Hoxe, 24 de xullo, ao fío de que 'Los Satélites' actúan nas festas da capital municipal, nas Crónicas de Arteixo desta semana compartimos un fermoso cartel de 1959, ano no que esta popular orquestra actuou na Festa das Flores que se celebraba no "parque- pista" do Balneario.
Como non podía ser doutro xeito, a orquestra 'Los Satélites' tamén ten o seu protagonismo no libro Os bailes dos avós. Música e salóns da Laracha de antano, o último traballo dun servidor que, por se a alguén lle resulta de interese, está ao voso dispor nas librarías da bisbarra. Como adianto do que podedes atopar no libro, aí van uns parágrafos do que contamos sobre Os Satélites:
"Falar desta banda coruñesa é falar da historia de Galicia. Os seus inicios remóntanse a 1939, cando un dos mellores saxofonistas do país, Manuel Otero, e un cantante chamado Jaime Camino decidiron alegrar con música a posguerra galega. O recrutamento de membros comezou entre os integrantes das bandas militares, que se estaban a disolver tras a Guerra Civil1. A agrupación, que comezou co nome de Jaime Camino e os seus satélites, pronto cambiou polo apelativo actual. Nos 50, co gran Pucho Boedo liderando a banda, viaxan a Venezuela. Era a primeira vez que unha orquestra galega cruzaba o Atlántico. Ao regresar de América, Los Satélites traerían ao campo da festa (á verbena) o poder da música tropical, vinte anos antes de que en Nova York se inventase a palabra salsa".
Tedes máis información sobre esta banda aquí: https://es.wikipedia.org/wiki/Orquesta_Los_Sat%C3%A9lites
Boas festas!
______________
1 Vid. M. V. (2008): “Los Satélites, casi 70 años facendo bailar a Galicia”, La Voz de Galicia, 13 de marzo.
Todo lo que sea referente a esta gran orquesta ,Los Satelites me agrada y me interesa .
ResponderEliminarEl artículo está bien y siempre es un placer para mí que viví tan de cerca esta historia .
Pero ...siempre ponen esa fotografía de Malpica que dicen que esta Lolito y que son sus inicios , no lo creo que esos fueran los Datelites , por lo menos el fundador , saxofonosista no está en la foto , eso sí sería una charanga de la época pero no los Satelites .
Cando os Satelites viaxaron a Venezuela llevaron dous cantores
ResponderEliminarPucho Boedo e Álvaro Pita