Fernando Cabeza Quiles, auténtico erudito sobre a toponimia galega di, nun dos seus traballos, o seguinte sobre o que pode ser a orixe do nomo Paiolo:
"...Paio ou Pei, foi nun principio Pelagio, nome persoal derivado da voz grega pélagos, "mar", polo que o antropónimo Pelagio tería nun principio o significado de "mariñeiro, mariño, home de mar". Este oficio tería sido exercido polos primeiros individuos chamados Pelagio, nome de persoa abundantísimo na época medieval, que se espallou a partir do martirio do neno tudense Pelagio, ocorrido a comezos do século X, cando o tal Pelagio, logo de sufrir suplicio, converteuse en San Paio (en castelán San Pelayo) e o seu nome, poloa difusión do seu culto, fíxose moi común na
A Punta do Paiolo |
Así pois, Cabeza Quiles di que o que agora é Paiolo antes era "Pelagio", que supostamente tería nun principio o significado de "mariñeiro, mariño ou home de mar"...e un home de mar, Xosé Iglesias, deleitounos no Paiolo coa súa poesía chea de salitre durante o transcurso do roteiro poético-literario polo litoral de Arteixo, celebrado o pasado 9 de agosto e que organizaron conxuntamente a Asociación Cultural Monte da Estrela e o Colectivo Literario In NaveCivitas.
O poeta do mar, Xosé Iglesias, recitando un dos seus poemas no Paiolo no roteiro poético literario pola costa de Arteixo, celebrado o pasado 9 de agosto |
FONTES:
-Fernando Cabeza Quiles
Ningún comentario:
Publicar un comentario