Dende que abrín estas Crónicas de Arteixo alá por setembro de 2014, algún que outro veciño da miña aldea do Rañal sempre que pode tírame das orellas con certa retranca decindo que pouco ou nada publico neste espazo sobre o meu lugar de nacemento. Se cadra non lle falta razón mais, nestos máis de nove anos que xa ten de vida este espazo, publicamos máis dunha ducia de historias rañalesas que imos ampliar agora cunha serie de fotografías que nos cederon no Arquivo do Reino de Galicia e que compartiremos con todas e todos vós ao longo das vindeiras semanas... unhas fotografías dos anos 70-80 que amosan o Rañal da miña infancia!
Casa nova e casa vella dos de Tiso |
Casa vella dos de Tiso |
Casa do señor Manolo de Santiago e da señora Carme |
Casa vella dos do Coireiro |
Casa nova dos do Coireiro |
Casa de Quico e Maruja de Pichel |
Casa de Milio e Carme do Touciñeiro |
Casa de Enrique e Carmiña |
Casa nova dos da Leiteira |
Casa vella dos da Leiteira |
Casa dos de Bastón e, á dereita, casa vella dos da Leiteira |
Ningún comentario:
Publicar un comentario