domingo, 12 de febreiro de 2023

A PARROQUIA DE MORÁS NO DICIONARIO XEOGRÁFICO DE SEBASTIÁN MIÑANO (1826-1829)

 O Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal é unha magna obra composta por once volumes que foi publicada por Sebastián Miñano y Bedoya entre 1826 e 1829. Malia que no seu momento tivo certas críticas como a do xeógrafo Fermín Caballero, quen lle reprochou a Miñano que as principais fontes de información seguían sendo, como en tempos de Felipe II, os cregos, a obra ten unha importancia extraordinaria xa que nos ofrece unha completa visión de como era o noso país naquela época.

  Ante as recriminacións de Caballero, Miñano defendeuse dicindo, en alusión aos curas párrocos, que… “á cada uno de los cuales he escrito separadamente, pidiéndoles nociones ciertas y positivas de sus respectivos pueblos y de los inmediatos”, a quenes agradeceu a súa axuda, o mesmo que ao director da Real Academia da Historia, Martín Fernández de Navarrete, e ao censor Juan Agustín Ceán Bermúdez.

   Estas son as referencias á parroquia de Morás no devandito Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal: 

 

MORÁS (SAN ESTEBAN DE),

Feligresía Secular de España en Galicia, provincia de la Coruña, jurisdicción de su nombre, arzobispado de Santiago. Juez Ordinario, 164 vecinos, 830 habitantes, 1 parroquia. Situada al E. y N.E. de Loureda, con quien confina, como tambien con Santiago de Arteijo, Santa Marina de Lañas y Herboedo. Terreno montuoso, como el de todo este distrito. Produce trigo, maiz, centeno, habas, lino y vino. Industria: tráfico de panadería y leña con la Coruña, de la cual dista 1 ½ legua y 8 de Santiago. Contribuye 2442 reales 12 maravedís.

Pombal do Igrexario de Morás

TOMO XI: Esta feligresía se compone de 9 lugares, que son A Insua, Arcas, Cansobre, Martulo, Morás, Santa Cecilia, Soto, Uges y Frean.

Ningún comentario:

Publicar un comentario