"BOLETÍN DE NOTICIAS", 10 DE SETEMBRO DE 1843:
mércores, 11 de maio de 2016
sábado, 7 de maio de 2016
AS PRIMEIRAS FARMACIAS DA VILA DE ARTEIXO
Hoxe
imos falar das farmacias
máis antigas
de Arteixo, onde non
deixa de ser curioso que o persoeiro máis ilustre do noso concello,
Manuel Murguía, fora
precisamente fillo dun
boticario, de
Juan Martínez, que antes de establecerse en Santiago de Compostela
tivera farmacia na Coruña, na rúa Garás. Según
algunhas fontes, Martínez era bo
amigo (probablemente porque cursaran estudios xuntos) do veciño de
Oseiro Antón Pan, que sería
o padriño daquel meniño que nacera o 17 de maio de 1833 na súa casa de Froxel,
coñecida naquela altura
como a “casa do médico”
e que,
co tempo, convertiríase no máis destacado impulsor do Rexurdimento
galego. Manuel
Murguía falecería no seu
domicilio da rúa coruñesa
de San Agustín o 2 de febreiro de 1923, nunha época na que xa se
establecera
na nosa vila un home que seguro que tamén
vos soa o seu nome porque pasastes ducias de veces pola rúa que ten
dedicada en Arteixo: o farmacéutico Manuel Fernández Llamazares.
O Sr. Llamazares, como se lle coñecía comunmente, chegara á vila arteixá en tempos do alcalde Faustino Pazos Teijeiro, que fora o primeiro mandatario local desde marzo de 1903 ata maio de 1910. Naquela hora xa había botica en Arteixo, a de D. Jesús López Valdivieso, que solicitara a apertura dunha farmacia na vila en 1908.
Fernández Llamazares establecería a súa botica na casa que aínda podemos ver ao carón
do estanco da Baiuca, edificio que era propiedade de
Dolores e Encarnación González Mes, que eran irmáns de Baldomero,
alcalde de Arteixo en tres etapas distintas: 1914-1916, 1920-1923 e
1930-1931. O
boticario, que
tamén desempeñaría en Arteixo os cargos de xuíz municipal e de
vicepresidente da Sociedade Recreativa “El Alba” (na sede da
entidade, o Café Berán, seica tocaba o piano con gran pericia
musical), falecería a finais de 1946. Meses despois, a súa viúva María
Luísa Saralegui venderíalle a licencia da farmacia ao mestre de
Ortigueira Horacio Fernández Gómez, persoeiro que na actualidade ten
unha rúa dedicada na vila de Cariño.
Horacio Fernández quedara víuvo en 1929, con 32 anos, da súa muller Gregoria Calvete,
unha zaragozana a quen coñecera cando ambos impartían
docencia na localidade de Cariño. O matrimonio tiña catro fillas:
Marianela, Alicia, Gloria e Gregoria, rapazas ás que Horacio sacaría
adiante con moito sacrificio. A maior, Marianela, faría a carreira de
farmacia e, despois de que o seu pai lle comprara a licencia á viuda de
Llamazares, estaría ao fronte da botica desde os derradeiros anos corenta ata os primeiros sesenta. Gregoria, a máis nova das catro, vivía con Marianela na
Baiuca, e tamén iniciara a carreira de farmacia mais, cando ía polo 3º
ano, tivera que abandonala, uns estudos que retomaría posteriormente
aínda que finalmente licenciaríase en maxisterio. As outras dúas irmás,
Gloria e Alicia, só viñan a Arteixo polo verán xa que pasaban o ano en
Madrid facendo as carreiras de mediciña e de odontoloxía.
A botica estaba no baixo do edificio e unha vez rematada a carreira Alicia, unha das primeiras odontólogas galegas, montaría unha clínica dental no primeiro piso. Na casa tamén estaba Milucha do Tato, que traballaba como empregada doméstica, mais Marianela e Gregoria tratábana como si fora da familia.
Estamos xa nos sesenta, anos no que chega a Arteixo, concretamente en 1961, Teodomiro Santos Blanco, un mozo que nacera en Noia en 1929 mais que pasara media vida en Pontevedra. Aquel mozo, que hoxe vai camiño das 87 primaveras, contábame hai uns días, tomando un café, que moito lle chamara a atención que, naquela hora, unha vila como Betanzos, coa mesma poboación que Arteixo tivera tres farmacias e que aquí só houbera unha. “Foi por iso -dicíame- polo que Arteixo pareceume un sitio bo ...e mira que naqueles anos aquí todo eran leiras! Na zona só estaba a tenda de Elvirita, o Moisés e a miña farmacia”. Naqueles tempos o señor Teodomiro, que tamén me afirmaba que “en Arteixo fíxenme un home a aprendín a enfrentarme á vida”, comía e ceaba na do Veigheiro cando lle tocaba estar de guardia que, ao haber só dúas farmacias, era semana sí semana non.
A principios daqueles anos sesenta, Marianela Fernandez, que ten actualmente 94 anos, deixaba o concello arteixán
para irse a vivir a Ferrol, cidade na que tamén abriría unha farmacia.
Gregoria, a pequena das irmás, quedábase ao frente da botica da Baiuca,
botica que en 1968 cambiaría de ubicación e trasladaríase á
Avenida
do Balneario, onde Gregoria contrataría á farmaceutica Eva Gómez. A partir daquel intre, a
botica pasaría a ser a tenda de Marina, a muller de Manuel Moreiras,
que estaría no edificio ata 1980, ano no que se mudarían para onde hoxe
as súas fillas rexentan o estanco da Baiuca.
Gregoria botaría raices definitivamente en Arteixo, onde casaría naquela altura con Pepe Fontes e de aí que a farmacia (hoxe Farmacia Ana Torres) fora coñecida como “a de Fontes”. O matrimonio tería tres fillos: José Ramón, o policia local que todos coñecemos por Telete, Alejandro e Marianela.
Nestes anos sesenta, na farmacia de Teodomiro Santos traballaba Vicentina, que era filla do señor Amable. Nos 70 faríano, como auxiliares, dúas mozas arteixás que aínda hoxe, despois de máis de catro décadas, nos seguen atendendo amablemente na mesma farmacia: Begoña e Chus, que empezaron respectivamente en 1971 e 1972.
O señor Teodomiro Santos, que hoxe pasa gran parte do seu tempo no souto que
ten na Groba, na parroquia de Larín, onde prantou
castiñeiros nunha extensión de 10 hectáreas (o souto máis grande
do concello), retiraríase
nos anos noventa, mais a familia Santos seguiría vinculada ao mundo
farmaceutico no noso municipio xa que os seus fillos Eva e Manuel son,
respectivamente, os titulares das farmacias da Avenida do Balneario e
da Travesía de Arteixo.
Coincidindo cos últimos anos da vida laboral do señor Teodomiro, nun edificio antigo da Avenida do Balneario e o Camiño da Baiuca, Alicia Rey Formoso abriría o que era a terceira farmacia de Arteixo, farmacia que trasladaría en 1993 á Ponte do Ba e que en 2006 traspasaría a González-Rosón Fernández.
O Sr. Llamazares, como se lle coñecía comunmente, chegara á vila arteixá en tempos do alcalde Faustino Pazos Teijeiro, que fora o primeiro mandatario local desde marzo de 1903 ata maio de 1910. Naquela hora xa había botica en Arteixo, a de D. Jesús López Valdivieso, que solicitara a apertura dunha farmacia na vila en 1908.
Fernández Llamazares establecería a súa botica na casa que aínda podemos ver ao carón
![]() |
| A antiga botica da Baiuca |
Horacio Fernández quedara víuvo en 1929, con 32 anos, da súa muller Gregoria Calvete,
![]() |
| O farmaceutico Llamazares |
A botica estaba no baixo do edificio e unha vez rematada a carreira Alicia, unha das primeiras odontólogas galegas, montaría unha clínica dental no primeiro piso. Na casa tamén estaba Milucha do Tato, que traballaba como empregada doméstica, mais Marianela e Gregoria tratábana como si fora da familia.
Estamos xa nos sesenta, anos no que chega a Arteixo, concretamente en 1961, Teodomiro Santos Blanco, un mozo que nacera en Noia en 1929 mais que pasara media vida en Pontevedra. Aquel mozo, que hoxe vai camiño das 87 primaveras, contábame hai uns días, tomando un café, que moito lle chamara a atención que, naquela hora, unha vila como Betanzos, coa mesma poboación que Arteixo tivera tres farmacias e que aquí só houbera unha. “Foi por iso -dicíame- polo que Arteixo pareceume un sitio bo ...e mira que naqueles anos aquí todo eran leiras! Na zona só estaba a tenda de Elvirita, o Moisés e a miña farmacia”. Naqueles tempos o señor Teodomiro, que tamén me afirmaba que “en Arteixo fíxenme un home a aprendín a enfrentarme á vida”, comía e ceaba na do Veigheiro cando lle tocaba estar de guardia que, ao haber só dúas farmacias, era semana sí semana non.
![]() |
| O sr. Teodomiro diante da farmacia da súa filla Eva |
Gregoria botaría raices definitivamente en Arteixo, onde casaría naquela altura con Pepe Fontes e de aí que a farmacia (hoxe Farmacia Ana Torres) fora coñecida como “a de Fontes”. O matrimonio tería tres fillos: José Ramón, o policia local que todos coñecemos por Telete, Alejandro e Marianela.
Nestes anos sesenta, na farmacia de Teodomiro Santos traballaba Vicentina, que era filla do señor Amable. Nos 70 faríano, como auxiliares, dúas mozas arteixás que aínda hoxe, despois de máis de catro décadas, nos seguen atendendo amablemente na mesma farmacia: Begoña e Chus, que empezaron respectivamente en 1971 e 1972.
![]() |
| Edificio no que estaba a farmacia de Alicia Rey |
Coincidindo cos últimos anos da vida laboral do señor Teodomiro, nun edificio antigo da Avenida do Balneario e o Camiño da Baiuca, Alicia Rey Formoso abriría o que era a terceira farmacia de Arteixo, farmacia que trasladaría en 1993 á Ponte do Ba e que en 2006 traspasaría a González-Rosón Fernández.
sábado, 30 de abril de 2016
"A NOVA MOCIDADE" E A ROMARÍA GALEGA DE PASTORIZA
![]() |
| "A Nova Mocidade" en 1981 |
Corrían
os últimos anos da década dos 70 do século pasado
cando, un grupo de mozas e mozos de Pastoriza, xuntábanse nun
curruncho da parroquia para falar de esperanzas, ilusións, desacougo
e tamén, polo desexo de trocar e erguer o seu lugar de nacemento,
lugar que entre os seus ollos morría lentamente. Dispostos a que ese
desexo non
fuxira pola fenestra da realidade, daquela xuntanza ía saír un
colectivo que non tardaría en contaxiarlle o seu entusiasmo ao resto da
veciñanza para mudar as cousas en Pastoriza. Supoño que xa o
imaxinades... aquel colectivo non era outro que A Nova Mocidade,
que nacía en marzo de 1980 para traballar, en múltiples vertentes,
con e para o pobo de Pastoriza, como alternativa á orfandade
socio-cultural que naquela hora sufría a parroquia do Santuario.
A devandita alternativa sería plasmada a modo de comisión de festas
para paliar o déficit festeiro do que estaba sendo obxecto Pastoriza
pois, en anos anteriores, as festas ou ben eran de baixa calidade ou ben non se
celebraban, como acontecera en 1979. Mais a partir daquel ano, A
Nova Mocidade sería quen de despertar á parroquia do seu longo
letargo e contribuiría a difuminar, a estender e a espaiar o nome
de Pastoriza por todos os recunchos da xeografía do país grazas á creación da
Romaría Galega, un evento que celebrou a súa primeira edición en agosto
de 1980 e que chegou a ter certo peso dentro do panorama musical galego de aquela hora.
Esa edición, a de 1980, fora un éxito de participación, mais as seguintes non se quedarían atrás.
Eran intres nos que se Catoira era
coñecida pola súa Romaría Vikinga (1ª edición en 1960) e
Ortigueira polo Festival Celta (1ª edición en 1978), Pastoriza, a parte
do Santuario, tamén se situaba no mapa grazas á Romaría Galega que, cada ano, constituía algo único no Concello de Arteixo ao pasar polo noso municipio grupos e artistas profundamente ligados ao rexurdir da
cultura e da música da terra como Fuxan Os Ventos, Milladoiro,
Cantigas da Terra, Amancio Prada, Pucho Boedo, Os Tamara, Emilio Cao,
ou Manuel María, o poeta a quen se lle dedicou no 2016 o Días das
Letras Galegas, nomes aos que lles hai que sumar unha longa ringleira
de participantes como Saraivas, Outeiro, Ana Kiro, Os da Veira do
Monte, Os Zoqueiriños, Cumbre, Eidos, NHU, Sementeira, Raíces,
Manolo Bello, Pao, Troco, O Xestal, Henrique Paisal, Airiños, Doa,
María Manuela e Miguel, Pablo Quintana, Brétema, Fiadeiro, Brath…
Mais desgraciadamente aquela Romaría non tería a continuidade que
si tivo por exemplo o Festival de Ortigueira, que principiara a súa andaina pouco antes de que o fixeran en Pastoriza A Nova Mocidade e xa vai camiño da edición
número 40 e así, despois do tremendo esforzo
que o colectivo do que estamos a falar levara a cabo durante varios anos organizando un evento de tal
magnitude na súa parroquia, a Romaría Galega deixaría de celebrarse a principios dos noventa.
O bo traballo daquel grupo de mozas e mozos de Pastoriza formado por Paco Seijal, Miguel Sande (escritor e actualmente delegado de La Voz de Galicia en Viveiro), Guillermo Pardo (xornalista de La Voz de Galicia), Nardo, Pacucho Sande (que non tardou en ser concelleiro do grupo municipal do BNG), Alfonso Mosquera, Rosa, Carmen Vázquez, o
escritor Henrique Rabuñal, Chus Rabuñal, Juan, Isidro Vázquez "Chiro", Rafa Orgueira (tal como aparecen, de esquerda a dereita, na foto que tedes na parte superior desta crónica), Franki (integrante do grupo Agente Naranja e a
quen escoitaríamos durante varios anos na Radio Municipal) e Antonio "O
Lelo", sería recoñecido posteriormente polo Concello de
Arteixo, que tería a ben dedicarlle unha rúa en Pastoriza a carón
do local social do equipo de fútbol.
Din que a esperanza é o último que se perde mais, moitas veces, necesitamos que alguén nolo recorde e nos dean ánimos para seguir tendo esperanzas. Pois ben, quen escribe ten a esperanza de que nun futuro próximo xurda no noso concello unha Nova Mocidade que traballe a prol da nosa cultura e identidade como fixeran magnificamente durante unha década aquel grupo de mozas e mozos de Pastoriza.
domingo, 24 de abril de 2016
A PARROQUIA DE LOUREDA NA XEOGRAFÍA XERAL DO REINO
Parroquia de Santa María de Loureda, de entrada.- Encuéntrase
al S. de su municipio, en las faldas septentrionales del monte
Carboeiro, y la dominan asimismo los montes de Vilarchán. El Carboeiro
tiene unos 369 metros de altitud sobre el mar en su meseta, cerca de la
que se halla el lugar de Santa Leocadia, en donde en forma de cono
arranca un picacho de 100 metros de elevación, desde cuya cima se ve en
día claro la parte del caserío de la Coruña que da al Parrote, la Torre
de Hércules, la Marola y acantilados de su costa hasta la entrada de la
ría de Ferrol. Sirve de punto de mira para la navegación por este
litoral.
Su territorio es de lo más hermoso de Arteixo y el mejor situado, con exuberancia de arbolado fructífero de variadas clases. Lo fertiliza el Bolaño, que nace en las vertientes de los montes entre Balay y Fontesende, lugar menor y aldea de la parroquia.
Forman la feligresía las aldeas de Barreiras, Cancelo, Ervedins, Foxo, Fortecende, Iglesario, Mins, Queira, Quintans, Rocheira, Tis, y los grupos menores de Atín, donde está el pazo de esta familia, descendiente del Marqués de Camarasa, que ejerce el patronato de esta parroquia; Balay, nombre de uno de los montes que separan Loureda de Morás; Campiño, Carril, Marciñado, Regocheo y Santa Leocadia, de donde se disfruta un grandioso punto de vista, con 1.134 habitantes de hecho y 1.271 de derecho, domiciliados en 338 edificios, 123 de un cuerpo, 183 de dos y 52 chozas y albergues. Hállase a unos 13 kilómetros de la Coruña. Tiene escuela nacional. Confina al N. con Arteixo, al E. con Morás, al S. con el ayuntamiento de Culleredo, separado por los montes Vilarchán y Carboeiro, y al O. con Lañas. De Arteixo dista unos 3 kilómetros y unos 10 de la Coruña.
El templo parroquial, si bien su nave es moderna, su ábside es igual y del mismo tiempo que el de la limítrofe parroquia de Morás. Es iglesia capaz y por su solidez y traza de las mejores del término municipal.
Su territorio es de lo más hermoso de Arteixo y el mejor situado, con exuberancia de arbolado fructífero de variadas clases. Lo fertiliza el Bolaño, que nace en las vertientes de los montes entre Balay y Fontesende, lugar menor y aldea de la parroquia.
Forman la feligresía las aldeas de Barreiras, Cancelo, Ervedins, Foxo, Fortecende, Iglesario, Mins, Queira, Quintans, Rocheira, Tis, y los grupos menores de Atín, donde está el pazo de esta familia, descendiente del Marqués de Camarasa, que ejerce el patronato de esta parroquia; Balay, nombre de uno de los montes que separan Loureda de Morás; Campiño, Carril, Marciñado, Regocheo y Santa Leocadia, de donde se disfruta un grandioso punto de vista, con 1.134 habitantes de hecho y 1.271 de derecho, domiciliados en 338 edificios, 123 de un cuerpo, 183 de dos y 52 chozas y albergues. Hállase a unos 13 kilómetros de la Coruña. Tiene escuela nacional. Confina al N. con Arteixo, al E. con Morás, al S. con el ayuntamiento de Culleredo, separado por los montes Vilarchán y Carboeiro, y al O. con Lañas. De Arteixo dista unos 3 kilómetros y unos 10 de la Coruña.
El templo parroquial, si bien su nave es moderna, su ábside es igual y del mismo tiempo que el de la limítrofe parroquia de Morás. Es iglesia capaz y por su solidez y traza de las mejores del término municipal.
sábado, 16 de abril de 2016
O MUNDIALITO DA EMIGRACIÓN DE 1982
![]() |
| Campo Municipal de Arteixo |
Todo acontecemento ten
unha xestación e o Mundialito da Emigración non podía ser menos. A
idea xurdira nunha conversa, case informal, entre Pastor López
Álvarez, naquela hora edil do Concello da Coruña e presidente da
Federación Española de Boxeo, e o xornalista coruñes, residente en
Caracas, Lázaro Candal. Ao principio, López tiña en mente facer
unha olimpiada deportiva da emigración con seis deportes mais, trala
conversa con Candal, os dous concretarían a idea, ante a
complexidade da organización do evento, de reducir só ao fútbol a
convocatoria cun torneo de 16 seleccións integradas por emigrantes
españois, fillos ou netos.
O proxecto, ao que tamén se sumaría o xornalista Juan Guillín (que sería o Secretario Xeral
do Campeonato), tería moi boa
acollida, tanto por parte da colectividade galega no estranxeiro como
nos diferentes estamentos deportivos internacionais e máximas autoridades deportivas, entre eles Juan
Antonio Samaranch, naqueles días presidente do Comité Olímpico
Internacional, que parabenizaría aos organizadores coruñeses pola
súa iniciativa. En Brasil, o presidente da F.I.F.A., Joao Havelange,
nada máis enterarse da organización do campeonato, anunciaba que
estaría presente na final do campeonato (algo que finalmente non
cumpliría) e o presidente da Confederación Brasileira, Giulite
Coutinho, prometía todo o seu apoio ao equipo que viaxara a terras
coruñesas, o mesmo que Julio Grandona, presidente da Asociación de
Fútbol Arxentino, que convidara a todos os equipos do seu país a
prestar a máxima colaboración para formar o equipo que fora xogar a
Galiza.
![]() |
| A "anduriña viaxeira" do Mundialito |
Cun presuposto de 30
millóns das antigas pesetas, cubertos con subvencións do Instituto
Español de Emigración, Xunta de Galiza, Deputación da Coruña,
concellos da Coruña, Santiago, Ferrol, Betanzos, Sada, Carballo,
Arteixo, Ordes, Carral, Miño e Pontedeume, entidades privadas e
practicamente a totalidade das representacións bancarias da cidade
herculina, o Mundialito comezaba o 20 de maio de 1982 cos partidos
Inglaterra-México, Arxentina-Venezuela e Perú-Estados Unidos,
xogados respectivamente en Sada, Ordes e Betanzos.
Estes foron os resultados da
Primeira Fase do campeonato:
GRUPO I:
20.5. Sada. Inglaterra-México:
5-2
20.5. Betanzos. Perú-Estados
Unidos: 1-3
22.5. Sada. Inglaterra-Estados
Unidos: 1-3
22.5. Betanzos. Perú-México:
1-2
23.5. Sada. México-Estados
Unidos: 2-1
23.5. Betanzos.
Inglaterra-Perú: 4-1
GRUPO II:
21.5. Arteixo. Brasil-Francia:
2-2
21.5. Carballo. Chile-Suiza: 0-5
21.5. Carballo. Chile-Suiza: 0-5
23.5. Arteixo. Chile-Francia:
2-0
23.5. Carballo. Brasil-Suiza:
1-1
24.5. Arteixo. Francia-Suiza:
2-2
24.5. Carballo. Brasil-Chile:
1-0
GRUPO III:
20.5. Ordes.
Arxentina-Venezuela: 3-1
21.5. Carral.
Bélxica-Marrocos: 3-0
22.5. Ordes.
Bélxica-Venezuela: 0-2
22.5. Carral.
Arxentina-Marrocos: 7-2
23.5. Ordes.
Arxentina-Bélxica: 2-0
23.5. Carral.
Venezuela-Marrocos: 2-1
GRUPO IV:
21.5. Miño. Alemaña-Uruguai:
0-4
21.5. Pontedeume.
Holanda-Panamá: 2-1
23.5. Pontedeume.
Alemaña-Panamá: 9-0
23.5. Miño. Holanda-Uruguai:
1-4
24.5. Miño. Alemaña-Holanda:
2-3
24.5. Pontedeume.
Uruguai-Panamá: 3-0
En Arteixo, sede xunto a Carballo do Grupo II, tivéramos a oportunidade de ver ás seleccións de Brasil, Francia, Chile e Suiza. Os chilenos, baixo o apoio do Lar Galego de Santiago de Chile, que naquela altura contaba con máis de 1.500 socios descendentes de galegos (a maioría panadeiros e ferreteiros), viaxaran a Galiza con varios xogadores do equipo profesional Unión Española, o quinto máis laureado do país andino. Suiza acudira ao campeonato con varios futbolistas do Espagnol de Lausanne, equipo que presidía o galego Ramón Iglesias e que non tardaría en convertirse campeón suizo de Segunda, categoría semellante á 2ª B española. A colonia de emigrantes españoles en Francia, empezarían a confeccionar o equipo no Torneo Cultural de Montpellier, celebrado en febreiro de 1982, mais o seu combinado non realizaría tan bo papel como o que farían os galos no Mundial de España, onde a selección de Platiní acabaría sendo 4ª cun bo número de emigrantes nas sús filas: Manuel Amorós (os pais eran de Alicante), o tarifeño Luis Fernández, Alain Giresse (de nai salmantina) e Daniel Bravo (fillo dun barcelonés). Os brasileiros estaban dirixidos por Vavá, o dianteiro daquela canarinha que gañara os Mundiais de 1958 e 1962 xunto aos Garrincha, Pelé, Didí, Amarildo, Zagalo e compañía. Na selección de Vavá destacaba Juan Valverde, fillo de galegos de Sao Paulo que quixera fichar o Botafogo, mais él escollera rematar a carreira de Económicas a ser futbolista profesional. En Arteixo tamén estivera presente Mónica Tanus Paixao Pérez, que acompañaba á delegación brasileña como madriña do equipo. Mónica era filla de galegos e fora “Miss Brasil” tres anos antes.
![]() |
| El Ideal Gallego, 25.5.1982 |
CUARTOS DE FINAL:
26.5. Carral.
Arxentina-Estados Unidos: 4-1
26.5. Betanzos.
México-Venezuela: 0-0 (Venezuela por penaltis)
27.5. Carballo. Suiza-Holanda:
2-1
27.5. Pontedeume.
Uruguai-Brasil: 3-1
SEMIFINAIS:
28.5. Ferrol. Suiza-Venezuela:
0-1
28.5. Santiago.
Arxentina-Uruguai: 2-2 (Nun primeiro momento Uruguai clasificouse na
tanda de penaltis, mais posteriormente Arxentina impunaría a acta,
alegando alineación indebida dos charrúas, e o comité daríalle a
competicións aos arxentinos)
3º e 4º POSTO:
30.5. Ordes. Debería xogarse
entre Uruguai e Suiza mais o partido non chegaría a disputarse
porque os charrúas non aceptaran a decisión do Comité de
Competición
FINAL:
30.5. A Coruña. Estadio de
Riazor. Arxentina-Venezuela: 4-2
![]() |
| El Ideal Gallego, 31 de maio de 1982 |
Até o de agora, disputáronse
dous Mundialitos da Emigración máis, os de 1983 e 1986, celebrados en Pontevedra e Tenerife respectivamente. Do primeiro pódenvos dar
boa conta no Bar Fénix de Arteixo, no Paseo do Balneario. Se
entrades a tomar un café, detrás da barra tedes a Nelson Cedeira,
que foi campeón daquela edición do 83 coa selección de Uruguai.
Nelson, que fora compañeiro de Enzo Francescoli no Montevideo
Wanderers, estivera a piques de fichar polo Celta tras aquel campeonato...mais este conto queda para outro día!
domingo, 10 de abril de 2016
O NAUFRAXIO EN SORRIZO DA LANCHA "VICTORIA" EN 1897
Á unha da tarde do luns, 12 de abril de 1897, a lancha Victoria
zarpaba do porto de Malpica cun cargamento de táboas de pino destinadas á
fábrica de tabacos da Coruña, industria manufactureira que se puxera en
marcha en 1808 e que naqueles últimos anos do século XIX alcanzaría o
seu punto máis alto de emprego, con 4.000 operarias nos diferentes
traballos de elaboración e funcionamento da tabacaleira, a cifra máis
elevada da súa historia.
Tripulaban a embarcación o seu patrón e propietario, José Martínez, e os mariñeiros José Torrente, veciño de Pontedeume; Miguel Leira e Manuel Leira, de San Salvador de Maniños (Concello de Fene); Juan Cierto, Juan Ríos, Ramón Vila, Evaristo Vila e José Fernández, estos dous últimos con domicilio na parroquia de San Martiño do Porto (Concello de Cabanas). Excepto Miguel Leira, que contaba 52 anos, todos os demais eran mozos de 24 a 25 anos. Embarcaran tamén en Malpica con varios paxes de peixe, Dolores Garrido, Ramona Varela, Dolores Varela, Manuela Castiñeiras e Dolores Blanco, cinco mulleres que ían a cidade herculina a vender os seus productos.
Tripulaban a embarcación o seu patrón e propietario, José Martínez, e os mariñeiros José Torrente, veciño de Pontedeume; Miguel Leira e Manuel Leira, de San Salvador de Maniños (Concello de Fene); Juan Cierto, Juan Ríos, Ramón Vila, Evaristo Vila e José Fernández, estos dous últimos con domicilio na parroquia de San Martiño do Porto (Concello de Cabanas). Excepto Miguel Leira, que contaba 52 anos, todos os demais eran mozos de 24 a 25 anos. Embarcaran tamén en Malpica con varios paxes de peixe, Dolores Garrido, Ramona Varela, Dolores Varela, Manuela Castiñeiras e Dolores Blanco, cinco mulleres que ían a cidade herculina a vender os seus productos.
![]() |
| Embarcación de finais do século XIX (jrvarela.net) |
Cando a Victoria zarpou do porto bergantiñán o tempo non era malo, mais ao pouco empezaríase a notar un vento do nordés que non tardaría en converterse en furacanado. Naqueles intres, cando navegaban por diante do litoral de Arteixo, caería ademais, unha boa treboada que cubriría o horizonte cunha densa zarrazón. A viaxe principiaba a ofrecer gran risco, polo que o patrón decidiría poñer rumbo a Caión para refuxiarse neste porto.
De minuto en minuto o vento era máis amenazador e o mar íasese
enfurecendo de xeito extraordinario, empezando a entrar gran cantidade
de auga na embarcación. Tanto José Martínez como o resto dos tripulantes
facían esforzos inauditos para arriar as escotas...mais o vento
derribaba sobre cuberta aos mariñeiros. A confusión a bordo era inmensa,
e os esforzos da dotación imposibles para conter á lancha que, nun dos
vaivéns, acabaríaselle correndo a carga sobre o costado de estribor
facéndoa afundir nas proximidades da enseada do Lourido. A Victoria quedaría
quilla arriba. Imposible describir o acontecido naqueles intres. Os
nove mariñeiros e as cinco peixeiras de Malpica, que non tiveran tempo a
darse conta do naufraxio xa que viaxaban no camarote do patrón, iríanse
ao fondo do mar.
Medios de salvamento a bordo non había, só unha chalana que a
embarcación de José Martínez remolcaba, na cal tiñan só cabida tres
persoas. Diuse o caso de que nun dos primeiros golpes de mar a devandita
chalana fora a parar, segundos despois do sinistro, a unhas trinta ou corenta brazas de distancia do lugar de onde se fora a pique a Victoria.
Os mariñeiros que foran quen de saír á superficie empezarían a nadar
cara a quilla da lancha, á que se asiron todos menos dous, mentres que a
embarcación non afundiu definitivamente. Tamén aparecerían dúas das
mulleres. Unha delas lograría asirse a unha táboa e un dos mariñeiros,
procurando salvala, apresurouse a xuntar varios taboleiros para formar,
como malamente puido, unha especie de balsa que amarrou cunha corda. A
esta mesma balsa, pequena e insignificante, subiríase tamén José
Fernández, outro dos tripulantes que non fora quen de poñerse a salvo na
quilla da Victoria, mais o oleaxe iríaa separando e xa non se
volvería a saber máis daqueles infelices, o mesmo que a maioría dos
mariñeiros que permanecían asidos na quilla da lancha, que cando afundiu
definitivamente desaparecerían con ela. Salvaríanse só dous: o patrón
José Martínez e o tripulante de Pontedeume, José Torrente.
O patrón, que aínda divisaba a chalana, nadaría vigorosamente ata
alcanzala. Estaba sen remos e sen toletes. Meteuse dentro e pouco
despois escoitou, moi próximos, berros desesperados. Afundíndose ás
veces e saíndo outras á superficie, viu, non moi lonxe, a unha das
peixeiras de Malpica. Tratábase da rapaza de 18 anos Manuela
Castiñeiras, que estaba apoiada nunha táboa. Subiu a moza a bordo
axudado polo mariñeiro Torrente, que nadara ata aquel punto, e a
continuación os tres náufragos deixáronse ir impulsados polo vento e o
oleaxe. Pola dirección que levaban déronse conta que non tardarían en
esnafrarse contra As Corredosas, Valos Vellos, O Porto do Seixelo, O
Rego do Xunco...é dicir contra as rochas do litoral de
![]() |
| Litoral de Sorrizo |
![]() |
| Enseada do Lourido |
Sorrizo.
En vista disto tentaron dirixirse cara a Caión mais, cando querían
poñer esa dirección na pequena chalana, era imposible xa que o mar
rompía alí dun xeito impoñente. Terían que virar a sotavento e
encamiñarse cara a enseada de Lourido, onde ao estar próximos a terra,
como o arribo non era doado, Martínez lanzaríase unha vez máis a auga,
para suxeitar a chalana e, entre él e o seu compañeiro Torrente,
desembarcarían a Manuela Castiñeiras.
Os tres náufragos superviventes chegarían a pé a Caión, onde serían
auxiliados polas forzas de carabineiros e pola veciñanza, que os
recollería nas súas casas. Pouco despois, coas primeiras luces do día,
sairían do porto caionés varias embarcacións comandadas polo patrón
Martínez cara a costa de Arteixo, co obxecto de buscar máis
superviventes. Á altura do Lourido farían todo tipo de operacións para
atopar á Victoria e os corpos dos náufragos mais, despois de
inspeccionar durante todo o día cada aquel punto e cada palmo do litoral
arteixán, os esforzos resultarían infructuosos.
O que sí atoparían sería unha gran cantidade de madeira que a lancha
transportaba para a fábrica de tabacos. José Martínez, cando andaba a
procura da súa embarcación, chagaría ata o areal de Sabón, onde xa había
dous carabineiros que foran a pé dende Caión. Según as crónicas da
época, na praia había infinidade de persoas ..."que se dedicaban,
burlándose de los carabineros, imponiéndoseles por la superioridad
numérica, a recoger la madera e irla apilando o cargando en carros".
Aquilo
resultaba verdadeiramente escandaloso. Cando viron ao patrón, ou mellor
dito, cando se enteraron que era un dos náufragos, asediárono a
preguntas ¿Acerca do seu estado? ¿Respecto ao número de víctimas? Nada
diso. Preguntaban polos cartos que a lancha levaba; si estaban colocados
nalgunha caixa; cal era o cargamento da embarcación; etc, etc. Martínez, "que es un mozo fornido y valiente",
de seguro que de non estar tan rendido faría pagar cara alí, a algúns
dos presentes, a súa falta de humanidade e codicia. Mais nada poidera
facer. Uns minutos despois daqueles lamentables feitos presentábase en
Sabón dous carabineiros máis, os do posto de Pastoriza, a quenes o
patrón informou do que estaba pasando no areal. Unha vez souberon o que
alí acontecía, os dous carabineiros de Pastoriza xunto aos outros dous
de Caión, empezarían a arremeter contra os crebeiros arteixáns, feito
que a estos daríalles máis ánimos para tratar de acometer á escasa
forza. Os carabineiros, véndose en apuros, dispararían varios tiros (non
se sabe se houbera feridos) e despois deterían dous carros cargados por
completo de taboleiros que pretendían roubar.
Tras este lamentable incidente, o patrón e o mariñeiro dirixiríanse á
Coruña e a moza
Manuela Castiñeiras regresaría dende Caión a Malpica. José Torrente era a
cuarta vez que naufragaba e que por sorte para él, lograba salvarse.
Martínez sería atendido na cidade herculina na casa do seu parente Ramón
Casal, onde estaría
durante varios días recuperándose do abatemento da traxedia na que
faleceran sete mariñeiros e catro pasaxeiras, un patrón que tiña na
lancha, gardados nun saquiño, 288 pesos, parte dos cales lle
pertencían, constituíndo o resto o fondo do barco. Levaba, tamén, un
xiro dunhas mil pesetas endosado por D. Santiago Cachón
á orden de D. Santiago Cabanillas, da Coruña.
sábado, 2 de abril de 2016
CENTENARI@S DE ARTEIXO
![]() |
| La Voz de Galicia, 21 de setembro de 1963 |
Vivimos na xeneración máis lonxeva da historia, preocupada
polo envellecemento da poboación e o drástico cambio de rumbo das nosas
curvas demográficas, cada vez con menos nenos e máis anciáns. Mais esta
realidade xa a coñecemos dende hai tiempo: non é,
precisamente, unha novidade científica. E é que, agora, a nova
revolución médica e social en canto á vellez non se refire só ao
aumento da esperanza de vida senón que se ocupa, especialmente, dos
que son "máis que vellos", os máis maiores entre os maiores: os que xa
cumpriron 100 anos.
O centenario, unha fronteira mítica e
infranqueable fai apenas medio século, empeza a converterse nunha
expectativa realista para cada vez máis cidadáns do planeta. Xa non
só se chega a vello, chégase a ser "moi vello" e con grandes
probabilidades de facelo en plenitude de condicións físicas e mentais.
E, por suposto, isto supón toda unha revolución á que os médicos,
psicólogos, sociólogos e políticos parece que non se dan afeito.
Este envellecemento da poboación é un fenómeno a nivel mundial que, no
caso de España, diu lugar a que na actualidade vivan 14.487 persoas
centenarias, fenómeno ao que os demógrafos denominan "a cuarta idade".
Dentro do Estado español encóntrase a zona xeográfica do mundo (só
equiparable á de Xapón) máis envellecida: Galiza, un caso extremo en
lonxevidade, que actualmente conta con 630.000 persoas maiores de
65 anos. Isto, en porcentaxe, supón un 22,5% da poboación, da que 1.200
persoas escriben a súa idade con tres cifras. E as previsións indican
que a porcentaxe de poboación nesta asombrosa
franxa de idade seguirá aumentando durante as próximas décadas...mais
lamentablemente, só un de cada 80 galegos ten praza nun xeriátrico.
Galiza
envellece a ritmo lento pero constante, principalmente nas provincias
de Lugo e de Ourense. En 2010 o noso país superou por primeira vez a
barreira dos mil centenarios. No ano seguinte eran 1.025 (812 mulleres e
213 homes) dos cales 322 correspondían á provincia da Coruña (262
mulleres e 60 homes).
![]() |
| El Ideal Gallego, 21 de novembro de 1973 |
No 2013, na provincia coruñesa estaban contabilizados 374 centenarios e, como nas anteriores estadísticas, a inmensa maioría eran mulleres, case o cuádruplo (296 frente a 78 varóns). O dato supoñía un incremento do número de maiores de 100 dun 20,6% respecto a 2011, ano no que por primeira vez o I.N.E. diferenciaba aos de máis de 100 anos (antes incluíaos no epígrafe global de máis de 85 anos). Por localidades, a cidade da Coruña rexistraba, nese ano 2013, ata 73 centenarios, seguida de Compostela con 31, Ferrol con 21 e Melide con 18. Xunto a Betanzos, Arteixo era con 7 o concello da área metropolitana (exceptuando A Coruña) con más centenarios, por diante de Culleredo con seis e Oleiros con cinco.
Unha daquelas sete persoas centenarias de Arteixo era a miña veciña
do Rañal Dorinda Naya Iglesias, nada en 1912 e falecida con 102 anos en
febreiro do 2015, unha muller cunha memoria fora do común (lembrábase
das datas de nacemento de toda a veciñanza e familiares) coa que tiven
o privilexio de pasar centos de tardes escoitando as súas lembranzas do
Arteixo de antes. Dorinda vivira na súa infancia anos duros, moi duros
de miseria que, como dicía ela..."non tiñamos nin calzares" e, o
mesmo que toda a xente da súa xeración, tamén vivira o cambio do candil á
bombilla; do lavadoiro á lavadora; do branco e negro á era dixital; ou
do carro de bois aos coches todoterreo. A súa memoria gardaba refráns,
cantigas, tradicións, contos e lendas. Lembrábase tamén con detalle do
reinado de Alfonso XIII, dos anos da II República, da Guerra Civil, da
dureza da posguerra e por suposto da ditadura de Franco. Escoitar a
Dorinda como debullaba os contos polo miúdo era un auténtico pracer.
Gustáballe moito tamén falar do mar, lembrarse dos que perderan a vida
nas rochas, de cando ían ao golfe e das cousas que aparecían nos
areais..."a primeira vez da miña vida que vin plátanos non sabía o que eran, nin sabía que se podían comer. Máis ou menos polo 1930,
apareceron centos deles na praia da Area da Salsa e nós levámosllos aos
porcos. Un par de anos máis tarde apareceran no areal de Alba moitos
bocois de viño e tivemos que pagarlle aos carabineiros para poder quedarnos
con él. Nunca tanto viño se bebeu no Rañal! As mulleres tamén íamos ás
praias a buscar botellas de vidro que traía o mar, para logo gardar nelas o aceite".
![]() |
| Imaxe de 2012, de cando a veciña do Rañal, Dorinda Naya Iglesias, cumpría 100 anos |
Aos que hoxe rondamos o medio século de idade, afortunadamente xa non
nos tocou vivir os tempos de sacrificio, de traballo duro e de fame que
pasaron os nosos maiores, mais un momentiño: o ritmo de vida frenético
que levamos na actualidade estanos a poñer unha venda nos ollos, pois
impídenos ver o tesouro que os máis vellos, e xa non digamos @s
centenari@s, gardan nas súas memorias. A pesar do mundo de presas no que
vivimos, no que parece que non haxa tempo nin para falar (se cadra pola
desaparición das lareiras) non debemos desaproveitar a oportunidade de
escoitar as súas lembranzas e vivenzas.
Remato contándovos que a persoa máis lonxeva de Galiza é Avelina Mouzo
Leis, unha muller de Ponte do Porto (Camariñas) de 111 anos e que, a día
de hoxe, en Arteixo só hai dúas persoas centenarias, unha muller de 100
e outra de 103, un Arteixo que nos anos sesenta e setenta, cando chegar á idade dos tres díxitos non era tan frecuente como o é agora, fora motivo dos
reportaxes que se acompañan da veciña de Santa Icía, María Ponte, que en
1963 contaba con 106 anos, e de Encarnación González Més, que en 1973
convertíase en centenaria.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





















