Imaxe dos anos 60 de Antonio Naya, "Pesudo", diante do Bar Moisés |
Son moitas as lembranzas que teñen as e os arteixáns en torno ao "Moisés". Uns ían ao bar, xa con Guillermo e Carmen detrás da barra e cos seus fillos Guillermo, José e Angel parando por alí, a falar de fútbol e pola vinculación do local co Penouqueira; outros ían a ver "Los intocables de Eliot Ness", serie que se empezara a emitir en España en 1964; algúns e algunhas ían pola máquina tocadiscos na que a xuventude daquela hora, según me ten contado a miña veciña Fina Sanjurjo, moitos pesiños ten gastado elixindo unha das cancións que máis soara no verán de 1965: "La Yenka", aquel baile irresistible que se marcaban os nosos pais da man de Johny e
Charlie Kurt, un dúo de cantantes do norte de Europa; e mesmo había quen ía ao "Moisés" polos bocadillos de pan de bola de chourizo, sardiñas... Tamén son lembradas, e moito, as partidas de futbolín.
Según me contaron o señor Abelardo e a señora Amalia, ao voltar de Suiza, donde estiveran traballando doce anos, decidiran investir parte dos aforros da emigración nun supermercado que abrirían en 1975 ao carón do bar do que estamos a falar, supermercado ao que tamén bautizarían co mesmo nome que o seu único fillo e que fecharía en 1988, trala xubilación de Abelardo.
Imaxe dos anos 70 na que se ve o Bar e o Super Moisés |
cheo de pegatinas, chaveiros e banderíns de fútbol no que sempre había un futbolín, un bar vinculado tantos anos ao Penouqueira e que sería derrubado para construir o edifico dos de Gestal. Curiosamente, o "Moisés" e o Penouqueira, tantos anos "camiñando" xuntos, desaparecerían practicamente ao mesmo tempo.
Eu penso que "a Bolera" xa funcionaba e acaparaba aos latadores de instituto e F.P. (anos 90...). Con todo, algúns parabamos no Moisés, cuio futbolín aínda era dos de "a peso".
ResponderEliminarMoitas grazas polo teu traballo meu. È unha ledicia lerte
ResponderEliminar...un pracer. En todo caso, grazas a vos por seguir Crónicas de Arteixo!
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminar