Hoxe, xoves 15 de xuño, é o día do Corpus e, por iso, ímoslle facer unha pequena homenaxe á parroquia de San Tomé de Monteagudo, parroquia que se consultamos o "Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal" que o historiador e político afrancesado español Sebastián de Miñano y Bedoya publicou no ano 1829, aparece sobre ela a seguinte información:
Monteagudo
(San Tomé de). En lugar del art. inserto en el Diccionario, léase con
más confianza el siguiente que nos ha remitido el señor don Hilarion
Pazos. Es de la prov. de la Coruña, juridsd.
de Herboedo, arz. de Santiago, arcip. de Faro: J.O., 121 vec., 522
hab.; I parr. y I capilla. Se compone esta felig. de las ald. de Freon,
Casaldegas, Cachada, en donde hay una venta; Ivia de arriba, Ivia de
abajo, Rocha, donde hay otra venta, Barreiros, Batan, Piñeiro, Ramilo,
Casa-Nova, Gomesende, Corteo, Filgueira, Miron, Teijoeira, Esquipa, en
donde hay otra venta; Freijal, Beiga
é Iglesario antiguamente Mosteiro. Esta parr. tiene una figura
irregular, sit. sobre unos montes y en medio un cerro bastante elevado
que es del que regularmente tomó su denominación. Conf. por N. y parte
de N.E. con la parr. de Santa Eulalia de Chamín y por el resto de este
rumbo con la de San Pedro de Armen ton; por E. con la de Santa María de Leston, por S. con la de Santa María
de Toras, por S.O. y mayor parte del O. con las de San Julian de Lendo y
Santa María de Noicela; y por N.O. con las de Cayon y San Pedro de
Sorrizo. Tiene de estension 1/2 leg.
de N. a S., y poco mas de E. a O. En ella hay 1,200 ferrados de tierra
labradía y lo menos 4,000 de montes. La bañan 2 riachuelos denominados
Entrambas-Aguas y Das Vias. En el centro de la parr. se hallan los
montes de Freijal, Beiga, Monteagudo, Sande y el de la Estrella, y á la
parte E. los del Corazon, Pozo Fabian y Piedra Parromeyra. Esta parr. y
su unida Santa Eulalia de Chamin, constituyen una vicaría que provee la
Real colegiata de la ciudad de la Coruña. La de San Tomé de Monteagudo
fué antiguamente monasterio de Benedictinos,
que despues pasó á dicha colegiata en virtud de permuta que los monges
hicieron antes del concordato con los canónigos dando estos a aquellos
el prorato de Cambre anejo al Real monasterio de San Martin de Santiago,
y aun el L. del Iglesario conserva el nombre de Mosteiro que en lengua
provincial equivale á Monasterio. Los diezmos los lleva el cabildo de la
Real colegiata de la Coruña. La capilla con la advocacion de la vírgen
de la Estrella, está sit. en la cumbre de una altura que domina toda la
parr. Prod su térm. 750 fan. de trigo;
1,395 de maiz; 100 de habas; 7 1/2 de avena; 200 quintales de patatas y
10,000 libras de lino. Ind. 10 molinos de agua y 7 telares para lino.
Dist. 2 leg. de la Coruña, 5 de Betanzos, 7 1/2 de Santiago, 3 de
Malpica y 1 de Cayon. Contr. 1080 rs. por encab.; 1,402 por utensilios:
780 por camino; 105 por comercio y 38 por octavilla. Esta parr. y las 5
restantes que forman el partido, reparten entre sí 365 rs. para diputado
general y 260 para procurador de provincia.
Esos montes ... "de Freijal, Beiga, Monteagudo, Sande y el de la
Estrella, y á la parte E. los del Corazon, Pozo Fabian y Piedra
Parromeyra", dos que fai alusión no
seu diccionario Sebastián de Miñano y Bedoya, montes coñecidos hoxe
como dos Carballos, dos Calvos, O Picoto da Veiga, o Picoto de
Monteagudo, o monte da Estrela ou o monte da Ibia, serían xerme de numerosas lendas e contos populares que aínda hoxe, despois de tanto tempo, circulan pola parroquia. Disques e seicas de veciños que darían lugar a historias de cabaleiros e de meigas que tamén constituen parte da riqueza desta parroquia.
Unha destas lendas, coñecida pola "pedra da vella", dinos que hai moitos, moitos anos do Noso Señor, en Monteagudo
vivía unha vella meiga á que os veciños da parroquia, cando souberon
das súas meiguerías, decidiron botala fora das súas terras. Acovardada por este feito a meiga acabaría refuxiándose no monte, onde seguiría levando a cabo os seus meigallos. Foi entón cando a veciñanza de Monteagudo decidiría queimar o monte e a vella, ao verse atrapada polo lume, convertiría todo en pedra. Na actualidade, se es dos que vai ao monte e o examinas cuidadosamente, aínda podes ver a aquela meiga convertida en pedra, mentres intentaba librarse do lume...ou iso din, claro!
Outra das lendas desta parroquia, fálanos dunha fermosa moza de longos cabelos louros que pasaba moito tempo na soidade dos montes de Monteagudo. Un día volveu á casa cun engaiolante colar pendurado do seu pescozo, feito que encheu
de carraxe á súa nai, que lle preguntou quen lle dera aquela xoia. A
rapaza contestoulle que lla dera un cabaleiro que pronto a levaría con
el. Diante disto, a nai prohibiríalle á rapaza saír da casa mais, pese as advertencias da súa proxenitora, a moza voltaría ao monte e desde entón non se soubo máis nada da fermosa loura.
O único que se atopou foi o colar pendurado dunha árbore que seica
representaba a alma daquela rapaza das penas do demo...ou iso din tamén,
claro!
Fora xa de lendas e adentrándonos xa na vida real, como vos dicía ao inicio desta crónica, hoxe é o día do Corpus Christi (en latín Corpo de Cristo), unha festa da igrexa católica destinada a celebrar a Eucaristía. A súa principal finalidade non é outra que a de proclamar e aumentar a fe da igrexa na presenza de Cristo
no Santísimo Sacramento. A súa celebración lévase a cabo o seguinte
xoves ao oitavo domingo despois do Domingo de Resurrección, é dicir, 60
días despois dese día que, formalmente, é o xoves que segue ao noveno
domingo seguinte á primeira lúa chea de primavera do hemisferio norte.
En moitos puntos do planeta o Corpus é unha festa de especial relevancia, sendo día festivo oficial en certas partes de España, Alemaña e Suíza e tamén en países como Portugal, Austria, Croacia, Polonia, Brasil, República Dominicana, Bolivia, Perú ou Venezuela. Nalgúns lugares a festa trasládase, ou ben ao domingo seguinte, ou ben ao anterior, para adaptarse ao calendario laboral.
As festas do Corpus de Monteagudo eran das de máis
sona da nosa bisbarra, festas que lembramos con estas fotografías
antigas cedidas por Amparo Baldomir, veciña da parroquia nada en Corteo
en 1932, e coas lembranzas de Carmen Pereiro, nada en Monteagudo hai 76
anos:
"Ata os anos 50, máis ou menos, os labradores eran os que se encargaban da festa (música,
pólvora...), o que se chamaba a función. Os caseiros e demais xente que
non tiña cartos non colaboraban nos gastos. Cada ano ocupábase un
labrador distinto.
O
baile non era sempre no mesmo sitio; quen organizaba a festa deixaba o
local. Por exemplo: os de Barbeito da Ibia fixérono na eira da súa casa.
Bailaban á saída da misa e pola noite.
Á hora da misa, o labrador da función levaba unha cesta (que ía moi ben adornada) con comida (queixo,
rosca e viño) para que comesen os curas e tamén un ramo de flores secas
que levaban canda a procesión. Ás veces, este ramo era prestado duns
funcionistas a outros.
A
última das festas organizadas por labradores foi na Cachada; aquel ano
actuou a orquestra Mallo e unha cantante moi famosa, a Martela. A partir
de aí, foi a confraría a que se encargaba da festa; ían pedir polas portas e co que se recadaba organizábase"
As festas do Corpus de Monteagudo dos nosos días, pouco ou nada teñen que ver coas das imaxes que nos cediu a señora Amparo, nin tampouco coas que se facían nos tempos dos que nos falou a señora Carmen mais, con todo, hoxe é un dos días grandes de parroquia e iso sempre é de celebrar...a ser posible, no Salón de Monteagudo!
FONTES:
-de Miñano y Bedoya, Sebastián. Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal. Madrid, 1829
-Rozamontes Vázquez, María. Arteixo de onte a hoxe (Volume II). Concello de Arteixo, 2003.
Ola, son Amparo. Canto me costou acabar de ler o texto!! Lía para miña nai, miña tía e para min e tiña que parar a cada paso. Mira que lles viñan recordos á cabeza! Quedaron encantadas e miña tía di que cando escribas un libro de Monteagudo que llo garde. Ja, ja,...!! E o de Crónicas de Arteixo xa llo vendín.
ResponderEliminarQue ben Amparo...xenial ese exercicio de memoria. Hai que facer máis crónicas de Monteagudo!!!
EliminarMoitas grazas por todo!