venres, 12 de marzo de 2021

AS LENDAS DE SANTAIA DE CHAMÍN

  Eulalia de Mérida, nada nesa cidade extremeña en torno ao ano 292 e finada o 10 de decembro de 304, foi unha mártir considerada santa na igrexa católica e na ortodoxa. Coñecida por toda a xeografía galega cos nomes de Santa Baia, Santabaia, Santa Eulalia, Santoalla, Santa Olalla, Santa Olaia, Santalla ou Santaia, é patroa da actual Mérida, cidade na que foi martirizada cando tiña a súa antiga denominación de Augusta Emerita.

Santaia de Chamín (https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2019/05/santaia-de-chamin-arteixo.html )

  "Nieve ondulada reposa / Olalla pende del árbol/ Su desnudo de carbón/ tizna los aires helados / Noche tirante reluce/ Olalla muerta en el árbol".

 
   Son versos de Federico García Lorca dedicados a esta santa que, segundo conta a lenda, era filla do senador romano Liberio e tanto ela como toda a súa familia eran cristiáns. Cando cumpriu os doce anos o emperador Diocleciano decretou a adoración aos ídolos pagáns, prohibíndolle aos cristiáns dar culto a Deus. Ante tal inxustiza a rapariga propúxose protestar perante os delegados do goberno. Albiscando o risco de morte que a rapaza corría se ousaba levar a cabo a protesta, a nai e o pai levárona a unha casa de campo na ribeira do Albarregas. Mais Eulalia fuxiu e, segundo a tradición, chegou á cidade de Mérida o 10 de decembro do ano 304, tras unha travesía chea de intercesións milagreiras.

    A moza presentouse perante o gobernador Daciano e protestou valentemente dicíndolle que esas leis, que mandaban loar ídolos e prohibían a Deus, eran totalmente inxustas e non podían ser obedecidas polos cristiáns. Daciano intentou ao principio ofrecer agasallos e facer promesas de axudas á nena para que cambiase de opinión, porén ao ver que ela seguía fortemente convencida das súas ideas cristiás, amosoulle todos os instrumentos de tortura cos cales lle podían facer padecer horriblemente se non obedecía a lei do emperador. Uns instantes despois Daciano díxolle:

    - “De todos estes sufrimentos vaste librar se lle ofreces este pan aos deuses e lles queimas este pouco incenso nos seus altares”.

    A moza guindou lonxe o pan, botou polo chan o incenso e contestoulle:

   - “Só ao Deus do ceo adoro; a El unicamente lle ofrecerei sacrificios e lle queimarei incenso. E a ninguén máis”.  

    O prefecto Calpurniano mandou que a mallasen con varas de ferro e que colocasen fachos sobre as súas feridas. A fermosa cabeleira de Eulalia prendeu, e a rapaza morreu queimada e afogada polo fume.

   Polo que nos conta o poeta Prudencio, disque ao morrer a santa, a xente viu unha branquísima pomba que voaba cara o ceo, e que os verdugos fuxiron, cheos de pavor e de remordemento por matar unha criatura inocente. A neve cubriu o cadáver e o chan do redor, ata que varios días despois chegaron uns cristiáns e lle deron honrosa sepultura ao corpo da moza mártir.

  Na súa bitácora oschanzos.blogspot.com, o historiador Francisco Vidal dinos que... “hai que ter en conta que a pomba como representación da alma do finado xa era común entre os exipcios, e cando santa Escolástica morreu (un 10 de febreiro), desde a súa casa subiu unha pomba ó ceo. E igualmente, cando santa Baia ou Eulalia expirou, tamén da súa boca saíu unha pomba que subiu ó ceo. Eran as almas das finadas camiño da gloria. Esta santa ten un culto moi estendido asociado á fertilidade, empezando polo mesmo milagre exercido durante o seu martirio, cando estaba atada a unha cruz baixo a que se prendeu unha fogueira, e de súpeto unha nevada apagou o lume. Precisamente unha nevada, que como di o refrán “ano de nevadas ano de fornadas”, identificándose así como o abono caído do ceo.

   No sitio da súa sepultura ergueuse un templo de honra a santa Eulalia, e conta Prudencio que el mesmo viu que a ese templo chegaban moitos peregrinos a pregar ante os restos de tan valente rapariga e a conseguir por medio de ela notables favores de Deus.

    O seu corpo xace nese sepulcro emeritense ata que os seus restos foron trasladados polo Rei Silo (?-783) dende Mérida ata Santianes de Pravia, para evitar a súa profanación polos musulmáns. En tempos de Alfonso II de Asturias (760-842), que se ía converter nun personaxe fundamental da Ruta Xacobea, xa que foi el quen abriu no ano 813 o Camiño Primitivo, o alcumado Rei Casto decidiu que a Santa descansara na Catedral de Oviedo. Se cadra, aquela visita de Alfonso II á tumba do Apóstolo, tivo algo que ver no feito de que Eulalia empezara a dar nome a partir de aquela época a diversas igrexas e capelas galegas.

 

Imaxe de 1908 do templo parroquial de Chamín co antigo campanario (Inventario Balsa de la Vega)

    Por concesión pontificia do Papa Urbano VIII, dende o ano 1639 Santa Eulalia de Mérida ostenta o padroeiro de Oviedo, da provincia de Asturias e da diocese ovetense, un territorio eclesiástico que naquela hora superaba as fronteiras da Asturias actual, abarcando parte do que hoxe son as provincias de Cantabria, Lugo, León e Zamora.

  A tradición coincide coa lenda de Santa Eulalia de Barcelona que, ademais do nome, reproduce múltiples feitos e tormentos da santa de Mérida, podéndose tratar dunha duplicación de personalidade haxiográfica.

   A festa de Santa Eulalia de Mérida celébrase o día 10 de decembro, data do seu martirio. A súa simboloxía é unha palma martiral e un forno sobre libro. Patroa da liberdade de pensamento, da liberdade de expresión, da oratoria e da elocuencia, é ademais patroa de multitude de parroquias galegas, entre elas a de Santaia de Chamín, parroquia onde se manteñen moi vivas na memoria das xentes do lugar varias lendas sobre esta santa. Este é o caso de Amalia Rega Martínez, nada en Santaia en xuño de 1925:

    “As pedras de Santa Eulalia están no Monte da Vila. Dixeron que a Santa nacera alí. Eu toda a miña vida oín iso. A min esa historia contáronma os meus avós e os meus pais, e mira que xa teño 95 anos! Nas pedras está o sitio da cabeza da Santa. Alí ninguén picou a pedra no século no que estamos. A santiña está deitada, ten o sitio da cabeza e dos ombros. Ademais nas pedras tamén ten un sitio que fai unha pociña que disque é para lavar os pés. E ten o seu sitiño da bañeira e outro para poñer as potas para facer de comer, como si fora un forniño para o lume. Hai quen non cree nas pedras de Santa Eulalia, pero eu si porque son moi relixiosa.”

 

Pedra coa forma da cabeza da Santa

   Despois de escoitar os contos xeración tras xeración, afortunadamente a xente máis nova de Santaia segue gardando a tradición. Eloi García Osinde, veciño do lugar nado en xaneiro de 1987 contounos o seguinte:

    “Meus avós e outros veciños contaban que a virxe bebía e durmía nesas pedras e por iso hai unha que ten a forma da cabeza. Dicían que encontraran alí á santa”.

   Así pois, polo que nos di a lenda tradicional, a santa naceu nesas pedras, unhas pedras en forma de berce, que podemos ver no monte na Vila, en Santaia de Arriba, e das que tamén nos falan Rosa Benigna Vizcaya e Francisco A. Vidal no seu marabilloso libro Dos fastos ós festexos. Dos antigos mitos á relixiosidade galega:

   “(...) na parroquia de Santa Baia de Chamín (Arteixo), coñécese unha pedra como a Cadeira da Santa, onde segundo a tradición foi parida Santa Baia. É unha pedra cunha oquedade orientada de leste a oeste, nun monte desde o que se ve o mar, o que nos fai supor que era unha pedra onde se facían antigos ritos de fecundidade”(pp. 64-65).

 

Cadeira da Santa (https://oschanzos.blogspot.com/2014/02/a-cadeira-de-santa-eulalia.html)

    María Rozamontes, no volume II de Arteixo de onte a hoxe, cóntanos que, coas súas diferentes denominacións, esta advocación relixiosa ten moita presencia na toponimia e no santoral de Galicia. Segundo a tradición, “Pola Santa Baia a bubela canta”, “Por Santa Baia sempre o tempo cambia”, “Sementeira de Santa Baia, fartura de gran e palla”. (páx. 102)

   Outro cantar popular di que “Santa Eulalia pariu por un dedo, serache verdade pero non cho creu.”

    Rematamos cunha curiosidade. No litoral arteixán existe A Santa Baia, que é unha caliña que hai entre Repibelo e a Area da Salsa. Parece ser que este pequeno areal chámase así porque antigamente un señor de Figueiroa levaba a súa dona, que era natural do lugar de Santa Baia (Soandres, A Laracha) a darse os baños aí.


FONTES:

-https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/

- ROZAMONTES VÁZQUEZ, MARÍA (2003): Arteixo de onte a hoxe, Volume II, Concello de Arteixo.

- VIDAL, FRANCISCO A.:https://oschanzos.blogspot.com/

 - VIZCAYA, ROSA BENIGNA & VIDAL, FRANCISCO A. (2009): Dos fastos ós festexos: dos antigos mitos á relixiosidade galega, Editorial Toxosoutos, Noia.

mércores, 10 de marzo de 2021

PUBLICIDADE RETRO

 Publicidade do ano 1981 do negocio de Manuel Pombo, tamén coñecido como Manolito de Allán:











De esquerda a dereita Manolito de Allán, Pepe Sacristán (durante moitos anos conserxe do Colexio Carrero Blanco, hoxe CEIP Ponte dos Brozos) e Pepe de Penedo:



sábado, 6 de marzo de 2021

OSEIRO NA DESCRICIÓN HISTÓRICO-XEOGRÁFICA PUBLICADA EN "EL IDEAL GALLEGO" EN 1930

ARZOBISPADO DE SANTIAGO

Descripción histórico-geográfica de sus feligresías 
ARCIPRESTAZGO DE FARO 
Provincia de La Coruña 
SAN TIRSO DE OSEIRO 
(Arteijo)


Artigo publicado en El Ideal Gallego o día 31 de Xaneiro de 1930:

 

El Término

      Es anejo de Pastoriza: carretera de Finisterre a cuya derecha se asienta, después de la bajada la empinada cuesta que toma nombre de la parroquia: está a 4 kilómetros de la cabeza del ayuntamiento y 7 de la del juzgado y provincia.

     Ascienden a 1.176 sus habitantes de hecho y a 1.257 de derecho, domiciliados en 242 edificios, de los que 101 son de un piso y 141 de dos, uno de ellos deshabitado por el uso que se le da: hay 43 albergues.

    Villarodis es la aldea más poblada con 269 almas, siguiéndola Iglesario con 237, Bañobre con 203 y Baña con 166: las demás son Froxel, Pedreira, Ponte, Sabón y Seijedo.

    Hay escuela nacional y varios comercios, estanco, tabernas, herrería, tratantes en granos, sociedad agrícola, etc. 

 

Procesión en Oseiro nos anos 70. O edificio que se ve ao fondo é o estanco

     Produce lo que el resto del ayuntamiento.

   Es terreno quebrado y montuoso por el que corre el riachuelo Rexidoiro, que le separa de Arteijo.

 

Situación

      Préstale abrigo el macizo de Suevos y tiene no lejanas las playas de Sabón y Alba, tomando el nombre la primera de la aldea así llamada.

   Limita al N. con Suevos, al E. con su iglesia principal, al S. con Arteijo y al O. con el mar.


Hijos ilustres

   En la aldea de Forxel, hoy por trasposición Froxel, nació en 17 de mayo de 1833, el ilustre historiador de Galicia, don Manuel Murguía, cuando su señora madre se dirigió en virtud de una oferta, al vecino santuario de Pastoriza. Falleció tan gran escritor en la Coruña, el 2 de febrero de 1923.

   Como otro hijo ilustre de esta parroquia se tiene al concienzudo genealogista Vasco da Ponte, nacido en el siglo XVI, aun cuando más cierto parece ser que lo fué en la Coruña.


El nombre

   Figura con el nombre de “Ursarium” en los documentos de los tiempos medios, traducido así el gallego de “Oseiro” que puede significar lugar en que abundan los osos, aun cuando le cuadraría entonces mejor el de “Oseira”, como se llama al famoso monasterio de Cea (Carballino-Orense) conocido como “El Escorial de Galicia” y que antiguamente suena “Ursaría”.

   “Orsa”, “Osa”, “Orsera” u “Osera” son voces que se manifiestan relacionadas con el cultivo de la cebada y muy corrientes en la topinimia catalana como en la francesa (Balart y Froany: “Cataluña. Orígenes históricos”, pág. 199): pero en gallego tenemos los toponímicos “Orxo”, “Orxal”, “Orxás”, “Orxeira”, etc. de igual significación.

   (Continuará).


Artigo publicado en El Ideal Gallego o día 1 de Febreiro de 1930:


Historia

   En el siglo XIV era el señorío de Oseiro, Erboedo y Suevos de Gómez Pérez de Pereira, según Vasco da Ponte. De dicha familia pasó a la de Gómez Pérez das Mariñas.

   En las playas inmediatas se dice hay la llamada “Pena da Constanza” que debió este nombre a que allí embarcaba y desembarcaba doña Constanza das Mariñas, la casada en segundas nupcias y “a justo de su padre” con Fernán Pérez Parragués, por haberse separado de su primer marido, un Conde de Altamira “que non servía para casado” según nos cuenta el citado Vasco da Ponte. 

 

Imaxe actual da Constanza

   Esta doña Constanza, llamada “a vella” para diferenciarla de su hija doña Constanza que apellidaban “a nova”, tuvo en mayorazgo, fundado por su padre en los bienes que este le legó en testamento de 4 de noviembre de 1474, hecho cuando su hija era menor de edad, “todo lo que poseía en Bergantiños en oseyro e suevos e val de müs e hervoedo e merama e con las encomiendas de santo andres e monteagudo e con los foros casas e casares que yo el dicho gomez perez llievo en las dichas encomyendas e en la tierra señorío que foy de Iohan de coyro e de martín sanchez e en la terra de Iohan dandero”.

  Formó la jurisdicción de su nombre en la primitiva provincia de la Coruña.

  Más tarde fué el coto de Oseiro, en el de la Coruña.

  (Continuará).


Artigo publicado en El Ideal Gallego o día 4 de Febreiro de 1930:


El templo

   Es uno de los tipos de templo románico más extendidos por Galicia.

   No es muy conocida a pesar de estar tan próxima a La Coruña.

   Murguía fué el primero que llamó la atención acerca de ella.

   Angel del Castillo se ocupó en esta iglesia, en su obrita “La Arquitectura Cristiana en Galicia” (Lugo, 1906); pero quien le ha consagrado un completo y detenido estudio fué Fernando Martínez Morás, en un artículo publicado ha años en “La Voz de Galicia”, de La Coruña. 

 

Imaxe do ano 1919 da igrexa de Oseiro

  Consta el templo de una sola nave y su ábside es semicircular, añadido de un cuerpo de presbiterio, un arco de descarga a cada lado y al exterior el ábside, cuya bóveda es de cañón.

   Según inscripción grabada en uno de los sillares de la pared de la derecha junto a la puerta S., y que dice

E CCLAM

EIA: M: CC

no ofrece duda la fecha de su inscripción.

   Del mérito de su portada puede juzgarse por el dibujo que de ella insertó en su trabajo el señor Martínez Morás.

   En el tímpano se ve una cruz y dos palomas, alusiva a la paz del Salvador.

    El celoso párroco de Pastoriza, nuestro buen amigo don Claudio Suárez Barros, hizo, hará cosa de quince o diez y seis años, una bien entendida reparación de la iglesia, velando porque en ella se respetara íntegramente su carácter.


sábado, 27 de febreiro de 2021

O CINE DE CHAMÍN

    A orixe da industria galega do cine, unha vez que os irmáns Lumière asombran ao París de 1895 coas súas fotografías en movemento, pode sintetizarse nun triángulo cuxos vértices son José Sellier, José Gil e Isaac Fraga. O primeiro filmou o documental pioneiro, El entierro del general Sánchez Bregua. O segundo realizou a primeira película de ficción, Miss Ledya, con Castelao de actor secundario. E o terceiro fixo da arte empresa estendendo a fábrica de soños por todo o territorio galego (e español).

  Sábese que durante todo o século XIX tiveron lugar nas principais vilas galegas mostras ambulantes con aparellos antecedentes do cinema, como as sombras chinesas ou as lanternas máxicas, que estaban constituídas por unha cámara escura cun xogo de lentes que, por medio dun condensador polo que pasaba a luz dunha lámpada de aceite incorporada e atravesaba unha placa de vidro pintada con debuxos, se proxectaba nun lenzo e podíase crear ilusión de movemento movendo os vidros.

    É probable que as primeiras proxeccións que se realizaron en Arteixo cunha lanterna máxica se efectuaran en Armentón. Picadillo, Señor do Pazo de Anzobre e persoeiro cunha enorme curiosidade por todas as innovacións do seu tempo, en marzo de 1905 escribía o seguinte no xornal El Noroeste:

   “(…) Bueno será hacer constar que en la aldea también nos permitimos ciertos espectáculos relativamente públicos, y que, aparte de las regueifas y foliadas, tan usuales y corrientes entre los labriegos, abundan las proyecciones de linterna mágica en que aparece el elefante del Siam, admiración de Loureiro; el enemigo malo, ante cuya vista se santigua toda la concurrencia; la foca marina, que según los circunstantes haría el gran fol para una gaita, y otra porción de ejemplares zoológicos, tales como el ratón que lee, la cabra violenchelista, el cerdo sabio, etc., etc (...)”

    Por aquela época na que Picadillo asombraba aos seus caseiros coas proxeccións da lenterna máxica en Anzobre, en Europa consolidábanse as primeiras salas cinematográficas estables, que en Galicia se corresponde precisamente co inicio da andaina do emblemático Salón París de A Coruña (1908-1999).

    Durante as seguintes décadas os recintos para o cinematógrafo foron estendendo a súa presenza por cidades e vilas, á vez que se elaboraban uns primeiros códigos arquitectónicos para converter as salas nun reclamo e un rostro recoñocible para o público. 

   A partir da Guerra Civil, que retrasou moitos proxectos, a poderosa industria do cinema, na que os productores, distribuidores e cines eran observados de cerca polo réxime, seguíronse construíndo innumerables salas no noso país. De feito, do total de 848 cines documentados por toda a xeografía galega, máis da metade, 448, foron construídos entre os anos 40 e os primeiros 60, entre eles o Real de Arteixo que abriran os irmáns Juan, Antonio e José Agra na Avenida de Fisterra entre 1959 e 1960, e o cine de Chamín do que falamos máis polo miúdo seguidamente.

Imaxe do antigo cine de Chamín (Cortesía de Feli Castiñeira
     Pois si. Aínda que non o creades houbo cine en Chamín, que para moitas e moitos veciños da bisbarra que peitean canas dende hai tempo era das poucas diversións e espectáculos aos que podían ir na súa xuventude, un lugar onde non faltaron anécdotas e intres vividos difíciles de esquecer.

 - ”O cine inaugurouse no 61 ou no 62. Cando o puxen dixéronme que se estaba tolo, pero a miña cabeciña non podía parar de facer cousas”, comentounos recentemente Luís Alfonso Castiñeiras Pedreira, o propietario do cine, reconvertido na actualidade en apartamentos, aínda que un dos seus accesos recorda perfectamente a época dourada deste edificio que podedes ver fronte ao lavadoiro de Chamín de Abaixo.

    Castiñeiras, un namorado do sétimo arte nado en Chamín en 1940, ao pouco de casar con Jesusa Patiño Domato, natural tamén da mesma parroquia, decidiu que era o momento de levar a cabo o seu soño. Para convertelo nunha realidade a parella fai a maleta da emigración a Londres coa idea de aforrar o suficiente para o seu cine. Alí, na capital británica, Luís Alfonso e Jesusa gáñanse a vida traballando nun restaurante de luxo ao que acudía con frecuencia a princesa Margarita, a irmá pequena da raíña Isabel II. Dende aquela Inglaterra en cor na que os nosos protagonistas estaban sendo testemuñas de cousas que nunca viran na España en branco e negro do franquismo, van enviando diñeiro á súa familia para que inicien as obras dun cine que abre as súas portas en 1962.

    De volta da emigración, e case que coincidindo co peche do Salón da Benitona da Lagoa, que ata aquel intre era a onde acudía a xuventude da zona a pasar o seu tempo de lecer, os nosos protagonistas vían como o seu cine, que tamén tiña bar, era unha verdadeira fervedoira de xente durante as fins de semana xa que, practicamente, era o único divertimento para as mozas e os mozos da contorna. Á parte da de Chamín, a xuventude de Sorrizo, Caión, Barrañán, Monteagudo, Armentón… nalgúns casos, netas e netos de varios caseiros de Picadillo presentes nas proxeccións da lenterna máxica en Anzobre, enchían cada fin de semana a sala. 

Mozos da contorna no bar de Luís Alfonso e Jesusa (Cortesía de Feli Castiñeiras
   Naqueles tempos de gran demanda que chegou a ofrecer programas dobres, o cine de Chamín, onde naqueles anos 60 se fraguou máis de un matrimonio, era un negocio familiar coma os de antes. O traballo estaba perfectamente rapartido. Luís Alfonso Castiñeiras poñía a música como reclamo para a veciñanza e despois encargábase de cobrar as entradas, que naquela altura tiñan un custe de 10 pesetas. Jesusa atendía o bar vendendo os refrescos e as pipas coas que se inchaban as mozas e os mozos da época. E as proxeccións eran cousa do propio Castiñeiras e de Manuel 'Cereixo', tamén veciño de Chamín e amigo íntimo da parella. Manuel e a súa dona Rosario Valcárcel, que tamén traballaba na taquilla do cine, foi un matrimonio esencial e imprescindible nas vidas de Jesusa e Luís Alfonso.

   E así se pasaban as noites das fins de semana en Chamín, entre as cancións de Antonio Molina, Conchita Velasco, Marisol ou do Dúo Dinámico e outros grandes éxitos cinematográficos de mediados dos 60.

    Castiñeiras, que nos contou que naquela época xa había clientes vip que querían ver unha película fora do horario habitual, variaba de película case todas as semanas:

    - ”Non ían ver o mesmo título dúas veces”, recorda.

    Comprar os dereitos de emisión de unha película custáballe entre 500 e 1000 pesetas, das de antes. Mais ás veces lograba que o cine París da Coruña lle prestase algúns dos filmes:

    -”Compartíamos os técnicos e tiñamos relacións comerciais, así que se eles tiñan películas que xa non poñían e aínda non as ían devolver, deixaban que as levara”, explica. 

Jesusa e Luís Alfonso coa súa filla Feli (Cortesía de Feli Castiñeiras)

     A finais da década dos 60, a consecuencia da competencia da televisión e coa adquisición dos primeiros coches, comezouse a declinar a dominante presenza de público en boa parte das salas de cine galegas. Na nosa contorna, as mozas e os mozos empezaban a frecuentar por aqueles días as discotecas As Airas de Carballo, Pazos da Laracha ou a Sala de Festas Eva de Arteixo, o que ía propiciar a decadencia e o peche definitivo do cine de Chamín en 1969. Iso si, a despedida foi ao grande, proxectando no adeus a King Kong e a Tarzán.

    Ao cerrar o cine, Luís Alfonso e Jesusa, que naquela hora xa eran pais de Feli, a súa única filla, deciden instalarse na Coruña, cidade na que alugan un local pola zona do Orzán para abrir un pequeno restaurante, o Restaurante Castiñeiras. Tiñan grandes ideas e a experiencia de Londres. A cousa non foi mal e, andando no tempo, compraron o edificio no que estaba o seu negocio para convertelo no hotel familiar -Hotel Castiñeiras- que xestiona Feli dende que se xubilaron seus pais Luís Alfonso e Jesusa, unha parella que fora quen de facer moi moi especiais os sábados en Chamín co único cine que había en varios quilómetros á redonda.

  Ai, se as paredes falaran!

 

Imaxe actual do edificio onde estaba o cine de Chamín

FONTES:

ACOSTA, SUSANA (2012): De cine, entre las leiras de Chamín, El Comarcal, outubro 2012.

CABO VILLAVERDE, JOSÉ LUÍS & SÁNCHEZ, JESÚS ÁNGEL (2013): Cines de Galicia, Fundación Barrié, A Coruña.

MACEIRAS RODRÍGUEZ, XABIER (2018): Antoloxía das Confidencias de Picadillo, Autoedición.

SALGADO, FERNANDO (2017): Historias de Galicia IV. La forja de la modernidad. Biblioteca Gallega, La Voz de Galicia.

mércores, 24 de febreiro de 2021