martes, 14 de abril de 2026

A PARROQUIA DE BARRAÑÁN NA 'GEOGRAFÍA GENERAL DEL REINO DE GALICIA' PUBLICADA POR CARRÉ ALDAO EN 1928

Nado na Coruña en 1859, Uxío Carré Aldao foi un libreiro e escritor en lingua galega e castelá. No ano 1891 faise cargo da libraría de Andrés Martínez Salazar e da imprenta de Domingo Puga, onde tiña lugar unha tertulia galeguista, coñecida como A Cova Céltica, da que Carré era o principal animador.

Na súa imprenta ían aparecer gran parte dos libros dos autores galegos da época. Foi membro da Liga Galega (1897) e de Solidaridade Galega (1907), ademais de ser un dos fundadores da Real Academia Galega, así como membro da Real Academia da Historia.

Carré casou con Purificación Alvarellos Pena, con quen tivo once fillos, aos que lles inculcou as súas inclinacións literarias. Algún deles, Uxío, Leandro e Lois Carré Alvarellos foron escritores, así como as súas netas May Carré e María del Pilar Carré, que se dedicaron á novela rosa.

Algunha das súas obras foron Brétemas (1896); Raiolas (1898); Apuntes para la historia de la imprenta y el periodismo (1901); La literatura gallega en el siglo XIX (1903); Influencia de los catalanes en el progreso de la industria pesquera en Galicia (1904); Idioma y literatura de Galicia (1908); Guerra de la Independencia en Galicia. El Alzamiento contra los franceses (1908); Influencias de la literatura gallega en la castellana (1915); Contos de forxa (1919) ou, A terra chama (1925).

En 1928, catro anos antes da súa morte, publica o tomo dedicado á provincia da Coruña da Geografía General del Reino de Galicia, unha auténtica xoia, unha obra sublime na que Carré dá un paseo polo máis profundo de cada unha da parroquias dos concellos coruñeses debullando a súa xeografía, historia, lendas, etnografía... 

Con relación á parroquia de Barrañán, isto foi o que publicou na devandita obra:

Parroquia de San Xián (Julián) de Barrañán (anejo de Lañas).- A 16 kilómetros de la capital de la provincia y a las faldas de los montes Angra y el alto pico do Galo, que separan Barrañán de Arteixo. Es terreno mediano y lo riega el Castro, que viene de Monteagudo y Armentón a perderse en la playa de Barrañán o de Branquenza, por el grupo así llamado que está próximo a él.

Comprende las aldeas de Esfarrapa, Galo, Iglesario y Sar, y los grupos de Branquenza, Campo, Outeiro, Pata, Seara y Sisalde, con 319 habitantes de hecho y 348 de derecho, que viven en 98 edificios, 35 de planta baja y 55 de dos y 8 chozas o albergues. Tiene escuela de sostenimiento voluntario del ayuntamiento. Hállase a unos 3 kilómetros de la cabeza del ayuntamiento.

La iglesia parroquial es notable y fué iglesia propia. Perteneció al priorato de Cambre.

  Confina con el Océano al N., Suevos al E., Oseiro al S. y Chamín al O.

Panorámica actual de Barrañán, co Monte de Angra ao fondo

Ningún comentario:

Publicar un comentario