Á unha da tarde do luns, 12 de abril de 1897, a lancha Victoria
zarpaba do porto de Malpica cun cargamento de táboas de pino destinadas á
fábrica de tabacos da Coruña, industria manufactureira que se puxera en
marcha en 1808 e que naqueles últimos anos do século XIX alcanzaría o
seu punto máis alto de emprego, con 4.000 operarias nos diferentes
traballos de elaboración e funcionamento da tabacaleira, a cifra máis
elevada da súa historia.
Tripulaban a embarcación o seu patrón e propietario, José Martínez, e os mariñeiros José Torrente, veciño de Pontedeume; Miguel Leira e Manuel Leira, de San Salvador de Maniños (Concello de Fene); Juan Cierto, Juan Ríos, Ramón Vila, Evaristo Vila e José Fernández, estos dous últimos con domicilio na parroquia de San Martiño do Porto (Concello de Cabanas). Excepto Miguel Leira, que contaba 52 anos, todos os demais eran mozos de 24 a 25 anos. Embarcaran tamén en Malpica con varios paxes de peixe, Dolores Garrido, Ramona Varela, Dolores Varela, Manuela Castiñeiras e Dolores Blanco, cinco mulleres que ían a cidade herculina a vender os seus productos.
Tripulaban a embarcación o seu patrón e propietario, José Martínez, e os mariñeiros José Torrente, veciño de Pontedeume; Miguel Leira e Manuel Leira, de San Salvador de Maniños (Concello de Fene); Juan Cierto, Juan Ríos, Ramón Vila, Evaristo Vila e José Fernández, estos dous últimos con domicilio na parroquia de San Martiño do Porto (Concello de Cabanas). Excepto Miguel Leira, que contaba 52 anos, todos os demais eran mozos de 24 a 25 anos. Embarcaran tamén en Malpica con varios paxes de peixe, Dolores Garrido, Ramona Varela, Dolores Varela, Manuela Castiñeiras e Dolores Blanco, cinco mulleres que ían a cidade herculina a vender os seus productos.
Embarcación de finais do século XIX (jrvarela.net) |
Cando a Victoria zarpou do porto bergantiñán o tempo non era malo, mais ao pouco empezaríase a notar un vento do nordés que non tardaría en converterse en furacanado. Naqueles intres, cando navegaban por diante do litoral de Arteixo, caería ademais, unha boa treboada que cubriría o horizonte cunha densa zarrazón. A viaxe principiaba a ofrecer gran risco, polo que o patrón decidiría poñer rumbo a Caión para refuxiarse neste porto.
De minuto en minuto o vento era máis amenazador e o mar íasese
enfurecendo de xeito extraordinario, empezando a entrar gran cantidade
de auga na embarcación. Tanto José Martínez como o resto dos tripulantes
facían esforzos inauditos para arriar as escotas...mais o vento
derribaba sobre cuberta aos mariñeiros. A confusión a bordo era inmensa,
e os esforzos da dotación imposibles para conter á lancha que, nun dos
vaivéns, acabaríaselle correndo a carga sobre o costado de estribor
facéndoa afundir nas proximidades da enseada do Lourido. A Victoria quedaría
quilla arriba. Imposible describir o acontecido naqueles intres. Os
nove mariñeiros e as cinco peixeiras de Malpica, que non tiveran tempo a
darse conta do naufraxio xa que viaxaban no camarote do patrón, iríanse
ao fondo do mar.
Medios de salvamento a bordo non había, só unha chalana que a
embarcación de José Martínez remolcaba, na cal tiñan só cabida tres
persoas. Diuse o caso de que nun dos primeiros golpes de mar a devandita
chalana fora a parar, segundos despois do sinistro, a unhas trinta ou corenta brazas de distancia do lugar de onde se fora a pique a Victoria.
Os mariñeiros que foran quen de saír á superficie empezarían a nadar
cara a quilla da lancha, á que se asiron todos menos dous, mentres que a
embarcación non afundiu definitivamente. Tamén aparecerían dúas das
mulleres. Unha delas lograría asirse a unha táboa e un dos mariñeiros,
procurando salvala, apresurouse a xuntar varios taboleiros para formar,
como malamente puido, unha especie de balsa que amarrou cunha corda. A
esta mesma balsa, pequena e insignificante, subiríase tamén José
Fernández, outro dos tripulantes que non fora quen de poñerse a salvo na
quilla da Victoria, mais o oleaxe iríaa separando e xa non se
volvería a saber máis daqueles infelices, o mesmo que a maioría dos
mariñeiros que permanecían asidos na quilla da lancha, que cando afundiu
definitivamente desaparecerían con ela. Salvaríanse só dous: o patrón
José Martínez e o tripulante de Pontedeume, José Torrente.
O patrón, que aínda divisaba a chalana, nadaría vigorosamente ata
alcanzala. Estaba sen remos e sen toletes. Meteuse dentro e pouco
despois escoitou, moi próximos, berros desesperados. Afundíndose ás
veces e saíndo outras á superficie, viu, non moi lonxe, a unha das
peixeiras de Malpica. Tratábase da rapaza de 18 anos Manuela
Castiñeiras, que estaba apoiada nunha táboa. Subiu a moza a bordo
axudado polo mariñeiro Torrente, que nadara ata aquel punto, e a
continuación os tres náufragos deixáronse ir impulsados polo vento e o
oleaxe. Pola dirección que levaban déronse conta que non tardarían en
esnafrarse contra As Corredosas, Valos Vellos, O Porto do Seixelo, O
Rego do Xunco...é dicir contra as rochas do litoral de
Litoral de Sorrizo |
Enseada do Lourido |
Sorrizo.
En vista disto tentaron dirixirse cara a Caión mais, cando querían
poñer esa dirección na pequena chalana, era imposible xa que o mar
rompía alí dun xeito impoñente. Terían que virar a sotavento e
encamiñarse cara a enseada de Lourido, onde ao estar próximos a terra,
como o arribo non era doado, Martínez lanzaríase unha vez máis a auga,
para suxeitar a chalana e, entre él e o seu compañeiro Torrente,
desembarcarían a Manuela Castiñeiras.
Os tres náufragos superviventes chegarían a pé a Caión, onde serían
auxiliados polas forzas de carabineiros e pola veciñanza, que os
recollería nas súas casas. Pouco despois, coas primeiras luces do día,
sairían do porto caionés varias embarcacións comandadas polo patrón
Martínez cara a costa de Arteixo, co obxecto de buscar máis
superviventes. Á altura do Lourido farían todo tipo de operacións para
atopar á Victoria e os corpos dos náufragos mais, despois de
inspeccionar durante todo o día cada aquel punto e cada palmo do litoral
arteixán, os esforzos resultarían infructuosos.
O que sí atoparían sería unha gran cantidade de madeira que a lancha
transportaba para a fábrica de tabacos. José Martínez, cando andaba a
procura da súa embarcación, chagaría ata o areal de Sabón, onde xa había
dous carabineiros que foran a pé dende Caión. Según as crónicas da
época, na praia había infinidade de persoas ..."que se dedicaban,
burlándose de los carabineros, imponiéndoseles por la superioridad
numérica, a recoger la madera e irla apilando o cargando en carros".
Aquilo
resultaba verdadeiramente escandaloso. Cando viron ao patrón, ou mellor
dito, cando se enteraron que era un dos náufragos, asediárono a
preguntas ¿Acerca do seu estado? ¿Respecto ao número de víctimas? Nada
diso. Preguntaban polos cartos que a lancha levaba; si estaban colocados
nalgunha caixa; cal era o cargamento da embarcación; etc, etc. Martínez, "que es un mozo fornido y valiente",
de seguro que de non estar tan rendido faría pagar cara alí, a algúns
dos presentes, a súa falta de humanidade e codicia. Mais nada poidera
facer. Uns minutos despois daqueles lamentables feitos presentábase en
Sabón dous carabineiros máis, os do posto de Pastoriza, a quenes o
patrón informou do que estaba pasando no areal. Unha vez souberon o que
alí acontecía, os dous carabineiros de Pastoriza xunto aos outros dous
de Caión, empezarían a arremeter contra os crebeiros arteixáns, feito
que a estos daríalles máis ánimos para tratar de acometer á escasa
forza. Os carabineiros, véndose en apuros, dispararían varios tiros (non
se sabe se houbera feridos) e despois deterían dous carros cargados por
completo de taboleiros que pretendían roubar.
Tras este lamentable incidente, o patrón e o mariñeiro dirixiríanse á
Coruña e a moza
Manuela Castiñeiras regresaría dende Caión a Malpica. José Torrente era a
cuarta vez que naufragaba e que por sorte para él, lograba salvarse.
Martínez sería atendido na cidade herculina na casa do seu parente Ramón
Casal, onde estaría
durante varios días recuperándose do abatemento da traxedia na que
faleceran sete mariñeiros e catro pasaxeiras, un patrón que tiña na
lancha, gardados nun saquiño, 288 pesos, parte dos cales lle
pertencían, constituíndo o resto o fondo do barco. Levaba, tamén, un
xiro dunhas mil pesetas endosado por D. Santiago Cachón
á orden de D. Santiago Cabanillas, da Coruña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario