martes, 4 de agosto de 2026

FRANKI LAFUENTE, PASTORIZA E O FESTIVAL DE BENIDORM DE 1985

 Este sábado, 8 de agosto, Pastoriza celebra a terceira edición do PASTO ROCK con máis de 12 horas de programación na Praza do Santuario con concertos, monólogo e actividades solidarias.

As persoas que seguides estas Crónicas de Arteixo xa sabedes que nos encanta relacionar o presente co pasado neste tipo de celebracións e, como non podía ser doutro xeito, con motivo deste PASTO ROCK 3, aproveitamos a ocasión para falar dun dos grandes “rockeiros” da parroquia: o prezado e admirado Franki Lafuente.

Franki Lafuente na súa etapa en Radio Arteixo

Franki (Pastoriza, 1961) comezou no mundo da música como vocalista de Ozono, grupo no que estivo dende 1980 ata 1982. No futuro, se cadra para o PASTO ROCK 4, prometemos falar máis polo miúdo desta banda xa que á parte de Franki tamén estaban na banda o baixista Suso de Meicende, que é fillo de Marcial Figueroa, antigo trombonista de varas da orquestra municipal da Coruña e de varios grupos da época; Pacucho de Pastoriza, curmán de Franki que integrou ocasionalmente Ozono tocando a batería; e mesmo Juan da Choupana, que era o encargado dos efectos especiais. Os anos van pasando, pero un servidor aínda recorda un concerto de Ozono no Balneario no 1981 ou no 1982 e si, tamén se acorda do fume do escenario.

Despois de Ozono, Franki foi o vocalista de Tocador de Señoras (1983-1984); Agente Naranja (1984-1986); Método Sueco (1986-1988); Perversiones (2007-2014); Bule Bule Band (2014 ata a actualidade) e Eskais (2023 ata a actualidade).

Ademais, o noso protagonista tamén foi, entre outras múltiples facetas, o locutor de Radio Arteixo dende 1993 ata o ano 2000. De aquela etapa radiofónica o que escribe garda gratos recordos coa participación nun par de programas na emisora municipal. Aquel xeito fresco e novidoso que tiña Franki de facer radio, levada de cando en vez á rúa e moi cercana coa cidadanía, recordaba un chisco a Chris Stevens, o locutor da radio local K-OSO da serie “Doctor en Alaska”, que comezaba todas as mañáns o seu programa dicindo...

-Buenos días, aquí Chris de la mañana, desde la K-OSO, Cicely, Alaska!

Franki Lafuente na súa etapa en Radio Arteixo (Departamento Cultura Concello de Arteixo)

Pero nesta crónica non imos falar da etapa radiofónica de Franki. Non, non. Imos contar o momento no que o artista de Pastoriza estivo a piques de participar cos seus compañeiros de Agente Naranja no Festival de Benidorm de 1985.

Naquel momento o grupo xa tocara en varios concertos, algúns en Pastoriza, e gravaran unha maqueta “garaxística” que andaba por aí soando dende facía algún tempo.

Os seus compoñentes (Antonio, Manolo, Pepe, Santi e Franki) xa levaban algúns anos na música: uns con estudos de conservatorio e outros dando os seus primeiros pasos en grupos da Coruña como Metal Fino, Sombras de Frac ou a banda arteixá-coruñesa Ozono da que falamos antes.

O caso é que coa chegada de 1985 deciden xuntarse e crear o grupo, ao que deciden bautizar co nome do herbicida químico utilizado masivamente durante a guerra de Vietnam. Dende aquel entón, Agente Naranja ensaian con certa regularidade nun local de Pastoriza, nunha casa da estrada que vai ao Igrexario. Teclados, guitarras, saxos, batería e baixo son os instrumentos que manexa a formación que, xunto á voz de Franki, trataba de atopar o seu oco a base de “ritmos fortes apoiados en melodías que intentan fuxir no posible do standard”, como así o comentaban na revista das festas de Pastoriza do ano 1985.

De esquerda a dereita: Antonio, Franki, Manolo, Pepe e Santi, integrantes de Agente Naranja (Revista das Festas de Pastoriza de 1985)

A súa oportunidade ía chegar a comezos de abril dese ano de 1985, que foi cando Radio Cadena Galicia empezou a emitir unha serie de programas especiais baixo o título “El nuevo pop gallego”, nos que se difundían as maquetas dos 18 grupos galegos seleccionados previamente. Un de aqueles grupos ía ser o representante galego no Festival de Benidorm de 1985, tal e como contamos deseguido.

As maquetas das 18 bandas soaban, de luns a venres, nas catro emisoras de Radio Cadena Galicia dende as 22:30 ata as 00:00. Rematada a audición de todos os grupos, un xurado constituido por Nonito Pereira, Pilar Comesaña, Carlos Cortón, Carlos Barreiro e Antón Reixa decidiron quenes estarían na final galega que se ía celebrar na sala de festas de Sada (anos despois Baroke) o 4 de maio, da cal sairía o conxunto representante de Galicia para o Festival de Benidorm.

Finalmente, os finalistas escollidos polo xurado foron Ferrari, de Ourense; Semen Up, Aerolíneas Federales e Los Culpables, de Vigo; Terminal Norte, de Ferrol; e os coruñeses Radio Océano, Viúda de Gómez e si, como podedes imaxinar, Agente Naranja.

Estamos xa nese 4 de maio de 1985. Franki e os seus compañeiros chegan a Sada para pasalo ben, disfrutar do momento e co soño de ir finalmente a Benidorm, dedicado ese ano ao “novo pop español”. Gañar alí supoñía integrarse no mercado profesional e consolidarse. Os concursos eran practicamente o único medio do que dispoñían os innumerables grupos que pululaban naquela altura en Galicia para saír á luz.

A fase final celebrada en Sada comezaba coa expectación prevista e a sala de festas chea ata os topes. Desde que Radio Cadena Española-Galicia iniciara, a través das súas emisoras, a fase de selección de maquetas, o ambiente musical galego fervía, pero fervía de veras, abofé!

Desde un principio o certame pronosticábase quente e difícil para os membros do xurado. Pastoriza enteira estaba pendente do que acontecía alí con Agente Naranja. Querían ver ao “seu” Franki en Benidorm, vaia, salvando as distancias, algo similiar ao sentimento que tiña toda Galicia coas Tanxugueiras no Benidorm Fest de 2022. Nonito Pereira, membro do xurado, escribía días máis tarde o seguinte en La Voz de Galicia:

(…) Una mujer y cuatro hombres “sin piedad” tenían que escoger a un grupo que representará al “nuevo pop gallego” que, por lo escuchado, está vivito y coleando.
Alto nivel de los participantes
En la final de Sada faltaron los grupos “Semen Up” y “Terminal Norte” y fue “Viúda Gómez e Hijos” el que tuvo que abrir brecha. Lo hizo como en este grupo es habitual, con música acelerada -con “frenillo” respecto a su primera etapa- y canciones vibrantes que hicieron saltar al “Auditorium”. El vídeo musical que lleva su nombre, realizado por X. Villaverde, en el que además de componer e interpretar el tema central aportaron la idea del guión y actuaron de protagonistas, le daba cierta aureola de favoritos.
“Los Culpables”, “Ferrari” y “Agente Naranja” demostraron que el nivel de pop-rock está preparado, listo y “ya” para singladuras importantes. Buenas maneras, música suelta, canciones cuidadas resaltaron un trabajo serio.
“Agente Naranja” fue sin duda el grupo revelación de este festival. Dentro de poco se oirá hablar de ellos como una auténtica realidad.
“Radio Océano” tuvo una actuación redonda que avalaba la imagen de favoritos con que salían en este certamen. Con ganas de sacarse la espina del II Festival de Rock Ciudad de La Coruña (R.I.P.), asumieron su papel de “abanderados -con bandera en escena- de la esencia atlántica y norteña, frente a la afeminada propaganda magrebí-torera” y tuvieron una actuación de lo más completo que les hemos escuchado. Sus canciones sonaron con fuerza y pasión, con potencia y beligerancia, aportando una alternativa al circuito “poppy” al uso.
Otro de los grupos que de antemano se barajaban como favoritos, “Aerolíneas Federales”, luciendo nueva formación con respecto al II Festival Rock Ciudad de La Coruña (¿de grato recuerdo?), que habían ganado, mostraron la otra cara del “pop/rock” gallego. Dos chicas hacían de “burbujas refrescantes” para unas canciones con ramalazos musicales de los años 60 -tan de moda en la mitad de los 80- que sonaban en la onda “poppy” debidamente apuntaladas por un bajo “funky” que daba consistencia rítmica.
El jurado: los malos de la película
Así las cosas, con equilibrio entre los grupos participantes y ambiente caldeado entre los asistentes, el jurado se retiró a deliberar. Y deliberó durante casi una hora intentando deshacer el empate que desde un primer momento emparejaría a “Radio Océano” y “Aerolíneas Federales”. Consultó con el secretario intentando buscar una salida a este empate. El intento de solución “salomónica”, dos ganadores, lógicamente fue descartado puesto que las bases no lo contemplaban.
Se produjeron nuevas explicaciones del voto por parte del jurado y “Aerolíneas” ganó, aunque “Radio Océano” no podía considerarse perdedor, sino como ganador “ex-aequo”, que se dice, pero con la mala suerte de que los “ex-aequo” no podían clasificarse y tampoco había ningún “premio de la crítica” para hacer más “suave” la decisión.
Cuando el presentador dio el nombre del grupo ganador sonaron “pitos”, y algún bote de cerveza cayó cerca del tobillo del “speaker” que, en defensa de su integridad física, tuvo que dejar constancia de que él no formaba parte del jurado.
Salieron al escenario Johnny Rotring1, de “Radio Océano”, y Miguel “Niu Borde2”, de “Aereolíneas”. El primero pidió actuar, lo que se le concedió y después no hizo, y el segundo aplaudió a su contrincante y sin embargo amigo. Un abrazo entre colegas y la actuación del grupo ganador puso fin a un certamen que fue retransmitido en directo por las emisoras de RCE-Galicia. Alegría comedida en los vencedores. Y desislusión en los “ex-aequo” y sus seguidores, que discreparon con sonoras protestas del veredicto del jurado.
Con todo, esta fiesta del nuevo pop gallego, organizada por RCE-Galicia, ha sido sin duda una autopista por donde, durante varias semanas, han puesto a tope sus “motores” los grupos gallegos y los miles de seguidores que tiene la música joven en Galicia. Una autopista que permanecerá abierta a lo largo de nuevas ediciones y de otros certámenes musicales3.

Ao final non puido ser. Aerolineas gañou en Sada e representou a Galicia no Festival de Benidorm de 1985 que ía gañar o grupo sevillano Círculo Vicioso o 17 de maio. Pero a participación de Agente Naranja, co noso Franki Lafuente liderando a banda, foi moi soada na bisbarra durante moito tempo xa que, como dicía Nonito Pereira no seu artigo publicado en La Voz de Galicia días despois do certame, “Agente Naranja fue sin duda el grupo revelación de este festival. Dentro de poco se oirá hablar de ellos como una auténtica realidad”.

O certo é que a bola de cristal de Nonito debería estar algo escarallada xa que Agente Naranja ía desaparecer como tal ao ano seguinte. “Foi intenso pero pouco extenso”, díxonos recentemente Franki coa súa habitual retranca.

Este sábado, 8 de agosto, Franki Lafuente ha de andar polo Pasto Rock 3. Xa vos contará el esta e outras anécdotas da súa etapa en Ozono, Agente Naranja... Vémonos alí!

Programación do PASTO ROCK 3

_______________________________

1 Johnny Rotring era o nome artístico do xornalista Xosé Manuel Pereiro

2 New Border era o seudónimo de Miguel Costas, que naquel tempo tamén era un dos integrantes de Siniestro Total.

3 Nonito Pereira (1985): “El grupo Aerolíneas Federales representará al nuevo pop gallego en el Festival de Benidorm”, La Voz de Galicia, 10 de maio, p. 21.