venres, 29 de xuño de 2018

A ERMIDA DA NOSA SEÑORA DA ESTRELA


   No alto do Monte da Estrela, na parroquia de San Tomé de Monteagudo, nunha situación privilexiada desde a que se poden observar tanto o val e os montes da contorna como a inmensidade oceánica, hai un lugar ancestral de presumibles cultos pagáns de adoración astral, lugar onde se cimentaría unha ermida hoxe tan esquecida coma o seu culto, que só se agocha no recordo das persoas que ata mediados do século pasado participaban na romaría e na devoción á súa imaxe, da imaxe da Nosa Señora da Estrela.
   A pesar de atoparse actualmente nun penoso estado de ruínas e de omisión, e tamén bastante degradada por mor das masivas plantacións de eucaliptos realizadas nos últimos tempos, con todo, a ermida e toda a súa contorna aínda conservan unha innegable pegada de lugar telúrico, cunhas excelentes vistas ao seu arredor e coa abraiante silueta das illas Sisargas que, nun día claro, despuntan de xeito marabilloso co resplandor vermello do solpor, un espectáculo que non podedes, que non debedes perder.
As illas Sisargas desde a ermida
    A historia da ermida da Nosa Señora da Estrela tédela ao voso dispor nun libro editado no 2012 pola Asociación Cultural Monte da Estrela, asociación que durante a súa existencia foi un referente na divulgación e na defensa do patrimonio local e que tomou ese nome para reinvidicar a capela e o monte á cal pertence.
   Pouco se sabe das orixes da ermida xa que se descoñece a data concreta da súa fundación. Segundo a teoría de varios historiadores, todo parece indicar que se trata dunha fundación popular da veciñanza da parroquia de Monteagudo xa que, por un lado os libros de fábrica consultados no Arquivo Diocesano de Compostela non mencionan en ningún momento un padroeiro fundador da mesma e, por outro, a visita pastoral realizada en 1791 reforza esta idea ao afirmar que “no tiene patrono alguno esta capilla y se erigió y conserva por la devoción de los vezinos”.
   O que si sabemos é que a ermida xa existía no ano 1599, cando aparece citada xunto coa freguesía de Monteagudo, nun documento da Colexiata de Santa María do Campo da Coruña no que se menciona ao primeiro mordomo do que hai constancia, Gonzalo López de Verdiñas: “(…) Gonzalo López de Verdiñas, del tiempo que fue mayordomo del priorato de Monteagudo y de la ermita de Nuestra Señora de la dia estela”.
Parte sur da capela
   Outra información de interese é a que nos achega Jerónimo del Hoyo, cardeal e visitador xeral do arcebispo Maximiliano de Austria, que en 1607 tamén cita a ermida cando describe a freguesía de Monteagudo: “Esta felegresía es aneja a la Colegial de La Coruña y ansí llieva todos los fructos que valen ciento y treinta ducados. Hay quarenta feligreses y es a cargo de la dicha Colegial prover a esta iglesia de todo lo nescesario para el culto divino; no hay capellán atitulado sino amobible con dies mil maravedís de selario porque administra esta felegresía y la de Sant Aya de Chemín, que ansí mesmo es aneja a la dicha colegial. La fábrica no tiene renta; hay una hermita de Nuestra Señora de Via Estella, que está en lo alto del monte Comarcanos. Esta iglesia tiene monasterio de Benitos y lo muestra el claustro, sepultura y edificios. Dicen queste monasterio y el de San Pedro de Men los dió el monasterio de San Martín a la Colegial de La Coruña por el de Santa María de Cambre que era suyo y ahora es de benitos”.
Cruz que se pode ver no exterior da ermida
     Outra cuestión interesante desta ermida da Estrela é a súa advocación. As alusións máis antigas que conservamos sobre a súa existencia, que datan de finais do século XVI e comezos do XVII, refírense a ela como “Dia Estella” ou “Via Estella”. A Virxe da Estrela relaciónase habitualmente coa “Stella Maris”, protectora dos mariñeiros, feito cando menos curioso xa que Monteagudo non é unha parroquia costeira nen vivían nela individuos que traballasen no mar. Máis ben habería que relacionalo coa imaxe da Virxe como estrela-guía, o mesmo astro que mostrou aos Reis Magos o camiño cara a Belén, no episodio da Epifanía. Non en balde, nun sermón pronunciado na honra da Nosa Señora da Estrela da Coruña, nunha das capelas da Colexiata, afírmase que... “(é) nuestra fortuna en tener como protectora a esta Estrella, para que conozcamos, que en ella, y por ella, quiere Dios que afianzemos, nuestras dichas, y asseguremos nuestras felicidades”, información que recolle Carré Aldao na súa obra Geografía General del Reino de Galicia, editada en 1928.
  A devoción herculina éis tardía que a arteixá mais, neste caso, coñécese o momento no que principiou, que foi cando se lle atribuiu a milagre de “afastar unha frota inglesa que axexaba as costas da cidade herculina en 1702” grazas á imaxe da Estrela que custodia o templo coruñés.
   A de Monteagudo non é a única ermida da contorna dedicada a este culto mariano. Nunha pequena illa da freguesía de Santo Adrián de Corme, existiu tamén unha capela coa mesma advocación que, de feito, da nome á praia da Ermida, situada en fronte dela. Poucos son os datos que conservamos sobre a súa historia, a excepción do que nos conta Xan Fernández no seu libro A comarca de Bergantiños, onde o autor apunta que a súa romaría celebrábase o Domingo de Resurreción. É posible que ambos os dous santuarios, estivesen comunicados a través dun camiño de orixe medieval, ao que tamén podería facer alusión o termo “vía”, que aparece no nome da ermida de Monteagudo, na documentación máis antiga. O antedito camiño atravesaría o Anllóns por Ponteceso, pasaría por Corme, Malpica, Buño e Oza e continuaría logo por Lemaio e Torás. Máis adiante, de Oza partiría unha desviación próxima á costa por Razo e Baldaio que, a través de Monteagudo, Chamín e Barrañán, dirixiríase á Coruña.
Imaxe recente do interior da capela
   A celebración do Concilio de Trento, entre 1545 e 1563, daría pé a que nos anos posteriores a Igrexa tentara regular os cultos católicos o que, andando no tempo, levaría a que moitas destas crenzas populares coma a da Nosa Señora da Estrela remataran por desvanecerse o que tamén significaría a desaparición da acción social e comunitaria que significaban estas celebracións, unha situación que moitas entidades queren recuperar, como fixo no seu momento a Asociación Cultural Monte da Estrela, pola importancia que tiñan para a comunidade.
   A ermida da Nosa Señora da Estrela, que contou co seu período de esplendor no século XVIII, principiaria a súa decadencia a mediados do XX que, segundo os maiores da parroquia de Monteagudo, foi cando se dexaría de celebrar a romaría da Estrela.
   Hai uns anos, no 2012, coa súa teima particular de pór en valor os restos da capela, a Asociación Cultural Monte da Estrela editaba o libro do que falabamos ao inicio desta crónica, unha publicación sobre a historia do templo na cal se demostra o culto mariano existente relacionándoo con algún milagre atribuido a esta Virxe. Case ao mesmo tempo, e grazas a esta iniciativa da ACME arteixá, a asociación de veciños de Monteagudo tamén retomaría, desde o ano 2009, a romaría popular, a procesión ata a ermida e unha misa de campaña que se fai o luns de Pascua, misa que sustitue á que antano se celebraba na capela da hoxe arruinada Nosa Señora da Estrela.
 FONTES:
-Castro Díaz, Beatriz & Rodríguez Palmeiro, Iago. A ermida de Nosa Señora da Estrela (séculos XVI-XX): Unha historia en San Tomé de Monteagudo. Asociación Cultural Monte da Estrela. Arteixo, 2012.

venres, 15 de xuño de 2018

CRÓNICAS DE ANZOBRE

VIDA GALLEGA: ILUSTRACIÓN REGIONAL (ANO X, VOLUMEN VI, NÚMERO 113), 15 DE SETEMBRO DE 1918:


Los eidos de Anzobre. Por el camino abrupto

     El sol implacable del mediodía cae á plomo sobre la carretera, ese camino hosco, polvoriento y sin la sombra de un árbol, que se pierde en las montañas de la costa, hácia Carballo. Los caballos arrastran el coche cansinamente, agobiados por el sopor de la hora, y de cuando en cuando un perro ladrador salta enfurecido junto á las ruedas.

     Germán Taibo, el pintor coruñés educado en los estudios de Roma y París y vuelto á la tierra natal después de largos años de ausencia, mira en silencio á los lados de la carretera, un poco sorprendido de la abrupta rudeza del paisaje tan opuesta á la apacible belleza de esos otros caminos que arrancan de la ciudad y serpean entre las frondas de Oleiros, el Burgo, Cambre, Abegondo ó los fértiles valles de Culleredo y de Barcia. Todo es duro y recio, por esta parte. La clara luz de los días de Julio no hace sino poner de relieve cada detalle del paisaje que tiene toda su fiera expresión entre las brumas invernales, cuando el fragor del oleaje cabalga en las alas del huracán.

     Unicamente, á la manera de un óasis, surge la breve y pintoresca lozanía de Pastoriza, con su santuario secular y su montaña que la imagen de piedra hace litúrgica, y más lejos la iniciación de los campos bergantiñanos, en el fondo de los cuales se abre á veces la oscura cadena de montañas para mostrar la maravilla azul coronada de espuma de la legendaria costa de la muerte.

     Frente á nosotros madame Taibo, recogida y sonriente, acaricia los cabellos de su hijita.  

Nido de águilas

     Al salir de Arteijo y remontada una larga cuesta, desde lo alto de una colina se ven ya los eidos de Anzobre. El pazo, sobre una loma, en el centro del valle, es un nido de águilas escondido entre la fronda intrincada de los castaños y los pinos.
 
Imaxe antiga do pazo de Anzobre
     Mientras el carricoche corre ahora por la hondonada á la sombra de los carballos, nos parece que muy pronto, á un lado y otro del camino, van á saludarnos los ganfaloneros del señor. Bien pudieran hallarse apoyados en el férreo mandoble, calado el yelmo, noble el ademán, los caballerescos hidalgos de la tradición evocados por Viceto: Sancho de Remesar, el fiero; Rodrigo de Canaval, el rebelde; el apuesto y donjuanesco de Tor; Amaro de Vilamelle, el amoroso; Alfonso de Doade, el romántico...La leyenda toda, y para armonía suya, en el ledo suspirar de la brisa que comba la cabellera dorada de los trigos, una estrofa, la más dulce, del triste poeta de Herbón.

      Al final de la Avenida, al pie de la gradería del pazo, los señores de Anzobre esperan a sus invitados, y entonces, al saltar del coche, toda la magnificencia del paisaje se muestra á los ojos curiosos y admirados que la ven por primera vez.

     Desde la encristalada galería que parece prendida en el aire sobre los limoneros del jardín, aparece el valle tendido como un tapiz hasta el mar. Y los hórreos son -según frase del señor- como nidos ocultos entre los brezos.

     Todo es bellamente paradójico en la noble casona: la sonrisa afable de los dueños junto á la fiereza hidalga del paraje; los escudos heráldicos tallados en la piedra, y al lado las cómodas y modernas galerías de cristales; los muebles antiguos y las lacas maravillosas en torno á la mesa de billar; los cuadros firmados con nombre ya célebres, junto al arbitrario y caprichoso decorado con que algún visitante, más irónico que artista, quiso dejar el recuerdo de su permanencia en el pazo.

     En este ambiente adquiere vida real la novela del prócer. Aquí jugaban al tresillo el señor y los abades de Lañas y Armentón; allá, detrás de quel soto, vive Mingos de Abeleira; por aquel portillo entraba en el pazo la recia figura de Loureiro; en este pasadizo surgía en las noches estrelladas la traza misteriosa y amedrantadora de Cambón.

     El olor de los limoneros entra por las ventanas e invade la casa.

La obra más bella

     Al entrar en el comedor, sentimos una emoción casi religiosa. Don Manuel María Puga y Parga, el castellano de Anzobre, opulento y magnífico, ha cedido el puesto al maestro Picadillo, el hombre de la profunda sabiduría gastronómica. Nosotros somos gente modesta; hemos comido alguna vez en un hotel de fama; alguna otra nos sentamos á la mesa de un prócer, del personaje político, del artista o del literato á quien sus amigos expresaban su admiración comiendo bien; pero siempre tuvimos una idea como de un sueño de las comidas imaginadas por Brillat Savarin y sus émulos. Nos sentimos turbados ante la mesa del autor de "La Cocina Práctica" y á medida que van desfilando los platos, crece nuestra admiración para este hombre que en forma tal conoce todos los secretos del sibaritismo. No hay en nosotros una sola fibra que no vibre en una sinfonía de todos los sabores agradables.

     Unicamento Gonzalo Abello, el discípulo predilecto del anfitrión, no se sorprende de nada, porque para él -¡oh favorecidos por los dioses!- este fausto gastronómico es habitual. Con la misma delectación traza una punzante caricatura que prepara una crema helada.

     Y comiendo así, de esta manera escogida y delicada, parece complementaria la conversación sobre las cosas superiores. La emoción nacida de un cuadro de Taibo, por ejemplo, ganaría en intensidad cerca del pavo dorado que nos sirven, decorado por el rutilar del vino de Málaga que da á las copas apariencias de gemas enormes. Hablamos, pues, de los cuadros del artista, de sus luchas, de sus éxitos, de su labor futura. Pero la más bella obra de Taibo no está en su estudio de París ni figuró en la exposición tan alabada por los inteligentes cortesanos.

     La obra más perfecta, la más bella, está frente á nosotros. Se llama Raymonde, tiene seis años, el cabello rubio y los ojos serenos y dulces del color de los lagos bajo los sauces. La niña es semejante á una muñeca extraordinaria con ademanes de persona mayor de una encantadora precocidad. Se ha puesto una dalia en el hombro y aunque apenas entiende nuestro francés de bachiller aprovechado, sonríe amablemente perdonando la torpeza y agradeciendo el esfuerzo de quien intenta hacerse comprender. Y al fin, toda la admiración de los comensales es para la pequeña gallega nacida en París, á quien los alemanes tuvieron unos días prisionera en las orillas del Marne.

Gran señor

     Henos ya de nuevo en el coche, en el retorno hácia la urbe. La tarde se adormece en la selva y sobre la montaña se asoma la luna para bañar en su luz á las ninfas del bosque que los faunos persiguen embriagados por el perfume de las zarzas en flor.
Imaxe de Manuel Barbeito Herrera, o autor deste artigo

     Sentimos, gran señor, que el espíritu quedóse prendido en la red sutil que las hadas benéficas tendieron de árbol á árbol en torno al pazo montañés. Debiéramos renunciar á todo bien, seguros de no hallar otro mayor, y permanecer ya siempre aquí, entre las montañas empenachadas por el verdor de los pinos, sumidos y ocultos en la maravilla de la umbría.

     Porque prendió en nuestro corazón la mansedumbre de los sanos de pensamiento. Porque aquí no puede llegar la falsa alegría de la ciudad, con sus ansias, sus pasiones y su hálito mefítico. Porque á la luz de la luna nos habló el hada madrina de nuestra infancia. Porque aquí, noble hidalgo, no hay periódicos, ni luz eléctrica, ni cuellos endurecidos por el almidón, ni automóviles estrepitosos, ni trenes horripilantes y febriles.

     A esta hora, el abad de Lañas y el abad de Armentón dejarían el breviario para dedicarse al placer del tresillo y acaso Pepa, la perra inquieta y minúscula que vigila los salones del pazo, ladraría á la sombra de Cambón, parado y espectante junto á la cancela.

M. BARBEITO Y HERRERA.

La Coruña, Agosto 918.

domingo, 3 de xuño de 2018

O LIBERAL ANDRÉS ROJO DEL CAÑIZAL E A SÚA CASA DE PASTORIZA


     Andrés Rojo del Cañizal naceu en 1773 na localidade palentina de Cantoral. Fillo de Toribio Rojo de los Ríos e Gertrudis del Cañizal, varios membros da familia Rojo aparecen en Galicia dende mediados do século XVIII pois, segundo nos conta Manuel Domínguez Ferro en "Cátedra, Revista Eumesa de Estudios", dous irmáns de Toribio, Tomás e José, establecéronse cara o ano 1752 na Coruña, cidade na que se dedicarían a diversas actividades mercantís. Outro deles, Manuel, exercería de párroco de Pastoriza, lugar onde edificou, en 1783, a Casa de Vilariza, que tan ligada está a historia familiar e que é un dos vencellos que este persoeiro ten con Arteixo.

Imaxe antiga da casa de Vilariza ( Rodolfo G. de Barthélemy)
     Mentres que os pais de Andrés permanecían en Cantoral a cargo do patrimonio familiar, as expectativas comerciais xeradas pola apertura do porto da Coruña ao tráfico coas colonias americanas, tralos Decretos promulgados por Carlos III en 1764 e 1765, atraían, naquela hora, a un importante número de comerciantes de moi diversa orixe: asturianos como Antonio Raimundo Ibáñez, fundador das fábricas de Sagardelos e dono do Pazo de San Xosé (o que está a carón da refinería de Meicende), cataláns como os Marcó del Pont ou Ferrer y Albá, rioxanos (en particular cameranos, da comarca de Cameros) como Adalid ou Torres, e mesmo estranxeiros, como o francés Juan Francisco Barrié. Ao carón desta burguesía foránea, instalada nas vilas costeiras, non faltaron nomes galegos, como Juan de Vega, comerciante e industrial lucense que forxaría a súa fortuna na emigración cubana.

     Cara ao 1778 atopamos a José Rojo matriculado como comerciante no Real Consulado do Mar da Coruña. Neste período, no censo de comerciantes coruñeses, distínguese unha elite composta polos grandes armadores e exportadores de Indias, entre os cales atopamos a Jerónimo Hinojosa e Pedro de Llano, e un grupo de pequenos e medianos mercaderes, con alto poder económico, onde figurarían Rojo de los Ríos, Barrié ou Adalid.

     Os negocios familiares de Rojo relaciónanse co arrendo de arbitrios e abastos, sobre todo viños, augardentes, grans e carnes. En varias ocasións, ante a escaseza de grans e fariñas, especialmente preocupantes a finais de século (anos 1787 e 1802), José Rojo foi comisionado con Jerónimo Hinojosa, tamén tratante en grans, para atender ao abastecemento da cidade.

     No ano 1789 constitúese a sociedade "José Rojo y Compañía SRC". Ademais das actividades mercantís, enfocadas en gran parte ao mercado colonial, Rojo viuse atraído, como outros moitos burgueses da primeira xeración, por operacións de préstamo e adquisición de terras e rendas forais. Seis anos despois, en 1795, reconstitúese como sociedade comandataria baixo o nome "Rojo y Morillo" e, cun fondo de 500.000 reais, ten como socios a José Rojo e a José Morillo.

     Paralelo ao éxito comercial é o ascenso social da familia. O casamento de José Rojo con Gabriela Francisca Infante de Mella, procedente dunha opulenta familia de Pontedeume, testemúñao, así como a elección de José como mordomo fabriqueiro da parroquia coruñesa de San Nicolás.

     En 1793, José Rojo figura entre algúns dos máis potentes homes de negocios da cidade que, nese ano, farían importantes achegas para sufragar a guerra contra a Convención. E de novo voltaría a colaborar en 1797 con sumas importantes, en forma de préstamos sen interese, con motivo da guerra contra Gran Bretaña.

     Andrés Rojo del Cañizal, xunto coas súas irmáns Andrea e Manuela, seguiría os pasos dos seus tíos ata Galicia. Debeu chegar nun momento anterior a novembro de 1804, cando, participando xa no negocio familiar, contrae matrimonio coa súa curmá, Josefa Rojo de Bouza (filla de José Rojo e Gabriela Infante), coa que tería tres fillos: José, María e Josefa. Este casamento consolidaría a súa posición na empresa familiar e, uns meses despois, entra a formar parte como socio na compañía "Rojo e Hijos" (que supoñemos sucede á disolta "Rojo y Morillo"), xunto ao seu tío e sogro José e o fillo deste, Juan de Dios Rojo.

     En 1815 Andrés está domiciliado na vivenda nº 15 do Cantón Grande, no barrio da Pescadería, o corazón mercantil da cidade herculina. O seu ingreso no Real Consulado amosa unha desafogada situación económica, dada a elevada renda esixida para formar parte da institución, segundo establecía o seu regulamento. A aristocracia mercantil da cidade repartíase os cargos de prior (Marcial Francisco del Adalid), cónsul (Hinojosa) e consiliarios, entre eles Pedro de Llano, polo ramo de navieiros, e Andrés Rojo, polo do comercio... burguesía que naquela hora, co inicio da emancipación das colonias, empezaba a sufrir a ruptura definitiva do tráfico comercial, adoptando solucións, fronte a este colapso, tan variadas como a adquisición de propiedades inmobiliarias e foros, contrabando, a práctica do corso (que tivo na Coruña o seu porto principal, con armadores como Salvador Fullós, Pedro de Llano, Marcial del Adalid ou Juan Bautista) ou a trata de negros (Barrié, Adalid, Fullós).

Sinatura de Andrés Rojo del Cañizal
      Tras a Guerra da Independencia (1808-1813), o retorno de Fernando VII daría paso, superadas as vacilacións iniciais, a unha persecución aberta contra os liberais (Decreto de Valencia de maio de 1814), favorecida polo respaldo dos deputados servís ("Manifesto dos Persas"), o apoio dun sector do exército (pronunciamento do xeneral Elio) e a indiferencia dunha gran masa da poboación que, ao grito de "vivan as caenas" celebraba a volta do "Desexado".

     A represión cebaríase cos liberais, especialmente con aqueles comprometidos coas novas institucións saídas das Cortes, que sufrirían detencións, penas de cárcere e fortes multas (na cidade da Coruña foran detidas, entre maio e xuño daquel ano de 1814, 83 persoas, 26 delas pertencentes ao ramo do comercio). Moitos optarían polo exilio, seguindo os pasos dos afrancesados que, obrigados a partir en 1813, se converteron nos primeiros exiliados políticos.

    O reinado de Fernando VII supuxo o retorno pleno do absolutismo e afogoba, ao mesmo tempo, calquera esperanza de cambio. Tal proceder decepcionou incluso a aqueles que, aínda que exhortaron ao monarca para que anulase a Constitución de Cádiz, eran conscientes da necesidade de reformas e da convocatoria dunhas Cortes estamentais. A grave situación económica de posguerra esixía, ademais, a posta en marcha de medidas que a camarilla de Fernando VII non soubo nin puido tomar. De aí que pronto prendera o descontento en gran parte do país.

     No exército, que pouco tiña xa que ver coa institución estamental do século anterior, tamén se manifestan, nesta altura, os primeiros sinais en contra do absolutismo, feito polo que non tardaría en xurdir o primeiro dos levantamentos liberais que inauguran o reinado de Fernando VII: o protagonizado o 25 de setembro de 1814 en Navarra polo xeneral Francisco Espoz y Mina, un dos máis importantes xefes guerrilleiros durante a Guerra da Independencia.

     Os plans conspirativos en contra do rei absolutista proseguirían en España nos meses seguintes. Unha trama desarticulada en Madrid en maio de 1814 incrimina a outro dos heroes da Guerra da Independencia: o mariscal Juan Díaz Porlier, "O Marquesito", que, condenado a catro anos de cadea, sería enviado a cumprir condena ao castelo de San Antón, na Coruña. Aquí Porlier atopa apoios suficientes para preparar un novo levantamento. "O Marquesito" frecuentara a cidade durante a guerra cando, a bordo da fragata "Aretusa", se achegaba ata o peirao herculino coa finalidade de recrutar homes e repoñer material. A Coruña era o único porto libre do norte para o desembarco do material de guerra que suministraban os ingleses e probablemente debeu coñecer nunha daquelas visitas, o novo xeneral, ao comerciante Andrés Rojo del Cañizal. 

Juan Díaz Porlier
     Na cárcere Porlier  lograría contactar con Sinforiano López, o gornicioneiro preso no Cárcere Real desde 1814 e un dos líderes do levantamento antifrancés de 1808. A través deste último, Porlier mantén comunicación co grupo liberal da cidade e con oficiais dos batallóns acantoados na Coruña. Os plans xa ían avanzados cando en abril de 1815 é detido e executado Sinforiano López. A pesar diso, a conxura seguiu adiante e Porlier non atoparía dificultades para lograr un permiso do Capitán Xeral, Felipe de Saint Marq, para poder trasladarse, por motivos de saúde, ao Balneario de Arteixo, lugar no que xa levaba uns días instalada a súa muller Josefa Queipo de Llano ( filla dos Condes de Toreno) e a servidume. Tras novas peticións, o recluso obtén un novo consentimento do Capitán Xeral para instalarse na casa de campo de Andrés Rojo del Cañizal, a Casa de Vilariza, que o comerciante herdara do seu tío Manuel Rojo. O xeneral partiría da Coruña cunha escolta composta por un sarxento, tres cabos e doce soldados para instalarse na vivenda  de Andrés Rojo o 20 de agosto de 1815.

     Nas semanas seguintes, Pastoriza sería o lugar de reunión dos organizadores do levantamento. Entre os concurrentes atopábanse os oficiais Fernando de Miranda, Antonio Peón e José María Peón, o ciruxán que atendía ao matrimonio, José de Lazcano e, por suposto, Andrés Rojo del Cañizal. O interese pola seguridade do grupo levaría a este a despedir a unha criada "al considerarle Rojo muy dada a los chismes y murmullos", segundo revela na "Causa Porlier" Bernarda Freire, a criada de Redes que serviu a Josefa Queipo.

     Na noite do 18 ao 19 de setembro "O Marquesito" parte de Pastoriza cara A Coruña, cidade na que realiza o Pronunciamento en contra do absolutismo de Fernando VII. Proclama a Constitución e, constituída a Xunta do Reino de Galicia, con Porlier como capitán Xeral, as forzas sublevadas diríxense cara a Compostela co obxectivo de sumala ao alzamento. As tropas reunidas polo arcebispo Rafael Múzquiz e o xeneral José Pesci, gobernador militar da cidade da catedral, dirixíronse ata Sigüeiro ao mando do xeneral Imaz, mais antes de que chegara a producirse o enfrontamento, a noite do 21 de setembro Porlier foi traizoado por un grupo de sarxentos do reximento de Infantería de Mariña e conducido a Compostela. Fracasada a intentona, "O Marquesito", despois de ser detido, pasaría a noite no cárcere do Tribunal da Inquisición en Santiago, dende onde sería conducido ata A Coruña para ser executado no Campo da Leña o día 3 de outubro de 1815.

Gravado sobre a execución de Porlier na Coruña (Álbum Galicia, 1908. Bibl. Barreiro-López Morán)

     A represión obrigaría a moitos a fuxir. Andrés Rojo del Cañizal, condenado a morte por ser un dos organizadores do Pronunciamento e por entregar ás tropas movilizadas 199.782 reais recadados entre os comerciantes, lograría escapar a Inglaterra xunto a Pedro de Llano vinte días despois do aforcamento de Porlier.

     Rojo alternaría a súa estadía no exilio entre Londres e París. A elección de Londres fora determinada, fundamentalmente, pola presencia do seu curmán Juan de Dios Rojo, que desde 1813 estaba á fronte da filial  inglesa da empresa familiar, e o exilio parisino, a onde chega en 1819,  porque alí contaba coa axuda do seu cuñado, o conde de Toreno.

     Andrés regresaría a España no trienio constitucional (1821-1823), período no que darían os seus froitos, coa devolución dos bens embargados e o nomeamento de intendente de Galicia e tamén coma deputado, as xestións levadas a cabo en Madrid para resacirse das perdas ocasionadas pola súa intervención no Pronunciamento de Porlier. As novas responsabilidades trairíano de volta a Coruña. Na cidade herculina coincidiría con Mina, que en febreiro de 1821, tras un breve paso pola Capitanía de Navarra, obtén o traslado a Galicia como capitán xeral, elección que non era allea á reputación liberal de que gozaba a urbe herculina. Naquela altura, a casa de Juan de la Vega, na rúa Real, era lugar de reunión dos máis sinalados liberais da cidade e Mina e Rojo eran algúns dos asiduos. Alí é onde o xeneral coñecerá a Juana de Vega...e Andrés xogararía un papel clave na relación entre Juana e Mina xa que sería o padriño no casamento da parella.

     Ao longo de 1822 a Constitución voltaría a cambalear por mor do incremento da tensión política que se vivía no Estado español. A ameaza das partidas realistas, alentadas pola Rexencia de Urgell, só atoparía resposta efectiva por parte do xeneral Mina en Cataluña. O descrédito do terceiro goberno do Trienio do ministro moderado Martínez de la Rosa, provocaría a súa substitución polo rei en xullo dese ano e a elección dun gabinete exaltado. Mentres tanto, Fernando VII mantiña negociacións secretas coas potencias da Cuádruple Alianza, que culminarían en novembro deste mesmo ano cando, reunidas no Congreso de Verona, deciden intervir en España para por fin ao réxime liberal...e o 7 de abril de 1823, o Exército dos Cen Mil Fillos de San Luis cruza o Bidasoa.

     En marzo, e ante a proximidade do exército francés, as Cortes deciden o traslado a Sevilla. O rei, remiso, é obrigado a acompañalas. O avance galo cara a Madrid obriga a un novo traslado a Cádiz en xuño e, perante a negativa do rei, as Cortes aproban a suspensión nas súas funcións alegando "delirio momentáneo".

     A toma de Cádiz polas tropas francesas supón o fin da experiencia liberal e a implantación, unha vez máis, do rexime absolutista. Na Coruña, último reduto dos liberais, a resistencia prolóngase durante unhas semanas máis. A pesar das promesas de perdón do monarca, a maquinaria represiva púxose en marcha de novo e os liberais que poideron fuxir retomaron o camiño do exilio. Os que quedaron sufriron penas capitais ou foron condenados con longas sentenzas de cárcere, como Andrés Rojo del Cañizal, que estivo na prisión de Cádiz dende outubro de 1823 ata a amnistía de 1832.

     Nese período de condena, en abril de 1829, morría a súa muller Josefa Rojo, mais Andrés, pouco tempo despois da súa saída de prisión, contraería de novo matrimonio ao casar con Antonia Zaín Puget, muller procedente dunha familia da burguesía catalá e de quen se separaría en 1847 sen ter descendencia.

     Cos liberais de novo do poder Andrés Rojo sería novamente recompensado co nomeamento de intendente. En 1838, aprobada a nova división administrativa, estivo destinado en Lugo e en 1841 en Pontevedra.

     Ao pouco de volver a Galicia, o noso persoeiro estabelecería co avogado José Vázquez Bugueiro unha estreita relación política, que acabaría selándose co matrimonio de Vázquez coa súa filla Josefa. Outro dos fillos de Andrés Rojo del Cañizal, José, herdeiro das propiedades que o seu pai tiña en Arteixo (Pastoriza, Meicende, O Moucho, Oseiro...), convertiríase en alcalde desta vila entre 1869 e 1871. De profesión militar, José combatera durante a guerra carlista ás ordes do xeneral Espartero e tomaría parte no alzamento progresista de 1854 como membro da Xunta de Salvación de Pontevedra, cidade onde estaba destinado como comandante da praza. Un fillo seu, Andrés Rojo Soto, tamén sería alcalde de Arteixo: entre agosto de 1894 e setembro de 1895.

Andrés Rojo Soto
     Os últimos anos de Andrés Rojo del Cañizal virían marcados polas disputas familiares orixinadas polo reparto da herdanza. Os seus intentos de seguir mantendo o control sobre o patrimonio familiar, despois da morte da súa muller, da súa filla Josefa (1836) e dos seus cuñados Juan de Dios Rojo e Clemente Otero, sumiría á familia nunha serie de longos e penosos pleitos. Remiso a ceder os bens que por dereito pertencían aos seus fillos e sobriños, Andrés seguiría xestionando o capital a través de varias sociedades ata o 28 de decembro de 1858, o día da súa morte.

FONTES:

-BLANCO REY, MANUEL. Alcaldes de Arteixo (1836-1998). Concello de Arteixo, 1998. -DOMINGUEZ FERRO, MANUEL. O deputado Andrés Rojo del Cañizal: traxectoria vital e compromiso político (1783-1858). Cátedra, Revista Eumesa de Estudios, nº 16.
-BARTHÈLEMY, RODOLFO G. DE. El Marquesito Juan Díaz Porlier: General que fue de los Ejércitos Nacionales (1788-1815). Universidade de Santiago de Compostela, 1995.