O 16 de setembro as crenzas e a tradición danse cita na romaría da Santa Eufemia de Arteixo. Os que padecen a cotío de xaquecas ou migrañas saberán seguramente que fai cen anos inventábase a aspirina, mais só algúns coñecerán que en Arteixo celébrase esta romaría da Santa Eufemia, avogosa dos que sufren "males extraños" dentro da súa cabeza.
Artigo do xornal El Heraldo do 25 de setembro de 1845 |
non fai moito tempo chegaban romeiros dende Ferrol e toda a comarca para librarse do demo que dicían levar dentro. Foron coñecidos coma "choríns" e sometíanse a curiosos rituais de exorcismo por parte do sacristán de turno. A operación consistía en facer tragar o "chorín", un amuleto que saía despois xunto co suposto "inimigo". A cura completábase saíndo en procesión debaixo da imaxe da Santa.
Crentes e escépticos danse cita en Arteixo nesta celebración, que non debe rematar sen buscar un trevo de catro follas no atrio da igrexa, o que garantirá a boa sorte para todo o ano.
E, se der ser un bo romeiro se trata, non podemos esquecer levar unha cesta de comida que poderemos baleirar en calquera campo de Arteixo ou nalgunha das praias do noso termo municipal se o tempo acompaña.
(Relato publicado no Boletín Informativo Municipal por Luz López Viñán)
...a este relato de Luz López quérolle engadir un apuntamento: coñecemos xa amplamente a popularidade de que gozou e aínda goza a Santa Eufemia, non só en Arteixo e na Coruña, mais tamén nas bisbarras de Ferrol, das Mariñas e de Bergantiños. No entanto, pouco se sabe das consecuencias terribles que sufrirían algúns dos seus devotos nun sinistro marítimo ocorrido o 17 de setembro de 1865, sinistro sobre o que o xornal "La Esperanza" de Madrid publicaba a seguinte información:
"Ferrol.- Ayer tarde ha ocurrido un desastre lamentable. Una lancha procedente de la Coruña, que volvía llena de personas que habían pasado el día en la feria de Pastoriza y Santa Eufemia, por efecto de la densa niebla chocó contra una roca en Peña Moa y quedó destrozada, pereciendo cuarenta personas y salvándose cinco. Fue imposible auxiliarlos".
Gracias, Xabier, polo interesate engadido e por recuperar algo daquel Boletín que tanto nos ilusionou a moitos ... Agrádame ver que o que se fai non queda no esquecemento, simplemente durme durante un tempo.
ResponderEliminarLuz López
Moitas grazas a ti Luz e tamén moitas grazas a toda a xente que publicou naquel Boletín!
Eliminar