luns, 28 de xaneiro de 2019

A PROCESIÓN DA ROSCA DE OSEIRO


Procesión da Rosca de Oseiro (28 de xaneiro do 2019)
   Hoxe, 28 de xaneiro de 2020, na parroquia de Oseiro celebran, como cada ano, a festa do seu patrón San Tirso, santo avogoso, entre outros menesteres, contra as tronadas.

  É esta unha celebración que se fai xusto cando o día comeza a medrar, cando empezan a aniñar os primeiros paxaros e florecen as primeiras plantas. Para tal celebración sacan en procesión, despois da misa e acompañadas por músicos, dúas roscas de pan para loar os eidos vizosos de antano, eidos que enchían os hórreos da bisbarra e as despensas da cidade da Coruña, eidos sobre os que se asentan, na actualidade, moitas das fábricas do Polígono Industrial de Sabón.

  As dúas roscas, que na realidade son dous ramos popularmente coñecidos como o da nena e do neno, constitúen unha homenaxe verdadeira á natureza e, por iso, hai costume de sacalos tamén o día 2 de febreiro, a festa da Candeloria, o tempo en que casan os paxariños, adianto verdadeiro, no medio do inverno, da degorada primavera.

Procesión da Rosca de Oseiro (28 de xaneiro de 2019)
  É tradición que as roscas volvan saír cos músicos o día 3, a festa do San Brais -San Bras como din en Oseiro- e, o domingo seguinte, repártense en anaquiños entre toda a veciñanza, anaquiños que cada quen garda durante todo ano na casa. Unha das persoas que mantén vivo ese rito é Rocío Veira, con quen falamos recentemente das lembranzas da súa infancia en torno a esta celebración:
Cando eu era cativa, recordo que na procesión da Rosca, procesión que se facía os catro días da festa 28, 29, 30 de xaneiro e o 3 de febreiro, día de San Brais, as roscas de pan duro (eso era o que eu pensaba daquela) partíanse en cachiños e repartíanse entra a xente que ía á misa o domingo seguinte. Aquel pan tiña un poder máxico, non balorecía. Para a nosa casa sempre viña un pedazo a maiores para min, porque eu decidira que se a rosca era tan máxica, se comía un cachiño estaría protexida durante todo o ano polo seu poder. Co tempo casei e marchei de Oseiro, pero meus pais sempre me collían un pedazo para min da rosca, desa rosca máxica que nos protexía e que sempre gardaba con moito cariño. Hoxe faltan meus pais, pero miña tía Chelo é a encargada de collerme en cada procesión un anaquiño dese pan ácimo que conservo, durante todo o ano, nun pequeno estante que hai detrás da porta da miña casa, colocado alí para manter viva a tradición”.
    A confección das populares roscas de Oseiro atense a un ritual que obriga a amasar o pan sen sal e sen lévado o día de fin de ano pola tarde, e sacalo do forno antes de que se poña o sol, momento que se anuncia cunha salva de foguetes. Logo, este “derradeiro pan do ano” gárdase na igrexa de Oseiro, lugar no que está exposto ata o día da procesión. Cada unha das roscas colócase nunha pequena armazón de madeira e adórnase con flores e fitas de cores. Ata hai unhas décadas, rodeábase de froitas e doces propios da parroquia, que logo eran repartidos entre os nenos e nenas. Na actualidade substituíronse as froitas e os doces por caramelos.

Procesión da Rosca de Oseiro (28 de xaneiro de 2019)
   É costume que a procesión vaia arredor da igrexa e, antecedendo ás imaxes dos santos, colócanse as dúas roscas, a do neno e a da nena, que logo serán repartidas o domingo seguinte ao san Brais entre todos os veciños e veciñas.

  O pan sagrado de Oseiro consérvase todo o ano sen coller balor, “e deben -segundo nos conta Francisco Vidal no seu espazo virtual Os Chanzos- comer del persoas e animais para protexerse contra os males, revestíndose así dun caracter apotropaico, que o converte en amuleto contra todo tipo de maleficio”.

   Santiago Rey Sande, veciño de Oseiro nado en 1936 que é coñecido polo apelativo de Chacho, aínda lembra con emoción os tempos nos que, sendo un neno, lle axudaba a seu avó Manuel Rey Súarez, home sabio de quen xa temos falado nesta bitácora, a facer o ramo de madeira:
Colocábase unha rosca diante e outra detrás e, por iso, parecían que eran dobres. As roscas adornábanse con froitas e, dous días despois do San Brais, cortábanse en tantos anacos como casas había na parroquia e metíanse nun saco. Logo, Ramón de Xelo, que era o sacristán naqueles tempos, era o encargado de repartilos polas casas”.
   Chacho, afirma que as primeiras roscas fíxoas seu avó Manuel Rey Suárez na panadería de Oseiro e, posteriormente, continuaría coa tradición seu pai, Jesús Rey Riveiro. Co tempo, a encargada da elaboración das roscas, sería súa irmá Dolores Rey Sande xunto coa súa filla María Luísa, unha Dolores que, curiosamente, é unha das protagonistas do libro “Contos da Coruña” da autoría do polifacético Xurxo Souto, onde Dolores, falecida xa hai uns anos, nos conta o seguinte:
Agora á xente non lle acorda, pero nos tempos de antes cada veciño tiña que poñer un monllo, para a rosca. Un monllo é unha atadura de trigo segado. Despois mallábase na eira do pazo, a carón da igrexa, nunha gran lousa”.
   Ao pechar a panadería Rey, a panadería de Oseiro no que tantos anos levaban elaborando as roscas a señora Dolores e a súa filla María Luísa, Chacho Rey sería a persoa encargada de seguir mantendo a tradición ao elaborar ata a súa xubilación as roscas na súa panadería “La Nueva” de Vilarrodís, panadería hoxe denominada “O Forno da Vella”, que é quen se encarga na actualidade de manter o rito do pan en Oseiro.

Procesión da Rosca de Oseiro (28 de xaneiro de 2019)
   Xa hai moitos anos que non hai trigo na parroquia mais, con todo, o feito de que se siga honrando o pan, mantendo viva a tradición dos seus maiores, di moito da xente de Oseiro, lugar onde curiosamente o apelido Pan é un dos máis comúns entre as veciñas e os veciños nados na parroquia antes da segunda metade do culo pasado, caso de Carme Pan Pan, nada en Froxel en 1913 e avoa materna de quen escribe.

  Así pois, Oseiro segue honrando a súa rosca. Un rito telúrico, como di o amigo Xurxo Souto nos seus “Contos da Coruña”, que nos toca no urdido máis fondo. “Testemuño da cultura do pan que tanta importancia tivo na cidade, a terra dos muíños de vento, da praza da Fariña e da rúa Panadeiras”.

FONTES:

-SOUTO, XURXO. Contos da Coruña. Xerais. Vigo, 2007.
-VIDAL, FRANCISCO. San Tirso e a procesión da Rosca de Oseiro. Os Chanzos (oschanzos.blogspot.com)


luns, 21 de xaneiro de 2019

ANZOBRE EN 1902

-CRÓNICAS VERANIEGAS-
ANZOBRE
(Artigo publicado en El Noroeste o 13 de xullo de 1902)

Naturaleza femenina, llama un ilustre profesor á Galicia con sus valles, sus prados y sus flores. Pero como por aquí hay de todo, masculina y muy masculina es la Galicia que rodea al caserón de Anzobre, metido entre montes salvajes y riscos que no han conocido más huella que la del tojo que los alfombra, y orientado á un valle de oscuras tonalidades y severo colorido á cuyo fin bate noche y día el mar, el terrible mar de esta costa en cuya lista de víctimas hay estos días un número más, ante la línea blanca de la playa de Barrañán, más allá de la cual se ven desfilar como puntitos negros y blancos vapores y barcos de vela.

La casa está enclavada en el propio riñón de Galicia, en lo más brumoso y abrupto de nuestras montañas, heridas de continuo por el viento furioso que las impregna de aire de mar, como si hasta ellas hubiesen llegado las olas en una tempestad monstruosa, y entre pinos de obscura y quejumbrosa copa y esbelto y afilado tronco, como los de los árboles de Rusiñol.

Y quizá por eso mismo es más grata la impresión de quien á ella llega, después de llenar sus ojos con la amarga impresión de un país tristísimo, de trágica y doliente belleza, que trae al pensamiento la Bretaña sombría de las narraciones de Barbey d´Aurevilly y produce en el ánimo una sensación deprimente, cuando después de subir y bajar las incesantes y empinadas cuestas del endiablado camino, se vé de repente en medio de los árboles, de las flores, de los maizales y los prados alegres de Anzobre, que se presentan á su vista con toda la atractiva delicia de un oasis plácido y alegre en medio de un árido desierto.

Debuxo do Pazo de Anzobre publicado en El Noroeste en 1902
Allí se alza la hermosa casa, que bien pudiera llamarse palacio, sobre todo hoy que tanto se prodiga el vocablo, á cuyo frente surge en primer término, como avanzada, el edificio de la capilla, en cuya fachada campea sobre la puerta y bajo la cruz el antiguo é historiado escudo de la casa de Gimonde, y a uno de cuyos flancos está adosada la torre, de clásico y sobrio estilo y de marcado carácter y sabor que de ella recibe toda la residencia.

En esa casa y en esa torre vivió con preferencia aquel hombre inolvidable para cuantos fueron sus amigos, de leal corazón, clarísimo entendimiento y esforzado carácter, cuya influencia potísica entre nosotros fué un tiempo tan grande, cuyo prestigio intelectual tan considerable, que aun hoy, después que han pasado varios años desde su muerte, nadie ha dejado borrarse de la imaginación su nombre.

Luciano Puga tenía en esa casa todos sus amores. Era el rincón grato y placentero donde escondía sus dichas íntimas, sus alegrías domésticas, empañadas habitualmente por esa fatigosa notoriedad de los hombres políticos; era el refugio seguro y consolador para las heridas ganadas en la áspera y encarnizada lucha; era el sanatorio donde reponía las perdidas fuerzas, dando sosiego al espíritu y oxígeno á la sangre.

Por eso para cuantos allí le conocimos está Anzobre lleno de sombras y recuerdos que hacen de la hermosa posesión un lugar del pasado aparte del grato lugar que es del presente. Parece como si entre los árboles del parque, ó ante los basudores de la amplísima galería, fuésemos á encontrar de nuevo al maestro y al amigo, con la sagaz sonrisa en los labios, pronto al dicho ingenioso y salado, á la reflexión discretísima, al arranque generoso y gallardo; como si fuesen á parar por allí aquella santa que fué su esposa, cuyas coronas mortuorias llenan la capilla; y aquel ángel de gracia, de inteligencia y de dulzura, flor suprema de aquella naturaleza pura y hermosa, que vivió entre aquellos riscos y que entre ellos pasó su luna de miel, fugaz como un sueño, para ir demasiado pronto á recobrar su puesto en el cielo: la María Puga que tanto quisieron cuantos la conocieron y que dejó en la tierra una estela de luz y de belleza.

Eso recordamos con triste memoria al pensar en aquella familia disuelta rápidamente, como herida por el rayo, y reducida hoy al propietario actual de la posesión, á nuestro querido compañero y amigo Manolo Puga, que en ella conserva vivo el culto al castellano del pasado, mientras educa y prepara para la vida al castellano del porvenir, un rapaz de ojos negros, listo y avispado, que juega al lado de las faldas de su buenísima y simpática madre, la señora de la casa.

Y entre árboles y flores, en pleno monte, viven nuestro amigo y los suyos, al abrir sobre aquellos campos las ventanas de las amplias estancias. Y no sólo entre árboles y flores, sino entre objetos de arte muy vanosos y preciados, que decoran los salones de la antigua vivienda y hacen de la torre, especialmente, un museo escogidísimo de arte refinado.

Los cuadros hermosísimos, los mosaicos admirables, los tallados arcones, los bargueños de finísima labor, las altas sillas de auténtico cuero de Córdoba donde sobre fondo rojo campean de relieve los más caprichosos dibujos, la labrada cama, todo en fin cuanto forma el decorado de aquella espaciosa estancia, es un conjunto ordenado y armónico de verdaderas obras de arte.

Por eso se hermanan en Anzobre lo pasado y lo presente en perfecta unidad; y así como el efecto y la consideración á los vivos nos lleva de la mano á venerar la memoria de los muertos queridos, así también la admiración de aquel mundo misterioso y expresivo del arte antiguo, allí tan bien representado, nos hace apreciar después doblemente la eterna, la invariable y siempre joven hermosura de la naturaleza, que en todo el apogeo de su salvaje poderío circunda la casa, y aspirar ávida y codiciosamente el aire vivo y puro de las austeras montañas vecinas, entre cuyas pardas laderas parecen resonar los ecos de aquellas melodías típicas y primitivas que cantaba tan adorablemente la dulce María Puga.


xoves, 20 de decembro de 2018

O MANCO DE SADA E O NAUFRAXIO NO RAÑAL EN 1912 DA RAPETA "SAN JOSÉ".

Dúas das webs que visitamos con bastante asiduidade na rede son www.patexeiros.org e memoriadesada.com, que levan tempo traballando dun xeito admirable no arquivo fotográfico da vila de Sada e na recuperación da historia do municipio. Neses espazos virtuais, podemos ver fermosas imaxes antigas que nos conducen ao noso pasado máis recente, imaxes como a de Xosé María Pena Rey, un vello mariñeiro da localidade que era coñecido polo alcume de Xorxe o Manco. A pé de foto desa instantánea, que foi tomada no porto de Sada en 1946, aparece unha pequena homenaxe de Lina, unha das netas de Xorxe, que recorda ao seu avó do seguinte xeito:

El era o meu avó, viudo con 39 anos (a muller morrera na epidemia da gripe) e con seis fillos. Unha boa persoa. Perdera o seu brazo no mar, o que non lle impediu seguir traballando de mariñeiro, non quedaba outra. Todo o seu capital era o seu corpo e o mar. Coa axuda dos seus sogros quitou os fillos adiante. A pesar de todo era alegre e divertido. Como bo mariñeiro tamén lle gustaba unha copa de caña ¡ou duas! Historias coma a del houbo moitas naquel tempo pero case sempre lle tocaba vivilas ás mulleres. A miña homenaxe e cariño a meu avó e a todos os que coma el loitaron para que nos o tiveramos máis fácil. Un día viña de traballar do mar e atopouse con un rapaz de 18 anos, preguntoulle se podía quitarlle unha foto e díxolle que si, e aquí está, esta preciosa instatánea. Isto contoumo o fotógrafo que lla fixo, sesenta anos despois. Este era Miguel Noya Moneró, profesional en Madrid e de xente de Sada. A súa casa é a antiga tintorería da Tenencia. Síntome moi orgullosa de meu avó, sin capital ningún pero sempre con unha sonrisa, o pitillo de picadura colgado da boca e cantarexando”.

Xosé Mª Pena, o manco de Sada (memoridadesada.com)
Pois ben, o curioso do conto é que a día de hoxe, moitos anos despois de ser tomada a instantánea da que nos fala Lina, en Arteixo aínda hai xente que se lembra de seu avó Xorxe, que era coñecido por estas latitudes polo alcume do Manco de Sada, xente coma Carmen Nión, nena do lugar de Sabón de finais da década dos cincuenta que hoxe desfruta da súa merecida xubilación e que garda na súa memoria algún conto que escoitaba na súa casa… “meus pais dicían que lle faltaba un brazo e que viña por Sabón a buscar xente para axudar a tirar das redes; despois dáballe peixe aos veciños da aldea”.

Carmen Nión referíase ás redes da rapeta, unha arte de pesca semellante ao boliche e á xávega, que mestura o cerco e o arrastre e que se facía dende as praias. O mariñeiro e poeta Xosé Iglesias comentounos que a rapeta era… “un aparello que agora non se utiliza porque está prohibido. Arriaban a rede dende terra, dende as praias, e cunha chalana extendíana. Logo, no outro extremo, tiraban do aparello para cercar o peixe dende os areais. É dicir, o aparello estaba en terra, un extremo collíao unha embarcación que ía vogando e cercando o peixe facendo coma un semicírculo e, despois, chegaba con ese extremo á outra parte do areal, onde agardaba moita xente, incluso con animais, para tirar do aparello ateigado de peixe cara a terra. Noutros puntos do litoral galego, coma en Fisterra chamábanlle a “arte”.

Istos aparellos eran, segundo o sadense Emilio Santos, os que enchían con fartura os píos das fábricas de conservas e salgadura. O mesmo cercaban sardiña, parrocha, bocarte, xurelo, xarda, robaliza, calamar... todo o que entraba no saco. Largaban os aparellos mesmo de noite que tamén polo día. De noite, ao arder as aguas, os mariñeiros coñecían a crase e cantidade de peixe que había en cada punto do litoral polo que pasaban. Cunha choupada que se dese, se había peixe, acendíase as aguas do mar, intre que se aproveitaba para facer o lance. De día, o cerco facíase cando o mascato, o aro ou a gaivota ceibábanse dende o alto do ceo ao mar. Así, grazas aos paxaros que voaban sobre a zona, era como os mariñeiros situaban o arreallo ou mansío.

Andando á rapeta (patexeiros.org)

A relación do Manco de Sada co litoral de Arteixo xa viña de moitos anos atrás. Viaxando na máquina do tempo chegamos ata a madrugada do 28 de maio de 1912, día no que unha nova traxedia mariña tinguía de loito esta parte do Atlántico. Falamos do sinistro da súa pequena embarcación “San José”, naufraxio do que daba cumprida conta dous días máis tarde o xornal La Voz de Galicia co seguinte artigo:

ACCIDENTE EXTRAÑO. UN HOMBRE MUERTO Y OTRO HERIDO
A las cinco y media de la mañana de ayer encontrábanse pescando en el punto denominado Sabón, cerca de Caión, Manuel Taracido Orco, Juan López, Nicolás Gómez y José Manuel Pena Rey, tripulando un bote que este último patroneaba. Un fuerte golpe de mar cogió atravesada la embarcación, haciéndola zozobrar, y quedando con la quilla al sol. Tres de los náufragos fueron recogidos por otra embarcación que próxima al lugar del suceso pasó a los pocos momentos del accidente. Otro de los tripulantes, el joven Nicolás Gómez, desapareció de la superficie, sin que se le hubiera podido prestar auxilio. El infeliz, que apenas sabía nadar, pereció ahogado. Tenia diez y seis años y habitaba en la villa de Sada con su familia. El patrón del bote también resultó herido gravemente.
Acerca de este suceso hay otra versión que reviste gravedad. Se dice que hallándose los cuatro hombres pescando con dinamita, uno de los cartuchos hizo explosión á bordo, matando al Nicolás Gómez, e hiriendo gravemente al patrón. La cosa no debe ir fuera de camino, cuando el patrón según dice un oficio de la Ayudantía de Marina de Sada recibido ayer en la Comandancia del puerto se encuentra en esta capital, sin duda curándose aquí para eludir la acción de la justicia. Al patrón le falta una mano que ya perdió en otra ocasión, cuando se encontraba pescando en la misma forma.
Outro dos xornais da época, La Correspondencia Gallega, na súa edición do 31 de maio de 1912 informaba o seguinte:

EXPLOSIÓN EN UNA LANCHA.
Dicen de la Coruña que una lancha pescadora del puerto de Sada, a poco de salir para las faenas pesqueras, sufrió un accidente debido al uso de la dinamita. Cuando uno de los tripulantes, un muchacho de 16 años, llamado Nicolás Rodríguez, se disponía a echar un cartucho al agua, estalló este en sus manos dejándolo muerto en el acto y horriblemente destrozado. La explosión irió de gravedad al patrón de la embarcación, un tal José Pena, que hace ya tiempo había perdido una mano al pescar con dinamita. La lancha quedó destrozada y el resto de la tripulación pudo salvarse. Al propio tiempo que se lamenta la desgracia ocurrida, se censura vivamente la escasa vigilancia que se ejerce por las autoridades sobre este sistema de pesca que tanto daño causa en todos los órdenes.
O 7 de xuño, unha semana despois do sinistro acontecido á altura dos areais de Alba e Sabón, aparecía na Furna das Corveiras, hoxe sepultada polo cemento do Porto de Punta Langosteira, o cadáver do mariñeiro Nicolás Gómez “(…) cuantas personas, que no fueron pocas, desfilaron por ante el cuerpo, no han podido identificarlo. Hay que advertir que el cadáver está muy desfigurado. Se ordenó, en vista de todo esto, al juez de Arteijo que practique activamente cuantas diligencias de averiguación estime convenientes. Parece que se trata del joven Nicolás Gómez que pereció ahogado días pasados, en el naufragio de la lancha San José. El activo juez de causas de la Comandancia de Marina, Sr. Lacaci, se trasladó ayer mismo al indicado punto, con el fin de proceder al levantamiento del cadáver, y practicar las demás diligencias”.

Tras aquel sinistro a vida de Xorxe, o Manco de Sada, non sería doada. A gripe de 1918 segaríalle a vida a súa muller deixándoo viúvo e con seis criaturas que sacaría adiante co seu duro traballo no mar e coa axuda de sus sogros. Como di a súa neta… “perdera o seu brazo no mar, o que non lle impediu seguir traballando de mariñeiro, non quedaba outra. Todo o seu capital era o seu corpo e o mar”.

Rematamos con outra homenaxe, a escrita polo seu neto uruguaio José Javier García Pena:

El Remiendo
A José María Pena Rey, “Xorxe o manco”, mariñeiro
Ahí estás. Para siempre. Desafiando a la mar, tu salobre despensa.
Joaquín Sorolla veraneaba, rescatando luces, en Valencia, lejos de las rías.
Hemingway, en Madrid, Pamplona y Cuba, se emborrachaba de toros, mujeres, redacciones y ron caribeño.
¡Galicia le quedaba tan trasmano…!
Patxi Andión, por no apurarse a nacer, se perdió el mejor poema de mar.
Los tres retratistas te disputarán para modelo de sus artes.
Te inmortaliza la inteligente mirada de Noya Moneró.
Pero, ¿quién, quién, cantará la ausencia de tu mano, la gravedad de tu enronquecida voz?
Soy nadie, pero gallego. Y yo lo haré; préstame tu acento.
Y cantaré a tu única mano y a tu muñón temido.
Yo canto a esa mano, perdida, mar adentro, el mismísimo día en que ganabas, en la ribera, tu segunda hija.
Canto a tu gastada camisa azul de faena, con sus bolsillos olorosos a tabaco y pedernal.
Canto a aquel eterno pitillo colgando de tus labios. A tu pelo cano. A tu cara, ríspida de barba.
Canto a las honradas manchas de tu ropa de fajina, impregnada de olor a linaza y brea.
Pero, sobre todo, canto a tu pantalón, nuevo antes de la guerra, luciendo, ahora, la condecoración al trabajo, que tiene forma de remiendo en tu pierna derecha.
Canto a las manos que inventaron ese retazo de amor en tu rodilla, las mismas que zurzieron fondillos infantiles; las manos de tu hija mayor.
Canto a la madre que me diste… abuelo.


15 de Agosto de 2013
José Javier García Pena de Sada- Uruguay



xoves, 13 de decembro de 2018

CLAUDIO WILLIMAN, PRESIDENTE DE URUGUAI ENTRE 1907 E 1911


Nesta bitácora falamos en varias ocasións da relación que A Laracha e Arteixo teñen co Uruguai, citando a varios fillos da emigración destes dous municipios que tiveron certa relevancia no mundo da industria, da política ou do deporte. Pois ben, hoxe ampliamos esta listaxe lembrando a figura de Claudio Williman, un dos personaxes da historia uruguaia máis sobresaíntes que chegaría a ser presidente da República entre 1907 e 1911.
Claudio Williman

Fillo de emigrantes de Caión e de Arteixo (seu pai era natural de San Cosme de Maianca, Oleiros, aínda que tiña domicilio en Arteixo cando casou), varias novas publicadas na prensa de Montevideo nos primeiros anos do pasado século XX en torno á nacionalidade dos proxenitores do presidente da República, doutor Claudio Williman, suscitaran no seu momento algunha que outra discusión entre os xornalistas charrúas. Uns dicían que eran de orixe alemana, outros inglesa e os menos galega e, por riba, ningún dos contendentes aportaba probas satisfactorias aos seus contrincantes da pluma. Mais aquela incógnita quedaría resolta coa información que publicaba, baixo a sinatura de Pedro Dubra Brandón, o xornal coruñés El Noroeste o día 20 de xuño de 1910:

(…) publicamos a continuación la partida de matrimonio que los autores de la existencia de aquel, aunque joven, esclarecido gobernante. Los padres del presidente Williman, como los del presidente Gabriel Antonio Pereira y los del presidente Lorenzo Latorre, que también gobernaron aquel país en épocas no muy lejanas, nacieron en esta provincia de la Coruña, y en ella nació también el primer europeo que cruzó la América de oriente a occidente, Núñez de Balboa, para ofrecerle al mundo civilizado, con un nombre simpático (símbolo de la paz) el océano más extenso entre los que cubren la superficie de nuestro globo. La partida a que nos referimos dice así:
Don Domingo Carballo Antelo, cura párroco de Santa María del Socorro de la Villa y puerto de Cayón, distrito municipal de Laracha, provincia de la Coruña.
Certifico: que en el folio sesenta y nueve vuelto, del libro tercero de casamientos de esta de mi cargo se halla la partida siguiente:
En la capilla de San Roque que hace de parroquial de Santa María del Socorro de la villa y puerto de Cayón, a veintidos días del mes de Febrero, año de mil ochocientos cuarenta: Yo D. José Cambón, presbítero, teniente cura de la misma, con licencia expresa del P. P. Fr. Domingo Eujo, vicario cura de ella en propiedad, precedidas las tres canónicas moniciones en tres días festivos tanto en esta, como en la de Santiago de Arteijo, y no haber resultado impedimento alguno, según más bien consta de la certificación dada por D. Manuel Rodríguez Cambón, cura rector propio de la de Arteijo; asistí al matrimonio que por palabras de presente y mutuos consentimientos exteriormente sensibilizados contrajo José Williman, soltero natural de San Cosme de Mayanca y vecino de la referida de Arteijo, hijo legítimo de Claudio Williman, natural de la Saboya de Francia y de su mujer Caetana Lugrís, natural y vecinos que viviendo fueron de la de Moyanca; con Antonia González, también soltera, hija legítima de de Manuel González, ahora difunto, natural de Santa Justa de Moraña, y de su mujer Josefa de Otoño, natural y vecinos de este puerto; se observó lo prevenido en las Sinodales de este arzobispado y reales pragmáticas de S.M., en el mismo recibieron las bendiciones de la iglesia y se hallaron presentes Antonio Paz, Pedro de Otoño y D. Mariano García, todos vecinos de esta villa y puerto; y para que conste lo firmo al día, mes y año ut supra. José Cambón”
Así pois sabemos, que os pais de Claudio Williman, José e Antonia, eran, antes de darse o “si quero”, veciños de Arteixo e de Caión e tamén que os avós paternos eran de orixe francés, unha parella que non tardaría en facer a maleta da emigración para empezar unha nova vida en Montevideo.

Alí, José e Antonia montarían un estabelecemento de ultramarinos na rúa de Andes, esquina coa rúa Mercedes e, segundo un xornal da época, na trastenda deste negocio Claudio, que nacera na capital charrúa o 10 de outubro de 1861 … estudiaba sus lecciones y algunas veces cosquilleaba en el humor de su buenísima madre, que le reprendía en gallego, dando lugar sus travesuras a que el severo D. José le advirtiese que era hora ya de que se fuese a clase, obedeciendo Claudio, no sin dejar de vocear y de dar saltos porque era un diablejo rubio y de ojos azules, tan travieso como avispado e inteligente”.

Claudio Williman
O noso protagonista, que era sobriño de Mariano G. Williman, coñecido republicano federal da capital uruguaia, comezaría aos 19 anos a súa carreira docente na Sociedade Universitaria e, en 1885, gañaría por concurso a cátedra de Física na Universidade da República. Dende moi novo as pretensións do fillo dos emigrantes de Arteixo e Caión era a de estudar enxeñaría, mais por aqueles días era practicamente imposible xa que no Uruguai non había ningún centro de estudo especializado. Claudio principiaría, entón, a carreira de Dereito, carreira que abandonaría transitoriamente pola política, que levaba certo tempo chamando á súa porta.

Vinculado dende moi novo ao Partido Colorado, no ano 1886 participaría no departamento de Paysandú na rebelión do legalismo contra o militarismo, rebelión coñecida como a Revolución do Quebracho. Williman retomaría os seus estudos naqueles tempos de radical oposición entre os “blancos” e os “colorados” e, nese mesmo ano, recibía o seu título de abogado.

Nos anos inmediatos Claudio, a quen os amigos e compañeiros coñecían polo alcume do Inglés, alternaría a labor docente coa súa actividad política e impulsaría a fundación da Facultade de Matemáticas (1887), da que foi catedrático honorario, e exercería o profesorado na Academia General Militar. Moi popular na capital charrúa pola súa bonhomía e a súa singular intelixencia, en 1889 sería elexido edil por Montevideo. En 1895, catro anos despois de converterse no Decano da Facultade de “Enseñanza Secundaria y Preparatoria”, casa con Carmen Martínez Santos, e do matrimonio nacerían catro fillos: José Claudio, Horacio Alberto, Osvaldo Alfredo e Enrique Guillermo.

Tres anos máis tarde do casamento, ao producirse o golpe de Estado de Juan Lindolfo Cuestas, Williman sería nomeado membro do Consello de Estado e xa en 1904 combate na Guerra Civil, pese ao seu notorio rexeitamento do formalismo militar, o levantamento “blanco” para defender a constitucionalidade ameazada polo alzamento encabezado por Aparicio Saravia, sendo xefe do 4º Batallón de Infantería. O seu neto e biógrafo José Claudio Williman afirma que… “en las duras jornadas que siguieron a la derrota de los blancos, puso en juego toda su influencia para moderar y contener la agresividad de algunos de sus correligionarios”.

Rematada a Guerra Civil, José Batlle y Ordóñez designao ministro de Goberno nun tempo no que xa era unha das figuras máis prestixiosas do coloradismo, prestixio que conduciría a Batlle a escollelo como o seu candidato para sucedelo na presidencia da República. E así, o día 1 de marzo de 1907 o Dr. Claudio Williman, o fillo dos emigrantes galegos de Arteixo e A Laracha, era elexido polo Parlamento presidente do Uruguai.

O goberno de Claudio Williman caracterizaríase por poñer en evidencia unha tendencia conservadora, destacando o interese polo reforzamento do sistema xudicial e a promoción dun Estado constitucional sólido. Entre as accións que destacaron na súa xestión, hai que resaltar a abolición da pena de morte, a creación do Ministerio de Industria e o Ministerio de Obras Públicas, ademais da aprobación da Lei do Divorcio e a creación da Corte Suprema.

Outro dos aspectos que melloraron considerablemente durante o goberno de Claudio Williman, foi o desenvolvemento económico do país fundamentado na gandería, na agricultura e no comercio, sector no que nacionalizaría o porto de Montevideo e a rede telegráfica, instalando tamén a rede telefónica estatal que competiría coas dúas privadas preexistentes.

Claudio Williman
Por outra banda, daríanse cambios importantes na educación, como a eliminación do ensino relixioso dos colexios públicos e a creación de centos de escolas distribuidas en toda a xeografía uruguaia, especialmente nas áreas rurais. En canto ao sector político, a convivencia entre os dous partidos maioritarios como o Partido Nacional e o Colorado, foi totalmente positiva e armónica, uns partidos que durante ese periodo 1907-1911 manterían unha disposición ao dialogo con tendencia moderada. En canto á xestión internacional, o goberno de Williman tivo unha acertada visión negociadora que alcanzou a realización de acordos en termos fronteirizos cos gobernos arxentino e brasileño.

Finalizada a súa presidencia, Williman viaxou a Europa e a volta, en 1912, ocuparía por segunda vez o rectorado da Universidade. Posteriormente, entre 1916 e 1924, apartado xa das loitas políticas, sería presidente do Banco de la República. O seu neto e biógrafo describíao así: “de aspecto sajón, delgado y erguido, pareciendo por ello de más altura que la real, de cabellos lacios, finos y rubios, ojos azules claros, con un gesto de seriedad que disimulaba de manera desconcertante su temperamento afectivo, afectuoso y a veces bromista”.

O noso homenaxeado falecería en Montevideo o 9 de febreiro de 1934. Oitenta e cinco anos despois do seu pasamento aínda hai quen pensa que Uruguai aínda lle debe o recoñecemento que merecen os seus constantes esforzos pola paz e a súa importante obra reformista. Como esas brisas que de cando en vez atravesan as mañás soleadas, aquel fillo de José Williman e Antonia González, os emigrantes de Arteixo e A Laracha, pasou pola historia da súa patria de forma case desapercibida, mais iso si, regando a terra de fecundas sementes que floreceron anos despois nunha realidade superior.


FONTES:

-MAIZTEGUI CASAS, LINCOLN RAÚL. Uruguay-Recortes de Historia. El hombre que fue paréntesis. Blogdiario.com