O Anuario del Comercio, de la Industria, de la Magistratura y de la Administración é unha continuación, a partir de 1881, do Anuario-almanaque del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración que, en 1879, comezara a editar o libreiro madrileño Carlos Bailly-Baillière, e que máis tarde tamén farían os seus fillos, ao estilo dos que se publicaban nesa altura noutros países de Europa e en Estados Unidos, seguindo a estrutura do francés Annuaire-almanach, de Diderot-Bottin.
É unha guía que contén centenares de miles de datos das persoas que integran as institucións do Estado e das provincias en todos os seus sectores (político, educativo, militar, relixioso, xudicial, etc.) e dos profesionais e oficios, comercios, negocios, fábricas e industrias, tanto relativos a España como dos países de Ultramar e de hispano-américa, e que incorpora a partir de 1881 tamén a Portugal.
Comeza cos datos xerais das institucións estatais (Casa Real, Cortes, etc.), para a continuación ofrecelos por provincias, e nestas, por partidos xudiciais e municipios. Inicia o epígrafe de cada unha das provincias cun resumo de datos xerais sobre as mesmas (poboación, listaxe de deputados, estradas, agricultura, principais institucións, etc.). Máis adiante introduce tamén un mapa e o escudo da capital.
Ofrece, ademais, datos correspondentes, por exemplo, sobre as principais disposicións oficiais, asociacións, entidades, organizacións, párrocos ou sobre os principais contribuíntes. Tamén dá información sobre os aranceis aduaneiros e as tarifas de telégrafos e de transportes.
Para a elaboración do devandito Anuario del Comercio, de la Industria, de la Magistratura y de la Administración, o seu editor contou con corresponsais ou axentes propios en todas as capitais de provincia e nos diversos países, contando tamén cos datos facilitados polas propias institucións e os mesmos profesionais, comerciantes e industriais. E cada ano procede a revisar os datos erróneos que aparecen no anuario anterior. Inclúe tamén unha abundante publicidade comercial, xeralmente acompañada de gravados dos produtos comerciais e industriais, de maquinaria, das sedes dos negocios ou das fábricas das industrias. Esta publicidade é tanto provincial, estatal como estranxeira. Así mesmo, algúns profesionais, comercios e industrias son resaltados a través de alardes tipográficos nas relacións provinciais que se ofrecen.
Esta publicación foi declarada oficialmente de utilidade pública e premiada en numerosas exposicións. Cada volume conta con diferentes índices. Un sectorial por oficios, profesionais ou tipo de comercios ou industrias, e outro xeográfico, comportándose este como un nomenclátor. Tamén confecciona un índice dos seus anunciantes. Ao final, introducirá un índice xeral. O anuario irá aumentando cada ano de paxinación, desde as 2.000 páxinas ata acadar volumes que superan as 6.000.
Na colección da Biblioteca Nacional faltan os anuarios correspondentes aos anos 1889-1893 e 1907. Debido ao estado da colección e á inxente paxinación dos seus volumes, a dixitalización do ano 1886 está dividida en 64 entregas, e algúns anos posteriores en diversas partes. Algúns carecen de portada e primeiras páxinas.
Despois de trinta e tres anos publicándose baixo este título, en 1912 fúndese coa guía catalá Anuario-Riera (Barcelona: 1896-1911), para seguir editándose, iniciando a súa segunda época e numeración, baixo o título Anuario general de España (1912-1978), o cal non está incluido na Hemeroteca Dixital ao estar suxeito a dereitos de propiedade intelectual.
Deseguido transcribimos os datos que aparecen sobre o concello de Arteixo no nomeado Anuario del Comercio, de la Industria, de la Magistratura y de la Administración do ano 1881.
ANO 1881
ARTEIJO.- Ayunt. de 8.204 habitantes, compuesto de las parroquias siguientes:
BAYUCA (Arteijo. P.).— L. donde reside el Ayunt., sit. a 9 kilómetros de La Coruña.—Los baños denominados de Arteijo se hallan abiertos desde 1º de julio al 30 de setiembre, y sus aguas están clasificadas como cloruradas sódicas, con indicios de bromo y yodo. Médico director, D. Ramón Torner.
Secretario del Juzgado municipal.— Varela Rato (Jaime).
Agrimensor.— Marnotes Fajardo (Francisco).
Baños minerales (Establecimientos de).— Henri (Ángel); Juan Cuervo (Viuda de).
Caballerías (Alquiladores de).— Díaz Seijas (Rafael); Ferrín (Benito); Hermida (Pedro); Iglesias (Benito); Martínez (Manuel); Méndez Priego (Ramón); Mosquera (Jorge); Pereira BIanco (Benito); Rodríguez (Juan); Búa Ferro (Benito); Sánchez (Antonia).
Calderero.— González Busto (Juan).
Carnicero.— Mosquera (Pablo).
Harinas (Molinos de).—Alvarellos (Santiago); Arcas Fuentes (Domingo); Baliño San Martín (Antonio).—Castro Matínez (Antonio); Cedeira (María); Cluren Fernández (Antonio); García Martínez (José); Iglesias (Ignacio); Iglesias (Marcial); Iglesias (Viuda de Miguel); López (Manuel); Lopez Jacal (Antonio); Martínez Esmorís (Francisco); Mateo (Juan); Naya Arcora (Francisco); Naya Bolón (Manuel); Naya Varela (María); Ordóñez (Viuda de Pedro); Palleiro Parada (José); Ramon Costa (Pedro); Rumbo (Viuda de Manuel); Sande Martínez (José); Sánchez Barbeito (José); Sánchez Zas (María); Souto Esmorís (Bernarda); Valerio Calvete (Francisco); Vázquez García (Juan); Vázquez (José); Veiga Pombo (Manuel); Velo Fajinas (María); Zas García (José).
Herrador.— Sande López (José).
Herreros.—Angeriz (Nicolás); Méndez Suárez (José); Rodríguez (Mateo).
Lencerías.— Freiré Blanco (Manuel); González Vázquez (Francisco).
Médico.— Fernández Pereiro (Roberto).
Notario.— Cortiñas Cruz (Manuel).
Panaderos.— Bertuce Varela (Lucas); Canedo (Silvestre); Dominguez (Manuel); González (Florencio); Iglesias Rega (Francisca); Martínez (Juana); Palleiro Maceiras (Nicanor); Priego Nión (Antonio); Rega Iglesias (Manuel); Rico Torres (Juan); Riobo (Manuel); Rodríguez Rega (Juan); Topo Fernández; Varela (José); Varela (Viuda de Miguel); Varela Calvete (Ramón); Varela Fernández (Ángel); Varela Varela (Manuel).
Tejedor.— García Martínez (José).
Transportes (Caballerías de).— Esmorís Souto (Juan); Felipe Martos (José); García Moreno (José); Vázquez Varela (José).
Zapateros.— Hernández Romariz (Manuela); Galán Rama (Juan); García Maneiro (Antonio).
ARMENTÓN.— P. sit. á 5,7 kilómetros de Bayuca.
BARRAÑÁN.— P. sit. á 2,9 kilóm. de Bayuca.
CHAMÍN.— P. sit. á 4,4 kilóm. de Bayuca.
LAÑAS.— P. sit. á 1,7 kilóm. de Bayuca.
LARÍN.— P. sit. á 3,8 kilóm. de Bayuca.
LOUREDA.— P. sit. á 3 kilóm. de Bayuca.
MONTEAGUDO.— P. sit. á 7,5 Kilómetros de Bayuca.
MORÁS.— P. sit. á 5.7 kilóm. de Bayuca.
PASTORIZA.— P. sit. á 5,8 kilóm. de Bayuca.
PUERTO OSEIRO.—P. sit. á 2,7 kilómetros de Bayuca.
SORRIZO.— P. sit. á 4,1 kilóm. de Bayuca.
SUEVOS.— P. sit. á 5,5 kilóm. de Bayuca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario