PARDO, GUILLERMO. La mayoría de los castros del municipio se encuentran destruidos. La Voz de Galicia, 4 de decembro de 1981.
-TROIANO, XOSÉ. patrimoniogalego.net
PARROQUIA DE LARÍN:
CASTRO DE MIRÓN
Castro de Mirón (patrimoniogalego.net) |
Situado
a unha altura de 282 metros
de altura sobre o nivel do mar, o
castro de Mirón tiña, no
seu día, planta ovalada mais
as posteriores
edificacións realizadas no
lugar e os
movementos de terras para as
fincas, destruíron a maior
parte do xacemento.
Na
actualidade tan só se
conserva aproximadamente
a súa
metade, cunha parte
circular que
ten uns 75 metros de diámetro e
que ocupa uns 4.500 metros
cadrados de superficie. O
asentamento tamén mantén
o parapeto que vai de sur, oeste e norte duns tres ou catro metros de
alto pola cara exterior e dun metro ou menos pola cara interior. Pola
zona
norte e noroeste conserva o foxo, que
é máis apreciable
no norte chegando a ter un metro de fondo. Nesta parte norte hai un
terreo que foi agrandado e achandado ata ó leste e, segundo os
veciños do lugar,
alí atopáronse diversos achados arqueolóxicos
sen especificar. Polo lado leste, onde facía o óvalo, é onde están
as vivendas e leiras nas que
por mor dos
movementos de terras para as edificacións, xa non se aprecian
indicios
defensivos nesta parte.
Castro de Mirón |
Nunha
reportaxe publicada en El
Ideal Gallego en maio de
1980 baixo o título de
Restos arqueológicos en
el Castro de Larín, o
xornal herculino entrevistaba a Manuel Caamaño Gesto, naquela hora
mestre do Departamento de
Arqueoloxía da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de
Compostela, que se achegara ata Arteixo para emitir un diagnóstico
sobre os vestixios arqueolóxicos que levara por diante unha máquina
excavadora tralo devandito
movemento de terras para a
construción de vivendas.
Segundo a versión de Caamaño... “
neste lugar houbo un castro. Isto dedúcese dos toponímicos e as
clásicas lendas sobre as vigas de ouro, plata e veneno que poden
estar enterradas neste lugar. En
canto ás grandes pedras, as cerámicas vidriadas, incluso o anaco de
fibela de bronce que presenta un escudo gravado, coido que pertencen
á Baixa Idade Media. É probable que sobre os restos dun castro
celta se levantara aquí unha construcción de tipo militar, unha
torre vixía. Se cadra na Geografía del Reino de Galicia de Carreras
Candin haxa referencia sobre este lugar”.
O arqueólogo tamén apuntaba na
entrevista que ...”viñen
a Larín coa idea de facer algunha foto interesante e o único que
puiden fotografiar foi unha montaña de pedras de gran tamaño
extraídas da terra e a destrucción do xacemento. Tamén recoñecín
os materiais, anacos de utensilios de barro, cerámica vidriada con
decoración floral que, probablemente, pode pertencer á Idade Media,
así como outros pequenos anacos de cerámica que
seguramente son da mesma época”.
Segundo
as informacións do Ideal, algúns daqueles vestixios, dúas pedras
redondas por un lado e planas
polo outro que tiñan unhas letras ou debuxos que
semellaban unha W, foron
roubados
ao pouco de ser descubertos.
Das outras, as que si puido ver
in situ o arqueológo da
Universidade de Compostela,
unha delas
tiña forma case triangular, medía un metro de longo e era máis que
probable que pertencera ao dintel dunha porta. Boa
parte das restantes
pedras
eran redondas, mais había algunha con claros indicios de ser
traballadas polos canteiros.
El Ideal Gallego, 20 de maio de 1980 |
Precisamente,
sobre esta relación entre Anzobre e Mirón, o escritor Héitor
Picallo apunta nun dos seus traballos que ambos
lugares lugares
formaban
parte do mesmo Señorío
e tamén nos dí que...
”Temos
constancia, igualmente,
que tanto Cillobre (na Laracha) como
Mirón, conformáronse, antigamente, como dúas importantes
fortalezas medievais,
e que nas décadas nas que se prolongaron as prelaturas dos mitrados
da estirpe dos Fonseca xacían derrocadas e desfeitas a raíz dos
acontecementos acaecidos, décadas atrás, cando o levantamento
irmandiño”. Así,
pois, queda demostrado que sobre os restos do castro de Mirón
levantouse unha fortaleza militar, algo que xa intuía o arqueólogo
Manuel Caamaño Gesto cando visitou o xacemento en maio de 1980.
FONTES:
-PARDO, GUILLERMO. La mayoría de los castros del municipio se encuentran destruidos. La Voz de Galicia, 4 de decembro de 1981.
-PICALLO
FUENTES, HEITOR. Maíndo (A Estrada-Pontevedra): Espacio
Xeográfico, humano e histórico na ascendencia do Condado de Ximonde
II. A Estrada, Miscelánea Histórica E Cultural, 6 (2003).
-TROIANO, XOSÉ. patrimoniogalego.netCASTRO DE VIGO
Castro de Vigo |
Se
visitamos o Vigo arteixán e collemos o camiño que nos leva ata o
cemiterio de Larín, pouco despois de deixar atrás o camposanto
parroquial atopamos unha gran pendente e, uns metros máis adiante,
na marxe esquerda, temos varios terreos de cultivo. Pois ben,
xustamente aí é donde está o castro de Vigo, ou máis ben o poco
que queda del.
Fosa do Igrexario (patrimoniogalego.net) |
Situado
nun enclave orográfico de forma elíptica, o asentamento está
totalmente arrasado e, na actualidade, presenta unha serie de
socalcos agrícolas que ben poderían responder ás primitivas
defensas. Os traballos do agro tamén alteraron a zona da coroa, onde
non se observan materiais.
O
que si é de destacar son as fosas e a gabia que aparecen nas imaxes
e que, tralo inicio das obras para a construción dunha vivenda
unifamiliar no lugar do Igrexario de Larín, é dicir, a poucos
metros do castro de Vigo, foron descubertas durante un control
arqueolóxico que se realizou no ano 2008 baixo a dirección da
arqueóloga arteixá Monica Montero Borrazás e con Purificación
Soto Arias no equipo técnico. Polo que nos contan en
patrimoniogalego.net, as fosas foron identificadas como Fosa Leste, a
máis pequena, que contiña sedimento e algún anaco cerámico e a
fosa Oeste, unha cavidade dobre na que unha parte estaba
completamente rechea con numerosos fragmentos de cerámica indíxena
castrexa (decorados e lisos) e un fragmento de ánfora, ademais de
gran cantidade de carbóns. Ao seu carón outra fosa máis pequena
completamente chea de pedras de gra. A gabia con sección en V separa
ambas fosas (E e W) e nela atopouse os restos dun tronco carbonizado
e restos de tégula e tellas.
Xacemento arqueolóxico do Igrexario de Larín (patrimoniogalego.net) |
FONTES:
-SOLPOR. patrimoniogalego.net
-ROZAMONTES, MARÍA. Arteixo de Onte a Hoxe (Volume III). Concello de Arteixo, 1999.
PARROQUIA DE LOUREDA:
PARROQUIA DE MONTEAGUDO:
PARROQUIA DE MORÁS:
PARROQUIA DE OSEIRO:
CASTRO DE GALÁN
CASTRO DE RAÑOBRE
PARROQUIA DE PASTORIZA:
CASTRO DE PASTORIZA
CASTRO DA ROCHEIRA
O COTO DE SANTA LOCAIA
Hai
uns días tiven a sorte de acompañar a Marisa e a Jesús Roibal,
irmáns do lugar de Mins nados en 1935 e 1940, e a varios membros
máis da súa familia (Suso, Pablo, Silvia, Waldo, Yessica e Sofía),
nunha excursión realizada polos montes da Rocheira, na parroquia de
Loureda, a onde segundo manifestaron non subían dende había máis
de corenta anos.
Comezamos
o percorrido polas Pedras Anchas, zona situada a uns 100-125 metros
sobre o nivel do mar que
presenta uns grandes afloramentos rochosos dignos de ver,
algúns con sinais de ser empregados no pasado como canteira.
No
camiño cara o cume deste lugar, Marisa e Jesús lembraron algúns
contos da súa infancia e os nomes de algunhas pedras… “por
alí estaba a Pedra da Misa; esta é a Pedra do Loureiro e
aquela a Pedra da Reina. Esa é a Pedra do Rastro;
chamabamoslle así porque nos arrastrabamos por ela… daquela
non había tobogáns”.
Unha
vez que alcanzamos o bico das Pedras Anchas, Marisa non daba crédito
do que os seus ollos contemplaban. Facendo mención dun par de fotos
que nos cedeu amablemente, tomadas no mesmo lugar no ano 1975 e nas
que apenas se ve vexetación, comentou con certa pena que o lugar xa
non se parecía en nada ao da súa infancia e xuventude. Jesús,
atónito coma súa irmá en todo momento polo cambio producido na
contorna nas últimas catro décadas por mor dos eucaliptos,
recordaba que… “antes aquí era todo piñeiros e podíase ver
o mar”.
Cerca
da “Pedra do Rastro” os dous irmáns ensináronnos ao resto de
excursionistas o chamado “Pé do demo”, unha formación natural
na rocha que ten certa similitude no aspecto e nas crenzas populares
coa chamada “Pegada dos xentís” existente no castro de Montes
Claros, na Laracha. Marisa e Jesús tamén afirmaron que nas Pedras
Anchas había o “Pé de Deus” mais, despois de botar unha ollada
pola zona durante uns minutos, ningún dos dous foi quen de dar con
el.
A
memoria destos dous veciños de Mins aínda conserva varias lendas
que escoitaban cando eran nenos, lendas que compartiron con nós nun
descanso que fixemos nunha sombra de Pedras Anchas para coller
alento. Unha delas fala dunha viga de ouro… “na que rozaban os
carros de bois pero non houbo ningún enxeñeiro que fora capaz de
quitala porque lle tiñan medo ao rozar nela”, lembraba
Marisa. Outra das lendas que mencionaron os irmáns Roibal é a da
“fonte encantada”, que estaba na parte baixa do Monte da Cancela,
próximo a Santa Locaia. “Alí meus pais tiñan uns terreos que
lle chamaban A tenza de Fóra na que plantaban pinos e centeo. Verán
e inverno había sempre auga… ata que viñeron as plantacións de
eucaliptos e acabaron co manancial onde manaba a auga, que disque era
por donde saía a galiña dos pitos de ouro”, recordaba Jesús.
Quen
escribe sabía da existencia da lenda da galiña dos pitos de ouro de
Lañas, a mesma que de cando en vez se deixaba ver polo Monte de
Angra… ou iso din, claro. Mais nunca tal oíra desta “nova”
galiña da parroquia de Loureda. De xeito anecdótico Pablo, sobriño
de Marisa e Jesús, comentou que… “cando era moi
neno viñen aquí ao monte e vin unha quica. Os vellos
tiñan razón cos seus contos, pensaba eu! E oes…
durante toda a miña infancia aquela quica
para min foi a galiña dos pitos de ouro”.
Para regresar ao punto de partida da excursión, decidimos baixar polo
camiño que vén dende Allán e que empalma cunha pista que conduce a
Larín, o que antano era o chamado Camiño da Feira. No percorrido
pregunteilles aos Roibal se sabían ou recordaban algo do castro que
hai na Rocheira. Jesús, sorprendido que alí houbera tal cousa, non
deixou indiferente a ninguén coa súa resposta: “Claro, agora
entendo. Eses terreos nos que dis que hai un castro sempre se lle
chamaron Os Castrelos… mira ti porque era! Cara o outro
lado o monte chámase A Presa.”
Roberto
Castro, libreiro
e pintor que tivo
a ben agasallarme
cunha fabulación da zona de Santa Locaia e da Rocheira, foi a
primeira persoa que me falou deste asentamento castrexo. Recoméndovos
encarecidamente
que pasedes
algún
día polo seu negocio, a Libraría Sisargas (rúa San Roque 7, A
Coruña) porque,
nada mais entrar, de
seguro que faredes
unha
alucinante viaxe no tempo coas mil e unha historias que garda na súa
memoria!
Pouco
tempo despois de que Roberto Castro me puxera
en coñecemento do
asentamento da Rocheira, tiven a sorte de coñecer a
Puri
Soto e a
Ana Corredoira, arqueólogas
arteixás ás que actualmente me une unha grande amistade. Cando
realizaba
un traballo
para a universidade,
Ana
deuse
conta
de que na
Rocheira había un castro sen
catalogar. Viuno
con Puri Soto a
través do
sombreado do Lidar, un
programa no
que se poden consultar diferentes formatos do territorio grazas
ao cal distinguiron
claramente
un parapeto e
a
croa do
recinto
anexo, recinto
que
visitei por primeira vez no verán do 2018 na compaña de Puri Soto
mais,
por mor da vexetación
existente, pouco
poidemos apreciar. O castro está, a simple vista, bastante
deteriorado cunha multitude de árbores como o eucalipto que non lle
fan nada ben a este tipo de xacementos. Pola
parte SO transcorre o circuito de mountain
bike que
baixa dende Santa Locaia e, polo resto do recinto, intuése
a
caída natural do terreo como
a
súa defensa.
Marisa
Roibal non quixo perder a oportunidade de coñecer este tesouriño da
súa parroquia e, cos seus 85 anos e malia a dificultade dos accesos,
foi a primeira persoa
que se apuntou
para adentrarse no castro da Rocheira, o cal, tralas
oportunas informacións de seu irmán Jesús, estimamos que
debería denominarse na súa catalogación como Castrelos.
A
excursión chegou ao seu fin na Fonte do Val, onde un é
consciente do forte desnivel natural
que protexe o castro, desnivel
que
cae cara A Rocheira e cara o regato que leva as súas augas ao
lavadoiro e á devandita fonte
que
aínda mantén a simboloxía franquista.
Non
moi lonxe deste lugar, o arqueólogo Luís Monteagudo localizou nos
anos 40 do século pasado unha pedra de cuarcita, con aspecto de ser
tallada e retocada pola man humana, coa técnica que na literatura
especializada se
denomina
clactoniense,
termo acuñado ao ser estudada por vez primeira no xacemento
británico de Clacton-on-Sea.
Monteagudo
daría a coñecer o seu descubremento na revista Cuadernos
de Estudios Gallegos
do
ano
1947, onde
nos conta que... “Hace
tres o cuatro años, con motivo de una buena caminata dominguera que
realizamos por Ujes, Loureda, Monte de Santa Leocadia, Boedo y Bregua
tuve la fortuna de hallar la piedra objeto del presente estudio (…)
Fué
hallada la lasca en el lugar de Rocheira (Loureda), en superficie, en
el camino de carro (corredoira) que atraviesa el riachuelo de Arteixo
y en su margen izquierda, entre la carretera de Arteixo y Celas de
Peiro y dicho arroyo. El sitio está enclavado en la base del
profundo valle de Loureda, al pie del monte de Santa Leocadia; el
camino de referencia está casi todo el año encharcado y abunda en
guijarros y gravas de cuarzo y cuarcitas que descienden de las
montañas próximas y son transportadas por el río en las violentas
y frecuentes avenidas invernales”.
No
seu amplo informe, ao que titula “Probable hacha clactoniense de
Arteijo (Coruña)”, o popular arqueólogo describía o Val de
Loureda dicindo que… “La
zona de Loureda, por algunos sitios, es un típico valle en U, que
nos atreveríamos a considerar de origen glaciar si no estuviera tan
sólo a 30 m. sobre el nivel del mar aproximadamente y muy próximo a
éste. Dada la altura de las montañas que bordean el valle,
probablemente es éste de formación miocénica, por ser el Mioceno
el período que produjo en Galicia las “montañas jóvenes”. Los
plegamientos que ocasionaron el valle no tuvieron, sin embargo, la
potencia necesaria para darle suficiente profundidad para que el mar
estuviese actualmente introducido por él, aunque un detenido estudio
de los estratos geológicos de aquella zona quizá nos probara la
existencia de playas altas propias de las épocas interglaciares
cuaternarias en que el mar alcanzaba un nivel de 90 m. más altos que
en las épocas glaciares. La típica pátina de playa que posee
nuestra pieza acaso sea debida a este fenómeno, a pesar de estar el
sitio del hallazgo internado a 5,5 km. de la playa de Sabón, la más
cercana”.
Pedra de cuarcita localizada por Luís Monteagudo no lugar da Rocheira (Probable hacha clactoniense de Arteijo (Coruña), Cuadernos de Estudios Gallegos, Fascículo VII, páx. 334. Luís Monteagudo, 1947) |
Tras
unha exhaustiva descrición da machada en cuestión, Luís Monteagudo
remata o seu informe do seguinte xeito:
“(…)
creemos poder inferir que nuestra lasca pertenece a una época de
clima fresco, contemporáneo de alguna glaciación en las altas
cordilleras españolas y del centro y N. de Europa, y, dado la
magnitud y espesor de la misma, así como su profunda pátina y
fuerte retoque en arista muy saliente, nos es posible afinar, siempre
dentro de lo hipotético, incluyéndola dentro de los comienzos del
Clactoniense I de Breuil, contemporáneo del Abbevilliense y
encuadrado en el interglaciar milazziense (Günz-Mindel), en cuyos
comienzos, sin embargo, todavía se reflejaría el clima frío y seco
propio de la segunda mitad de toda glaciación.
Por
falta absoluta de hallazgos de esta industria en Galicia no podemos
por ahora establecer relaciones próximas. El Clactoniense aparece en
la playa siciliense del Marruecos francés, en los valles del Sena,
Támesis, Alto Garona, la Riviéra, valle del Ródano (Curzon) y
Prusia.
El
tan traido y llevado Asturiense de Camposancos (La Guardia, Tuy),
modernamente llamado Camposanquiense o Ancoriense, que según algunos
prehistoriadores es atribuíble a períodos contemporáneos y
posteriores al Asturiense típico e incluso a la cultura de los
castros, se ha demostrado que representa una cultura que se remonta
al Acheulense antiguo en sus orígenes (cantos rodados truncados o en
forma de raspador o raedera) y a través del Acheulense medio y
moderno tiene su apogeo en el período llamado Camposanquiense (el
Languedociense de Francia, anterior a la glaciación Würmiense) y
alcanza su carácter definitivo en el “optimum” postglaciar
(Asturiense típico de la provincia de Oviedo).
Pero
desgraciadamente la técnica de la la lasca que estudiamos nada tiene
que ver con la de los cantos rodados del Miño y costa septentrional
portuguesa, y, por otra
parte, es muy probable que nuestra pieza corresponda a un estadio
cultural y geológico algo anterior al de los cantos trabajados del
Acheulense antiguo. Por ello finalizamos este ligero estudio con un
llamamiento a los geólogos y prehistoriadores gallegos a fin de que
con sus estudios podamos comenzar a vislumbrar el misterio de las más
remotas culturas gallegas, de los únicos tiempos, créase o no, en
que el hombre pudo ser feliz por tener a mano todos los medios con
que satisfacer sus necesidades y aspiraciones.
Desde
luego no debe continuar por más tiempo, siendo, se puede decir, un
vacío el Paleolítico de Galicia, precisamente la región de las
ancianas y encorvadas montañas, la primera que, allá por la
Secundaria emergió solemne de la profundidad del Océano, para, en
el transcurso de millones de años, convertirse, por mano de Dios, en
su obra maestra de estética geológica”.
Sen
o menor ánimo de poñer en dúbida a correcta clasificación da peza
e a súa atribución ao paleolítico inferior, non deixa de ser certo
que un gran non fai graneiro e que poucas son as conclusións
que deste achado descontextualizado podemos extraer.
Obviamente, as
condicións ambientais de aquela época non eran as
mesmas que na actualidade. Durante o paleolítico houbo varios
períodos fríos, seguidos doutros (fases interglaciares)
caracterizados por un clima temperado. No transcurso dos períodos
fríos os glaciares ocupaban unha parte importante do territorio. A
totalidade das serras orientais e meridionais (Os Ancares, O Courel,
O Eixe, Queixa, Xurés), así como as centrais (Xistral, Faro de
Chantada, Faro de Avión), posuían neves perpetuas nas súas partes
máis elevadas (por riba dos 700 m) e que, como consecuencia das
diferentes fases climáticas que sufriu o paleolítico, producíronse
grandes cambios na vexetación, no relevo e na liña costeira, que
darían pé a que os grupos humanos se tiveran que adaptar a eses
diferentes medios naturais, moi distintos ao presente.
O
home paleolítico caracterízase polo seu nomadismo, debido a que
necesitaba dunha certa mobilidade para abastecerse de alimento e
materia prima, motivo polo cal os seus campamentos eran provisionais
ou estacionais. Por iso, a machada que atopou Luís Monteagudo na
Rocheira en 1947, probablemente pertencera a algunha pequena banda
recolectora e cazadora que practicaba a depredación dos recursos
naturais pola zona que hoxe ocupa o municipio arteixán.
FONTES:
-Bello,
José María. La Coruña antes de Roma. Vía
Láctea Editorial, 1994.
-Carballo, Arceo, Xulio. Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Trea, 2005.
-Carballo, Arceo, Xulio. Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Trea, 2005.
-Monteagudo,
Luís. Probable hacha clactoniense de Arteijo (Coruña). Cuadernos
de Estudios Gallegos (Fascículo VII), 1947.
-Naveiro
López, Juan L. El golfo ártabro. Asociación
de Amigos do Museo Arqueolóxico, 1994.
O COTO DE SANTA LOCAIA
Santa
Locaia é un núcleo de poboación da parroquia de Loureda onde,
ao parecer, había unha capela nuns eidos que hoxe en día se chaman
A Ermida. As orixes do lugar nacen do culto relixioso á santa do
mesmo nome, o cal procede do latín Leocadia,
e este do grego Leukadia
“a branca, a resplandecente”. Segundo a lenda, Santa Locaia era
de Toledo e, por mor de negarse
a
renunciar ás
súas crenzas cristiáns, foi perseguida e martirizada.
Vista dende o Coto de Santa Locaia |
Mais
o
crego
Ismael
Velo Pensado tamén
apunta a
posibilidade de
que
a existencia de parroquias nas que a patrona tanto
pode ser Santa Locaia, Santa Baia ou San Paio, todas de devoción
mozárabe, ven
dada polos
cristiáns que
foron
perseguidos en territorio de dominación islámica e
que, tras
emigrarar
cara o norte, acabarían
repoboando
a costa cantábrica.
Fora dun xeito ou doutro, o certo é que o
culto desta santa, que celebra a súa festividade o 9 de decembro,
deixou a súa pegada na toponimia galega nos concellos de Lugo e
Sober (Lugo), Ponteareas (Pontevedra) e Taboedela (Ourense), ademais
do de Arteixo e da outra Santa Locaia que tamén hai no Monte da
Espenuca, en
Coirós.
Moi
pertiño da
Santa Locaia arteixá
había outra igrexa, a de Santa Baia de Carollo, actualmente
tamén desaparecida e que seica estaba situada entre Orro e Ledoño, ao carón dos terreos que hoxe ocupa o polígono loxístico. Non esquezamos que Ordoño II devolvera no 915 á
sé de Iria unha serie de decanías
que os bispos de Tui e Lamego recibiran para a súa subsistencia
mentres durase a ocupación musulmán. Entre as decanías que tiña
Tui, devoltas a Compostela, está a de Faro, na que se atoparía
tanto Santa Locaia como Santa Baia de Carollo.
Xa
cara
mediados
do
século XVI,
Santa
Locaia aparece nun
dos
documentos
municipais
contidos
no
libro de asentos da confraría
de Todos Os
Santos, que
foi
escrito tras unha serie de ordenanzas
e
estatutos que realizaran
os veciños
da Coruña:
“Conoscida
cousa seja a todos los homes así os/ que son presentes como a os que
an de benir, que/ nestes coutos e estes términos que aquí
escri/bimos por a virtude (?) e por nombramento de no/sa billa da
Cruña son escritos e nomeados,/ conben a saber: para
la area de Barranao (Barrañán) e para lo outeiro de Preguín e para
cimas de Cumiñas (Lañas ?) e para cima de Sancta Locaia e desende
para las/ Erbedeyras (Erbedíns?)
e para lo
Castelo de Miranda e para monte de Jallo (Xalo)
como departe entre Paleo e Cabanton (Sarandóns?)
e desende a
o río de Band[e]bó e desende entranbos Vigos como departe entre
Lángura e Querendes e como departe sobre la haspera dalen de Lubre
et desende como fez en Sanda. Todo aquesto quanto Noso Señor el rrey
Don Afonso e nestes términos de suso escritos todo o dou e otorgou a
nosa vila da Cruña. Dentro e nestes términos mandamos que nen hun
veçino non sea ousado de matar outro bezino nen omezian no mate, seu
ymigo dentre e nestes coutos e vecinos foren”.
Imaxe do Coto de Santa Locaia |
Sobre
estas alturas, a uns 370 metros sobre o nivel do mar, pódese
entender o que debía significar para aqueles homes a
posición estratéxica do asentamento de Santa Locaia, coñecido
tamén coma o Coto,
un
emprazamento privilexiado que
controlaba
todo o val de Loureda e
boa
parte do resto
da bisbarra e
das
terras de Farum
Brigantium que na actualidade coñecemos como Torre de Hércules.
Trátase
dun lugar realmente máxico, dun resalte rochoso que convida a viaxar no tempo e a pensar nas ceremonias e ofrendas que, de seguro, fixeron alí os nosos antepasados con aquel xeito de comunicación entre o humano e o divino que había na antiguedade.
De forma circular, dispón de boas defensas naturais e presenta uns aterrazados ou explanacións artificiais entre os distintos afloramentos. No mundo da investigación arqueolóxica hai quen apunta a que neste asentamento puido existir un castro dos de fase antiga, como nos indica nunha das súas publicacións o arqueólogo santiagués César Parcero. Tamén hai quen se inclina polo feito de que Santa Locaia fora unha atalaia medieval, idea que defendía Luís Monteagudo mais, salvo algún anaco de tella vella, poucos datos hai das pegadas dos alicerces de cantería que alimenten a teoría do ilustre arqueólogo.
Sexa como fora, o caso é que, a día de hoxe, este mirador natural
que é
o
coto
de Santa Locaia, está moi
alterado
e
desvirtuado
pola instalación dunha antena na súa cota superior e o acceso a
ela. Mais,
con todo, segue
a ser un lugar cun encanto especial
no
que podemos
estar en contacto co pasado, cos tempos da vella igrexa hoxe
desaparecida e dos tempos do máis que probable
asentamento castrexo, tempos
que cada ano lembran un grupo de persoas que se chaman a si mesmos
“druidas” e que acuden a Santa Locaia no Día de Defuntos a celebrar a
comuñón cos espíritus dos mortos que, especialmente
nas datas do 31
de outubro ao
1 de novembro teñen, segundo a antiga festividade celta,
autorización
para camiñar entre os vivos.
De forma circular, dispón de boas defensas naturais e presenta uns aterrazados ou explanacións artificiais entre os distintos afloramentos. No mundo da investigación arqueolóxica hai quen apunta a que neste asentamento puido existir un castro dos de fase antiga, como nos indica nunha das súas publicacións o arqueólogo santiagués César Parcero. Tamén hai quen se inclina polo feito de que Santa Locaia fora unha atalaia medieval, idea que defendía Luís Monteagudo mais, salvo algún anaco de tella vella, poucos datos hai das pegadas dos alicerces de cantería que alimenten a teoría do ilustre arqueólogo.
Terreos nos que supostamente estivo asentada a antiga igrexa de Santa Locaia (www.celtiberia.net) |
FONTES:
-celtiberia.net
-DAVIÑA
SÁINZ, SANTIAGO. Los
primeros fueros de La Coruña. Nalgures.
Tomo I. Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia,
2004.
-ROZAMONTES
VÁZQUEZ, MARÍA. Arteixo
de onte a Hoxe III.
Concello de Arteixo, 2007.
-VELO
PENSADO, ISMAEL. La
Coruña en el camino de peregrinos a Santiago.
La Coruña : Archivo de la Colegiata, 1996, pp. 73-74.
PARROQUIA DE MONTEAGUDO:
CASTRO DE FREÓN
PARROQUIA DE MORÁS:
CASTRO DE CANZOBRE
Canzobre
é o nucleo de poboación que está situado máis ao sur da parroquia
de Morás, nunha valgada que se estende ao longo do regato de Morás
e que está rodeado polos Montes dos Guizos, de Bouzarillo, Os
Fechoncos, A Pedra Rubia, O Coto do Lobo e O Coto dos Corvos. A aldea
conta cun dos numerosos asentamentos castrexos que hai en Arteixo, o
castro de Canzobre, coñecido tamén pola denominación de “O
Torreo” ou “O Castro”.
Trátase,
xunto con Anzobre, Laxobre, Rañobre e un perdido Lañobre recollido
por Moralejo, dun dos topónimos do municipio que levan o sufixo
-OBRE na súa denominación, unha terminación sobre a que o
arqueólogo Luís Monteagudo apunta a idea de que se cadra procede do
indoeuropeo -VERIS (altura) ao constatar que case todos os primeiros
elementos destos topónimos son xentilicios ou cognomina romanos. O
popular arqueólogo tamén nos di que… " en consecuencia, y
descartando por varias causas la interpretación como "altura
fortificada" (=castro), creemos posible que esta "altura"
de los topónimos en -bre signifique outeiro (altar) que en general
aprovechaba los peñascos de las alturas, y además constituía el
núcleo de una institución socio-religiosa que, evolucionando, llegó
casi hasta nuestros días”.
Vista do Castro de Canzobre (patrimoniogalego.net) |
Outros
autores consideran que o sufixo -BRE derivaría de -BRIX e indicaría
en orixe un poboamento en altura. Simplemente observando o modelo de
elevacións da nosa bisbarra compróbase que, efectivamente, os
topónimos en BRE e afíns atópanse en xeral (aínda que non en
todos os casos) en zonas relativamente elevadas, non moi pronunciadas
xa que o noso relevo é relativamente suave, mais si ocupan lugares
altos con boa visibilidade.
A
hipótese de poboados en altura do erudito coruñés Menéndez Pidal
non foi aínda refutada nin demostrada, mais si que ten o mérito
indiscutible de chamar a atención destes topónimos concentrados en
territorio do Portus Magnus Artabrorum, ou Golfo Ártabro, como sinal
de territorialidade ou de indentidade do pobo dos ártabros. Esta
tese poderíase demostrar cunha axeitada investigación arqueolóxica
sistemática sobre una selección de castros da comarca onde Arteixo,
segundo sostén a miña prezada amiga e arqueóloga Puri Soto, xoga
un papel preponderante!
Tamén
resulta de notable interese a información do historiador José
Carlos Sánchez Pardo quen, na súa tese de doutoramento, dinos que…
“el análisis de la potencialidad productiva del entorno de
estos lugares con toponimia en “bre” indica que se ubican en
zonas con buena capacidad agrícola, si bien se trata de valores
similares a los obtenidos por otro tipo de entidades de poblamiento
histórico, pues ya hemos señalado que el territorio de Nendos se
caracteriza por una óptima capacidad productiva media del terreno.
De todos modos, al estudiar más detalladamente la productividad del
entorno de estos topónimos y compararla con la obtenida para la
generalidad de los castros de Nendos, observamos un fenómeno similar
al mostrado por los castros cuyo emplazamiento presenta continuidad
ocupacional entre los siglos I y XIII. Las aldeas con topónimos en
“bre” se sitúan en zonas con un índice ligeramente mayor de
tierras de alta capacidad productiva (prime land) que la media de los
castros, aunque en cambio pierden accesibilidad a tierras de uso
extensivo”.
O
xacemento está emprazado na parte baixa da ladeira do monte que polo
norte domina Canzobre, a uns 163 metros sobre o nivel do mar.
Presenta un recinto de forma ovalada, cunhas medidas de Norte-Sur de
130 metros de lonxitude por 95 metros de Leste-Oeste que acadarían
unha superficie duns 9800 metros cadrados. A simple vista xa non se
perciben restos de edificacións. Conserva foxo e dobre parapeto no
Oeste/NO, no que poderíamos definir como o “collado” ou o acceso
dende o Oeste, moi clariño se non hai árbores.
As construccións realizadas nos terreos do castro levarían por diante, ao longo dos anos, boa parte da zona sur do sistema defensivo por mor das edificacións para o gando e labores agrícolas que alí se levantaron. Tamén foi alterado o cume, onde se construiu unha pequena edificación de bloques de cemento con tellado de uralita cara ó Oeste e, unha pequena instalación para soporte dunha antena de televisión na parte Leste.
As construccións realizadas nos terreos do castro levarían por diante, ao longo dos anos, boa parte da zona sur do sistema defensivo por mor das edificacións para o gando e labores agrícolas que alí se levantaron. Tamén foi alterado o cume, onde se construiu unha pequena edificación de bloques de cemento con tellado de uralita cara ó Oeste e, unha pequena instalación para soporte dunha antena de televisión na parte Leste.
FONTES:
-MONTEAGUDO,
LUÍS. La religiosidad callaica: estela funeraria romana de
Mazarelas
(Oza dos Rios, A Coruña), cultos astrales, priscilianismo y
outeiros.
Anuario
Brigantino 1996, número 19.
-PARDO,
GUILLERMO. La mayoría de los castros del municipio se encuentran
destruidos. La Voz de Galicia, 4 de decembro de 1981.
-ROZAMONTES
VÁZQUEZ, MARÍA. Arteixo de onte a hoxe II. Concello de
Arteixo, 2003.
-SÁNCHEZ
PARDO, JOSÉ CARLOS. Territorio y poblamiento en Galicia entre la
antigüedad y la Plena Edad Media”. Tesis Doctoral.
Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e
Intercambio Científico, 2008.
-TROIANO,
XOSÉ. patrimoniogalego.net
CASTRO DE FREÁN
CASTRO DE SANTA ICÍA
PARROQUIA DE OSEIRO:
CASTRO DE GALÁN
CASTRO DE RAÑOBRE
Son
varias as hipóteses en torno á denominación desta
aldea da
parroquia de Oseiro.
Para Ramón Menéndez Pidal, Rañobre puido ser propiedade dun tal
Ranius, mais o
historiador
tamén admitía a probabilidade de que o nome do lugar poidera estar
asociado cos topónimos Rañal, Rañeiras ou
Raña, de quen o Diccionario Galego-Castelán de Leandro Carré
dinos, nunha das numerosas acepcións da súa octava edición
(1984), que o substantivo raña pode ser “terreno
alto y de monte pobre”.
Rañobre
é,
xunto con Anzobre, Laxobre e Canzobre,
un dos catro topónimos do municipio que levan o sufixo "-obre"
na
súa denominación, unha terminación sobre a que o arqueólogo Luís
Monteagudo apunta a idea de que se cadra procede do antigo europeo
-veris
(altura), mentres que case todos os primeiros elementos destos topónimos
son xentilicios ou cognomina
romanos. O popular arqueólogo tamén nos di que..."
en consecuencia, y descartando por varias causas la interpretación
como "altura fortificada" (=castro), creemos posible que
esta "altura" de los topónimos en -bre signifique outeiro
(altar) que en general aprovechaba los peñascos de las alturas, y
además constituía el núcleo de una institución socio-religiosa
que, evolucionando, llegó casi hasta nuestros días.
Outros
autores
consideran que o sufixo “-bre” derivaría de “-brix” e
indicaría en orixe un poboamento en altura. Simplemente observando o
modelo de elevacións da nosa bisbarra compróbase que,
efectivamente, os topónimos en “-bre” e afíns atópanse en xeral
(aínda que non en todos os casos) en zonas relativamente elevadas,
non moi pronunciadas xa que o noso relieve é relativamente suave,
mais si ocupan lugares altos con boa visibilidade.
Sexa
como fora, o caso é que Rañobre,
segundo algúns expertos na materia, conta
cun
dos castros máis importantes da contorna que,
polo seu recoñecido valor propio, debe ser considerado
e estudado
máis
profundamente
para a permanencia e a identidade da nosa
cultura a través do tempo. De
forma elíptica coas defensas moi suavizadas por
ser empregado ao longo dos séculos como zona de
cultivo,
o
asentamento está na actualidade practicamente destruído,
véndose
soamente parte das súas defensas na zona norte, a máis alta do
recinto.
A
construción
da estrada Suevos-Rañobre, a
edificación de
varias vivendas e unha nave industrial foron,
xunto aos traballos agrícolas, os principais motivos que levaron por
diante case a totalidade
deste tesouro do patrimonio arteixán, do que hoxe só
están visibles o terraplén, un foxo e un parapeito.
Os
terreos nos que está asentado o castro, que mide uns 350 metros de
SW-NE e uns 250 metros de NW-SE, co
descorrer
dos anos pasarían a mans de Constanza das Mariñas, unha
muller que
recibira estas e
outras
terras do
actual concello de Arteixo
como parte do legado que lle deixara seu pai Gómez
Pérez, falecido
en 1475 un ano despois de outorgar testamento. Constanza casara con
Lope Sánchez de Moscoso “o groso”, conde de Altamira que non
tardaría en ser repudiado pola noiva xa que, segundo nos conta Vasco
da Ponte...”este
conde no
era hombre para mujer y doña Constanza no le quería por marido”.
Nas
crónicas de Vasco da Ponte, o autor tamén nos di que poucos meses
despois da separación Constanza das Mariñas casouse en segredo
“a
furto de su padre” co
fidalgo Fernán Pérez Parragués, que
fora escudeiro dos Andrade e do propio Gómez Perez das Mariñas, que
nunca chegaría a recoñecer o enlace e, pola deshonra, ”en
adelante cubrió la cabeza con una capilla de un capuz negro”. O
nome da nosa protagonista quedaría reflectido na toponimia do
litoral arteixán, feito que recolle Uxío Carré Aldao no
apartado que lle adica á parroquia de Oseiro na
súa Geografía General del Reino de Galicia dicindo que...”en
las playas inmediatas se dice hay la llamada Pena da Constanza, que
debió este nombre a que allí embarcaba y desembarcaba doña
Constanza das Mariñas”.
Posteriormente,
boa
parte das terras das que estamos a falar
pasarían a formar
parte do
señorío dos
Oca.
Pola
documentación localizada a partir dos anos cincuenta do século
XVIII, podemos constatar que
Diego de Oca y Cadórniga, señor
das
Casas de A Mezquita, As Frieiras, Bergondo,
Oseiro, etc. e Coronel do
Reximento Provincial de
Betanzos, levou
a cabo unha certa actividade e demostrou preocupación pola
realización de melloras constructivas nas súas posesións. Desa
época, e grazas a un pleito iniciado en 1754 por D. Diego contra
Antonio Miramontes pola fabricación duns muíños e unha presa,
sabemos que este Miramontes era “dueño
de la cercana torre de Rañobre”,
información que nos leva a pensar que probablemente
esta torre fora edificada no castro do lugar, mais son datos que non
podemos corroborar.
Estrada dentro do castro de Rañobre, á dereita parte dos defensas (Galipedia) |
O
que si podemos afirmar e
que, andando no tempo, boa parte do núcleo de Rañobre pasaría a
ser
propiedade
do Conde de Priegue, Francisco Javier Ozores Losada, deputado a
Cortes polo distrito de Santiago en 1867 e polo da Coruña en 1879,
1884 e 1891, un persoeiro que na
compaña da
súa muller Jesusa Pedrosa Álvarez Maldonado (dona das Torres de
Celas, no concello de Culleredo) e dos seus fillos, acudía con
frecuencia á residencia de verán que, naquela hora, a
familia tiña
en Rañobre. Á
morte do Conde, o título e os bens tradicionalmente asociados a el
quedarían
nas
mans
do
seu fillo
Santiago, que
lle
acabaría vendendo á
veciñanza da contorna os
terreos dos que estamos a falar.
Un
século e medio máis tarde, en
abril
do
2009, o
castro voltaba
a ser tema de actualidade
por mor das obras do porto de Punta Langosteira, que
sacaran
á
luz unha
zona de 30 metros lineais
que parecía
corresponderse
cunha
construción funeraria do
antigo
asentamento
castrexo
de Rañobre.
O
achado tivo lugar no monte
da Xeixeira, no
límite dos terreos que foran
expropiados polo Porto para
dotar de máis
material de canteira
ás
obras de Langosteira, onde
se deixara
unha
zona de protección de 200 metros desde o
castro, aparecendo
xusto
despois
desta distancia. Todo
parecía
indicar que se trataba do
cemiterio
que utilizaban os
habitantes do
antigo recinto castrexo
xa
que, a
simple vista, podíanse
observar
algunhas
lousas
alineadas e
anacos
de cerámica vermella,
que os expertos vincularon
aos enterramentos destos poboadores.
Operarios do Porto observando o achado (La Voz de Galicia, 18 de abril de 2009) |
A
aparición destos restos funerarios no monte da Xeixeira xeneraría a
lóxica sorpresa entre os responsables da Asociación de Veciños de
Rañobre, quenes instaron ao ente portuario a que protexeran de forma
inmediata o achado arqueolóxico solicitando que fora analizado por
expertos coa máxima urxencia. Tanto a Autoridade Portuaria como a
empresa encargada das obras, UTE Langosteira, decidirían teitar por
medio de materiais plásticos a zona en cuestión e a constructora
deixaría de extraer materiais do punto de canteira próximo ao
supuesto cemiterio. Posteriormente, un equipo de arqueólogos
traballaría in situ para intentar recuperar todos os restos e
determinar o seu valor, un equipo que durante a escavación non
atoparía restos óseos, algo co que, dada a acidez da terra nesta
zona, en certa maneira xa contaban.
A
veciñanza
de Rañobre
acollería
o achado do
suposto
cemiterio
con
asombro e incredulidade.
Carmen Martínez Souto, de
91 anos
e
naquel intre a
segunda persoa de máis
idade
da parroquia, dicía
sorprendida que… “vivín
sempre aquí e nunca souben que aí houbese un cemiterio”,
subliñando
que súa nai vivira 101 ...“coñecía
todo o lugar e xamais me comentou que no Pe da Xeixeira houbese un
cemiterio”.
As
palabras de Amelia Dans Vázquez coincidían
coas pronunciadas por Carmen Martínez. “Eu
tamen levo vivindo toda vida aquí e xa teño os meus anos, pero na
miña vida souben que ese monte foxe algún día un cemiterio”,
dicía.
Tanto
Amelia Dans como Antonio Vázquez Martínez, éste último de 75
anos,
coincidían
en sinalar
que os
seus
antepasados lle
comentaran
que nos montes cercanos
ao
de
Pe da Xeixeira “houbo
algún día asentamentos de persoas”.
De feito,
Vázquez Martínez recordaba
o
nome dunha
zona próxima ao
achado
funerario:
“Aí
o lado
-refiriendose ao
suposto
cemiterio-
chámaselle
Os Castros,
e
por algo será!. Antonio
tamén indicaba que nesa zona do castro...“levamos
toda a vida sementando nas leiras, arando con vacas e agora con
tractores e nunca atopamos nada”.
FONTES:
-AMADO
CASDELO, MARCOS EMILIO. Poder,
dominio e sangue. A liñaxe Bermúdez de Castro, señores de Montaos.
Autoedición, 2017.
-CARRÉ
ALDAO, UXÍO.
Geografía General del Reino de Galicia.
Tomo I. Carreras Candi. Casa
editorial Alberto Martín. Barcelona, 1928.
-CASTRO,
RAMÓN. Las
tumbas del castro de Rañobre no afectarán a las obras del puerto.
La Voz de Galicia, 18 de abril de 2009.
-MACEIRAS
RODRIGUEZ, XABIER & PATRICIO CORTIZO, FERNANDO. De
Liverpool ás Sisargas; a derradeira travesía do Priam.
Edicións Embora, 2014.
-MOUZO,
EMILIANO. Rañobre
pide al Puerto protección para las tumbas halladas en el castro.
La Voz de Galicia, 19 de abril de 2009.
-SÁNCHEZ
GARCÍA, JESÚS ÁNGEL. Mariñán:
Pazo de los sentidos.
Deputación de A Coruña, 1999.
PARROQUIA DE PASTORIZA:
CASTRO DE NOSTIÁN
CASTRO DE PASTORIZA
Fabulación do asentamento de Pastoriza realizada por Roberto Castro |
A
primeira referencia histórica clara sobre
este
recinto castrexo
sitúano no
século V, nunha
época
na que a
Gallaecia pasara,
de ser unha provincia romana, a albergar unha
monarquía con
capital en Braga (actual Portugal)
en mans dos
suevos, un grupo de pobos xermánicos que establecerían por
estas latitudes o seu dominio durante
170 anos,
ata
que foron derrotados polos visigodos. Esa derrota
tería
unha importante consecuencia que chegaría ata os nosos días, xa
que os suevos convertiríanse nos
grandes esquecidos da
nosa propia Historia.
Mais
antes disto, antes da
sua
integración no
reino
visigodo, os
suevos crearían o primeiro
reino da Europa medieval e terían
como primeiro
monarca a
Emric, un persoeiro tamén
chamado
Hermerico que empezaría o seu reinado no 410 converténdose, deste xeito, no primeiro rei galego.
Tras
sete
anos de longa
enfermidade, as circunstancias físicas forzarían
a este monarca
a abdicar a coroa no ano 438, pasando o goberno a mans do seu fillo
Requila,
que
foi soberano
dos suevos ata o 448. Trala
morte de Requila,
ascendería
ao
trono o seu fillo Reckiario
ou Rechiarius,
que
pasou
á
historia por ser
o primeiro rei bárbaro en converterse
ao
cristianismo.
Convertido
polo Bispo de Braga e outros prelados galegos á fe de Cristo,
Reckiario
mandaría
construír
o
primeiro templo cristián
en Pastoriza, na
parte baixa do monte do castro, templo
que, co discorrer dos anos, sería derrubado tralas invasións
normandas do
ano 968 comandadas
por
Gunderedo e, as
efectuadas
no
997
polos
sarracenos de
Almanzor.
Segundo consta en vellas escrituras, para evitar a profanación da
imaxe da Virxe, algún
veciño do lugar decidiu
agochala
máis,
a súa pista, perderíase
durante moito tempo ata que un día, unha nena que andaba a pastar o
gando no monte, viu unha estrela sobre uns penedos. Foi
aí cando as
xentes de Pastoriza acharon
de novo
a figura mariana que
tantos anos levaba
desaparecida debaixo dunha pedra curva,
lugar
que pasaría a denominarse “berce da Virxe”, que
ven sendo a mesma pedra
pola que pasan
na actualidade os romeiros para curarse ou para librarse do pecado e,
sobre a cal
se levantaría en
1887
unha virxe de granito, obra do escultor José Couto.
O
autor,
historiador e
profundo coñecedor
da antigüidade
e
alta Idade
Media Casimiro
Torres, na súa obra El
Reino de los Suevos. La Galicia Sueva
adícalle
un capítulo enteiro ao rei Reckiario
e trata extensamente da conversión do monarca ao catolicismo,
afondando nas causas da transformación relixiosa do rei de xeito
minucioso. Torres tamén aporta información sobre o xeito de vida do
asentamento castrexo de Pastoriza dicindo
que,
na zona na que hoxe está o Santuario, había comunidades
galo-romanas e comunidades suevas nas
que, ao
parecer, uns
eran católicos e outros arrianos mais,
trala
conversión ao cristianismo de
Reckiario, ambas
acabarían unificando
o seu
pensamento relixioso.
Sobre Reckiario aínda pervive nesta parroquia arteixá a historia da
“cadeira do rei”, que está asentada sobre un gran penedo do
castro de Pastoriza que coroa un pequeno precipicio e, detrás da
cal, existe outra pedra máis pequena, que tamén ten forma de
asento, a denominada “cadeira da raíña”. A lenda conta que na
pedra de maior tamaño o monarca suevo Reckiario sentábase para
contemplar e dominar as súas posesións do lugar de Suevos e o resto
dos terreos que hoxe configuran o municipio de Arteixo, o grandioso
seo que os antigos poboadores denominaron Portus magnus Artabrorum, as
terras de Bergantiños, os areais de Sabón, Alba, Barrañán e O
Reiro, e as illas Sisargas, con toda a enorme extensión do Atlántico
aos seus pes. As dúas cadeiras, a do rei e a da raíña, aínda
conservan perfectamente hoxe a súa forma mais, iso si, para atopalas
hai que mergullarse entre a maleza que habitualmente as cobre.
Pola
súa situación e emprazamento, o castro de Pastoriza poderíamos
calificalo como de primeiro orden no que a control do territorio se
refire. Asentado sobre un dos puntos máis elevados da liña do
litoral, 243 metros de altitude, non só domina a navegación
costeira atlántica, senón que ademais domina unha ampla valgada, formada polas
cuncas dos regatos Naval e Pastoriza, que hoxe enchen o encoro de
Meicende. Esta valgada era o paso principal para os camiños que
procedían da costa e da Terra de Bergantiños, e por ela transcurría a vella vía per loca, denominada posteriormente“Camiño Real”.
Planos lidar do Castro de Pastoriza. CDIX http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/mapa.html |
Ao
carecer dun rexistro de materiais, resulta imposible precisar a
periodización dos niveis de ocupación do xacemento. Mais con todo,
os escasos materiais que chegaron a depositarse nas institucións
oficiais, amosan unha vida cultural dinámica e, a pesar de soportar
unhas condicións de habitabilidade bastante desfavorables pola súa
exposición aos axentes metereolóxicos, sábese que foi un castro no
que habitou unha comunidade numerosa.
En
xeral a construción en mampostería de granito amosa unha gran
calidade, que nalgúns casos, sen chegar a formar perpiaños ou
sillares, si amosa unha pronunciada tendencia a fiadas. Ademais
dalgúns tramos dunha sólida muralla, con algúns parapetos case
ciclópeos, consérvanse restos de edificacións de planta circular,
mais nunha boa parte tamén
se
impoñen as plantas rectangulares.
Os
materiais recuperados, fundamentalmente a cerámica de tradición
indíxena decorada con liñas onduladas, trenzadas, círculos, etc.,
incluso algunha peza cilíndrica de vidrio de cor vermello, que de
seguro formaba parte dalgún colar dos antigos poboadores, e os
escasos fragmentos de muíño circular e tégula atopados, segundo as
informacións que Juan Naveiro publica no seu libro El Golfo
Artabro: Arqueologia e historia del gran Puerto de los Galaicos
Lucenses, permiten enmarcar o seu momento
principal entre o século I a. C. e a época romana. Posteriormente,
é probable que a poboación do recinto se trasladara á cercana
localidade de Suevos, de suxerente topónimo e indicios de ocupación
desde tempos altomedievais.
O
recinto principal ou interior, circular con tendencia ovalada, ten
unhas medidas de 140 metros de diámetro norte-sur e 160 metros no
eixe leste-oeste, conta cunha superficie de 1,85 ha. e está
defendido na súa parte norte por unha dobre muralla de pedra, un
terraplén que acada os 10-15 metros de altura cara o exterior, un
foso e outra defensa de 1,5 metros rematada nunha ladeira de terra
escarpada. A súa altura vai diminuíndo ao leste. Na cara oeste
temos dobre muralla, unha terraza e unha terceira muralla. A ladeira
sur é escarpada de rochas e penedos tamén con dobre muralla, a
exterior de pedra. O acceso ao castro semella estar polo sur e, no
seu interior, obsérvase o que poden ser as estruturas propias do
xecemento, mais pola cuberta de toxos e xestas é moi difícil
precisalo. Os penedos próximos ao castro foron aproveitados para a
extracción de pedra mais, con todo, as bases das vivendas circulares
da “citania”, aínda se conservan. O cumio empregouse como
lugar de peregrinación cristiá. Na cara surleste, ó pé da
muralla, hai un petón cunha pequena cova e un pouco máis arriba
unhas pedras que son tratadas como un pequeno altar. Aínda hoxe hai
quen vai depositar un ramiño de flores nesa esquina do castro que
está a mirar cara o altar que hai máis abaixo onde se sitúa a
Virxe da Pastoriza.
En
torno ao castro de Pastoriza, o xornal La Voz de Galicia informaba na
súa edición do 30 de setembro de 1934 que...”Van a realizarse
excavaciones. A propuesta de la Junta Nacional de Excavaciones y
Antigüedades, el ministro de Instrucción pública y Bellas Artes ha
concedido la cantidad de 3.000 pesetas que se habían solicitado por
la Comisión provincial de Monumentos para realizar trabajos de
exploración en el Castro de Pastoriza. Para dirigir las expresadas
obras se designa presidente de la citada Comisión y distinguido
arqueólogo don Angel del Castillo. En breve comenzarán a realizarse
los expresados trabajos con arreglo a las disposiciones que rigen
acerca del particular”.
Ortofoto do Voo Americano do Castro de Pastoriza. http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/mapa.html |
Tras
esta actuación encabezada por Angel del Castillo, tamén se realizarían outras
posteriores nas que se exhumaron boa parte do recinto sen
criterio arqueolóxico algún. Polo asentamento de Pastoriza tamén pasaría "Misión Rescate", que foi un programa televisivo que puxera en marcha nos anos 70 a RTVE para intentar inculcar nos escolares o amor pola arqueoloxía formándose equipos en toda España. A partir de aquí, o castro sufriría o
total abandono das institucións sen ter os coidados e atención que
este enclave histórico merece.
Nas fotografías do voo americano pódese apreciar notablemente o recinto, que fora fortificado a través de dúas estruturas circulares concéntricas e que posúe uns 190 metros de diámetro no seu perímetro exterior cunha muralla de pedra en toda a contorna e que conta cunha superficie total dunhas 3 ha.
Nas fotografías do voo americano pódese apreciar notablemente o recinto, que fora fortificado a través de dúas estruturas circulares concéntricas e que posúe uns 190 metros de diámetro no seu perímetro exterior cunha muralla de pedra en toda a contorna e que conta cunha superficie total dunhas 3 ha.
O
castro, hoxe
de propiedade privada,
está actualmente situado entre
unha liña eléctrica de alta tensión ao sur e un gasoducto ao norte
e,
ademais, tamén foi destruido en
gran medida polas devastadoras plantacións de eucaliptos.
Precisamente
por mor destas plantacións o catalogador da páxina web
Patrimoniogalego.net,
Xosé Troiano, en marzo do 2016 presentaba unha denuncia ante o
Servicio de Protección á Natureza da Guardia Civil (Seprona) logo
de atopar este emblemático lugar de Pastoriza destruido. “O
interior do foso, o seu parapeto e incluso ata a metade do seu
terraplén hai unha recente plantación de eucaliptos con roturación
dos terreos nas defensas do xacemento”,
alertaba na denuncia presentada ante a Guardia Civil Xosé
Troiano, quen
se adica
a catalogar este tipo de asentamentos
por todo o país e,
cando se dirixía
ao
castro de Pastoriza, descubriu
este “atentado
contra o
patrimonio histórico e
cultural",
segundo
sinalaba
na denuncia presentada ante o
Seprona.
Plantación de eucaliptos no castro de Pastoriza |
Unhas
semanas máis tarde, a Guardia
Civil detiña
a dúas
personas por causar presuntamente danos
neste xacemento
arqueolóxico. Os
axentes
do
Seprona efectuaran
as detenciones por un suposto delito sobre o
patrimonio histórico ao realizar, sen autorización, un aproveitamento
forestal causando
danos
no
muro perimetral da croa e
nas
defensas do
asentamento, uns feitos que nos indican que se non se toman as medidas oportunas e se non se loita como é debido pola defensa do noso patrimonio, as xeracións vindeiras dificilmente poderán disfrutar del.
FONTES:
-AGUILAR,
IVÁN. La Guardia Civil
investiga la destrucción del castro de Pastoriza para plantar
eucaliptos. La
Opinión A Coruña, 10 de marzo de 2016.
-NAVEIRO
LÓPEZ, JUAN L. El Golfo
Artabro: Arqueologia e historia del gran Puerto de los Galaicos
Lucenses. Asociacion
Amigos Museu Arqueoloxico a Coruña, 1994.
-TORRES
RODRIGUEZ, CASIMIRO. El
Reino de los Suevos. La Galicia Sueva. Galicia
Histórica. Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento. Fundación
Barrié, 1982.
-TROIANO,
XOSÉ. patrimoniogalego.net
-O
BERRO. voceiro pastoriz@arteixo.
n.º 1. xullo 2014
O
CASTRO DE NOSTIÁN, O MONTE DOS CAZOLOS, RUBIÓN E BORROA
Enclavados
nunha zona históricamente castigada polo crecemento da industria da
contorna coas instalacións da Refinería de Meicende, de Butano ou,
entre outras, da planta de tratamento de Residuos Sólidos Urbanos,
os núcleos de Borroa e de Nostián, no límite dos concellos de
Arteixo e A Coruña, agochan verdadeiros tesouros do noso patrimonio,
uns tesouros dos que falamos a continuación.
Empurrado
polas investigacións que levamos realizando dende hai xa varios anos
para reforzar o
prestixio e a importancia do propio, e
tamén na procura de indicios
da
navegación atlántica prehistórica
na nosa liña de costa,
hai
un par de semanas visitamos unha
das xoias da arqueoloxía da bisbarra: o castro de Nostián, un
asentamento que
está situado
a
uns 80 metros sobre o nivel do mar no lugar
onde
se celebra anualmente a festa desta
aldea herculina,
ao
carón dos montes
dos
Petóns e do Cocho da Vella, que lle dan protección pola parte
norte, e nas cercanías dos depósitos de gas butano anexos á
Refinería de Meicende pola
parte Sur.
O
xacemento,
que
forma unha perfecta triangulación cos seus veciños castros de
Elviña e de Pastoriza, ten
aproximadamente
uns 7000 metros cadrados de recinto interior e un círculo exterior
duns 8000 metros cadrados, cunhas medidas duns 148 metros de
Leste-Oeste e
duns 105 metros Norte-Sur. Está formado por unha serie de terrazas
que se escalonan cara o val de Nostián, noutra
hora despensa principal da cidade da Coruña.
No
extremo Oeste hai un gran parapeto defensivo que aproveita a altura
do terreo e os afloramentos rochosos, un
parapeto
que
cae sobre un camiño que, segundo
a opinión do historiador Xosé Troiano,
“de
seguro que
debe estar ocupado por un foxo do castro”.
Ao
Norte sitúase outro parapeto de menores
dimensións, quedando o resto das defensas definidas por varios
terrapléns, algúns con fortes desniveis. Na croa, situada na parte
alta do xacemento, nos
terreos coñecidos
como “O Pinar”, fíxose unha prospección no ano 1975 levada a
cabo polo profesor José
Manuel Vázquez Varela, dando como resultados o achado dunha vivenda
circular de pedra, de 7,70 metros de diámetro externo e cuns muros
dun grosor de 0,80 metros. O estudo dos materiais aparecidos na casa,
permiten atribuíla a un momento avanzado da cultura castrexa, preto
do cambio de Era.
No
castro de Nostián, onde na
actualidade aínda
podemos ver dúas estructuras circulares, destacando a situada ao
Norte que presenta un muro de mampostería de boa factura, atopáronse
abundantes
fragmentos de cerámica, algúns dos cales forman hoxe parte dos
fondos do Museo Arqueolóxico da Coruña,
percutores, machacadores, pedras de afiar así como tres pesas de
telar e unha ficha cilíndrica perforada do mesmo material, unha
machada de ferro e un anaco de fíbula de bronce, dúas rodas
inferiores de muíño manual circular, varios artefactos de pedra
como cristais de cuarzo, cristal de rocha, falsa amatista, sílex sen
traballar e
fusaiolas, que
son unhas
pequenas
pezas circulares
cun buraco na parte central (o eixo
de rotación)
que
se colocaban no
extremo inferior do fuso e permitía
enfiar as febras dun elemento téxtil a través da torsión.
Tras
visitar o castro, charlamos con varios veciños do lugar, veciñanza
que nos falou
dos
Petóns, do Cocho da Vella, do Monte dos Castelos, das
lendas do
Pé do Demo e
do Pé de Deus, e
do monte dos
Cazolos, lugar
sobre
o
que nos informaron de
que había uns petróglifos que
non deberiamos deixar de ver.
E
ata alí nos diriximos. Logo de
falar coa xente da
aldea
e
de escoitar tantos nomes e datos abofé que ben significativos,
percorremos a pé a
pista
que, dende o local social da Asociación de Veciños de Nostián,
transcorre
ata
a estrada que une
Suevos
e
Bens, camiño que bordea a
vía
de
acceso ao Porto de Punta Langosteira.
Pois
ben, no alto deste camiño está
o devandito monte
dos Cazolos, lugar
no que
logo das oportunas indicacións de un dos veciños de Nostián
tivemos
a fortuna de ver
un dos tesouros dos que falaba ao principio, un gran
afloramento de granito branco con varias rochas que presentan unha
composición complexa de cazoletas naturais e coviñas e rebaixes
artificiais que forman aliñamentos mixtos (coviñas e cazolos) e
tamén circulares (cazolos naturais rodeados de coviñas).
Días
despois de
ver por primeira vez esta marabilla situada na liña divisoria de
Arteixo e a Coruña,
visitei de
novo
o lugar, mais
desta volta
acompañado
de
Puri Soto e Ana Corredoira, arqueólogas aos
que o afloramento
lles
resultou de gran interese por como se xoga nel cos elementos da
pedra. Ana
e Puri, grandes coñecedoras da bisbarra e verdadeiras eruditas da
historia da zona, puxéronme
en
coñecemento do xacemento catalogado de Rubión, situado en Arteixo, entre
A
Cerca e o Monte dos Castelos onde, a raíz das obras do acceso a Punta
Langosteira se atoparon dezanove fragmentos de cerámica neolítica
correspondentes a cinco vasillas, xunto cunha peza de sílex con restos
de talla.
Outro
dos puntos de interese
da zona, é o lugar de Borroa,
pertencente á parroquia arteixá de Pastoriza. Non
deixa de ser curioso que,
se buscamos a palabra “borroa”
no diccionario que Leandro Carré Alvarellos editou en 1928 o seu
autor infórmanos
do
seguinte:
Montón
de terrones que se queman en las rozas. V. “Borralleira”. II
Túmulo dolménico. V. “Mámoa”.,
un
significado que se cadra ten algo que ver coa importancia
prehistórica do lugar no que, por certo, se atopou un petróglifo
circular que durante anos permanecera
degradado na parte de un muro de división entre dúas parcelas
situadas neste núcleo de Borroa. A situación deste
pequeno tesouro
veríase agravada posteriormente por mor das obras da
vía
do porto de Punta Langosteira, feito que conduciría
á asociación cultural arteixá Monte da Estrela a movilizarse para
que se tomasen medidas de xeito
inmediato
de protección, o
que daría
paso a
que o
petróglifo de Borroa se
trasladara ao Museo
Arqueolóxico da Coruña no
ano 2010.
Tampouco podemos pasar por alto a natureza marítima da zona, especialmente o Monte dos Castelos, verdadeiro referente do mar ártabro e da navegación nesta parte do Atlántico.
Con
estas catro pinceladas das que falamos hoxe nesta modesta bitácora
amósase, dun xeito abraiante, como o brutal crecemento urbano e
industrial foi engulindo, prácticamente na súa totalidade, os
restos patrimoniais que perduraron ata hai ben pouco dende os tempos
prehistóricos dos nosos devanceiros, resistindo tan só unha
minúscula pero fermosa pegada que está rodeada do máis rotundo dos feísmos, como ben di o meu amigo Alberto García Roldán no seu blogue "Galicia pueblo a pueblo"(https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2014/10/castro-de-nostian-coruna.html). Con todo, e a pesar dos pesares, non deixedes de visitar a zona e, ao patear os seus recunchos cantade, por favor, a seguinte copla do cancioneiro popular galego que xa soaba na bisbarra a finais do século XIX:
Ai Marica, quen te entende,
Marica de Nostián;
cantos che rondan a porta
¡tal se veñen tal se van!
Ai Marica, quen te entende,
Marica de Nostián;
cantos che rondan a porta
¡tal se veñen tal se van!
PARROQUIA DE SORRIZO:
CASTRO DE CASTELO
Vista desde o castro de Castelo |
Sexa
como fora, o caso é que dos centos de nomes de lugar que hai en toda a xeografía galega con ese topónimo, curiosamente dous deles pertencen ao
Concello de Arteixo: o Castelo de Sorrizo, sobre o que hai unha lenda
que fala das grandes cantidades de viño que ata alí se achegaban
para o consumo dos romanos que habitaban a aldea, feito que nos da
argumentos para sospeitar que este núcleo de poboación foi ocupado
nalgunha ocasión por destacamentos militares romanos, e o Castelo de
Lañas, dous lugares que tamén contan co seu respectivo castro.
O
primeiro deles podemos atopalo na confluencia das parroquias de
Sorrizo, Chamín e Monteagudo e é un dos asentamentos
castrexos máis relevantes dos que conta o municipio arteixán.
Dunha importancia estratéxica enorme, dende a que se pode controlar
toda a franxa costeira de Arteixo e a totalidade do val de Barrañán,
o castro de Castelo está situado a uns 185 metros sobre o nivel do
mar e ocupa unha superfie total de 1,8 Ha.
O castro de Castelo visto desde Chamín |
O castro de Castelo visto no Lidar |
Este
castro do Castelo ten varias entradas ao recinto, das que hai que
salientar dúas: unha polo NO, que é unha especie de sendeiro que
vai ascendendo pola impresionante defensa que, a todas luces, semella
orixinal; e a outra está situada polo SL, unha entrada máis ancha
duns dous metros que rompe o parapeto.
Pedra de muíño atopada por Manuel Iglesias |
A
día de hoxe o asentamento ten moita vexetación mais, con todo, é
doado chegar a él. Atrás quedan os tempos nos que a veciñanza da
zona traballaba a diario as terras que o rodean, terras nas que de
cando en vez o arado ou a grade deixaban ao descuberto algún que
outro elemento do antigo asentamento como os atopados por Manuel
Iglesias Freire, veciño de Chamín nado en 1933 que, recentemente
contounos que nos tempos da súa xuventude traballaba a diario varias
leiras que seus pais tiñan nas cercanías deste castro do Castelo,
terreos nos que asegura que había unha “rocha con debuxos”
(petroglifo) e no que, entre outros obxectos, atopou unha pedra de
muíño que aínda conserva no seu domicilio de Chamín.
FONTES:
-PARDO, GUILLERMO. La mayoría de los castros del municipio se encuentran destruidos. La Voz de Galicia, 4 de decembro de 1981.
-ROZAMONTES, MARÍA. Arteixo de onte a hoxe. Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Arteixo, 1999.
-TROIANO, XOSÉ. patrimoniogalego.net
PARROQUIA DE SUEVOS:
CASTRO DE COCIÑADOIRO
CASTRO DO PUNTIDO
e que me dis do castelo de Barrañan?
ResponderEliminarCreo que en Chamin do medio ainda quedan restos dos seus muros.
Refíreste ao castro do Petón?
Eliminar