Un dos grandes reclamos turísticos do Arteixo actual, sobre todo para os imstagramers, é o Monumento ao Voyeur, tamén coñecido coloquialmente como 'Mirón' ou 'Vixiador.'
(Foto de Xabier Maceiras) |
Situado enriba do chamado Pichón da Bogueira, entre A Bogueira (zona de abundancia de bogas, un tipo de peixe) e o pequeno areal da Ermida, leva instalado nese lugar dende o ano 2006, dende que se construíu o Paseo Marítimo que une Sabón con Barrañán.
(Foto de Xabier Maceiras) |
É obra do escultor madrileño Enrique Saavedra Chicheri, artista con obra salpicada por todo o mundo (Los Ángeles, Nova York, Girona, Madrid…)
(Fotos de Xabier Maceiras) |
Cun peso de 3.500 quilos e unha lonxitude de 14,5 metros, trátase dunha escultura dun enorme anteollo elaborada en aceiro tipo corten, que ten unha lixeira mestura de cobre para proporcionarlle un efecto de óxido que impide que sufra as agresións do medio ambiente.
(Foto de Xabier Maceiras) |
Enrique Saavedra confesou no seu momento que, con esta obra, quixo rirse de algo que está mal visto como o de ser un mirón. A verdade é que todos e todas o somos en menor ou maior grado, ¿non?
Ademais, Saavedra quixo transmitirlle ao público que, podendo mirar todo o que temos arredor, en ocasións só nos fixamos nun puntiño, como o ollo do Monumento ao Voyeur, e perdemos de vista todo o resto.
(Foto de Xabier Maceiras) |
En definitiva, é un monumento ao mirón e un monumento para que o mirón probe da súa propia medicina: a persoa que suba á silla estará condenada a ser mirada pola xente que nese momento camiñe polo paseo.
(Foto de Xabier Maceiras) |
Na realidade, se vos fixades, o anteollo é unha especie de frecha enorme que sinala ao mirón. Mais o significado fundamental da obra é o que lle queira dar cada persoa que se deteña a contemplala. Xa contaredes!
Ata a vindeira semana!
Xenial!
ResponderEliminarGraciñas!
EliminarOla Xabier. Teño outro dato que pode ser do teu interese.Ese monumento chorreouno e deulle a capa de óxido da que falas meu sogro: José Manuel Martínez López . Son David Lista
ResponderEliminarAnda! Pois está ben sabelo! Graciñas pola información David!
EliminarOla. Encántame o teu blog. Saúdos
ResponderEliminarGraciñas polo teu alentador comentario! Seguiremos arteixeando!
Eliminar