martes, 13 de xaneiro de 2026

A PARROQUIA DE BARRAÑÁN NO DICIONARIO DE PASCUAL MADOZ (1845-1850)

  Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar é unha magna obra publicada por Pascual Madoz entre 1845 e 1850. Composta por dezaseis volumes, describe todas as poboacións de España, así como termos da historia española. Supuxo na época unha mellora importante respecto ao Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal, que Sebastián Miñano acabara de publicar en 1829.

   As cifras de poboación ofrecidas por este dicionario están baseadas no censo da matrícula catastral de 1842, moi criticado por inexacto e tender á baixa xa que, ao parecer, os concellos ocultaban riqueza e poboación para esquivar impostos e diminuír o recrutamento militar obrigatorio.

 O Diccionario de Madoz é unha moi importante referencia para as consultas de investigadores e historiadores xa que, entre outros datos, contén interesante información sobre ruínas, industria e un longo etcétera.

  Estas son as referencias á parroquia de Barrañán (ollo: cando Madoz menciona o número de “vecinos” refírese a familias e, cando fala de “almas”, refírese aos habitantes):

BARRAÑÁN (SAN JULIÁN DE)

  Feligresía en la provincia  y partido  judicial de la Coruña (2 leguas), diócesis de Santiago (8), y ayuntamiento de Arteijo (½); SITUADA  á la falda del monte Agra. CLIMA húmedo, pero templado y sano; comprende los lugares y aldeas de Branquenza, Esfarrapa, Iglesario, Menlle, Monte del Gallo, Outeiro, Sande, Sar y Sisalde, que reúnen 50 CASAS con una iglesia  parroquial (San Julián), cuyo dominio directo corresponde al priorato de Sta. María de Cambre; su TÉRMINO confina con el Océano y feligresía de Santa Eulalia de Chamín; el TERRENO es de mediana calidad y le baña un riachuelo denominado Castro, que baja de San Esteban de Larín y desemboca en el mar por el arenal de Barrañán que se encuentra al O.; por este arenal cruza el CAMINO de Cayon á la Coruña, y de esta ciudad se recibe el CORREO; PRODUCE trigo, centeno, maíz, algún vino, legumbres, patatas, lino y hortaliza; cría ganado vacuno y de cerda, hay caza, pesca y varios molinos harineros; POBLACIÓN: 49 vecinos, 256 almas: CONTRIBUYE  con su ayuntamiento.

Panorámica de Barrañán dende o lugar de Sar

Ningún comentario:

Publicar un comentario