O
R.C. Deportivo da Coruña, pechacancelas
do campionato da
Primeira División da
tempada 1966/67,
quedárase sen a
súa principal
estrela, Carlos Pellicer,
para intentar recuperar de novo a
máxima categoría do fútbol estatal,
un
xogador que
sería
traspasado ao
F.C. Barcelona e que
posteriormente faría carreira no Valencia e no Levante.
Mais
con todo, a pesar de que
o dianteiro de Monelos xa non formaba
parte
do
plantel herculino,
ao
remate da campaña seguinte os
deportivistas
serían
quen de cumprir
co
obxectivo de retornar á división
de honra
da
man do adestrador madrileño
Pedro Eguiluz. Neste
novo ascenso do Depor,
ademais
do bo facer de Eguiluz no banquillo, tamén
sería determinante a seguridade
baixo
paos
de
Benito Juanet
e
da liña defensiva con Aurre de lateral, a veteranía de Campanal e a
entrega e combatividade de Domínguez, a labor de Manolete na media e
o traballo na
zona ofensiva de
Morilla
como interior de enlace, a valentía de Chapela II, a clase de José
Luis, a habilidade do
goleador
Beci e o bregar constante
de Loureda. O
único “pero”
daquela
brillante tempada en
Segunda División,
protagonizaríao
o uruguaio-galego
Adolfo
Luis Martínez Pereira, que fora
unha especie de xoia mantida na reserva durante todo aquel
curso 1967/68.
La Voz de Galicia 10 de setembro de 1967 |
Nado
en Montevideo nos
primeiros días de
agosto de 1943, Martínez
empezara a xogar ao fútbol nas categorías inferiores do Peñarol,
onde
algúns
dos seus compañeiros
empezaríano
a chamar co alcume de
“Pedernera” xa
que, salvando
as diferencias,
o
xogo de Adolfo Luis lembráballes
ao
do famoso interior arxentino, gañador
de
tres Copas América coa albiceleste na década dos corenta e
antigo
compañeiro
de Alfredo Di Stéfano en River Plate e Millonarios de Bogotá.
Trala
súa etapa no cadro xuvenil dos aurinegros, na tempada 1962/63 o
noso protagonista
ficha no Club
Atlético
Defensor, entidade que andando no tempo convertiríase, con 21
títulos oficiais, no terceiro equipo de Uruguai, únicamente
superado por
Peñarol e Nacional, os
dous
grandes do fútbol charrúa. Xogando
coma interior retrasado por ambos lados, ou ben coma medio, Martínez
Pereira
defendería a camiseta violeta do Defensor durante cinco anos, catro
en Primeira e un en Segunda,
xogando
ao carón de futbolistas lendarios do
club como
o dianteiro de
orixe vasca
Pepe Sasía, que sería o único malva que acudiría coa
selección uruguaia
á cita mundialista de Inglaterra 1966.
As
excelentes
cualidades
de Martínez e o seu bo facer no centro do campo do Defensor levarían
ao prestixioso empresario larachés José Añón, presidente
do Nacional de Montevideo desde
1955 ata 1961,
a
recomendarlle
a súa fichaxe ao
seu amigo
Antonio
González, máximo
dirixente
naquela
altura
do R.C. Deportivo da Coruña, equipo
ao
que Añón seguía
con verdadeiro cariño xa que
tamén era presidente honorífico dende facía xa varios anos. Sen
pensalo dúas veces, Adolfo
Luis, que por aqueles días tiña 24 anos,
aceptaría
de contado
a
oferta de
dúas tempadas que lle ofrecera
o cadro coruñés e, ao
pouco,
facía
a maleta para viaxar
á
terra que
vira nacer aos seus
proxenitores,
que
no
caso do pai fora a parroquia arteixá de Lañas e no da nai a
carballesa de Bértoa.
¿Sería
o pai de “Pedernera”
o
culpable de que o equipo de Lañas se chamara Peñarol?
Co
apadriñamento de José Añón da
súa fichaxe,
a familia deportivista vía no
futbolista de orixe arteixá
un dos reforzos máis ilusionantes para recuperar a categoría
perdida e acadar o ascenso á Primeira División. Martínez,
casado
e coa súa muller en avanzado estado de xestación,
chega á
Coruña sen
a súa familia
na
mañán do sábado 9
de setembro de 1967, xusto
cando o Deportivo facía viaxe por carretera a Torrelavega para
disputar
a primeira xornada do campionato ligueiro de Segunda e,
horas
despois, preséntase
diante
dos
medios de comunicación da
cidade,
aos
que lles
advirte
que,
para
estar en igualdade de condicións cos seus novos compañeiros,
necesitaría
15 días
de
adestramentos para poder competir
con eles
por un posto no once de Pedro Eguiluz.
O
caso é que van
pasando as semanas e
“Pedernera”segue
sen facer o seu debut co primeiro equipo e,
para máis INRI, unha
microrotura nun tendón producida
nos adestramentos
aumentaría aínda
máis a
súa inactividade. Ao
fin, no
desprazamento que o Deportivo realizou a Santander para
o partido da novena xornada do campionato ligueiro,
o futbolista de sangue arteixá vai convocado por primeira vez co
conxunto deportivista, partido que remataría 0-0 e no que Eguiluz
deixaríao no banquillo. Unhas
semanas máis tarde, o domingo 10 de decembro de 1967, produciríase
o agardado debut de Martínez
“Pedernera”
coa
elástica branquiazul, nun
choque que o Deportivo
empataría
2-2 en
Riazor contra o Badalona formando
con Joanet;
Sertucha, Dominguez, Campanal II, Aurre; Martínez,
Manolete, Suco, Chapela, Beci e Ribada. Segundo
as crónicas da época (Hoja oficial de la provincia de Barcelona
11.12.1967)...”en
las filas coruñesas no hubo un hombre francamente sobresaliente pero
cabe alabar, sin embargo, la excelente clase del medio uruguayo
Martínez, apodado Pedernera, que jugaba hoy su primer partido con la
camiseta blanquiazul”.
Mais
con todo, a pesar da súa boa actuación contra o Badalona, o
adestrador Pedro Eguiluz non voltaría a contar con él durante o
resto da
competición ligueira.
Martínez,
que naquela altura xa estaba
acompañado
da súa dona
e da súa meniña nada en Montevideo estando él na Coruña, soamente
xogaría
uns minutos da segunda parte do amigable disputado
en Riazor
ao
remate da tempada contra o F.C. Barcelona, enfrontamento que tiña a
súa orixe no traspaso de Pellicer ao cadro catalán co que se
festexaba o ascenso á
Primeira División do Deportivo e do Bosco Coruña, que recibira unha
gran ovación como premio polo seu ascenso a máxima categoría do
baloncesto estatal.
Baixo
a dirección de Cheche Martín, antigo
futbolista do Deportivo que se criara na Arxentina tralo fusilamento
en
1936
do seu pai Joaquín,
secretario xeral do Concello da Coruña,
a
mans de fascistas
do bando nacional, o
R.C. Deportivo da Coruña principiaba nos
derradeiros días de xullo de 1968
os adestramentos da pretempada coa ilusión de quitarse o “sambenito”
de equipo ascensor. Para manter a categoría os herculinos
incorporaran ao seu plantel a Mendieta, xoven
porteiro
que chegara procedente do Real Madrid; o
lateral catalán Madir;
o
central paraguaio
Gaona; a Luis, prometedor valor da canteira galega, igual que o
ourensán Cortés, e a Juanito, andaluz de hábil regate que xogara
no F.C. Barcelona.
Co
novo adestrador, “Pedernera”
tiña
a esperanza de non sufrir o calvario da tempada pasada e disfrutar de
máis oportunidades para demostrar o
porqué da recomendación de José Añón. Mais, a historia levaba
trazas de repetirse
de novo xa que, despois
de
disputarse as
dúas primeiras xornadas
do
campionato de Primeira División, Cheche Martín non contaría con él nin contra o Malaga na Rosaleda (3-1) nin contra o Real
Madrid en Riazor (2-4).
Consciente de que tería
poucas opcións de entrar no equipo,
o xoves
26 de setembro de 1968 o futbolista con
orixes
en Lañas
e o R.C. Deportivo chegaban a un acordo para rescindir o contrato. Na
súa páxina de deportes, La Voz de Galicia informaba que...”esta
rescisión se ha llevado a cabo en una total armonía entre ambas
partes, siendo por ello de resaltar el que toda la relación que
existió entre “Pedernera” y el Deportivo estuvo siempre
presidida por una total caballerosidad, por lo que el jugador
uruguayo deja en La Coruña y en el club un gratísimo recuerdo”.
La
Voz tamén apuntaba que...”Pedernera
parece estar en negociaciones con el Belenenses de Portugal, por lo
que es muy probable llegue a suscribir contrato” (La
Voz de Galicia, 27 de setembro de 1968).
Finalmente
a oferta do campionato portugués non se concretaría
e
Adolfo
Luis voltaría
coa súa familia a Montevideo, onde seguiría xogando ata mediados
dos anos setenta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario