Lagosteira,
é un dos puntos
do
litoral de Arteixo
dende
o cal
a mirada atravesa a
inmensidade oceánica cunha maxia especial.
Se
cadra ten algo
que ver nisto
o recendo dos tempos de antano que aínda se respira alí, dos
tempos do
castro de Punta de Muros, que
era unha factoría
fortificada dedicada á
metalurxia do bronce beireando
o século IX-VII antes de Cristo;
dos
tempos
de cando fora
porto
baleeiro durante o século XVII; da
torre vixía, da
que prometo falarvos polo miúdo noutra ocasión;
ou
de cando había
abundancia
na
zona
de
lagostas, de aí o nome desta península situada na parroquia de
Suevos na
que, o
2 de abril de 2005, se colocaba a primeira pedra do Porto
de Punta Langosteira.
Gosto
moito de ir pasear por alí, especialmente
pola
pista de terra que circunda boa parte da península, paseos que
inicio nas enigmáticas instalacións militares que hai despois das
últimas casas do Portiño.
 |
Imaxe actual das instalacións militares de Suevos
|
Sempre
me chamou poderosamente a atención este edificio que xa leva
bastante tempo abandonado.
Nunca tiven moi claro cal fora a súa
utilidade militar no pasado mais, grazas
ao libro Guía
de baterías de costa. Provincia de A Coruña [Norte],
da autoría do comandante artilleiro José Manuel López Hermida e do
xefe de servizo de Arquitectura da Deputación da Coruña, José
Manuel Yáñez Rodríguez, souben da
historia
e
do porqué destas
instalacións en Lagosteira.
López
e Yáñez
arrancan
a súa obra no século XIII,
cando o
litoral galego sufría frecuentes ataques de corsarios
que asaltaban por sorpresa portos
e
buques, e
chegan ata finais do século pasado,
cando en Estaca
de Bares
había unha
base norteamericana.
Neste
percorrido
histórico os
autores rescatan
o
plano
da iluminación do
golfo Ártabro, no
que se utilizaran
proxectores
de ata dous
metros de diámetro situados
nunhas
instalacións
que
contaban cun
posto
de mando e
outro
de combate, ademais
de sala de máquinas e,
nalgúns
casos, accesos a través de túneis.
Segundo
José Manuel López, con quen tiven a oportunidade de conversar
recentemente, este proxecto de iluminación do golfo Ártabro,
denominado “Plan de artillado del frente marítimo de la Base Naval
Ferrol-Coruña”, nace en 1926 en plena ditadura de Primo de Rivera.
A
idea
non era outra
que poder localizar polas
noites os posibles obxectivos
inimigos (barcos), e apuntar os cañóns de
defensa,
polo
que se
facía necesario contar con algún tipo de iluminación do espazo a
defender.
 |
Plano de iluminación do fronte marítimo da Base Naval Ferrol-A Coruña que aparece no libro Guía de Baterías de Costa. Provincia de A Coruña (Norte)
|
Realizar
o devandito plan ía levar varios anos xa que as obras de execución
vénse interrompidas en 1936 coa Guerra Civil mais, unha vez rematada
a contenda, retómanse os traballos, que os militares franquistas
dividen en dúas fases: primeiro
os que estaban na parte de Ferrol ou
flanco dereito
(Frouxeira,
Prior
Norte ou Santa Comba, Prior Sur, San Xurxo e Prioriño)
e
a continuación os da parte de Coruña ou
flanco esquerdo
(Seixo
Branco, Torre de Hércules e Suevos).
A
xuntanza mantida o 23 de outubro de 1940 en Hendaia entre Franco e
Hitler foi con certeza o detonante que levou ao alto mando da época
a dar, en agosto de 1941, a primeira orde referente ao novo servizo
de iluminación con proxectores. Ante o temor dun ataque aliado, a
defensa do litoral español pasou a ser de vital importancia para os
nazis, motivo polo cal logo se iniciaron as obras de acceso por
estrada e a construcción dos cinco asentamentos do flanco dereito da
zona de Ferrol, así como o posto de mando de iluminación para todo
o fronte en Monte Ventoso.
Meses
máis tarde, o 2 de
febreiro
de 1942, fixábanse
os asentamentos do flanco esquerdo
que
incluía
Suevos,
a Torre
de Hércules e Seixo Branco.
Suevos
era
a instalación
máis
ao
sur dentro do
fronte marítimo de iluminación da Base Naval de Ferrol-Coruña
encargada de dar servizo
ao
flanco
esquerdo
desta e
das baterías B-9
Monticaño e B-8 Monte de San Pedro. Contaba
cun
proxector de 90 centímetros de diámetro e
cun túnel
que se aprecia claramente nas fotos do voo americano de 1956.
Eran
unhas instalacións con tres postos de combate, o do sector dereito
como misión principal e os outros dous como secundarias.
 |
Imaxe do voo americano na que se observan as instalacións de Suevos (http://mapas.xunta.gal)
|
No
proxecto
inicial, para a
contorna da Torre «se
diseña un proyector de 120 centímetros, con tres puestos de combate
(...). Por su situación inmediata al faro podría ser localizado y
puesto fuera de combate por el enemigo rápidamente, por no tener sus
instalaciones de pista de combate protegidas contra el fuego de la
artillería y la aviación». Por tal
motivo cámbiase
o proxecto, e as pistas de comunicación
«se trazan rodeando las vaguadas para evitar túneles», relata o
comandante López Hermida, que aporta á
publicación numerosas fotografías do
seu arquivo
privado das instalacións
de todo o
golfo Ártabro, pois
prestou servizos en moitas delas.
O
proxector
do
Seixo Branco, situado
na punta do mesmo nome, municipio de Oleiros,
era de metro e
medio de diámetro e
tiña
unha
dotación similar ao
de Suevos.
 |
Posto de combate do proxector de Suevos
|
Rematada
a Segunda Guerra Mundial, o
novo escenerario estratéxico do planeta e a aparición de novas
tecnoloxías capaces de
facer un control exhaustivo do territorio, conducirían ao abandono
paulatino das instalacións que se construíran anos antes dentro do
chamado “Plan
de artillado del frente marítimo de la Base Naval Ferrol-Coruña”.
Deste
xeito, en maio do ano
1955, asínase
un proxecto
de tapiado de portas
e
ventás
das
instalacións de proxectores de O
Seixo Branco,
Torre de Hércules e
de
Suevos, instalacións
que no caso de Suevos serían “conquistadas” andando no tempo
polos grafiteiros.
FONTES:
García,
Rodri (2019): Focos que alumbraban el golfo Ártabro.
La Voz de Galicia, 24 de
novembro.
López
Hermida, José Manuel & Yáñez Rodríguez, José Manuel (2019):
Guía
de baterías de costa. Provincia de A Coruña [Norte].
Deputación
da Coruña.