venres, 9 de agosto de 2019

A PARROQUIA DE OSEIRO NA "GEOGRAFÍA GENERAL

Parroquia de San Tirso de Oseiro (anejo a Pastoriza).- Es terreno quebrado y montuoso, por el que corre el riachuelo Rexidoiro, que la separa de Arteixo. Está a la derecha de la carretera de Finisterre, después de bajada la empinada cuesta que toma nombre de la parroquia. Préstale abrigo el macizo de Suevos y tiene no lejanas las playas de Sabón y Alba, la aldea de su denominación a este término, que limita al N. con Suevos, al E. con su iglesia principal, al S. con Arteixo y al O. con el mar. Está a 7 kilómetros de la capital de la provincia y a 4 de la de su municipio.

     Su población asciende a 1.280 habitantes de hecho y 1.356 de derecho, distribuídos en las aldeas de Froxel, Iglesario, Pedreira, Ponte, Raña, Rañobre y Vilarrodís, y los grupos menores de Galán, Moucho, Oseiro y Sabón, que cuenta con 285 edificios, 117 de un solo piso, 131 de dos y 37 chozas y albergues. Hay escuela nacional. 

     El nombre de esta parroquia figura como Ursarium en los documentos medios, traducido así el gallego Oseiro, que puede significar lugar abundante en osos, aun cuando entonces fuera mejor Oseira (Osera), como se llama el famoso monasterio de Cea (Carballiño-Ourense), conocido por el ·Escorial de Galicia" y que suena Ursaria (556). Hay noticias de esta feligresía en el siglo IX. Formó el coto de su nombre, señorío de los Pérez das Mariñas.

Vasco da Ponte, el concienzudo genealogista del siglo XVI, que algunos creen natural de este término, si bien mas cierto parece serlo de la Coruña, nos dice en su Nobiliario, que tanto aclara algunos puntos de nuestra historia y por el que tuvimos amplias noticias de las famosas hermandades de Galicia, de las que apenas nada se sabía, que en la décima cuarta centuria era el señor de Oseiro, Erboedo y Suevos, Gómez Pérez de Pereira, y por el matrimonio de este pasó a los Pérez das Mariñas.

     En la aldea de Forxel, hoy por trasposición Froxel, nació en 17 de Mayo de 1833 otro ilustre historiador de Galicia, nuestro venerado y querido maestro y antiguo amigo don Manuel Murguía, hijo eminente de la Coruña, cuando su señora madre se dirigía, en virtud de una oferta, al vecino santuario de Pastoriza. Murió este ilustre gallego en la Coruña el 2 de Febrero de 1923.

     En las playas inmediatas se dice hay la llamada "Pena da Constanza", que debió este nombre a que allí embarcaba y desembarcaba doña Constanza das Mariñas, la casada en segundas nupcias y "a furto de su padre" con Fernán Pérez Parragués, por haberse separado de su primer marido, un Conde de Altamira "que no servía para casado", según nos cuenta Vasco da Ponte. Esta doña Constanza, llamada "a vella", tuvo un mayorazgo, fundado por su padre en los bienes que este le legó en testamento de 4 de Noviembre de 1474, hecho cuando la hija era menor de edad, "todo lo que poseía en Bregantiños en oseyro e suevos e val de miis e heruoedo e meyrama e con las encomiendas de santo andres e monteagudo e con los foros casas e casares que yo el dicho gomez perez llievo en las dichas encomyendas e en la terra señorío que foy de Iohan de coyro e de martin sanchez e en la terra de Iohan dandero".

     Su iglesia es uno de los tipos de templo románico extendidos más por Galicia. No muy conocida a pesar de su proximidad a la Coruña, Murguía fué el primero que llamó la atención sobre ella. Angel Castillo se ocupó en esta iglesia en La Arquitectura Cristiana en Galicia (Lugo, 1906); pero quien le ha consagrado un detenido estudio fué nuestro amigo el doctor catedrático de la Escuela Superior de Comercio, Fernando Martínez Morás, en su trabajo San Tirso de Oseiro, publicado ha años en La Voz de Galicia de la Coruña.

     Consta el templo de una sola nave y su ábside es semicircular, añadido de un cuerpo de presbiterio, un arco de descarga a cada lado y al exterior el ábside, cuya bóveda es de cañón. Según inscripción grabada en uno de los sillares de la pared de la derecha, junto a la puerta S., y que dice:

E CCLAM
ERA : M : CC

no ofrece duda la fecha de su construcción. Del mérito de su portada puede juzgarse por el dibujo que de ella reproducimos, por el que se ve que en el tímpano tiene una cruz y dos palomas, aludiendo a la paz del Salvador. El celoso párroco de Pastoriza don Claudio Suárez Barros hizo, hará cosa de tres años, una bien entendida reparación del templo, velando porque en ella se respetara íntegramente su carácter.

_____
(556) Orsa, Osa y Orsera u Osera son voces que se manifiestan relacionadas con el cultivo de la cebada y muy corrientes en la toponimia catalana como en la francesa (balari y Jovany: Cataluña. Orígenes históricos, pág. 199); pero en gallego tenemos los topónimos Orxo, Orxal, Orxás, Orxeira, etc., de igual significación.

venres, 2 de agosto de 2019

O CASTRO DE NOSTIÁN, O MONTE DOS CAZOLOS, RUBIÓN E BORROA

Vista da aldea de Nostián
Enclavados nunha zona históricamente castigada polo crecemento da industria da contorna coas instalacións da Refinería de Meicende, de Butano ou, entre outras, da planta de tratamento de Residuos Sólidos Urbanos, os núcleos de Borroa e de Nostián, no límite dos concellos de Arteixo e A Coruña, agochan verdadeiros tesouros do noso patrimonio, uns tesouros dos que falamos a continuación. 

Empurrado polas investigacións que levamos realizando dende hai xa varios anos para reforzar o prestixio e a importancia do propio, e tamén na procura de indicios da navegación atlántica prehistórica na nosa liña de costa, hai un par de semanas visitamos unha das xoias da arqueoloxía da bisbarra: o castro de Nostián, un asentamento que está situado a uns 80 metros sobre o nivel do mar no lugar onde se celebra anualmente a festa desta aldea herculina, ao carón dos montes dos Petóns e do Cocho da Vella, que lle dan protección pola parte norte, e nas cercanías dos depósitos de gas butano anexos á Refinería de Meicende pola parte Sur.

Imaxe tomada dende o castro de Nostián. Ao fondo, a refinaría
O xacemento, que forma unha perfecta triangulación cos seus veciños castros de Elviña e de Pastoriza, ten aproximadamente uns 7000 metros cadrados de recinto interior e un círculo exterior duns 8000 metros cadrados, cunhas medidas duns 148 metros de Leste-Oeste e duns 105 metros Norte-Sur. Está formado por unha serie de terrazas que se escalonan cara o val de Nostián, noutra hora despensa principal da cidade da Coruña.

No extremo Oeste hai un gran parapeto defensivo que aproveita a altura do terreo e os afloramentos rochosos, un parapeto que cae sobre un camiño que, segundo a opinión do historiador Xosé Troiano,de seguro que debe estar ocupado por un foxo do castro”. Ao Norte sitúase outro parapeto de menores dimensións, quedando o resto das defensas definidas por varios terrapléns, algúns con fortes desniveis. Na croa, situada na parte alta do xacemento, nos terreos coñecidos como “O Pinar”, fíxose unha prospección no ano 1975 levada a cabo polo profesor José Manuel Vázquez Varela, dando como resultados o achado dunha vivenda circular de pedra, de 7,70 metros de diámetro externo e cuns muros dun grosor de 0,80 metros. O estudo dos materiais aparecidos na casa, permiten atribuíla a un momento avanzado da cultura castrexa, preto do cambio de Era.

Castro de Nostián. Ao fondo, a planta de tratamento de Residuos Sólidos Urbanos da Coruña
No castro de Nostián, onde na actualidade aínda podemos ver dúas estructuras circulares, destacando a situada ao Norte que presenta un muro de mampostería de boa factura, atopáronse abundantes fragmentos de cerámica, algúns dos cales forman hoxe parte dos fondos do Museo Arqueolóxico da Coruña, percutores, machacadores, pedras de afiar así como tres pesas de telar e unha ficha cilíndrica perforada do mesmo material, unha machada de ferro e un anaco de fíbula de bronce, dúas rodas inferiores de muíño manual circular, varios artefactos de pedra como cristais de cuarzo, cristal de rocha, falsa amatista, sílex sen traballar e fusaiolas, que son unhas pequenas pezas circulares cun buraco na parte central (o eixo de rotación) que se colocaban no extremo inferior do fuso e permitía enfiar as febras dun elemento téxtil a través da torsión.

Petróglifos do Monte dos Cazolos
Tras visitar o castro, charlamos con varios veciños do lugar, veciñanza que nos falou
dos Petóns, do Cocho da Vella, do Monte dos Castelos, das lendas do Pé do Demo e do Pé de Deus, e do monte dos Cazolos, lugar sobre o que nos informaron de que había uns petróglifos que non deberiamos deixar de ver. E ata alí nos diriximos. Logo de falar coa xente da aldea e de escoitar tantos nomes e datos abofé que ben significativos, percorremos a pé a pista que, dende o local social da Asociación de Veciños de Nostián, transcorre ata a estrada que une Suevos e Bens, camiño que bordea a vía de acceso ao Porto de Punta Langosteira.

Pois ben, no alto deste camiño está o devandito monte dos Cazolos, lugar no que logo das oportunas indicacións de un dos veciños de Nostián tivemos a fortuna de ver un dos tesouros dos que falaba ao principio, un gran afloramento de granito branco con varias rochas que presentan unha composición complexa de cazoletas naturais e coviñas e rebaixes artificiais que forman aliñamentos mixtos (coviñas e cazolos) e tamén circulares (cazolos naturais rodeados de coviñas).

Petróglifos do Monte dos Cazolos
Días despois de ver por primeira vez esta marabilla situada na liña divisoria de Arteixo e a Coruña, visitei de novo o lugar, mais desta volta acompañado de Puri Soto e Ana Corredoira, arqueólogas aos que o afloramento lles resultou de gran interese por como se xoga nel cos elementos da pedra. Ana e Puri, grandes coñecedoras da bisbarra e verdadeiras eruditas da historia da zona, puxéronme en coñecemento do xacemento catalogado de Rubión, situado en Arteixo, entre A Cerca e o Monte dos Castelos onde, a raíz das obras do acceso a Punta Langosteira se atoparon dezanove fragmentos de cerámica neolítica correspondentes a cinco vasillas, xunto cunha peza de sílex con restos de talla.

Imaxe do petróglifo de Borroa
Outro dos puntos de interese da zona, é o lugar de Borroa, pertencente á parroquia arteixá de Pastoriza. Non deixa de ser curioso que, se buscamos a palabra “borroa” no diccionario que Leandro Carré Alvarellos editou en 1928 o seu autor infórmanos do seguinte: Montón de terrones que se queman en las rozas. V. “Borralleira”. II Túmulo dolménico. V. “Mámoa”., un significado que se cadra ten algo que ver coa importancia prehistórica do lugar no que, por certo, se atopou un petróglifo circular que durante anos permanecera degradado na parte de un muro de división entre dúas parcelas situadas neste núcleo de Borroa. A situación deste pequeno tesouro veríase agravada posteriormente por mor das obras da vía do porto de Punta Langosteira, feito que conduciría á asociación cultural arteixá Monte da Estrela a movilizarse para que se tomasen medidas de xeito inmediato de protección, o que daría paso a que o petróglifo de Borroa se trasladara ao Museo Arqueolóxico da Coruña no ano 2010.

O Monte dos Castelos de Nostián vistos dende o litoral de Arteixo
Tampouco podemos pasar por alto a natureza marítima da zona, especialmente o Monte dos Castelos, verdadeiro referente do mar ártabro e da navegación nesta parte do Atlántico.

Con estas catro pinceladas das que falamos hoxe nesta modesta bitácora amósase, dun xeito abraiante, como o brutal crecemento urbano e industrial foi engulindo, prácticamente na súa totalidade, os restos patrimoniais que perduraron ata hai ben pouco dende os tempos prehistóricos dos nosos devanceiros, resistindo tan só unha minúscula pero fermosa pegada que está rodeada do máis rotundo dos feísmos, como ben di o meu amigo Alberto García Roldán no seu blogue "Galicia pueblo a pueblo"(https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2014/10/castro-de-nostian-coruna.html). Con todo, e a pesar dos pesares, non deixedes de visitar a zona e, ao patear os seus recunchos cantade, por favor, a seguinte copla do cancioneiro popular galego que xa soaba na bisbarra a finais do século XIX:

Ai Marica, quen te entende,
Marica de Nostián;
cantos che rondan a porta
¡tal se veñen tal se van!  


FONTES:

TROIANO, XOSÉ.  patrimoniogalego.net
GARCÍA, ALBERTO. galiciapuebloapueblo.blogspot.com


venres, 26 de xullo de 2019

A PARROQUIA DE MORÁS NA "GEOGRAFÍA GENERAL DEL REINO DE GALICIA"

Parroquia de San Estebo (Esteban) de Morás, de entrada.- Está dividida de Loureda por los montes Pena de Carro, Pena Rubia, cotosal y Balay, que abrigan el N. del valle de aquella feligresía.
     Hállase Morás al E. del ayuntamiento, en las faldas occidentales del monte do Xalo, desde cuyas cumbres es imponderable el panorama que se descubre, y de las del monte das Arcas, llamado así por sus mámoas, que la separan del municipio de Culleredo, y desde las que se abre la cañada oriental del valle. Nos guía a esta parroquia la carretera del Espiño (Coruña), que para en Uxes a los 8 kilómetros de recorrido. Ejerce el patronato de esta parroquia la familia de los Bermúdez de Castro y fue del dominio de Xan de andeiro, que tenía otros más en ente ayuntamiento y en la provincia.

     Sus aldeas son Canzobre, Freán, Insoa, Morás, Santa Cecilia, Souto y Uxes, y los grupos menores de Martulo y Monte de Arcas, con 308 edificios, 87 de planta única, 167 de dos cuerpos y 60 chozas y albergues, en los que vive una población de 1.022 habitantes de hecho y 1.117 de derecho. Cuenta con una escuela nacional. Hay unos 2 kilómetros a Arteixo.

     Es de terreno montuoso y fértil y productor de numeroso ganado. Sus aguas van al río de Monelos (Coruña Oza). Limita al N. y NO. con Arteixo, al O. y SO. con Loureda y por el E. con Culleredo, que divide el Xalo.

     Su iglesia tiene ábside cuadrangular con bóveda de cañón, directriz apuntada, apoyada sobre arcos de igual directriz. Es de últimos del siglo XII o comienzos del XIII. En el primer siglo suena como Moralias. Para las iglesias de Lañas, Loureda y Morás, véase Almanaque Gallego (Buenos Aires, 1917).

mércores, 17 de xullo de 2019

JULIÁN FERNÁNDEZ, O COCIÑEIRO DO PETROLEIRO URQUIOLA

Un dos días que nunca esquecerei na miña vida é o 12 de maio de 1976. Faltábanme só oito días para cumprir os seis anos. Naquela altura, mentres eu quedaba baixo o coidado de meus avós Milio e Carme, miña nai, Melucha, traballaba na Salgueiro S.L., a fábrica de conservas que había no Rañal, a poucos metros do noso domicilio. Aquel día, aquel 12 de maio do 76, despois da súa xornada laboral e nada máis entrar pola porta, mamá díxome:

-
neno, imos á Coruña. Imos ver o petroleiro!

Para un cativo do rural coma min, neses anos, o feito de ir á cidade era todo un acontecemento. Era coma un día de festa, pois sempre viña de volta con algún xoguete e algunha larpeirada. Miña nai facía pouco tempo que tiña coche. Coa axuda dos seus pais, mercara un Seat-127 de cor amarelo, do cal aínda me lembro da súa matrícula: C-9837-E. No "Panchiño", como lle chamaba o avó Milio ao Seat, pasei momentos moi doces da miña infancia ao son de Abba, Bonnie M, Pucho Boedo e, sobre todo, de Camilo Sesto, o amor platónico de aquela muller loitadora que xa hai vinte anos que nos deixou, despois de a que levara por diante un terrible cancro.

Ao chegar ao Ventorrillo, na entrada da Coruña, quedara abraiado coa inmensa nube negra que se vía ao fondo da cidade. Lembro que mamá estivera a piques de voltar cara a casa. Agora que son pai sei perfectamente o que se lle pasou pola cabeza naqueles intres. Mais, con todo, e de seguro que por mor da miña insistencia, dirixímonos ata a zona da Torre de Hércules. Unha vez alí, ao baixar do coche, unha sensación de perplexidade, de abraio, de medo… empezou a percorrer polo meu corpo. Quedara pasmado co que estaba vendo! Os meus ollos nunca viran nada semellante: o mar ardía no medio de aquela impresionante fumareda negra! Logo, co paso dos anos, comprendín a magnitude da catástrofe que estaba a presenciar. Aquel petroleiro era o Urquiola!

Imaxe da primeira explosión do Urquiola (Foto Blanco)
Efectivamente, o petroleiro Urquiola fora o protagonista, aquel 12 de maio de 1976, dunha das peores catástrofes medioambientais acontecidas en España. O buque, que fora construído nos estaleiros de Sestao en 1973, conducía 107.677 toneladas de petróleo cru desde Ras Tamura (Aurabia Saudita) á terminal de hidrocarburos do porto da Coruña con 37 tripulantes a bordo, todos vascos e galegos.

O vixía dos prácticos na Torre de Hércules avístao pouco antes das oito da mañá e uns intres máis tarde, cando o práctico do porto Benigno Sánchez Lebón se dirixía a bordo da súa embarcación rumbo ao petroleiro, o Urquiola comezaba a súa virada para enfilar o canal de entrada ao porto herculino, unha operación na que o buque tocaría nunhas pedras dos baixos de As Acentes que non estaban sinalizadas nas cartas da época, abríndoselle varias vías de auga no seu casco.

Os danos producidos por este primeiro choque afectábanlle a un tanque de fuel oil de consumo do propio petroleiro, a un tanque vertical de proa e a unha das cámaras de bombas que se inundou. As avarías eran de consideración mais con todo o seu capitán, o coruñés Francisco Eduardo Rodríguez Castelo, pensaba que se podían reparar perfectamente cos medios de a bordo e seguir navegando polos seus propios medios cara o porto.

Tomadas as medidas propias dunha situación de emerxencia e co práctico xa a bordo, ás 09:30 horas o Urquiola recibe a orde de saír polo mesmo canal polo que entrara e dirixirse cara a altamar, mais por segunda vez, o buque petaría coa súa quilla nos baixos que non estaban marcados nas cartas mariñas da época, desta volta con moita máis violencia. Este segundo choque orixinaría a catástrofe. Aos poucos segundos rebentarían varios tanques, comezando a saír cru por eles con moita forza. Eran os tanques n.º 1 e 2 do costado de estribor e os n.º 1, 2 e 3 centrais. Esta saída brusca do cru provocaría que o Urquiola se escorara rapidamente, cunha inclinación de 12º a babor e comezando a proa a somerxer baixo as augas.

Imaxe da cidade da Coruña trala explosión do Urquiola (Ignacio Arnaiz)
Co petroleiro totalmente entalado nas pedras e ante o inminente perigo, o capitán Rodríguez Castelo ordena á tripulación abandonar o buque e, de contado, o remolcador Sertosa 10 acobadouse ao casco do Urquiola para recoller á súa dotación, quedando tan só el a bordo xunto ao contramestre, un bombeiro, tres mariñeiros e o práctico do porto coruñés Sánchez Lebón. Pouco despois, o remolcador Ponte Naya recollía ao resto de homes que aínda permanecían a bordo do petroleiro, a excepción do capitán e do práctico que se tirarían á auga para fuxir das lapas cando o Urquiola explota ás 13:30. O capitán morrería no mar envolto en lapas (o seu corpo aparecería dous días despois) e o práctico conseguiría chegar ao areal de Canabal (Mera, Oleiros) despois de nadar durante case catro horas.

Trala explosión do Urquiola produciríase un pavoroso incendio. O petróleo derramado sobre as augas da baía coruñesa ardía con virulencia e, inmediatamente, formouse unha densa nube de fume negro que poucas horas despois cubrira totalmente o ceo herculino. E alí, á zona da Torre, sobre as 6 da tarde daquel 12 de maio do 76, chegaba con súa nai quen escribe, un cativo que quedara pasmado co que estaba vendo e que aínda, a día de hoxe, cando escoito o nome “Urquiola” pónseme a pel de galiña!

No Melandrainas, con Queta Soto e Marga Fernández
Cousas do destino e casualidades da vida, 43 anos despois aquel cativo fala un día coa súa boa amiga Marga Fernández, unha das alma mater do Colectivo Teatral Melandrainas de Arteixo, e cóntalle que seu pai era o cociñeiro do Urquiola. Non o podía crer! Ese petroleiro que provocou unha das maiores catástrofes medioambientais… ese petroleiro que tanto medo me causou na miña infancia… e agora entérome que Julián Fernández, o pai da miña prezada amiga Marga, era o cociñeiro daquel buque que tanta pegada deixou na miña xeración!

-Papá: ¿que fixeches na cociña do petroleiro? Era o chiste que lle faciamos na casa a meu pai despois de que botara o medo do corpo e de que recuperara a alegría tralo sinistro.

Nado en Madrid en 1928, Julián era o máis cativo dos seis fillos do granadino Francisco Fernández e da ferrolá Amalia Garrote, parella que se coñecera en Ferrol cando el prestaba o servicio militar na Infantería de Mariña da cidade departamental. Francisco e Amalia casarían de moi noviños alí, en Ferrol e, ao pouco de darse o “si quero”, marchan para Madrid, onde o andaluz fai carreira militar na Compañía de Alabarderos como trompetista da “Unidad de Música de la Guardia Real”, da cal acabaría sendo o seu director. En Madrid nacerían os seis fillos do matrimonio María, Isaura, Juan, Rafael, Paco e Julián, que irían saíndo adiante coas dificultades e penurias da España da época, da España de Alfonso XIII e de Primo de Rivera. O pequeno soldo de Francisco no exército, e os dous patacóns que facía Amalia traballando de costureira, algunhas veces tecendo calcetíns para os soldados do cuartel do seu home, case que non chegaba para alimentar a tantas bocas, como así nolo contou Marga Fernández:

Miña avoa Amalia lembraba sempre que, naqueles tempos, o soldo do seu home como trompetista do exército era moi pequeno e contaba que, grazas ao seu fillo Julián, nunca lles faltou algo que levar á boca. Na compañía na que estaba destinado o avó apreciaban moito a aquel cativo, un rapaz que conseguía un chusquillo de pan por aquí unhas patacas por alí… un día escoitoulle a un oficial que precisaban a alguén que soubera coser… Miña nai é costureira, dixo. E así foi como a avoa Amalia empezou a gañar uns patacóns no cuartel tecendo os calcetíns dos soldados. Meu pai xa era daquela un buscavidas”

Nos anos da II República algúns dos fillos do matrimonio empezarían a abandonar o niño familiar, sendo Tortosa, en Tarragona, o destino de Juan e de Isaura. A familia sufriría o duro trago da perda de Rafael na Guerra Civil, unha perda pola que Amalia entraría nunha profunda depresión que a traería de volta a Ferrol para tratar de superar, na compaña dos seus, o sufrimento de aquela morte. Durante o tempo que permaneceu na cidade departamental, aproximadamente un ano, Francisco e os tres fillos máis pequenos, María, Paco e Julián seguiron en Madrid, onde contaron coa axuda da nai de Amalia ata que viñeron a vivir a Betanzos de aluguer.

Imaxe da Orquesta Brigantina. Francisco é o señor das lentes (Toñita Dans)
Corría aproximadamente o ano 1941. Francisco, daquela militar en reserva, da clases de solfeo nos lugares da contorna, entre eles Bergondo, onde finalmente acabaría residindo a familia Fernández Garrote. Coñecido como o señor Ortega (era o seu segundo apelido), convertiríase nun dos integrantes da "Orquesta Brigantina" de Betanzos e, posteriormente, tamén tocaría na "Orquesta España" co seu fillo Paco, trompetista ao igual que o seu proxenitor. Julián, que tamén acabaría sendo trompetista, tiña naquela altura uns 15 ou 16 anos e non tardaría en namorarse de Toñita Dans, unha bonita moza de Bergondo coa que casaría en 1950. Toñita, que na actualidade ten 90 anos e leva máis de 20 residindo en Arteixo, lembroume recentemente aqueles tempos:

Con Toñita Dans (Imaxe de Puri soto)
Cando nos casamos, Julián tocou algo en festas e romarías pero deixouno pronto porque eso non daba de comer. Gañábase a vida no que lle ía aparecendo. Era moi traballador. Terminaba o contrato hoxe aquí e mañán xa tiña traballo noutro lado”

En 1952 nace Ricardo, o fillo maior de Julián e de Toñita. Curiosamente, nese mesmo ano o dictador dominicano Rafael Trujillo viaxa a España para reunirse co seu homólogo Franco, unha visita que buscaba, entre outros asuntos, propiciar a inmigración de españois á República Dominicana, actitude que algúns historiadores atribuien ao afán de Trujillo de «blanquear la raza». O caso é que Julián, ante a falla de oportunidades que había aquí para sacar a súa familia adiante, emigra ao país caribeño. Pronto se decatou de que a situación económica non era a soñada e volve a Bergondo, case que cunha man diante e outra detrás.

A una isla del Caribe
He tenido que emigrar
Y trabajar de camarero
Lejos, lejos de mi hogar
Me invade la morriña
El dolor de Breogán
Cuando suena la Muiñeira
El llanto empieza a brotar (A brotar)
(SINIESTRO TOTAL)

Toñita e Julián nons anos 60 (Toñita Dans)
Ao vir traballa no que lle vai xurdindo e así bota ata o 59, ano no que nace Marga. Ao pouco Julián e Toñita emigran a Alemania onde atopan traballo nunha fábrica de plásticos en Heilbronn, preto de Sttutgart, ao tempo que Francisco e Amalia quedan ao cuidado dos seus netos na Coruña, nun piso dos Mallos ao que chegaran tras abandonar Bergondo. A parella estaría en Alemania oito ou nove anos, Toñita algún menos, que volvería a dar a luz en 1967, ano no que viñeron ao mundo os xemelgos Eva e Rafa.

Julián voltaría definitivamente de Sttutgart naquela altura e, ao pouco, xurdiulle a oportunidade de traballar como mariñeiro nos buques mercantes. Non tardaría en enrolarse na tripulación do Urquiola, mais desta volta non coma mariñeiro, senón coma cociñeiro… iso si, sen ter moita idea do que era un guiso, como así o recordaba recentemente a súa viúva Toñita:

A el non lle importaba traballar do que fora. Así foi como entrou a traballar nos mercantes. Ata que un día chegoulle a oportunidade de formar parte da tripulación do petroleiro Urquiola. O mellor do conto é que non tiña nin idea de cociña. Empezou a cociñar cun libro que lle prestei eu”

Polo que recorda a súa viúva, Julián traballaría na cociña do Urquiola dende finais de 1973 ou principios de 1974 ata aquel fatídico 12 de maio de 1976, un día que Toñita Dans describe así:

Nos contábamos que o barco entrara a primeira hora no porto da Coruña. Eu nunca ía a recibilo, pero aquel día fun porque me convenceu a muller doutro tripulante. O barco non daba chegado e chamamos á sede central de Bilbao da navieira para interesarnos polo estado dos nosos homes. As respostas eran tranquilizadoras: «Están todos ben». Pero eu sabía que algo non ían ben. Fun para a casa, para Os Mallos. Daquela vivíamos alí. Un fillo dun veciño veu ao noso piso. Toñita, que di meu pai que o Urquiola está ardendo. ¿Como? Non pode ser. Eu púxenme toda nerviosa. Foron horas de moita angustia que non llas desexo a ninguén. Foi terrible. Julián chegou á casa horas despois totalmente pálido. Deume un abrazo e díxome… “salvámonos de milagro, cariño… pero creo que o capitán morreu”. Miña sogra naquel momento estaba en Alemania pasando uns días na casa de seu fillo Paco. Vira as imaxes do Urquiola na televisión. Non creía que Julián se salvara. Non quedou tranquila ata que o volveu a ver na Coruña. Xa perdera un fillo na guerra...e xa era dabondo!

Julián nunha das súas viaxes (Toñita Dans)
Meses despois do sinistro do Urquiola, Julián empezaría a traballar na cociña dun mercante que facía ruta ás Malvinas. Nunha viaxe de volta a península, o buque descargaba as súas mercadorías en Huelva, cidade á que chega Toñita para ver o seu home:

Eu viaxei ata alí pola insistencia de Julián. Non quería deixarlle os fillos a miña sogra Amalia pero, entre os dous convencéronme para ir a Huelva… arredemo que tiña que ir...e fun. Unha vez alí, díxome... cariño agora que estás aquí... podías cruzar o estreito por primeira vez... e cruceino… e fun con el no barco ata Orán. Despois, xa non acordo ben cando, Julián empezaría a traballar noutro mercante que facía euta a Arxentina. Nunha ocasión estiven a piques de ir con el no barco. Eu tiña moi familia en Buenos Aires e faciame ilusión ir. Por ese barco e por Julián agardei no porto de Vigo. Pero cando viñan cara aquí tivo un accidente, un incendio creo recordar, e tiveron que sacar á tripulación. O barco arranxárono despois, pero eu quedei sen o viaxe á Arxentina”

Tras percorrer durante case unha década os oceános do planeta, Julián deixaría o mar pero non a cociña xa que durante un tempo traballaría nunha mariscaría da Coruña. Ao pouco, camiño da súa xubilación a saúde empezaría a fallar. Nesa altura foi cando cambiou o seu domicilio o converteuse en veciño de Arteixo, lugar no que se integrou activa e socialmente participando en antroidos, festas e demáis ata a súa morte, acontecida no 2008.


FONTES:

-Patricio Cortizo, Fernando. Historia da costa galega e os seus naufraxios. Século XX. Eicións Xerais. Vigo, 2004.
-San Claudio Santa Cruz, Miguel. Tesouros asolagados. Historia dos naufraxios no mar de Galicia. Edicións Lea. Santiago de Compostela, 1997.