Hoxe
imos falar das farmacias
máis antigas
de Arteixo, onde non
deixa de ser curioso que o persoeiro máis ilustre do noso concello,
Manuel Murguía, fora
precisamente fillo dun
boticario, de
Juan Martínez, que antes de establecerse en Santiago de Compostela
tivera farmacia na Coruña, na rúa Garás. Según
algunhas fontes, Martínez era bo
amigo (probablemente porque cursaran estudios xuntos) do veciño de
Oseiro Antón Pan, que sería
o padriño daquel meniño que nacera o 17 de maio de 1833 na súa casa de Froxel,
coñecida naquela altura
como a “casa do médico”
e que,
co tempo, convertiríase no máis destacado impulsor do Rexurdimento
galego. Manuel
Murguía falecería no seu
domicilio da rúa coruñesa
de San Agustín o 2 de febreiro de 1923, nunha época na que xa se
establecera
na nosa vila un home que seguro que tamén
vos soa o seu nome porque pasastes ducias de veces pola rúa que ten
dedicada en Arteixo: o farmacéutico Manuel Fernández Llamazares.
O Sr. Llamazares, como se lle coñecía comunmente, chegara á vila arteixá en tempos do alcalde Faustino Pazos Teijeiro, que fora o primeiro mandatario local desde marzo de 1903 ata maio de 1910. Naquela hora xa había botica en Arteixo, a de D. Jesús López Valdivieso, que solicitara a apertura dunha farmacia na vila en 1908.
Fernández Llamazares establecería a súa botica na casa que aínda podemos ver ao carón
do estanco da Baiuca, edificio que era propiedade de
Dolores e Encarnación González Mes, que eran irmáns de Baldomero,
alcalde de Arteixo en tres etapas distintas: 1914-1916, 1920-1923 e
1930-1931. O
boticario, que
tamén desempeñaría en Arteixo os cargos de xuíz municipal e de
vicepresidente da Sociedade Recreativa “El Alba” (na sede da
entidade, o Café Berán, seica tocaba o piano con gran pericia
musical), falecería a finais de 1946. Meses despois, a súa viúva María
Luísa Saralegui venderíalle a licencia da farmacia ao mestre de
Ortigueira Horacio Fernández Gómez, persoeiro que na actualidade ten
unha rúa dedicada na vila de Cariño.
Horacio Fernández quedara víuvo en 1929, con 32 anos, da súa muller Gregoria Calvete,
unha zaragozana a quen coñecera cando ambos impartían
docencia na localidade de Cariño. O matrimonio tiña catro fillas:
Marianela, Alicia, Gloria e Gregoria, rapazas ás que Horacio sacaría
adiante con moito sacrificio. A maior, Marianela, faría a carreira de
farmacia e, despois de que o seu pai lle comprara a licencia á viuda de
Llamazares, estaría ao fronte da botica desde os derradeiros anos corenta ata os primeiros sesenta. Gregoria, a máis nova das catro, vivía con Marianela na
Baiuca, e tamén iniciara a carreira de farmacia mais, cando ía polo 3º
ano, tivera que abandonala, uns estudos que retomaría posteriormente
aínda que finalmente licenciaríase en maxisterio. As outras dúas irmás,
Gloria e Alicia, só viñan a Arteixo polo verán xa que pasaban o ano en
Madrid facendo as carreiras de mediciña e de odontoloxía.
A botica estaba no baixo do edificio e unha vez rematada a carreira Alicia, unha das primeiras odontólogas galegas, montaría unha clínica dental no primeiro piso. Na casa tamén estaba Milucha do Tato, que traballaba como empregada doméstica, mais Marianela e Gregoria tratábana como si fora da familia.
Estamos xa nos sesenta, anos no que chega a Arteixo, concretamente en 1961, Teodomiro Santos Blanco, un mozo que nacera en Noia en 1929 mais que pasara media vida en Pontevedra. Aquel mozo, que hoxe vai camiño das 87 primaveras, contábame hai uns días, tomando un café, que moito lle chamara a atención que, naquela hora, unha vila como Betanzos, coa mesma poboación que Arteixo tivera tres farmacias e que aquí só houbera unha. “Foi por iso -dicíame- polo que Arteixo pareceume un sitio bo ...e mira que naqueles anos aquí todo eran leiras! Na zona só estaba a tenda de Elvirita, o Moisés e a miña farmacia”. Naqueles tempos o señor Teodomiro, que tamén me afirmaba que “en Arteixo fíxenme un home a aprendín a enfrentarme á vida”, comía e ceaba na do Veigheiro cando lle tocaba estar de guardia que, ao haber só dúas farmacias, era semana sí semana non.
A principios daqueles anos sesenta, Marianela Fernandez, que ten actualmente 94 anos, deixaba o concello arteixán
para irse a vivir a Ferrol, cidade na que tamén abriría unha farmacia.
Gregoria, a pequena das irmás, quedábase ao frente da botica da Baiuca,
botica que en 1968 cambiaría de ubicación e trasladaríase á
Avenida
do Balneario, onde Gregoria contrataría á farmaceutica Eva Gómez. A partir daquel intre, a
botica pasaría a ser a tenda de Marina, a muller de Manuel Moreiras,
que estaría no edificio ata 1980, ano no que se mudarían para onde hoxe
as súas fillas rexentan o estanco da Baiuca.
Gregoria botaría raices definitivamente en Arteixo, onde casaría naquela altura con Pepe Fontes e de aí que a farmacia (hoxe Farmacia Ana Torres) fora coñecida como “a de Fontes”. O matrimonio tería tres fillos: José Ramón, o policia local que todos coñecemos por Telete, Alejandro e Marianela.
Nestes anos sesenta, na farmacia de Teodomiro Santos traballaba Vicentina, que era filla do señor Amable. Nos 70 faríano, como auxiliares, dúas mozas arteixás que aínda hoxe, despois de máis de catro décadas, nos seguen atendendo amablemente na mesma farmacia: Begoña e Chus, que empezaron respectivamente en 1971 e 1972.
O señor Teodomiro Santos, que hoxe pasa gran parte do seu tempo no souto que
ten na Groba, na parroquia de Larín, onde prantou
castiñeiros nunha extensión de 10 hectáreas (o souto máis grande
do concello), retiraríase
nos anos noventa, mais a familia Santos seguiría vinculada ao mundo
farmaceutico no noso municipio xa que os seus fillos Eva e Manuel son,
respectivamente, os titulares das farmacias da Avenida do Balneario e
da Travesía de Arteixo.
Coincidindo cos últimos anos da vida laboral do señor Teodomiro, nun edificio antigo da Avenida do Balneario e o Camiño da Baiuca, Alicia Rey Formoso abriría o que era a terceira farmacia de Arteixo, farmacia que trasladaría en 1993 á Ponte do Ba e que en 2006 traspasaría a González-Rosón Fernández.
O Sr. Llamazares, como se lle coñecía comunmente, chegara á vila arteixá en tempos do alcalde Faustino Pazos Teijeiro, que fora o primeiro mandatario local desde marzo de 1903 ata maio de 1910. Naquela hora xa había botica en Arteixo, a de D. Jesús López Valdivieso, que solicitara a apertura dunha farmacia na vila en 1908.
Fernández Llamazares establecería a súa botica na casa que aínda podemos ver ao carón
A antiga botica da Baiuca |
Horacio Fernández quedara víuvo en 1929, con 32 anos, da súa muller Gregoria Calvete,
O farmaceutico Llamazares |
A botica estaba no baixo do edificio e unha vez rematada a carreira Alicia, unha das primeiras odontólogas galegas, montaría unha clínica dental no primeiro piso. Na casa tamén estaba Milucha do Tato, que traballaba como empregada doméstica, mais Marianela e Gregoria tratábana como si fora da familia.
Estamos xa nos sesenta, anos no que chega a Arteixo, concretamente en 1961, Teodomiro Santos Blanco, un mozo que nacera en Noia en 1929 mais que pasara media vida en Pontevedra. Aquel mozo, que hoxe vai camiño das 87 primaveras, contábame hai uns días, tomando un café, que moito lle chamara a atención que, naquela hora, unha vila como Betanzos, coa mesma poboación que Arteixo tivera tres farmacias e que aquí só houbera unha. “Foi por iso -dicíame- polo que Arteixo pareceume un sitio bo ...e mira que naqueles anos aquí todo eran leiras! Na zona só estaba a tenda de Elvirita, o Moisés e a miña farmacia”. Naqueles tempos o señor Teodomiro, que tamén me afirmaba que “en Arteixo fíxenme un home a aprendín a enfrentarme á vida”, comía e ceaba na do Veigheiro cando lle tocaba estar de guardia que, ao haber só dúas farmacias, era semana sí semana non.
O sr. Teodomiro diante da farmacia da súa filla Eva |
Gregoria botaría raices definitivamente en Arteixo, onde casaría naquela altura con Pepe Fontes e de aí que a farmacia (hoxe Farmacia Ana Torres) fora coñecida como “a de Fontes”. O matrimonio tería tres fillos: José Ramón, o policia local que todos coñecemos por Telete, Alejandro e Marianela.
Nestes anos sesenta, na farmacia de Teodomiro Santos traballaba Vicentina, que era filla do señor Amable. Nos 70 faríano, como auxiliares, dúas mozas arteixás que aínda hoxe, despois de máis de catro décadas, nos seguen atendendo amablemente na mesma farmacia: Begoña e Chus, que empezaron respectivamente en 1971 e 1972.
Edificio no que estaba a farmacia de Alicia Rey |
Coincidindo cos últimos anos da vida laboral do señor Teodomiro, nun edificio antigo da Avenida do Balneario e o Camiño da Baiuca, Alicia Rey Formoso abriría o que era a terceira farmacia de Arteixo, farmacia que trasladaría en 1993 á Ponte do Ba e que en 2006 traspasaría a González-Rosón Fernández.
Na primeira foto,esa non e a antigua tenda de Marina de Manolito?
ResponderEliminarSi, xa aparece no texto. Primeiro foi botica e despois, ata 1980, a tenda de Marina!
EliminarPois si,non se pode leer esto atendendo nenos
ResponderEliminar