O CEIP Ponte dos Brozos celebra, neste 2024 que está a piques de finalizar, o seu quincuaxésimo aniversario... 50 anos nos que cursaron os seus estudos primarios miles de alumnos e alumnas de Arteixo... 50 anos nos que impartiron clase centos de mestres e mestras... 50 anos nos que traballaron ducias de persoas nas instalacións do colexio (administración, cociña, conserxería, limpeza, etc.)... 50 anos abrindo as portas do futuro, que barbaridade!
Como non podía ser doutro xeito, este espazo únese a celebración deste medio século de vida compartindo 6 imaxes do centro nas que, ademais, podemos observar a transformación urbanística da capital do municipio durante este medio século.
Comprobaredes que en primeiro lugar aparece unha foto antiga dos anos 70-80 (época na que o cole se denominaba Carrero Blanco) e a continuación podedes ver a imaxe actual do mesmo lugar do CEIP Ponte dos Brozos.
Moitos, moitos parabéns por estos 50 anos!
|
Imaxe dos anos 60 na que vemos os terreos nos que se ía construír o colexio (Cortesía de José Antonio Verdía)
|
|
Imaxe dos anos 70 (Cortesía de Manuela Aldao)
|
|
Anos 70 (Arquivo)
|
|
Panorámica da rúa Nicaragua e da Avenida de Caión antes da construción do colexio (Cortesía de Manuela González)
|
|
Imaxe do ano 1980 (Arquivo)
|
|
Panorámica da chamada "Casa da Pradera", edificio que tamén formaba parte do centro educativo (Memorias de Arteixo)
|
(P.D. : Continuando con esta celebración, a vindeira semana publicaremos a crónica "Das escolas unitarias das parroquias ao Carrero Blanco")
Ningún comentario:
Publicar un comentario