O Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar é unha magna obra publicada por Pascual Madoz entre 1845 e 1850. Composta por dezaseis volumes, describe todas as poboacións de España, así como termos da historia española. Supuxo na época unha mellora importante respecto ao Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal, que Sebastián Miñano acabara de publicar en 1829.
As cifras de poboación ofrecidas por este dicionario están baseadas no censo da matrícula catastral de 1842, moi criticado por inexacto e tender á baixa xa que, ao parecer, os concellos ocultaban riqueza e poboación para esquivar impostos e diminuír o recrutamento militar obrigatorio.
O chamado Diccionario de Madoz é unha moi importante referencia para as consultas de investigadores e historiadores xa que, entre outros datos, contén interesante información sobre ruínas, industria e un longo etcétera.
Con algún que outro erro, estas son as referencias que lle fai á parroquia de Armentón (lembrade que cando Madoz menciona o número de “vecinos” refírese a cabeza de familias e, cando fala de “almas”, refírese aos habitantes):
ARMENTÓN
Partido judicial de la Coruña (3 leguas), dióciseis de Santiago (7), y ayuntamiento de Arteijo: Situada cerca del mar en punto ameno, pintoresco y bien ventilado. CLIMA SANO: 70 CASAS de mala construcción. Forman la feligresía con los lugares de Anzobre, Armentón de Abajo, Armentón de Arriba, Barreiros, Campolongo, Castro, Crueslla, Corredoyra, Follazos, Gata, Gesteira, Grela, Iglesario, Monte, Roris y Telleira: tiene buenas aguas de fuente, de las que se surten los habitantes: la iglesia parroquial (San Pedro) es servida por 1 párroco de provisión ordinaria: el cementerio capaz y despejado: el Término confina con las parroquias de Arteijo, Lañas, Barrañán y Larin: el TERRENO es feráz y abunda en pastos: los CAMINOS vecinales y mal cuidados: el CORREO se recibe de la capital del partido: PRODUCE trigo, maiz, centeno, patatas y lino, y varias legumbres; cria ganado vacuno, caballar, lanar, cabrío y de cerda; hay alguna caza y bastante pesca: INDUSTRIA: la agrícola: POBLACIÓN.: 76 vecinos, 325 almas: CONTRIBUCIÓN: con su ayuntamiento.

Ningún comentario:
Publicar un comentario