xoves, 3 de setembro de 2015

EMBARCACIÓN PESQUEIRA AFUNDIDA EN SUEVOS EN NOVEMBRO DE 1898

     En novembro de 1898, moitas familias galegas agardaban con incerteza a chegada dos repatriados do Caribe. España perdera a Guerra de Cuba cos Estados Unidos e o Tratado de París, apenas pendente de sinatura (realizaríase o 10 de decembro), obrigabaa a renunciar aos seus dereitos en Cuba, Porto Rico e nas Filipinas. Terratenentes, administrativos, exército e clero deixaban as últimas colonias do Estado español en ultramar e embarcábanse cara a Península. Durante as viaxes de retorno, as travesías polo Atlántico nos vapores "Alicante", "Conde Wifredo", "Covadonga", "Isla de Luzón", "Isla de Penay", "Montserrat", etc., foron aterradoras, xa que houbo numerosas defuncións a bordo, e os que chegaban, facíano nun estado de saúde lamentable, envellecidos polas doenzas, a fatiga e a fame ou, mutilados pola metralla. Antes e durante a guerra, estes navíos que chegaban de Cuba e de Porto Rico, coa finalidade de evitar a propagación do vómito negro e da febre amarela, tiñan que someterse ao rexime de cuarentena que, na Coruña, se cumpría no lazareto de Oza.

     Os lazaretos eran hospitais ou instalacións similares, máis ou menos isoladas, que estaban situados a carón dos portos das cidades costeiras, onde se trataban doenzas infecciosas e se tiña en observación ás embarcacións, mercadorías e pasaxeiros procedentes doutros países contaminados ou sospeitosos de contaxio. O de Pedrosa en Santander, o de San Simón en Vigo e o de Oza, foron os de maior importancia na Península durante esta época, mais pouco despois de finalizar a guerra e coa perda das colonias, desaparece o rexime de cuarentena e en consecuencia, cesarían de funcións estes hospitais.

     O "Conde Wifredo", un dos vapores que chegou á Península ateigado de repatriados, pasaba á altura da Punta Lagosteira pouco antes das seis da mañá do día 12 de novembro de 1898. Viña de facer singradura por Nova Orleans, A Habana e o Porto Rico e, comandado polo capitán Adraca, dirixíase cara a Coruña despois de catorce días de navegación. Levaba a bordo 282 pasaxeiros, moitos deles militares de alta graduación que chegaban acompañados das súas familias, e 120 viñan destinados ao porto herculino. Na patente da Habana, expedida o 25 de outubro, maniféstase que o estado de saúde pública do porto é satisfactorio mais que acontecen, porén, casos de febre amarela, polo que o barco, ao chegar á Coruña, non é admitido a libre prática, tendo que ficar dez días en cuarentena no Lazareto de Oza.
La Voz de Galicia, 15 de novembro de 1898

     Pouco despois de que o "Conde Wifredo" pasase á altura de Punta Lagosteira, as inclemencias metereolóxicas ("...continúa
desapacible y desigual, lo mismo que los aspirantes á regenerar el país en medio del caos político en que nos hallamos"
, informaba ese día sobre o tempo un xornal coruñés) e o mal estado do mar, dificultaban o traballo aos mariñeiros das pequenas embarcacións pesqueiras que faenaban nese punto. Unha delas convertiríase na triste protagonista, nas edicións do domingo 13 de novembro, dos principais xornais da época, despois de que estes se fixesen eco do infortunio que sufriran os seus tripulantes:

     "Ayer a las ocho de la mañana se hallaban pescando percebes cinco hombres tripulando una pequeña  embarcación en el punto denominado Cabo Langosteira, situado a cinco  millas al O. (legua y media) de la torre de Hércules). Un golpe de mar hizo zozobrar la embarcación y todos los tripulantes cayeron al mar. El  patrón fue quien consiguió ganar a nado la orilla, y medio desnudo subió a un monte próximo y comenzó a demandar auxilio. Se lo prestó una  embarcación que se hallaba algo distante tripulada por cuatro hombres, acudiendo al lugar del suceso. Allí pudieron salvar a dos de los tripulantes del bote náufrago que se mantenían asidos a la quilla del  mismo. Manifestaron los dos infelices que los otros dos compañeros habían ya desaparecido entre las olas. Los tripulantes de la embarcación naufragada son del lugar de Suevos, inmediato a Arteixo. Los salvados se restituyeron inmediatamente a sus casas en el mismo bote que los recogió. Se llama este el "San José", lo patroneaba José Sánchez Sánchez, y es de Riazor. Por la Comandancia de Marina se pidieron detalles del naufragio y nombres de los perecidos y salvados".
Pequena embarcación pesqueira a finais do século XIX

     O martes 15, os xornais daban máis información do sinistro de Punta Lagosteira e informaban tamén, da morte dunha pasaxeira do "Conde Wifredo":

     "Los dos infelices marineros naturales de Suevos que perecieron
ahogados uno de estos últimos días en las inmediaciones de la Torre de  Hércules, llamábanse Benito Patiño Vázquez y Matías Lorenzo Martínez.  Eran casados, y tenían 40 y 37 años, respectivamente. Deja cada uno de ellos cinco hijos de corta edad. Los marineros que lograron salvarse llámanse Antonio Villaverde, Domingo Villaverde y Rosendo Martínez Vázquez".


     "En el lazareto de Oza falleció uno de los pasajeros que allí desembarcaron del vapor "Conde Wifredo". Fué una mujer la fallecida; llamábase María Cuberto y Casanova. Estaba casada, pero no se conoce el nombre de su esposo ni el de sus padres. Tenía la finada 28 años. Falleció de hepatitis. Recibió sepultura en el cementerio del lazareto". 

Lazareto de Oza
   


Ningún comentario:

Publicar un comentario