martes, 15 de setembro de 2026

OS ECOS DA "PEDRA QUE FALA" DE LOUREDA

 A historia de Arteixo non pode entenderse sen a pedra. O noso municipio conta cun valioso e destacado legado de arquitectura románica do século XII presente en varias das súas parroquias. E aínda que a primeira imaxe que as vincula sexa precisamente, esta, a dos templos parroquiais do románico, Arteixo está infestado doutras manifestacións artísticas nas que maxia e granito van collidos da man: petróglifos de Fontes Vellas e Baer, Ponte dos Brozos, Ponte de Oseiro… de seguro que aínda queda por aí algunha que outra xoia pétrea esquecida e silenciosa agochada baixo os húmidos mantos de musgo ou entre os toxos e silveiras dos montes do concello, a maioría deles impregnados de plantacións masivas de eucaliptos.

E precisamente entre os eucaliptos, neste caso nunha plantación existente na parroquia de Loureda, localízase unha zona coñecida como A Pedra que Fala. Trátase dun total de oito parcelas denominadas así que, no seu conxunto, están rodeadas pola autoestrada AG-55 e por outras parcelas que reciben os nomes de Fontiñán, Queiroal, Anseira, Canceira, Queira, Medoi, Barreiro e Carril.

"A Pedra que Fala" no voo americano dos anos 50 

Zona da "Pedra que Fala" e microtoponimia existente ao seu arredor

Unha pedra que fala é unha formación rochosa que habitualmente é coñecida polas súas propiedades acústicas especiais ou por lendas populares nas que a pedra emite sons, ecos ou mesmo resóns que parecen palabras.

A zona da Pedra que Fala de Loureda ascende ata un outeiro no que xa leva anos asentada unha antena de telefonía. Dende alí os ecos dos coches que circulan pola AG-55 son considerables. Curiosamente, a primeira vez que visitamos este lugar fixémolo na compaña de Pili Naya Vázquez, unha das nosas habituais fontes orais que é coñecedora de mil e unha historias de Loureda.

-Xa ves, a Pedra que Fala segue falando (risas), díxonos con retranca Pili referíndose a antena e ao tránsito da autoestrada na nosa primeira visita.

A Pedra que Fala segue enraizada na cultura desta parroquia arteixá, especialmente nos lugares do Foxo, Santa Rosa, As Barreiras e Carril, porque moitas xeracións escoitaron como esta lles respondía o seu eco. Polo que nos contaron varios veciños da zona, a pedra de tan enigmático nome quedou muda a raíz das obras da autoestrada AG-55. As súas singularidades acústicas foron motivo de atención por parte aCentral Folque, centro galego de música popular dedicado ao estudo, a divulgación, a docencia e a produción da música tradicional de Galicia. Precisamente, a nova produción deste colectivo é “Rupestre Sonoro: creación contemporánea e memoria oral arredor das Pedras que Falan da provincia da Coruña”, unha programación que se realiza durante este mes de setembro con roteiros e creacións artísticas nos concellos de Arteixo, Mañón, Teo e Trazo que xa tivo un encontro inaugural en Santiago de Compostela.

No caso de Arteixo, o que escribe tivo a sorte de guiar o que se realizou o pasado sábado, día 12, co que aCentral Folque botaba a andar este proxecto que conxuga o traballo de campo, a reflexión teórica, a creación literaria, a performance sonora e a reivindicación do común.

Cartaz do roteiro realizado o 12 de setembro por Loureda

Baixo a inestimable colaboración da Asociación Cultural Loureda (que durante os días previos fixeron unha impagable labor de acondicionamento e roce de camiños), o roteiro comezaba ás 10:30 h. da mañá no Centro Social do Foxo baixo o son da bugina de Xurxo Souto. Sorprendidos polo poder de convocatoria da Pedra que Fala, logo dos oportunos agradecementos e presentacións, cedémoslle a palabra a Ramón Pinheiro, membro de aCentral Folque que lle explicou á numerosa asistencia alí presente os pormenores do proxecto.

Xabier Maceiras e Xurxo Souto no lugar do Foxo, onde comezou o roteiro

PARADA 1

Rematada a intervención de Ramón, alí mesmo, xusto onde comeza a costa de Comiñas, iniciamos o roteiro falando do antigo camiño real que unía A Coruña con Bergantiños. Logo duns datos aportados pola arqueóloga Puri Soto, veciña de Loureda, recordamos unha lenda en torno ao construtor deste antigo trazado.

Ramón Pinheiro falando do proxecto de aCentral Folque

Mirade, na segunda metade do S. XVIII, dentro da súa política de construción de estradas por todo o Estado, Carlos III emprende a obra do "Camiño Transversal de Coruña a Bergantiños." Pois vintecinco anos despois, en 1804, o economista Lucas Labrada infórmanos de que entre a cidade herculina e o lugar do Foxo. estaban realizadas tres leguas. O parapeto lateral dereito da Avenida de Fisterra, as fontes da Choupana de Pastoriza e do Abade de Oseiro, e outro muro de contención no Foxo, situado xusto onde comezamos o roteiro son as evidencias deste trazado. Pero a obra ía cesar aquí! Porqué? Pois parece ser que o construtor arruinárase ao erguer a Ponte sobre o Vao (vado) do río Bolaños (hoxe, Ponte do Ba) ou porque as autoridades non lle admitiran continuar con esta obra. O caso é que ata mediados do século XIX, baixo Isabel II, non se retoma a construción da estrada a Bergantiños, pero xa se realizaría pola parte de Lañas na vez de proseguir polo Foxo. Con todo, moitas xentes de Bergantiños continuarían transitando por esta zona de Loureda durante anos! Isto que acabamos de contar, aparece narrado no capítulo titulado “Puentes y caminos de la provincia de La Coruña” que publicou Fernando Urgorri na Revista do Instituto “José Cornide” de Estudios Coruñeses (Anos 1969-1970), texto ao que lle dimos lectura neste primeiro punto do roteiro.

PARADA 2

Minutos despois comezamos a subir a costa de Comiñas e, ao pouco, fixemos a segunda parada do percorrido para falar dun dos lugares emblemáticos do lugar do Foxo: a Casa Trigo, unha desas antigas tabernas de antano nas que tanto podías comprar un paquete de café, un quilo de plátanos ou botarlle unha cunca de viño. 

Subindo polo Foxo

Alí houbo xente que tivo a ben compartir os seus recordos sobre este establecemento que estivo aberto dende os primeiros anos do século XX ata o 2017, que foi cando Pili Naya Vázquez (a mesma que nos levou por primeira vez ata A Pedra que Fala) pechou o popular negocio no que, con certeza, se venderon centos de arteixanas, esos “grandes panes de borona (maíz) de forma piramidal que se condimentan y venden en el lugar de Fojo, Loureda”, que mencionaba Uxío Carré Aldao no xornal El Ideal Gallego en marzo de 1921 e, dos que xa facía referencia no ano 1829 o “Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal” dicindo que… “los vecinos de las aldeas de Fojo, Cancelo y Rapa se sostienen con el tráfico de la Brona que venden en los mercados de la Coruña, dando con este motivo bastante trabajo a muchos jornaleros”. Se queredes saber máis sobre Casa Trigo, podedes ler a súa historia aquí: https://cronicasdearteixo.blogspot.com/2017/09/a-taberna-casa-trigo-do-foxo.html

Arriba: Pili despachando na taberna. Abaixo: foto antiga do edificio

PARADA 3

Continuamos subindo pola costa ata chegar á Fonte da Rega (da Regha para a maioría da xente da contorna), que, polo que nos dixo un veciño, “dáballe augha a toda aldea do Foxo ata que viñeron os eucaliptos”. 

Fonte da Rega

Alí (e nas seguintes paradas) contamos coa axuda de Lola, nena de 6 anos que é filla de Javier Rumbo e Lucía Abeleira -membros da Asociación Cultural Loureda- e que incentivou o roteiro cunha alta dose de chispa e simpatía. Sen documento algún que así o acredite, toda apunta a que esta fonte sexa da mesma época que a do Abade de Oseiro e que a da Choupana de Pastoriza, parece ser que todas construídas coas obras do chamado “Camiño Tranversal de Coruña a Bergantiños” mencionado ao comezo do roteiro. Na Fonte da Rega tamén falamos de Subico, monte situado nas proximidades da fonte que divide as parroquias de Santa María de Loureda, Santiago de Arteixo e Santa Mariña de Lañas. De feito, alí en Subico hai tres cruces de termo que representan a cada unha das freguesías e que están situadas ao carón dun gravado topográfico triangular.

Na Fonte da Rega

Cruces de termo que dilimitan as parroquias de Loureda, Arteixo e Lañas e situación do Monte Subico

PARADA 4

Seguimos camiñando costa arriba ata as últimas casas do Foxo. A dificultade agora aumentaba un chisco porque, co señor Lourenzo petando forte, había que subir polo monte para ver a Pedra Anduriña, unha mole de granito colosal, impoñente e lendaria que fai de vixía do Val de Loureda e sobre a que xa escribimos no seu momento neste espazo (podes ver a crónica aquí: https://cronicasdearteixo.blogspot.com/2025/03/a-pedra-da-andurina-do-foxo-loureda.html)

Pedra Anduriña

Alí botamos man do Diccionario Enciclopédico de Eladio Rodríguez (1864-1949) ao que o autor (que foi un dos corenta membros numerarios fundadores da Real Academia Galega a cal presidiu entre 1926 e 1934) lle dedicou toda a súa vida, moi valorado polo seu contido etnográfico que foi editado póstumamente. Entre outras xoias, don Eladio dinos sobre a Pedra das Andoriñas que é o “nome que dan nalgunhas comarcas ó altar natural”.

A Pedra Anduriña tivo e ten culto de seu. Unha das lendas populares da zona di que en Loureda hai un volcán (da que falamos na última parada do roteiro). Pois ben, no Foxo houbo xente que nos dixo que “esta Pedra Anduriña, e outras parecidas que hai no Monte Subico, saíron do volcán”. Pili Naya, ‘Pili de Trigo’, comentounos que na súa infancia, alá polos anos 50-60, o feito de subir ata o curuto da Anduriña era toda unha fazaña para os cativos e cativas da aldea, en especial para as nenas, pois para elas significaba gañar unha batalla na guerra pola igualdade. Pili tamén nos dixo que o que máis lles chamaba a atención desta pedra eran os gravados que tiña, gravados que segundo o seu testemuño e o de Carmiña de Flora, tamén veciña do Foxo, parecían representar “un tenedor ou garfo, unha culler e un prato”.

Para os habitantes do Foxo e da parroquia de Loureda a Pedra Anduriña é un dos seus maiores tesouros. Por tal motivo Romina García, veciña precisamente do lugar do Foxo, fíxolle hai uns anos a súa particular homenaxe á máxica pedra da súa aldea compoñendo unha linda canción que, como non podía ser doutro xeito, tivo o seu protagonismo no roteiro. Nunha apoteose total, como se se tratara dunha cerimonia de nova consagración do que puido ser un altar natural, como así o indica don Eladio Rodríguez no seu Diccionario, Romina García e Xurxo Souto cantaron ao carón desta mole de granito esta composición musical da autoría de Romina, que xa é un dos himnos de Loureda. Podes ver aquí este inesquecible momento no vídeo que nos cedeu Rubén Gerpe Bertoa:

PARADAS 5 E 6

Logo da apoteose musical mundial da Pedra Anduriña, as setenta persoas presentes no roteiro descendemos polo monte ata incorporarnos de novo á vía do Foxo. Unha vez alí, despois de andar un pouco e agardar a que se agrupara a xente, Lola, a nosa particular “becaria” deu as súas oportunas indicacións e pediu un aplauso para o recoñecemento do traballo realizado polos membros da Asociación Cultural de Loureda. Así o fixemos todos e todas. 

Lola Rumbo Abeleira e Xabier Maceiras

A continuación, na quinta parada do roteiro, a poucos metros da chamada “Caseta dos Pobres” falamos dos mananciais de augas ferruxinosas que eran moi frecuentados no pasado polas propiedades medicinais das súas augas. Fixemos o propio máis adiante, na sexta parada do roteiro, na chamada “Caseta dos Ricos”, que é onde está a Fonte Santa, á cal poidemos acceder grazas ao traballo de limpeza e roce feito nos días anteriores polos membros da Asociación Cultural Loureda. 

Imaxes da "Caseta dos Ricos" (arriba) e da "Caseta dos Pobres" (abaixo)

Na “Caseta dos Ricos” había a posibilidade de facer fonda. Tiña tres canos e a xente pagaba certa cantidade por vaso de auga, unha auga que segundo nos contou unha veciña do lugar era boa para o intestino e para o fígado”. Sobre estas dúas “casetas” e sobre a Fonte Santa publicamos hai anos neste espazo esta crónica: https://cronicasdearteixo.blogspot.com/2018/11/a-fonte-santa-do-foxo.html

Na "Caseta dos Ricos"

PARADA 7

Despois desta visita baixamos polo camiño das Pontellas ata incorporarnos á vía asfaltada que une O Foxo con Santa Rosa e As Barreiras. Alí, uns metros máis adiante do punto onde conflúen os dous camiños, está o muíño de Medoi, que xa aparece nomeado no Catastro do Marqués da Ensenada de 1752. Diante deste edificio recordamos que no pasado era a antiga “fábrica da luz”. Hoxe, a represa na que se acumulaba auga para que a turbina collera forza, xace abandonada entre a espesura vexetal e vai camiño da desmemoria absoluta. Por iso recordamos que, durante anos, foi o lugar no que se xeraba a corrente eléctrica que alumeaba algunhas casas da contorna.

Muíño de Medoi

Carmen Boedo, veciña do Foxo, contando algunha anécdota sobre a "fábrica da luz" de Medoi

PARADA 8

Logo de comentar algúns detalles en Medoi sobre a rica historia de electrificación galega baseada no aproveitamento hidraulico dos nosos ríos e regatos, collemos o camiño das Fontiñas, que comeza alí, xusto ao carón do muíño de Medoi, e que nos conduce ata a beira da autoestrada AG-55. Por este sendeiro, que ten un encanto especial, camiñamos durante aproximadamente un cuarto de hora. Ante a asfixiante calor que facía naquel intre, o paseo foi agredecido xa que pateamos en todo momento pola sombra das árbores e dos fieitos.

Pateando polo camiño das Fontiñas

Durante este fermoso percorrido, un servidor deixouse levar pola súa imaxinación e, por un momento, converteu o camiño das Fontiñas no val verde e escondido do Monte Citerón (actualmente coñecido como Elatiás) no que vivía Eco, a popular ninfa da mitoloxía grega que fora maldecida pola deusa Hera a só poder repetir a última palabra do que outros dicían. Tralo castigo Eco agachouse nos bosques, contemplando o mundo en silencio. Un día observou a Narciso, un fermoso mozo do que se namorou ao instante. El estaba cazando cervos e a ninfa seguiuno sixilosamente, ansiando dirixirse ao mozo pero sendo incapaz de falar primeiro. Cando finalmente Narciso escoita os seus pasos detrás del, pregunta: “¿Quen está aí?”, ao que Eco responde: “aí”. Continuaron así durante algún tempo, ata que a ninfa saiu do seu agocho e intentou abrazar ao seu amado. Porén, Narciso rechazouna e díxolle con vaidade que a deixara en paz. Marchou repudiando a Eco, que quedou desconsolada e pasou o resto da súa vida en soidade, consumíndose polo amor que nunca coñecería, ata que soamente permaneceu a súa voz. O seu nome converteuse en sinónimo de repetición e eco. Cóntase que Narciso morreu nun río mirando fascinado polo seu propio reflexo. Os deuses, compadecidos, seica o transformaron nunha flor amarela que nace xunto ás fontes: o narciso.

Ao final do camiño das Fontiñas o que escribe volveu á realidade escoitando un eco de fondo. Pero non era o eco da ninfa! Era o eco dos coches que circulaban pola autoestrada AG-55.

Camiñando polas inmediacións da "Pedra que Fala", xusto ao carón da AG-55

E, por fin, uns minutos despois, chegabamos á zona da Pedra que Fala de Loureda. Alí, entre risas e bo rollo, comentouse algunha anécdota que non imos desvelar para non pisar o traballo que publicará no futuro aCentral Folque. O único que podemos adiantar e que a devandita pedra levaba varios anos muda pero, despois de cederlle a palabra a Xurxo Souto, a Pedra que Fala volveu a falar, abofé! 

Na "Pedra que Fala"

Na "Pedra que Fala"

Do mesmo xeito que facían os vellos druídas celtas encargados de celebrar o culto, Xurxo preparou a súa habitual poción máxica que carga de enerxía a todo ser que está ao seu carón. Os ecos dos seus contos e das súas cancións, sempre acompañadas do seu inseparable acordeón, resoaron por toda Loureda facendo cantar a todas e cada unha das persoas alí presentes. Podedes ver aquí un resumo da súa intervención musical, nuns vídeos da autoría de Brais Maceiras, peciñas que tivo a ben montar para a ocasión o realizador arteixán Fran Naveira:

PARADA 9

Coa ilusión da permanencia eterna da Pedra que Fala, abandonamos esta zona convencidos de que nunca perderá a súa esencia nin o seu valor, porque alí obtiveron o título de "gardiáns da memoria" un feixe de persoas. 

Coa emoción do momento, baixamos polo camiño que nos conduce ata o lugar das Barreiras, onde fixemos a última parada para falar da lenda do volcán de Loureda, lenda sobre a que xa escribimos no seu momento neste espazo (podes vela aquí: https://cronicasdearteixo.blogspot.com/2021/12/a-lenda-do-volcan-de-loureda.html). 


No lugar das Barreiras falando da lenda do volcán de Loureda

Logo de pasar por Santa Rosa, e cruzar polo rego das Pontellas, onde está o lavadoiro do Foxo, andivemos un anaco polo camiño que nos leva ata a Casa Trigo. E dende aí xa baixamos ata o Centro Social, punto inicial de partida do roteiro ao que chegamos tres horas e media despois do comezo que marcara coa súa bugina Xurxo Souto ás 10:30 h.

A TARDE

Pero non vaiades a pensar que o conto acabou aí xa que pola tarde, despois de xantar, os membros de aCentral Folque desprazados ata Arteixo entrevistaron durante case dúas horas a Carmen Martínez e a súa irmá Susa no lugar das Barreiras, onde recordaron numerosas anécdotas da súa infancia sobre A Pedra que Fala e outras numerosas historias sobre Loureda que tivemos a sorte de escoitar.

Ao tempo, no Centro Social do Foxo, os membros da Asociación Cultural Loureda organizaban unha nova edición do Xogo dos Paquetes, do que tedes máis información aquí: https://cronicasdearteixo.blogspot.com/2025/09/o-xogo-dos-paquetes-da-parroquia-de.html 

Xogando aos "Paquetes" no Centro Social do Foxo o 12.09.2026

Xornada inesquecible, abofé! 

Moitas grazas a todas e a cada unha das persoas que o fixestes posible!


martes, 8 de setembro de 2026

O LUGAR DE CANZOBRE E FRANCISCO TETTAMANCY (3ª parte e fin)

 En 1904, ao ano seguinte de que Francisco Tettamancy publicara o artigo que compartimos nas Crónicas de Arteixo da semana pasada, o escritor e historiador pontevedrés Celso García de la Riega (1844-1914), considerado o iniciador e impulsor da teoría galega de Colón, publicaba Galicia Antigua. Discusiones acerca de su geografía y de su historia, obra de carácter erudito que xerou intensas polémicas historiográficas a causa do seu método hipersubxectivo e das súas conclusións conxecturais.

Como era de agardar, Tettamancy estaba en total desacordo con algunhas das teorías que aparecen na devandita obra. E así o expresou en diversos artigos publicados nos medios galegos da época onde, tratando sobre estas discrepancias con García de la Riega, volve a poñer a Canzobre como exemplo das desavinzas co historiador pontevedrés:

Francisco Tettamancy

NOTAS BIBLIOGRÁFICAS

‘Galicia Antigua’

La elogiada obra del señor García de la Riega está siendo objeto de una interesante polémica, tan útil como provechosa.

Nuestro amigo, el conocido publicista coruñés D. Francisco Tettamancy, escribió un artículo bibliográfico, que facilmente recordarán los lectores de EL CORREO, ocupándose en la labor del erudito historiador pontevedrés; y este ha contestado, obligando, a súa vez, a nuestro diligente amigo a intervenir en el debate, escribiendo la réplica siguiente:

(…) Es natural que siendo mi sabio y cariñoso amigo el Sr. Murguía un consumado celtófilo (cuidado, señor cajista, no confunda celtófobo, como confundió en mi anterior artículo, grecofobia, por grecofolia), no se concretó a achacar a los celtas la música dulcísima, sinó que se ha extendido a donarla a los gallegos por subsiguiente herencia. Al menos así lo entiendo yo, aunque sea a la ligera; y la paradoja, por consecuencia, no la veo por ninguna parte, como la palpa el señor la Riega.

Y puesto que tanto puntualiza en su refutación este apreciable publicista, huélgome yo también en significarle que si el erudito marqués de Valmar encontraba en el lenguaje galaico, grandes afinidades con el provenzal, este último, en mi humildísimo entender, opino que no sería un lenguaje espontáneo, como tampoco lo ha sido el griego; y que los accidentes indígenas del primero como secuela de su natural morfología, vendríase formando de otras lenguas anteriores, hasta el estado en que apreció literariamente en los siglos XII, XIII y XIV, y que por desgracia en el XIX y en el actual, tan lastimosamente la maltratan mucho de los… que la cultivan!

Y a propósito de las teorías grecófilas y romanófilas; mire V., señor de la Riega.- mi primer apellido Canzobre (lugar de la parroquia de Morás, ayuntamiento de Arteijo, provincia de la Coruña); y mi segundo Sergude, parroquia del de Carral en la propia provincia, hay varios nombres iguales en esta, ¿tienen ambos apellidos alguna influencia helénica o latina?

Canzobre dicen los etimologistas que su radical Can previene del sanscrito Svi (propagar, acrecer); y Sergude que, es una voz compuesta genuinamente germana: Ser (muy) gude (bueno), muy bueno.

Y nombres de la índole que por casualidad acaban de ocurrírseme tenemos tantos en nuestras poéticas mariñas!…

Y váyale V. con estas apreciaciones a su inteligente competidor V. García de Diego, romanisto convencido, que en Diario de Pontevedra del 17 del actual, por hacer arrancar todo el idioma gallego, del latín, indica: “Por especial pronunciación del latín, petra hizo el PROVENZAL peira y el frances piérre1.

As discrepancias entre eles seguían tendo eco nos medios da época, con réplicas do un e do outro. Curiosamente naquel ano de 1905 García de la Riega, que fora nomeado membro fundador da Real Academia Galega, renunciaba ao pouco tempo ao honorífico cargo por mor, parece ser, das súas profundas desavinzas con Murguía.

Poñémoslle a rama a esta crónica cun novo artigo publicado por Tettamancy na revista Galicia no verán de 1906 no que Canzobre volve a ter protagonismo na defensa das súas ideas sobre a orixe dalgúns dos nosos topónimos.

La reimpresión del segundo tomo de la “Historia de Galicia” por D. Manuel Murguía y… D. Celso García de la Riega

III

Concluía mi anterior artículo demostrando que mi buen amigo el señor García de la Riega desconoce totalmente los autores más significados y de mayor autoridad que trataron de nuestros celtas -los celtas gallegos- ; y como el no se funda más que en lo que dijeron Joaquín Costa y Martins Sarmento, únicos historiadores que a mi juicio leyó, procura desfigurar y tergiversar como con frecuencia tergiversa, los textos y referencias de los que el señor Murguía y yo hemos tenido la curiosidad natural de examinar, aquel con su pericia, los talentos y las sindéresis que le abona; y yo con las aficiones que Dios me ha dado para conocer el pasado de mi tierra.

El señor García, ajusta su criterio a su idiosincrático capricho: valeat quantum valere potest.

D. Celso nos endilga en la refutación que hace en el periódico republicano, este peregrino razonamiento:

“Es cosa de sospechar que Begollet (?), reproduce el primitivo concepto de voces celtas o hiperboreas los pueblos occidentales de los primeros y septentrionales de los segundos. Para el criterio de nuestros celtistas no puede ser más estrambótica la cita de Begollet”.

Si fuera yo a valerme de la argumentación de mi caro amigo, invertiría todo el presente artículo en garabatear con la pluma una latosa fantasía entre el imaginario Begollet que para el señor García le es tan conocido, y el BARÓN DE BELLOGUET autor del magistral trabajo Ethnogime gauloise, obra que ni al través de sus antiparras sabe D. Celso que existe; porque de saberlo no se atrevería a dudar de lo que reafirma BELLOGUET, no yo me atrevería a estampar en La Voz de Galicia apreciaciones paradógicas.

¿Con qué no es chifladura la de usted atribuir etimologías bascas a nombres locales de Galicia, aunque rebusque el símil entre Acilleiro y Acillona; Allego y Allegui; Amallo y Amallobiela; Aranza y Aranzabal, etc., etc.?

¿Y entonces las que yo cité en mi precedente artículo tomadas de la reimpresión del tomo del señor Murguía como Espá y Spá; Narbo y Narbasos; Arros y Arras; Loira y Loire; Barbanza, Barbantes y Barbanzon; Ortoño y Dordogne etc., etc., etc. ¿qué son para el señor García?

Y quiere más el señor García para que se convenza si podría citarle miles de nombres de localidad gallega, parecidos en Francia, que demuestran identidad de origen? Pues aquí tiene de mi cosecha que no figuran en el libro del señor Murguía empezando por orden alfabético:

Aire francés, Ares gallego; Ayaccio francés, Ayazo gallego; Amboise francés, Amboa gallego; Andize francés, Anduzo gallego; Arches francés, Arcas gallego; Armentieres francés, Armentons, Armenteiro y Armental gallegos; Aron francés, Arosa gallego; Arzeu francés, Arceo y Arzúa gallegos; Auge francés, Auge gallego; Aurós francés, Oroso gallego; Auron francés, Orons gallego; Avallón francés, Avalo gallego…

Y por este orden alfabético hasta la Z solo en la provincia de Coruña, figúrese mi buen amigo el señor García ¡cuántos nombres de localidad idéntico podría enumerar que no han cambiado, que son por entero de origen céltico, que ni los hombres nin vostede con toda á súa sabencia poden trocalas.

Creame usted mi buen amigo, no hay que ser tan testarudo como el otro; porque lo que se ve no se esconde; y mi argumentación está más clara que la purísima agua de mi fuente de Canzobre. 

Probable localización de "la purísima agua de mi fuente de Canzobre"

Ah! y apropósito: el nombre de Canzobre como ya en otra ocasión tuve el gusto de exponer a usted y al señor Unamuno, ¿es de procedencia basca, griega, latina o trampintana?…

Ruégole trate de buscar su etimología con el fin de ver de donde dimana o se deriva: y no me venga con andrómenas; porque Canzobre es nombre gallego neto, sin mezcla de griego, latín ni… basco.

Su radical, según diferentes diccionarios etimológicos como por ejemplo, el de Eduardo Echegaray, quiere decir que proviene del Sanscrito: Evi acrecer propagar; y según un argumento que no tiene réplica, que encuentro en el apreciabilísimo libro de mi docto amigo Marcelo Macías titulado Civitas limicorum (que paréceme tampoco conoce el señor La Riega), quien refiriéndose a la traducción de una tésera gladiatoria o muneral sobre el nombre de Cantibedoniesi, expresa en la página 55:

“Pues canti parece derivarse de la VOZ CÉLTICA Kant, arista, borde, y significar al canto, esto es, al lado de, junto al lago…”

Can, canto y Kant, en las respectivas lenguas vivas expresan también canto, borde ángulo, etc., lo mismo que en lengua céltica.

(¿Y que le parece al señor García de la voz Canzorro?)

Por manera que si la radical Kant o cant según se deja expuesto, es VOZ CÉLTICA y la terminación obre designa lugar, venimos a sacar la consecuencia, por convertirse la T en Z siguiendo sus leyes fonéticas y morpológica en que Canzobre, por cuyo punto pasa el río del mismo nombre, significa, atendiendo a las consideraciones del sabio epigrafista Macías, al borde del río etc., etc.

Y como Canzobre, tiene el señor García un sinnúmero de apelativos de lugar en estas extensas comarcas de las Mariñas, Bergantiños, tierras de Xallas donde estuvo más caracterizada la familia artábrica, comarcas que el señor García desconoce completamente, y en donde se manifiestan por medio de esas huellas vivientes, y esos monumentos megalíticos de los cuales tanto duda mi distinguido e inocente amigo, y que ni aun hace dudar de ellos a un principiante de arqueología, para cuanto más a una persona del entendimiento que a usted debe suponérsele al escribir un libro tan interesante como Galicia Antigua y que fue considerado de relevante mérito por la Academia de la Historia… ¡Por Dios, D. Celso, esto es dar una cotenada mayúscula!…

En todo su artículo, publicado por el señor García en el órgano republicano, no apunta más autores que el imaginario Begollet omitiendo por su ignorancia seguramente, a Bonsor, autor de Les colonies pre-romanas de la vallie du Betis; a Taylor, de lo del Orig. Of the Aryans; Vinson y Van Eys, de quienes dice Taylor que “siendo Eys la más grande autoridad en la materia, cree imposible explicar la antigua lengua ibérica por el basco”. Sanley, que en su Etude topographique sur l´ora marítima de Rufo Festo Avieno en la Revue Archeológique, tomo XV página 54, expresa terminantemente “que el poeta geógrafo describe a grandes rasgos la costa ibérica bañada por el Oceáno Atlántico, reservando detalles minuciosos para la costa mediterránea a partir de las columnas de Hércules, esto es, del Estrecho de Gibraltar hasta Marsella”, notando las “obscuridades, incongruencias y hasta errores geográficos” en que abunda el poema.

También ignora, probablemente el señor García la importante y reciente obra de mi querido amigo el sabio arqueólogo portugués José Leite de Vasconcellos Religióes de Lusitania, Lisboa 1905, 2º tomo. 

En fin, que si voy a mencionar autores como D´Arbois de Jubanville de quien hace caso omiso en su refutación el señor García, y de quien trataré entre otros en la próxima, tendrá que convencerse una vez más, mi excelente amigo que yo leo también algo, qué conozco un poquito de historia y que se componer algo más que… romances de ciego. 

FRANCISCO TETTAMANCY 

Coruña, 19062. 

Sen entrar a debate no asubío das balas entre os dous historiadores, ímonos quedar co detalle da insistencia co que Tettamancy fala de Canzobre e iso di moito do cariño que lle tiña a esa parte de Arteixo.

O noso protagonista refírense en numerosas ocasións ao prefixo CAN de Canzobre, que é o nucleo de poboación que está situado máis ao sur da parroquia de Morás, nunha valgada que se estende ao longo do regato de Morás e que está rodeado polos Montes dos Guizos, de Bouzarillo, Os Fechoncos, A Pedra Rubia, O Coto do Lobo e O Coto dos Corvos. A aldea conta cun dos numerosos asentamentos castrexos que hai en Arteixo, o castro de Canzobre, coñecido tamén pola denominación de “O Torreo” ou “O Castro”.

Trátase, xunto con Anzobre, Laxobre, Rañobre e un perdido Lañobre recollido por Moralejo, dun dos topónimos do municipio que levan o sufixo -OBRE na súa denominación, unha terminación sobre a que o arqueólogo Luís Monteagudo apunta a idea de que se cadra procede do indoeuropeo -VERIS (altura) ao constatar que case todos os primeiros elementos destos topónimos son xentilicios ou cognomina romanos. O popular arqueólogo tamén nos di que… " en consecuencia, y descartando por varias causas la interpretación como "altura fortificada" (=castro), creemos posible que esta "altura" de los topónimos en -bre signifique outeiro (altar) que en general aprovechaba los peñascos de las alturas, y además constituía el núcleo de una institución socio-religiosa que, evolucionando, llegó casi hasta nuestros días”.

Á esquerda, o castro de Canzobre. Á dereita, a casa que sospeitamos que pertenceu á familia de Gudelia, a muller de Francisco Tettamancy

Outros autores consideran que o sufixo -BRE derivaría de -BRIX e indicaría en orixe un poboamento en altura. Simplemente observando o modelo de elevacións da nosa bisbarra compróbase que, efectivamente, os topónimos en BRE e afíns atópanse en xeral (aínda que non en todos os casos) en zonas relativamente elevadas, non moi pronunciadas xa que o noso relevo é relativamente suave, mais si ocupan lugares altos con boa visibilidade.

Tettamancy dicía que “por manera que si la radical Kant o cant según se deja expuesto, es VOZ CÉLTICA y la terminación obre designa lugar, venimos a sacar la consecuencia, por convertirse la T en Z siguiendo sus leyes fonéticas y morpológica en que Canzobre, por cuyo punto pasa el río del mismo nombre, significa, atendiendo a las consideraciones del sabio epigrafista Macías, al borde del río etc., etc.”

Sexa dun xeito ou doutro, ide dar unha voltiña por Canzobre para coñecer o lugar!

_____________________________

1 El Correo Gallego, 1 de febreiro de 1905, páx. 1.

2 Galicia, Revista Semanal Ilustrada, n.º 29, 29 de xullo de 1906, páx. 3.