Manuel Puga nace en Santiago de Compostela, donde seu pai era Catedrático da Facultade de Dereito, e é bautizado o 23 de abril de 1874 en San Finz de Solovio, mais residiría desde moi novo na Coruña, nunha gran casona da cidade vella que herdara seu pai. Era fillo de Luciano Puga Blanco, que, ademais de profesor universitario, fora alcalde de Compostela, decano do colexio de abogados da Coruña (defendera a Curros Enriquez cando este fora condenado pola publicación de Aires da miña terra), Gobernador do Banco de España en Cuba, Deputado, Senador e Fiscal do Tribunal Supremo, equivalente ao actual Fiscal Xeral do Estado, e neto de Manuel María Puga Feijóo, Coronel do exército isabelino e herdeiro da Condesa de Ximonde.
O noso protagonista estudia Dereito en Santiago de Compostela, en donde presenta a súa tese de grado Fueros Nobiliarios en 1895. Grazas a Cánovas del Castillo, amigo de seu pai, conseguiría ser nomeado para un posto para o que non era necesario opositar na Dirección Xeral de Penales. Descontento co ambiente político de Madrid e con morriña da súa terra, tralo asasinato de Cánovas en 1897 volta a Galiza, donde casa con María del Carmen Ramón e é nomeado xuíz municipal de Arteixo, incorporándose con forte protagonismo á vida social e cultural da vila do Bolaños, máis aínda cando en 1899, ao falecer seu pai, herda o Pazo de Anzobre, en Armentón.
Manuel Puga, bo amigo dos escritores Wenceslao Fernández Flórez e Emilia Pardo Bazán, escribiría numerosos libros de gastronomía, como La cocina práctica en 1905, que tivo un gran éxito así como gran cantidade de artigos. Xenio e figura, iríase facendo enormemente popular no seu tempo como persoa e escritor, eso sí, sempre caracterizado polo gran sentido do humor e a defensa da vida popular...e por suposto, reivindicando o bacallao, as sardiñas e o lacón con grelos, frente ás copias da cociña francesa, de moda na época para a alta sociedade. Dicía que unha das mellores experiencias da súa vida fora xantar unha caldeirada nun barco de pesca.
Entre as súas numerosas receitas destaca a de bacallao, que dedica ao seu bo amigo Wenceslao Fernández poñendo de manifesto o seu sentido do humor: "se coge una hoja de bacalao muy delgada, tan delgada como Wenceslao Fernández Flórez, y se toman unos tomates muy gordos, tan gordos como yo. Se sala a Flórez y se parte en pedazos a mi, y en una tartera, capa de pedazos de Flórez desalados y capa de yo. Fuego lento; refrito por encima de aceite; mucha cebolla y ajos cuando Flórez está cocido. Diez minutos más de fuego y un perejil final reducido a picadillo con alguna sal si la necesite. Y así es la vida. Yo estaré dividido por el eje, pero usted, amigo mío, se queda sin sal que es bastante peor".
Tamén é curiosa a súa descripción do tempo que necesita un bo lacón con grelos: "A las nueve en punto de la mañana, después de bien lavado, debe ponerse a cocer el lacón en bastante cantidad de agua. A las once se le agregan los grelos y los chorizos. A las doce, las patatas mondadas y enteras, y a la una se colocan los chorizos y el lacón en una fuente, las patatas y los grelos en otra, y todo sobre la mesa, que debe estar previamente rodeada de ciudadanos con apetito y bien provista de botellas de vino del Ribeiro".
Manuel Puga empezaría a escribir no xornal El Noroeste co pseudónimo de Picadillo, chegando a ser tan popular que en 1913 escribiría un artigo titulado Quiero ser concejal, que o levaría a principiar unha campaña na Coruña para ser elexido concelleiro, facendo o 14 de outubro dese ano un chamamento: Alocución a las vendedoras de la plaza de abastos:
"Vosotras no votáis, pero tenéis maridos, hijos...a estes pedidles, mandadles...hasta llegar a requerir la zapatilla, que las coacciones en la intimidad no tienen nada que ver con la ley electoral".
Picadillo conseguiría ser nomeado candidato e saír elexido concelleiro, tomando posesión do cargo o 1 de xaneiro de 1914 dentro da corporación que preside Javier Ozores Pedrosa. Mais este alcalde dimitiría, polo que Manuel Puga sería designado como novo alcalde da cidade herculina en outubro dese mesmo ano, aínda que o sería por pouco tempo, xa que co cambio do goberno foi deposto en só dous meses. Picadillo volvería a ser alcalde da Coruña co ascenso ao fronte do Estado do coruñés Eduardo Dato en xullo de 1917. Mais a súa actuación durante a folga xeral do 13 de agosto dese ano 17, poñéndose do lado dos traballadores, levouno a ser destituído a semana seguinte e a recibir a homenaxe de 6.000 obreiros sindicados e un pergamiño firmado polas 27 sociedades obreiras coruñesas. O pergamiño dicía: "Los sindicatos obreros de resistencia de La Coruña, rinden testimonio de gratitud y simpatía a don Manuel María Puga y Parga, por su notable actitud desde la Alcaldía hacia los obreros municipales, con motivo de la huelga general declarada en España el 13 de agosto del año actual". La Coruña, 28 de octubre de 1917.
O seu paso por María Pita quedaría reflexado no seu libro Mi historia política, que Picadillo publicaría, co seu humor tan particular, en 1917 e donde saen "xoias" como esta: "En 1882 era yo un señor que tenía 8 años de edad y unos 75 kilos de peso". Este peso excesivo (dise que chegou aos 275 kilos) facíao aínda máis popular. Según o escritor Luis Antón de Olmet, un día chegou á Coruña un circo en donde se anunciaba, como principal atracción, a un home alemán que dicían que era o máis gordo do mundo, mais a xente que ía velo saía decepcionada dicindo que Picadillo era moito máis gordo e podíano ver tódolos días pola rúa.
Xa para rematar e coincidindo con este 29 de xuño, día de San Pedro, é unha obriga deixar a seguinte referencia sobre este persoeiro tan ligado ao noso concello. Era o 29 de xuño de 1917. O San Pedro de aquel ano en Armentón fora sonado. Xa moitos meses antes o feito comentábase de viva voz porque o funcionista ía ser Picadillo, o señor Conde, como era coñecido na parroquia. Como era tradición, un ano antes, a súa filla máis vella recollía os ramos do Patrón e do Sacramento para ser custodiados no Pazo de Anzobre durante todo o ano, feitos dos que o propio Puga deixaba constancia no seu libro Mi historia política:
"Dos meses antes comenzaron los preparativos y crecieron los comentarios. Se contrató la pólvora con el encargo especial de que fuera cosa nunca vista; se hizo el corrspondiente acopio de vino del Rivero; se adquirieron gallinas, pollos y cabritos, y por fin se compró la ternera que había de entregarse al sacrificio. De banda musical, se contrató al glorioso Chinto. (...) Como nota sensacional habré de deciros que el cornetín lo tocaba una señora en estado interesante que de vez en cuando interrumpía la partitura a ella encomendada, para entonar canciones picarescas que eran un éxito definitivo ante la concurrencia (...)
Pouco máis dun ano de aquela gran festa en Anzobre, o 30 de setembro de 1918, Manuel María Puga Parga, coñecido popularmente polo alcume de Picadillo, falecía con só 44 anos a consecuencia dunha gripe. Morría o persoaxe e principiaba a lenda...
Ningún comentario:
Publicar un comentario