xoves, 11 de xullo de 2019

BIEITO ROMERO, DE ARMENTÓN PARA O MUNDO

Armentón foi, aló polos primeiros anos do século XX, un dos centros neurálxicos da cultura galega grazas ás frecuentes visitas ao Pazo de Anzobre de persoeiros da talla do dramaturgo Manuel Linares Rivas, os escritores Wenceslao Fernández e Emilia Pardo Bazán ou, os pintores Germán Taibo e Manuel Abelenda, prezados amigos e amigas de Manuel Puga, Picadillo, o señor do devandito Pazo.

Cousas do destino, cen anos despois de aquelas visitas, as circunstancias da vida levarían a que Bieito Romero, un dos máximos expoñentes do eido cultural galego actual, e a súa parella Marisa Diéguez elixiran esta parroquia arteixá como o seu lugar de residencia, lugar no que medrarían, a poucos metros do Pazo de Anzobre, os seus tres fillos Alba, Bieito e Mariña escoitando as historias do Armentón de antano e de hogano coa música de fondo composta polo seu proxenitor.

Imaxe de Bieito Romero en Armentón (César Quian, La Voz de Galicia)
Nado na Coruña o 3 de outubro de 1964, o noso protagonista principiaría a afección pola música de moi novo, interesándose polas músicas tradicionais e de raíz de Galicia e dos países celtas. Con trece anos, nuns momentos nos que soñaba con viaxar polo mundo e nos que a súa vida transcorre entre a cidade herculina e a aldea de Niñodaguia, no concello de Xunqueira de Espadanedo (Ourense), o pequeno Bieito iniciase coa gaita galega a pesar da dificultade que, naquela hora, supoñía avanzar musicalmente para este  tipo de música. 

Pouco despois crearía, xunto con outros músicos coruñeses, bandas nas que desenvolvería a súa aprendizaxe, como Adro, Neboeiro ou Roi Xordo, grupos cos que fixo varias actuacións. Cunha formación musical máis madura, o músico de Armentón crearía en 1986 Luar na Lubre, grupo co que acadou o maior dos seus éxitos e co que cumpriría o soño de viaxar polo mundo xa que, aquel cativo que pasaba os veráns na aldea ourensá de Niñodaguia, lograría traspasar fronteiras coa súa formación coa que, ademais, andando no tempo conseguiría premios, vendas e recoñecemento como ningún grupo galego fixera antes.

Luar na Lubre (https://www.facebook.com/Luar.Na.Lubre.Oficial/)

Amante das súas raíces e bo coñecedor dos costumes da vida rural galega, Bieito participa paralelamente a Luar na Lubre en distintas formacións folclóricas e etnográficas de recoñecido prestixio, como o grupo de música e bailes tradicionais Xacarandaina ou o Ballet Galego Rei de Viana, nos que desenvolveu un importante labor no eido musical. 

Bieito Romero foi profesor de gaita durante moitos anos, chegando a formar a Banda de Gaitas Os remuxeiros, na que participaban prestixiosos gaiteiros alumnos da súa escola, como Susana Seivane, Brais e Iago Maceiras, Luisa Sarmiento ou Xan Xove. 

Compositor de máis de 200 temas, foi versionado por diferentes grupos e mesmo un dos seus temas, "O son do ar", foi adaptado polo músico británico Mike Oldfield, sendo o tema que abre o seu CD Voyager, converténdose probablemente na canción de orixe galega máis versionada no mundo. 

O gaiteiro arteixán tamén colaborou con diferentes grupos e de moi distintos estilos como Mägo de Oz, Ophiusa, Lucía Pérez, Cómplices, Pablo Bicho, Os Diplomáticos de Monte Alto, Ghandi, Briganthya ou Brandania. 

Foi produtor de todos os traballos discográficos de Luar Na Lubre e traballou con artistas de diferentes estilos que teñen colaborado nos seus discos como Hevia, Ismael Serrano, Pablo Milanés, Lila Downs, Adriana Varela, Donal Lunny, Mairtin O´Connor, Nollaig Casey, Diana Navarro, Pat Kilbride, Miro Casabella, etc.

Bieito Romero (El Progreso)
No ano 2010 e por encargo da produtora de cine Filmanova, compuxo e gravou a banda sonora da película Doentes, baseada na novela de Roberto Vidal Bolaño e dirixida por Gustavo Balza. Na biografía do noso protagonista hai que salientar, ademais, outras facetas fora do mundo da música, entre elas o seu espectacular traballo etnográfico "Xeometrías de Galicia", un libro baseado nas formas xeométricas da arte popular galega, dende a época celta ata a actualidade que foi publicado no ano 2009 pola editorial "Ir Indo". 


Bieito tamén tivo a súa vertente hostaleira, primeiro na Coruña co mítico bar A Cova Folk que, tras case catorce anos de existencia, pecharía en marzo de 2006, e posteriormente en Arteixo, coa taberna A Baiuca que abriu as súas portas no 2013 e que rexentaría, xunto a súa parella Marisa, ata o 2015. Tanto A Cova Folk como A Baiuca foron tabernas de grata convivencia e filosófico discurrir que cumpriron perfectamente a súa labor de oficiosas embaixadoras de galeguidade na Coruña e en Arteixo, deixando na memoria moitas noites de concertos, festas, boas charlas e mellor compañía

Na actualidade o traballo de Bieito Romero céntrase en Luar na Lubre á vez que dirixe en Radio Voz o programa "Un mundo de músicas", adicado ás músicas étnicas de todo o planeta.



venres, 5 de xullo de 2019

O PINTOR MANUEL ABELENDA E A PARROQUIA DE ARMENTÓN

Fillo dunha familia proletaria que, como case todas as da época, era moi numerosa, Manuel Abelenda Zapata nace na Coruña o 2 de novembro de 1889, na casa número 10 do popular barrio de Santa Margarida. Os seus proxenitores, naturais do concello de Carral, chegaran á cidade herculina na procura dunha situación máis próspera que a que gozaban no medio rural do que procedían. Seu pai Manuel Abelenda Incógnito, que naquel intre tiña 26 anos, exercía a profesión de quincalleiro, e súa nai María Zapata Amaro, cinco anos maior que o seu home, traballaba na fábrica de tabacos. Manuel tería uns quince irmáns, aínda que a maior parte non sobreviviron ás enfermidades que decimaban a poboación infantil de aqueles días.

Neste ambiente familiar tan humilde, o noso protagonista demostraría a súa afección polo debuxo sendo aínda un cativo pois, segundo contaban os seus compañeiros, ao saír da escola dedicaba a esta actividade todos os momentos que podía.

Manuel Abelenda (Arquivo familia Abelenda)
Cando tiña catorce anos, despois de facer os estudos primarios, Manuel entra a traballar no taller de fotogravado de Pedro Ferrer, o máis importante fotógrafo da cidade da Coruña durante o primeiro terzo do século vinte. Entre 1903 e 1908 o futuro pintor asiste polas noites á materia de debuxo artístico na Escola de Artes e Oficios da súa cidade natal, na que pronto destaca e obtén os modestos premios da época.

Cun complemento económico concedido polo Concello da Coruña e máis a Deputación Provincial, en 1909 viaxa a Madrid, onde se integra nos ensinos do Círculo de Bellas Artes. Abelenda completaría posteriormente, como bolseiro da Deputación, a súa formación na Academia de España en Roma. No mes de xaneiro de 1914 admíteno como membro da Assoziacione Artística Internazionale da capital italiana mais, a guerra europea e a carestía da vida faría que a estadía prevista de catro anos en Italia se vira reducida a só oito meses e voltaría a súa cidade natal nese ano 14.

Vendo o seu progreso, o Concello da Coruña continuaría apoiando economicamente ao artista coruñés para que completase a súa formación. No orzamento de 1916, aprobado pola corporación herculina o 15 de decembro de 1915, hai unha partida de 1.250 pesetas que é xustificada polos “indiscutibles adelantos y merecimientos que le hacen acreedor a un más decidido apoyo”.

Cadro de Picadillo da autoría do pintor Manuel Abelenda (Concello da Coruña)
Naquela altura Manuel Puga Parga, o popular Picadillo, era o alcalde da Coruña, cargo que ostentaba dende o 13 de outubro dese ano de 1915 e que tan só ocuparía un par de meses. Pintor e alcalde fraguarían unha boa amistade por aqueles días, feito que daría pé a que Abelenda se convertera nun dos hóspedes habituais do Pazo de Anzobre, a residencia estival de Picadillo, que voltaría a ser alcalde herculino en 1917 e a quen Abelenda retrataría nun dos seus óleos.

Nalgunhas das súas publicacións, neste caso en Mi historia política, Manolo Puga fai alusión ao pintor cando acude ao Pazo á festa do San Pedro de 1917… “A los lados de los coches se barajaban las gentes aldeanas, y cerraban la comitiva Abelenda el pintor y Deibe el tallista, armados de gaita y tamboril, en los que ejecutaban de una manera portentosa muiñeiras y alboradas”.

"Festeiros". Óleo de Manuel Abelenda

Picadillo falecería o 30 de setembro de 1918, mais a relación de Abelenda con Armentón continuaría durante certo tempo, pois as súas xentes e os seus lugares serían fonte de inspiración dos seus óleos, obras que nalgúns casos empezaran a dar voltas no seu maxín con Picadillo aínda vivo. Nun artigo publicado no xornal El Orzán o 16 de agosto de 1918 (tan só unhas semanas antes do seu falecemento) titulado “En la paz aldeana. El pintor Abelenda”, Manolo Puga fai gala da amistade co pintor e cóntanos o seguinte:

EN LA PAZ ALDEANA. EL PINTOR ABELENDA

Acababa de comer. Había encendido el indispensable cigarrillo y esperaba pacientemente a que una “solterona” dejase filtrar las últimas gotas de café. El sol caía a plomo sobre el valle y hasta mí llegaba como única muestra de algo viviente el trepidar de un motor de gasolina destartalado arrastrando pesadamente por la carretera general entre densas nubes de polvo la mole de un coche de viajeros, y el acompasado ruido de los látigos trilladores cayendo sobre los haces de trigo tendidos en las eras cercanas.
Ni otro grito, ni otro comentario, ni el estridente chirriar de un carro, ni el canto de un pájaro. Es el mediodía, hora en que la actividad humana cede su puesto al silencio y a la quietud; momento en que el trabajador descansa de su trabajo cotidiano, en que el buey deja de comer para rumiar soñoliento tendido en el establo, en que el pájaro se embola cobijado por las hojas de los árboles.
Es toda la Naturaleza que descansa, y un ruido cualquiera, un algo que no sea esa absoluta quietud y esa tranquilidad absoluta es una nota que desentona. Por eso nos sorprende el motor que arrastra pesadamente el coche por la carretera y el golpear de esos maderos en los atados de trigo rompiendo la paz y el silencio que nos envuelve.
Un grito próximo acaba de dejarse oír. La Pepa, mi perrita Fox, que duerme a mis pies enroscada, yergue la cabeza y ventea hacia la puerta de entrada con una oreja enhiesta y un gesto mal reprimido de desconfianza.
¡Eh, maestro, aquí estoy!
Pepa, ya fuera de dudas, se precipita al recibimiento, aturdiéndonos con sus ladridos. Momentos después entra en el comedor un criado, portando lienzos, bastidores y caballetes y detrás la simpática figura del pintor Abelenda en el pie de cobrarse una deuda contraída por mí hace ya bastantes meses.
Yo le debo a Abelenda un viejo petrucio gallego de largas guedejas, de chambra amarilla, de cañotero de metal dorado y de navaja de cabo de boj sujeta al “chaleque” con una fuerte cadena de hierro oxidado; yo le debo a Abelenda una vieja cuentera con pañuelo de flores al cuello y falda de estameña y mandil de cuadros y un pañuelo de lana de fondo carminoso envolviéndole la cabeza; y una chica de cara simpática, de bata remendada, de pañuelo blanco y con unas alpargatas raídas y un chiquillo con la cara sucia y la boina rota y un pantalón heredado de diez generaciones y unos “zocos” que pesan seis veces el peso del dueño, y una cocina de “lareira” baja y sin chimenea, con pote y con cuncas y barreños de barro y calderos de cobre y abundancia de tojo que arde y un gato esmirriado y ceniciento que ni maya ni come ni coge ratones, pero que duerme siempre al amor de una piedra caldeada, y un perro castaño que mira sin nobleza y cuando puede y le dejan muerde a traición.
Y también le debo una buena dosis de árboles, de lejanías, de prados verdes, de casitas ruinosas, de ríos en cuyas laderas crecen los álamos y los avellanos y un buen cacho de mar encabritada y otro cacho nada despreciable de cielo azul y una colección de amaneceres y puestas de sol.
Pues bien: mi hombre viene a cobrarse y por eso profana con su grito la estupenda tranquilidad de aquella hora de no hacer nada.
Embutido en una blusa que en otros tiempos fue de crudillo y que hoy es de toda clase de colores, campa por sus respetos esclavo de sus modelos, y poco a poco van apareciendo en el lienzo el Tonecho, América de Abeleira, Santiaguiño de Mariano, la tía Manuela del crucero, el Pichón con su cara de mordedor, el pote, las cuncas y todos los demás trebejos que componen su cuadro admirable.
¡Ai, recodio, o tío Tonecho! ¡Está bien! ¿E aquela non é a filla de Mariano? ¡Mesmo está cospida! Y a ese tenor van opinando las gentes que desfilan ante el lienzo en los momentos de la mañana que Abelenda consagra a este cuadro que a mi juicio habrá de resultar una verdadera obra de arte.
Las tardes las dedica el pintor a hacer paisaje y el hombre va tomando para esto todos esos elementos que formaban parte de la deuda contraída por mí. Hay un monte poblado de pinos en la lejanía; una serie de planicies sembradas a maíz. Los verdes intensos de los zarzales separándolas y el rojo apagado de los tejados y las manchas blancas de las chimeneas dejando salir esos humos que velan de un azul diáfano la casi totalidad de los cuadros de este gran pintor de nuestra tierra. (A estas horas está en la cama y por eso me permito echarle todos estos piropos)
Las gentes de este país se han resistido siempre a servir de modelo, pero Abelenda se las ha arreglado de manera que yo tengo la seguridad de que hoy no se niega nadie a colocarse ante un lienzo.
Bien es verdad que tiene una colección de cuentos y una serie de cantares que causan efectos de sugestión y con eso y unas imitaciones de muerte de cerdo, canto de grillo, ladrar de can y el empleo siempre oportuno del patacón y del pitillo, amén de algún juego de manos y algún “aturuxo” cuando se tercia, marcha el hombre solo como las propias rosas y ya se tiene dado el raro caso de buscar a Abelenda para desayunarse y encontrarlo en casa de cualquier tía “Maruxa” o de cualquier tía “Pepa” comiéndose una cunca de papas con “leite da vaca” o atizándose un cacho de tocino con pan de borona desmigajado y comparecer después todo sonriente refiriéndonos la hazaña.
Porque eso sí, buen humor lo tiene y si no lo tiene lo aparenta y esto como comprenderéis es el colmo de ser artista.
Picadillo


Pazo de Anzobre, Agosto de 1918.

"Cociña galega" (Colección de Arte ABANCA)

En 1923, cinco anos despois do falecemento do seu prezado amigo Picadillo, Manuel Abelenda casa con Obdulia Freire Mariñas, unha moza de Perillo (Oleiros), onde fixará a súa residencia ata o momento da súa morte. Do matrimonio nacerían catro fillos: Obdulia, Manuel, Leonardo e Manuela.

A partir deses anos vinte, Abelenda realiza numerosas exposicións en cidades galegas (A Coruña, Vigo, Ferrol, Santiago etc.), Madrid e Barcelona, sendo considerado pola crítica da época un dos primeiros intérpretes da paisaxe galega, paisaxe na que a parroquia de Armentón ten certo protagonismo con cadros como “Anzobre”, óleo de 1925 que estivo presente nas exposicións de Baiona e Vigo en 1927 e nas de Pontevedra e Vigo de 1933 e que, a día de hoxe, descoñecemos o seu paradoiro.

Nesa época, en 1930, viaxa novamente cunha bolsa da Deputación da Coruña a Italia, Suiza, Bélxica e Francia, unha experiencia da que daría conta en artigos publicados en La Voz de Galicia e en conferencias en varios centros docentes.

Uns anos máis tarde, en 1936, un incendio acontecido no Pazo de Piñeiro, propiedade do pai de José Manuel Otero Castro Figueroa -ao que retratou- e residencia de Abelenda entre 1915 e 1918, destruiría o edificio por completo levando por diante varias obras do artista coruñés que eran exemplos interesantes das primeiras paisaxes que realizara unha vez rematada a súa formación académica.

Abelenda nunha das súas exposicións (Fundación Barrié)
A Guerra Civil sorpréndeo en Madrid, onde o noso protagonista se atopaba opositando a unha cátedra de profesor de debuxo. Permanecería alí ata 1939, data na que regresa á Coruña. Nos primeiros anos da posguerra Abelenda continuaría participando con éxito en diferentes exposicións (Vigo, 1940; Madrid, 1941; Barcelona, 1942; Oporto, 1942; Bilbao, 1945 etc.) e recibe a terceira medalla na Exposición Nacional de Belas Artes de 1943, polo seu cadro Mañana de octubre desde mi estudio. Nesa época tamén é nomeado académico de número da Academia Provincial de Belas Artes da Coruña (1941) e académico correspondente da Real Academia Galega (1946).

Abelenda falecería repentinamente en 1957 na súa casa de Perillo (Oleiros). Apegado á paisaxe da súa terra, que ao longo da súa carreira artística interpretou con modos técnicos emparentados co impresionismo e cun sentimento lírico intimista, de raíz literaria, a súa obra móstrase en museos de Europa e América, así como no de Arte Moderna de Madrid e nos da súa amada terra galega.

 FONTES:

-FUNDACIÓN PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA. Manuel Abelenda. "Catalogación Arqueólogica y Artística de Galicia" del Museo de Pontevedra. Comisario: Adolfo de Abel Vilela. Maio-Xullo 1998.
-MACEIRAS RODRÍGUEZ, XABIER. Antoloxía das Confidencias de Picadillo. Autoedición, 2018.  

xoves, 27 de xuño de 2019

HEMEROTECA

EL HERALDO GALLEGO: ÓRGANO DE LAS COLECTIVIDADES GALLEGAS EN EL PLATA.
(3 de xaneiro de 1932)

luns, 17 de xuño de 2019

PROTECCIÓN CIVIL

Chega o verán, chega o bo tempo e con él, agardando que o amigo Lourenzo cumpra cada día como é debido, os nosos areais recibirán a milleiros de usuarias e usuarios que, como cada ano, terán en cada praia a un grupo de socorristas dispostos a cumprir co seu traballo de vixianza e socorro, traballo que, por certo, iniciaron onte 37 socorristas, 4 ATS e 4 patróns de embarcación, equipo ao que se sumarán non vindeiros días 8 persoas máis.

Desde sempre, as nosas praias foron moi perigosas por mor da súa situación e orientación cara o mar. Barrañán, Alba ou Sabón, antano bastante menos frecuentadas que na actualidade, especialmente Alba e Sabón, eran lugares donde morrían afogada xente con certa frecuencia. Foi aí, a finais dos anos setenta, cando un grupo de veciños de Arteixo (non digo nomes por medo a esquecerme de alguén) chega á conclusión de que era preciso que se vixiara e se tratara de axudar ás e aos bañistas das nosas praias. Abofé que o farían. Sen pensalo moito e, por riba, sen ser un grupo organizado, puxéronse a facer Salvamento e Socorrismo cos seus propios medios: cunha zodiac prestada e sen posibilidade de comunicación entre eles. Corría o verán de 1978 e aquel grupo de heroes convertíase no pioneiro, no primeiro no noso Concello e, probablemente, un dos primeiros que principiaron esta tarefa humanitaria en toda a xeografía galega.

     En 1986, a raíz da entrada en vigor da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local, que establecía no seu artigo 26 c. a obligatoriedade de ter un servicio de protección civil nos concellos de poboación superior a 20.000 habitantes, crearíase o Grupo de Voluntarios de Protección Civil de Arteixo.

     Nos anos noventa, concretamente en 1998, os voluntarios convertiríanse en socorristas profesionais durante os tres meses de verán...eran os tempos doutros socorristas, os de Mitch Buchannon e os de C.J. (Pamela Anderson)...si, si, xa sabedes, os de "Los vigilantes de la playa"...que tempos!

Bo verán!
Imaxe dos anos 90 de Protección Civil de Arteixo

sábado, 15 de xuño de 2019

PATOS DE GOMA

Hoxe atopei, no Areal Pequeno do Rañal, un de esos patos de goma cos que xogan os cativos na hora do baño. Cousa ben curiosa, pois hai uns meses o amigo Roberto Castro, propietario da Libraría Sisargas da Coruña, recomendoume a lectura do libro La vuelta al mundo en un forro polar, da autoría do escritor alemán Wolfgang Korn, recomendación que levaría a cabo.

¿De onde ven a tea da camiseta que levas posta? ¿Quen a coseu e en que circunstancias? ¿Onde se fabricou o bolígrafo que tes enriba da mesa?...normalmente, non nos facemos este tipo de preguntas nin somos moi conscientes de onde e como se elaboraron os prodtos que utilizamos a diario. Pois ben, neste traballo de Wolfgang Korn atopamos resposta a estas preguntas. 

Korn tamén narra historias coma a dos patos de goma, na que conta como en xaneiro de 1992, no transcurso dunha tempestade, un cargueiro perdeu varios contenedores no medio do Pacífico. Un deles abriuse e 29.000 patos, tartarugas e rás de goma saíron despedidos á superficie do océano. A maior parte deles foron á deriva cara o sur e quedaron varados nas costas indonesias e sudamericanas. Mais uns 10.000 patos e rás avanzaron cara o norte, cruzaron o mar de Bering e entraron en augas árticas.

Pato de goma no Areal Pequeno do Rañal
Posteriormente, arredor de 1.995, quedaron aprisionados no xeo, para ser liberados seis anos despois preto de Groenlandia e empurrados no medio do Atlántico. Daquela, a corrente do Golfo recolleunos e arrastrounos ata Gran Bretaña e a península ibérica. Estos animais de goma insomerxibles poden recoñecerse porque levan impresas as palabras First Years e Wolfgang Korn conta que a persoa que atopa un pode informar do achado a Curtis Ebbesmeyer, investigador americano de ciencias do mar. Para él, os patos son boias de investigación que lle saen gratis xa que os seus percorridos revelan moita información acerca das correntes mariñas. Curtis Ebbesmeyer creou na Internet un sitio especial para achados en praias (http://beachcombersalert.org/), unha páxina que non só informa sobre os patos de goma, senón tamén sobre outros obxectos arrastrados polo mar, como madeiras de formas curiosas, globos de cristal ou ovos do misterioso paxaro elefante. 

E ben, chegados a este punto, seguro que vos preguntaredes se o pato que atopei hoxe no Areal Pequeno leva impresas as palabras First Years, verdade? Pois nada, xa volo conto outro día!

sábado, 1 de xuño de 2019

O CRIME DE SUEVOS


  "En las primeras horas de la mañana de ayer, las vendedoras de leche y legumbres venidas de Pastoriza y lugares inmediatos, fueron portadoras de una noticia sensacional, que pronto se propagó por La Coruña, llegando a conocimiento del público con caracteres de hecho vandálico, en el que concurrían circunstancias verdaderamente extraordinarias.
     Un matrimonio avecindado en la parroquia de Suevos, del término municipal de Arteijo, había sido asesinado, en un camino, cuando en unión de un criado suyo regresaba a su casa, a las once de la noche.
     Los asesinos habían sido seis hombres enmascarados, que saliéndoles al camino, habían acuchillado al marido y aplastado la cabeza a la mujer, de modo horrible.
     El criado tambien había sido herido de una cuchillada, pero no fallecería, como sus amos.
     El móvil del horrible asesinato decíase que había sido el robo. El matrimonio tan vilmente muerto, regresaba de hacer la venta de una finca, y traía en su poder unas veinte mil pesetas.
     Tratábase, pues, según el rumor público, de un robo en cuadrilla, perpetrado de noche, en un lugar distante dos kilómetros de los caseríos de Suevos y Pastoriza.
     La noticia causó en La Coruña una impresión escalofriante, mezclada de pena y de indignación.
     Lo que a las puertas de La Coruña pudiese campar por sus respetos una cuadrilla de salteadores de caminos, ponía los cabellos de punta a quienes oían el relato espeluznante del crimen alevoso.
     En un principio hubo en las informaciones una gran confusión de nombres, y aunque las personas propaladoras de la noticia señalaban que una de las víctimas, el marido, se apellidaba del Río, no determinaban suficientemente la persona de quien se trataba, por lo cual hiciéronse cábalas y suposiciones durante todo el día.
     Enterado de lo ocurrido por un propio que al efecto vino a esta capital, el celoso juez de instrucción D. Hilario Núñez de Cepeda, acompañado del escribano habilitado Sr. Troche, salió a las diez de la mañana para el lugar del suceso, haciéndose cargo de las diligencias que durante la noche habían instruído el juez municipal de Arteijo, Sr. Llamazares y el secretario don Ramiro Mosquera, practicando, además, personalmente, cuantas le sugirió su celo para la incoación del sumario.
     De estas diligencias y de las manifestaciones que hemos oído de labios de algunos vecinos de Suevos, Pastoriza y Arteijo, resulta que los asaltados por la banda de malhechores, eran D. Bernardo del Río Buch, su esposa doña Carmen Rita Fernández Martínez, y su criado Manuel Folgar y Folgar.
     El matrimonio del Río, que es propietario de extensas fincas rústicas y de algunas casas situadas en el denominado Pazo de Suevos, vivían en una de las últimas, la mejor, con sus hijitos, una niña de cuatro años y un niño de tres, con el padre de la esposa del Sr. del Río, D. Antonio Fernández, ex portero de la delegación de Hacienda de esta provincia, y en la actualidad administrador de fincas, y con su tío, el Sr. Buch, a quien todos hemos conocido como afilador, en los soportales de la Marina de esta capital.
     Don Bernardo del Río, es ingeniero industrial, y hombre de sólida ilustración. Residió durante algún tiempo en La Coruña, donde contrajo matrimonio con doña Carmen Rita Fernández, que como su marido, era dueña de una regular fortuna consistente en casas y bienes en esta capital, Arteijo y Carballo.
     De su labor técnica durante su residencia en esta ciudad, recordamos un proyecto que en unión de otro ingeniero suscribió y ha presentado al Ayuntamiento coruñés para una fábrica de producción de gas del alumbrado.
     Gozó siempre lo mismo en esta capital que en Arteijo de merecidas consideraciones respectos y afectos por su caballerosidad y corrección".

                               La Voz de Galicia, 20.3.1920


     Pasaron case cen anos e a lembranza dun dos asasinatos máis crueis da comarca é case inexistente. En Suevos vivía unha familia adiñeirada nos anos 20. Mais a súa folgada vida viuse truncada polo asasinato da muller Rita Fernández, a mans do seu home. Os ingredentes que poden verse en calquera telenovela acontecen nesta historia negra, na que o criado axudaría ao seu señor a golpear até a morte á muller.  

Só unha rúa, a do Pazo, deixa intuir que antano no núcleo de Suevos residía unha familia con capacidade para ter un casarío deslumbrante, do que hoxe non queda practicamente nada. O suceso protagonízao Bernardo del Río Buch, o Señorito de Suevos, e o seu criado, Manuel Folgar (de alcume Graíño), entrada a noite do 18 de marzo de 1920.

Rúa do Pazo. Suevos
    Bernardo era fillo do tenente coronel do exército, don Bernardo del Río, e de dona Avelina Buch, señora de gran fortuna e a quen o seu fillo debía o acrecemento da súa propia riqueza e a súa carreira, feita en Barcelona e completada en Alemaña. O Señorito, que casara en 1915 con Carmen Rita Ferández, estaba destinado no Catastro da Coruña, cargo ao que renunciara ao morrer a súa nai.

     Durante os cinco anos que levaban casados, as discusións entre marido e muller eran frecuentes. Os celos e o forte caracter dela batían coa debilidade polas faldas del.

     Aquela tarde do 18 de marzo de 1920 decidiran dar un paseo no carruaxe e visitar uns amigos en Arteixo. Nunha sociedade na que a igualdade non existía nin por asomo, non é de extrañar atopar alusións ao "histerismo" de Rita causado polos seus incesante celos. Con todo, o sosego reinara durante a tarde e despois de visitar a uns amigos, entre eles a D. Jovitas Marnotes e Josefa, a irmán deste, e ao alcalde Toribio Salvadores, ao anoitecer emprenden o camiño de volta.

     Camiñando cara o seu domicilio, tras deixar gardado o carruaxe no lugar de Bordeiras, na tenda de Benjamín González (tíñano que deixar alí porque o camiño a Suevos era largo, empinado, pedregoso, tortuoso e incómodo), según as versións de Bernardo del Río e do seu criado, seis encapuchados asaltáranos coa intención de roubarlles, maniatando ao Señorito e golpeando á muller, que berraba pedindo auxilio.

     Mais esta só foi a primeira versión. A presión do xuíz e do fiscal fixo que Del Río e o seu criado terminasen por rectificar e contar unha historia ben distinta e que lles levaría á cadea. 

Manuel Folgar, o criado, retractaríase toda vez que Del Río terminou por acusalo a él directamente. Nas tres versións, a tarde principia do mesmo xeito. Un día sen moito que facer, deciden ir a visitar a uns amigos, casas ás que lles conduciría Folgar.

La Voz de Galicia, 21 de marzo de 1920
     Todo acontece do mesmo xeito até o camiño de Bordeiras a Suevos para percorrer os últimos metros até o seu domicilio a pé.

     Agora, a historia dos seis asaltantes enmascarados desaparece e as versións que dan os dous imputados varían lixeiramente.

     Nas casas que visitaron, señores e criado compartiron viño e licores, aínda que según o relato de Folgar, él era abstemio. Ao chegar ao punto marcado pola traxedia, a muller empezou a increpar ao conductor porque o carruaxe non ía recto.

     Éste respondeulle e comezaron a intercambiarse insultos. Ela deulle unha labazada para intentar que calase a boca. Lonxe diso, Folgar continuou dando voces, ao igual que Rita Fernández. Foi aí cando o criado "con descuido y sin intención de causar daño" colleu unha pedra e lanzouna, según se pode ler na transcripción do seu testemuño, gardada a recado no Arquivo do Reino.

     A mala sorte fixo que a pedra golpease á muller na cabeza, o que lle causaría a morte. Para o seu abogado, o delito cometido por Folgar foi de lesións graves. Mais este relato non explicaría as nove feridas na cabeza que o forense chegou a contar, tres delas mortais.

     Del Río, incidiría na discusión entre os dous. Tamén en que o criado colleu unha pedra e lanzouna contra a víctima. A partir de aquí, a narración deste inxenieiro engade que intentou evitar o tráxico final e que recibiu do seu criado un empurrón de tal virulencia que o deixou aturdido. Folgar collería varias pedras para rematar despois coa vida da muller do Señorito cunha gran crueldade.

Restos do Pazo de Suevos
Nese intre, o pánico apoderaríase dos dous e o criado proponlle a Del Río atarlle as mans e inventarse a historia dos seis atacantes.

     A documentación recolle incluso as discusións e os celos que Carmen Rita Fernández tiña do seu home. Os ataques de histeria e o medo que lle daba o criado e que incluso a levaría a abandonar nalgunha ocasión a súa casa de Suevos para ir á dunha amiga na Coruña.

     O xuízo remataría con comentarios moi desfavorables da opinión pública xa que se contaba cunha pena maior. Ao parecer, seica algúns membros do xurado popular recibiron algún que outro agasallo, feitos que nunca se poideron demostrar.

Imaxe actual do muro do Pazo
     Finalmente, o xulgado condearía aos dous homes a quince anos de cadea, mais só cumpriron oito porque foron indultados. O 14 de setembro de 1928, Folgar abandonaba a cadea de Cartagena, e Del Río, a de San Miguel de los Reyes, un Señorito que pouco despois emigraría a Buenos Aires onde o agardaba a que fora súa amante, Pilar Alba Lamas (pertencía a familia Alba que pasaba os veráns no Pazo de Figueiroa), que no momento de cometerse o crime daba clases particulares na parroquia de Suevos.